Batalla de Ponte Sampaio

A batalla de Ponte Sampaio foi un choque bélico que tivo lugar no lugar homónimo entre os días 7 a 9 de xuño de 1809, no escenario da guerra de Independencia española. O conflito tivo lugar nas beiras do río Verdugo, entre unha forza conxunta de tropas regulares españolas e milicias populares galegas que se enfrontaron as tropas francesas dirixidas polo mariscal Michel Ney. A resistencia dos españois, impediu a Ney o paso do río, véndose obrigado a retirarse.

Batalla de Ponte Sampaio
Parte de Guerra da Independencia española
Data 7 de xuño - 9 de xuño de 1809
Lugar Ponte Sampaio, Pontevedra
Coordenadas 42°20′56″N 08°36′24″O / 42.34889, -8.60667Coordenadas: 42°20′56″N 08°36′24″O / 42.34889, -8.60667
Resultado Vitoria española
Belixerantes
Bandeira de Francia. Primeiro Imperio francés Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg Reino de España
Líderes
Bandeira de Francia. Michel Ney Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg Gaspar María de Nava
Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg Pablo Morillo y Morillo
Forzas en combate
10.800 soldados 10.000 soldados e milicias
Baixas
660 mortos e feridos 110 mortos e feridos
HomenaxePontesampaio
Estatua de homenaxe ós heroes de Ponte Sampaio, en Pontevedra.

Antecedentes

Pablo Morillo y Morillo
Pablo Morillo, que dirixiu a defensa da ponte de Caldelas.

A vitoria do mariscal Soult na batalla de Elviña, nas proximidades da Coruña, o 16 de xaneiro de 1809, sobre as tropas británicas de Moore, deixaría campo libre para a ocupación de Galicia. En apenas dúas semanas rendéronse as cidades máis importantes do país. O mariscal Ney, que acompañaba a Soult, recibe ordes de controlar o Norte do país e máis Asturias, para o que centra o seu campamento en Lugo. Á par Soult pasa a Portugal, onde toma Porto no 29 de marzo.

Ponte Sampaio
Ponte de Ponte Sampaio.

Paseniñamente vanse montando alarmas populares nas diversas comarcas galegas. En marzo de 1809, Ney tenta someter a costa occidental galega, sen conseguir acabar con as partidas de guerrilleiros que acosan os destacamentos franceses. A fins de marzo dese ano foron recuperadas polos galegos as prazas de Vigo, Pontevedra e Tui, feitos que coutaban o enlace con Soult, en Portugal.

En maio, Ney tivo noticias de que o marqués de la Romana estaba en Asturias, polo que decidiu buscalo alí, porén foi unha manobra errada, pois o español retirárase para Galicia. O regreso de Soult desde Portugal ata Ourense foi dificultoso.

Reunidos Soult e Ney en Lugo, o 29 de maio, deciden unha nova estratexia. Soult buscou as tropas do marqués no Sur interior do país, mentres Ney partiu cara a Pontevedra e Vigo con intención de recobrar as cidades. Tal acción conxunta buscaría o dominio definitivo de Galicia.

A batalla

Marechal Ney
Michel Ney, que xunto con Soult dirixiu as tropas francesas.
Medalla centenario dos combates de Ponte Sampaio
Medalla creada para conmemorar o centenario da batalla.

Ney saíu da Coruña, pasando por Santiago. Levaba con el uns 8 000 infantes e 1 200 xinetes, con 13 canóns. Porén era unha acción anunciada, pois fixera publicar bandos sobre as súas intencións. As forzas regulares españolas, ao mando do conde de Noroña, esperaron o avance de Ney en Ponte Sampaio, que era paso obrigado no camiño entre Pontevedra e Vigo.

Ás forzas de liña do conde uníronselle diversos batallóns de milicias populares das comarcas próximas e, incluso, de lugares afastados, como Lemos. Foron defendidas dúas pontes, a de Caldelas, baixo o mando de Pablo Morillo, e a propia de Sampaio, polo mesmo conde de Noroña.

O día 7 de xuño de 1809, as tropas de Ney avistaron o inimigo. Tentouse tomar a ponte de Sampaio en sucesivos ataques frontais, que foron rexeitados. Buscaron os franceses entón vaos apropiados no río Oitavén, pero os ataques foron infrutuosos unha e outra vez. As tentativas sobre a ponte de Caldelas, mostraron a mesma determinación dos españois.

No día 9, Ney xulgou polas perdas que serían inútiles novos ataques, polo que deu a orde de retirarse a Compostela.

Consecuencias

A batalla impediu o dominio francés sobre o sueste galego. Mentres, o fracaso de Soult no interior meridional de Galicia, e novos acontecementos no centro da península, onde Wellesley ameaza entrar en Madrid, obrigan a saír a ambos mariscais de Galicia. Ney faino por Pedrafita e o Bierzo, mentres Soult pasa polo Valdeorras e a Terra do Bolo, en dirección a Sanabria. No seu camiño víronse atacados polas partidas guerrilleiras, pero as súas tropas provocaron un verdadeiro regueiro de sangue e pillaxe. Cando por fin se xuntan ambos dous mariscais só lles fican 18 000 dos 53 000 ou 55 000 homes con os que chegaran en xaneiro de 1809.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Estrada Catoyra, Félix, Historia de los ejércitos gallegos durante la Guerra de la Independencia. Santiago de Compostela. Tipografía de El Eco Franciscano. 1916.
  • Portela Pazos, Salustiano, La guerra de independencia en Galicia. Santiago de Compostela. Tipografía del Seminario. 1964.
  • Osuna Rey. J. M., Los franceses en Galicia: Historia militar de la Guerra de Independencia en Galicia, 1809. A Coruña. Fundación Barrié de la Maza. 2006.

Outros artigos

7 de xuño

O 7 de xuño é o 158º día do ano do calendario gregoriano e o 159º nos anos bisestos. Quedan 207 días para finalizar o ano.

A Canicouva, Pontevedra

Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2012 tiña 252 habitantes (135 mulleres e 115 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 289 habitantes.

A Canicouva limita ao norte con Tomeza, ao sur con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns e Taboadelo (Ponte Caldelas), e ao oeste con Figueirido (Vilaboa).

Formou parte do concello de Ponte Sampaio desde 1833 até 1960, ano en que foi anexionado ao de Pontevedra.

Canón de pau

O canón de pau foi un arma tipicamente de guerrilla, usada principalmente durante a Guerra da Independencia española (1808-1814), guerra que enfrontou a españois contra os exércitos napoleónicos.

Concello de Cotobade

Cotobade foi un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. En 2016 fusionouse co concello de Cerdedo, dando orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2014 tiña 4327 habitantes (2079 homes e 2248 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cotobadés.

Gaspar Nava Álvarez de las Asturias

Gaspar Nava Álvarez de las Asturias, conde de Noroña, nado en en Castelló de la Plana en 1760 e finado en Madrid en 1815, foi un militar e escritor español, que se distinguíu durante a Guerra da Independencia española. Con frecuencia é citado, erradamente, como conde de Noreña.

Guerra da Independencia española

A guerra da Independencia española, tamén coñecida coma Francesada, guerra do francés ou guerra contra o francés, foi o conflito armado que, entre 1808 e 1814 sacudiu a Península Ibérica como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España co pretexto de invadir Portugal. O Levantamento do 2 de maio contra os invasores foi espontáneo e popular e iniciouse o 2 de maio de 1808, cando o alcalde de Móstoles, Andrés Torrejón, redacta un bando no que insta á poboación a levantarse en armas para socorrer o rei Fernando VII, que estaba retido por Napoleón Bonaparte. Esta guerra está dentro do contexto de guerras napoleónicas.

Guerra da Independencia española en Galicia

A guerra da Independencia española (1808-1814) foi un enfrontamento militar entre España e o Primeiro Imperio Francés, provocado pola pretensión de Napoleón de instalar no trono español ao seu irmán Xosé Bonaparte, tras as abdicacións de Baiona. Esta guerra, tamén coñecida como a francesada, solápase e confúndese coa que a historiografía anglosaxoa chama "guerra peninsular" (Peninsular War), iniciada en 1807 ao declararlle Francia e España a guerra a Portugal, tradicional aliado do Reino Unido. Tamén tivo un importante compoñente de guerra civil a nivel nacional entre afrancesados e patriotas.

O conflito desenvolveuse en plena crise do Antigo Réxime e sobre un complexo contexto de profundos cambios sociais e políticos impulsados polo xurdimento da identidade nacional española e a influencia no campo dos "patriotas" dalgúns dos ideais nacidos da Ilustración e a Revolución francesa, paradoxalmente difundidos pola elite dos "afrancesados".

O tratado de Fontainebleau de 27 de outubro de 1807 prevía, de cara a unha nova invasión hispanofrancesa de Portugal, o apoio loxístico necesario para o tránsito das tropas imperiais. Baixo o mando do xeneral Jean-Andoche Junot, as tropas francesas entraron en España o 18 de outubro de 1807, cruzando o seu territorio a toda marcha chegando á fronteira portuguesa o 20 de novembro. Porén, os plans de Napoleón ían máis alá, e as súas tropas, moi superiores en número ao acordado en Fontainebleau, foron tomando posicións en importantes cidades e prazas fortes co obxecto de derrocar a Casa de Borbón e suplantala pola súa propia dinastía, convencido de contar co apoio popular.

Pero o resentimento da poboación polas exixencias de mantemento das tropas estranxeiras, que deu lugar a numerosos incidentes e episodios de violencia, xunto coa grande inestabilidade política xurdida pola querela entre Carlos IV de España e o seu fillo e herdeiro Fernando VII, orquestrada polos franceses, que se iniciou co Proceso de El Escorial e culminou co Motín de Aranjuez e o ascenso ao poder de Fernando VII, precipitou os acontecementos que desembocaron nos primeiros levantamentos no norte de España e a xornada do 2 de maio de 1808 en Madrid. A difusión das noticias da brutal represión e das abdicacións de Baiona do 5 e 9 de maio, estendeu por toda España o chamamento, iniciado en Móstoles, a enfrontarse coas tropas imperiais e decidiu a guerra pola vía da presión popular, a pesar da actitude contraria da Xunta Suprema de Goberno, órgano de rexencia instituído o 10 de abril de 1808 polo rei Fernando VII, que sería a encargada de dirixir os asuntos do reino na súa ausencia, cando tivo que viaxar a Francia convocado por Napoleón, nomeando ao seu tío o infante Antonio Pascual como presidente.

A gloria que lle foi negada ao pobo galego durante 200 anos recoñécese aquí con nomes, datas e lugares, dixo Francisco Rodríguez Iglesias, presidente de Hércules de Ediciones, na presentación do libro Victorias de Galicia. La Guerra de la Independencia. Cuando el pueblo gallego derrotó a Napoleón do coronel Navas Ramírez-Cruzado. Rodríguez expresou o seu desexo de que ese libro sirva para cambiar o defecto máis grave dos galegos, que é a falta de autoestima, mencionando a famosa frase do duque de Wellington: españois, imitade aos inimitábeis galegos!.Pola súa parte para o autor, coronel de artillaría e durante sete anos director do Museo Militar da Coruña, foi Galicia enteira a que venceu ás forzas de Napoleón, non foi o exército español, ou o que quedaba del, nin o inglés que veu axudar e o que fixo foi estorbar, nin os guerrilleiros. Así mesmo, tamén desmitificou outros feitos famosos desta contenda, como o 2 de maio, que morreu o día 3 cos fusilamentos; o levantamento de Zaragoza ou a gran Bailén, que o que fixo foi despertar o furor de Napoleón. Segundo Navas, foi a dignidade atropelada do pobo galego a que se levanta e expulsa os franceses da súa terra en seis meses, nunha guerra que durou seis anos.

José Bouchet

José Bouchet Blanco, nado en Xanza, Valga, o 19 de marzo ou 19 de abril de 1848 ou 1852 (segundo as fontes) e finado en Buenos Aires o 6 de marzo ou 16 de marzo ou 6 de abril de 1919, foi un pintor galego.

Juan Antonio Gago de Mendoza

Juan Antonio Gago de Mendoza, nado na Brea, Seixo, Marín (daquela pertencente á parroquia de San Tomé de Piñeiro) o 7 de novembro de 1761 e finado no verán de 1833, foi un mariñeiro e militar galego.

Manuel Acuña Malvar

Manuel Acuña Malvar, nado en Matalobos (Salcedo, Pontevedra) o 16 de abril de 1757 e finado en Artes (Ribeira) o 1 de marzo de 1845, foi un relixioso e escritor galego. Foi sobriño de Sebastián Malvar Pinto e irmán de Pedro Acuña Malvar.

Michel Ney

Michel Ney, Duque de Elchingen, Príncipe de Moscova, nado en Saarlouis (Lorena) o 10 de xaneiro de 1769 e finado en París o 7 de decembro de 1815, foi un militar e oficial francés que tivo unha destacada actuación ao longo das Guerras revolucionarias de Francia e durante as Guerras napoleónicas. Foi un dos 18 Mariscais de Francia nomeados por Napoleón I.

PO-264

A PO-264 é unha vía da Xunta de Galicia, que vai desde a estrada N-550 en Paredes (Vilaboa) até a mesma estrada en Arcade (Soutomaior).

Pablo Morillo

Pablo Morillo, conde de Cartaxena de Indias e marqués de la Puerta, nado en Fuentesecas (provincia de Zamora) o 5 de maio de 1775 e finado en Barèges (Occitania) o 27 de xullo de 1837, foi un destacado militar español, que loitou na guerra da Independencia española (1808-1814) e, posteriormente, en Latinoamérica, defendendo o dominio colonial español.

Pazo de Reboreda (Redondela)

O Pazo de Reboreda é unha casa do lugar de Quintana, anexa á igrexa de Santa María de Reboreda, no concello pontevedrés de Redondela.

Ponte Sampaio, Pontevedra

Santa María de Ponte Sampaio é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2008 tiña 1.111 habitantes (590 mulleres e 521 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.244 habitantes.

Toma o seu nome da ponte sobre o río Verdugo que a une coa parroquia de Arcade (Soutomaior). Por ela pasa a vía portuguesa do camiño de Santiago, e nela foi librada a Batalla de Ponte Sampaio, decisiva na guerra da Independencia española contra os franceses o 7 e 8 de xuño de 1809.

Desde 1833 até abril de 1960 foi concello de seu xunto coa parroquia da Canicouva.

Nesta parroquia están a illa da Insuíña e o illote do Castelo, na desembocadura do río Verdugo.

Sada

Sada é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2014 tiña 15.156 habitantes (14.922 no 2012, 14.487 no 2009, 13.606 no 2007, 13.134 no 2006, 12.867 no 2005, 12.453 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sadés» e «sadense».

Salustiano Portela Pazos

Salustiano Portela Pazos, nado en Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) o 6 de agosto de 1877 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1976, foi un clérigo e historiador galego.

Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa de Galicia

No ano 1809, despois de que os exércitos napoleónicos foran expulsados de Galicia, a súa presenza en España e a posibilidade dunha nova ofesiva sobre Galicia fixeron que varias personalidades e institucións pensaran que sería oportuno crear unha Xunta en previsión do que puidera ocorrer.Aínda que o conde de Noroña era contrario á instalación desta Xunta, o Goberno de España (Xunta Suprema Central) creu oportuna a súa constitución, tal como solicitaban as forzas vivas do país.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.