Batalla de Pavía

A batalla de Pavía, que tivo lugar durante a xornada do 24 de febreiro de 1525, foi a batalla decisiva na guerra entre Francisco I de Francia e o emperador Carlos V e significou a derrota dos franceses no seu intento de dominar o norte de Italia.

Batalla de Pavía
Parte de Guerra Italiana de 1521
Juan de la Corte Prendimiento Rey Francia

Na batalla de Pavía, os exércitos do emperador Carlos V venceron os de Francisco I de Francia.
Data 24 de febreiro de 1525
Lugar Pavía, Italia
Resultado Vitoria decisiva dos exércitos de Carlos V.

Francisco I cae prisionero

Belixerantes
Flag of France (XIV-XVI).svg Reino de Francia Charles V Arms-personal.svg Imperio de Carlos V
Líderes
Flag of France (XIV-XVI).svg Francisco I de Francia Charles V Arms-personal.svg Carlos de Lannoy
Charles V Arms-personal.svg Antonio de Leyva
Forzas en combate
17 000 infantería
6 500 cabalería
53 canóns
17 000 infantería
2 000 cabalería
46 canóns
Baixas
15 000 mortos ou feridos 500 mortos ou feridos

Contexto

No primeiro terzo do século XVI, Francia víase rodeada polas posesións de Carlos V. Isto, unido á obtención do título de Emperador do Sacro Imperio por parte do borgoñón (1519), puxo o goberno francés contra as cordas. Francisco I de Francia, que tamén optara ó título, vía a posibilidade dunha compensación anexionando un territorio en litixio: o ducado de Milán, máis coñecido por Milanesado. A partir de aí, desenvolveríase unha serie de contendas do 1521 ó 1524 entre a coroa imperial hispano-xermana do Borgoñón-Austria e maila coroa francesa de Valois-Angulema, cuxas rivalidades se perden na noite dos tempos.

Inicio dos enfrontamentos

Pavia campaign (1524-25)
Avance galo na Lombardía e a campaña de Pavía de 1524-25. Os movementos franceses móstranse en azul e os imperiais en vermello

A primeira batalla tivo lugar en Bicoca (preto de Monza). A vitoria esmagadora dos terzos españois fixo que no castelán a palabra bicoca pasase a ser sinónimo de "cousa fácil ou barata".

Na segunda batalla, un exército francés de 40 000 homes penetrou no Milanesado, pero foi igualmente rexeitado.

O 25 de outubro do 1524, o propio rei Francisco cruzou os Alpes e a comezos de novembro entraba na cidade de Milán. As tropas españolas refuxiáronse na súa maioría en Lodi, quedando guarnicións espalladas en prazas fortes. Nunha desas prazas fortes, chamada Pavía o xeneral Antonio de Leiva fíxose forte con dous mil españois e cinco mil lansquenetes alemáns. Axiña comezou o asedio francés.

O sitio de Pavía

Battle of Pavia, oil on panel
A Batalla de Pavía por un descoñecido pintor flamengo no século XVI

Sorprendentemente a cada arremetida a guarnición facíase máis forte. Os franceses decidiron pór sitio á cidade. Pero Antonio de Leiva, veterano da guerra das Alpuxarras, soubo como organizar os escasos recursos para que os muros da cidade permanecesen en pé. Mentres tanto, outras guarnicións españolas vían que o inimigo reducía o seu número para mandalo a Pavía.

Mentres os franceses agardaban a capitulación de Leiva, recibiron noticias dun exército que baixaba dende Alemaña para apoiar a praza sitiada: máis de quince mil lansquenetes alemáns e austríacos tiñan ordes do Emperador de poñer fin ó sitio e expulsar os franceses do Milanesado.

Francisco I decidiu dividir as súas tropas. Así ordenou que parte delas se dirixisen a Xénova e Nápoles e tentaran de se facer fortes naquelas cidades.

Mentres, en Pavía, os mercenarios alemáns e suízos comezaban a sentirse molestos porque xa escaseaban as pagas. Os xenerais españois empeñaron as súas fortunas persoais para pagarlles. Para axudar a causa e vendo a situación apurada dos seus oficiais, os dous mil arcabuceiros españois decidiron que seguirían defendendo Pavía sen cobrar.

A mediados de xaneiro, chegaron os reforzos baixo o mando do marqués de Pescara, Lannoy e o condestable de Borbón. Os canóns comezaron a cuspir lume o solpor do 24 de febreiro do 1525. Os franceses decidiron resgardarse e agardar, sabían que a situación económica dos imperiais non era moi puxante, e que pronto os sitiados comezarían a pasar fame. E así foi, pero no canto de marcharse de alí, as tropas decidiron que a comida máis preta sería a do campamento francés.

Así, comezaron os chamados encamisados abrindo fendas nas posicións francesas. Detrás, formacións de piqueiros franqueados pola cabalería. Os terzos formaban de xeito compacto, con longas picas protexendo os arcabuceiros. A cabalería francesa caía ó chan antes de chegar a tomar contacto coa infantería.

Os franceses conseguiron incautar a artillería española, pero a costa da súa retagarda. Nunha arriscada decisión, Francisco ordenou un ataque total da súa cabalería. Segundo avanzaba a propia artillería francesa (superior á española), tiña que cesar o fogo para non lles disparar ós seus homes. Os arcabuceiros do marqués de Pescara deron boa conta dos cabaleiros franceses.

A vitoria de Carlos V

E nese momento, Leiva sacou os seus homes da cidade para apoiar os seus. Comezaron por arrodear a retagarda francesa e cortarlles a retirada. Aínda que esgotados e famentos, constituían unha moi respectable forza de combate. Bonnivet, principal conselleiro militar de Francisco, suicidouse. Os cadáveres franceses comezaban a amontoarse uns por riba doutros. Os máis, vendo a derrota, tentaban escapar.

O rei de Francia e a súa escolta combatía xa de pé, intentando abrirse paso. De súpeto, Francisco cae, e ó erguerse, atópase cun estoque español no seu pescozo. Un soldado de infantería, o vasco Juan de Urbieta, facíao preso. Diego Dávila, granadino, e Afonso Pita, galego, xuntáronse co seu compañeiro de armas. Non sabían a quen acababan de facer preso, pero polas vestimentas supuxeron que se trataría dun gran señor. Informaron ós seus superiores. Aquel preso era o rei de Francia.

A situación tras a batalla

Francisco I foi levado a Castela (era o cuñado de Carlos I), e no 1526, asina o Tratado de Madrid. Francia recoñecía as aspiracións imperiais nos territorios milaneses e borgoñóns.

Conta a lenda que nas negociacións de paz e de liberación de Francisco I, o emperador estaba tan anoxado que renunciou a usar a súa lingua nai (francés borgoñón) e a lingua habitual da diplomacia (italiano) para falar por primeira vez de xeito oficial en castelán.

Véxase tamén

Outros artigos

14 de xaneiro

O 14 de xaneiro é o 14º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 351 días para finalizar o ano, 352 nos anos bisestos.

Afonso Pita da Veiga

Afonso Pita da Veiga ou Alonso Pita da Veiga, nado en Ferrol cara o ano 1480, foi un dos militares máis brillantes e destacados do reino de Galicia a comezos do século XVI. Morreu a mediados do século XVI.

Arcabuz

O arcabuz é unha arma de fogo usada pola infantaría entre os séculos XV ao XVII.

Batalla de Bicoca

A batalla de Bicoca foi unha batalla acontecida preto da localidade de Bicoca, ás portas de Milán, no norte de Italia, o 27 de abril de 1522. Este combate enfrontou os exércitos de Carlos V cos de Francisco I de Francia, e saldouse coa vitoria do primeiro.

Castelo de Ampudia

O Castelo de Ampudia é unha fortaleza do século XV situada na localidade de Ampudia (provincia de Palencia). É de titularidade privada.

Clan Anstruther

O Clan Anstruther é un clan escocés de Anstruther en Fife, no leste de Escocia.

Ducado de Milán

O Ducado de Milán, tamén chamado Milanesado ou Estado de Milán, foi durante a Idade Media a principal potencia do norte de Italia.

O ducado foi creado en 1395 por Gian Galeazzo Visconti, señor de Milán. Cando a dinastía Visconti se extinguiu en 1447, Milán foi declarado unha República, a pesar das pretensións do duque de Orleáns, lexítimo herdeiro. Orleáns foi incapaz de tomar posesión da súa herdanza, pero a República durou pouco. O aventureiro Francesco Sforza, casado cunha filla do último Visconti, tomou Milán en 1450, autoproclamándose duque.

Década de 1520

A década de 1520 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1520 e remata o 31 de decembro de 1529.

Eaux-Bonnes

Eaux-Bonnes (fr.) ou Aigas Bonas (oc., non oficial) é o nome dun concello occitano situado na aba norte dos Pireneos, pertencente ao departamento francés de Pireneos Atlánticos e localizado na rexión de Aquitania.

Guerra italiana de 1521-1526

A guerra italiana de 1521–1526, tamén coñecida como Guerra dos Catro Anos, forma parte das Guerras italianas. O conflito desenvolveuse entre 1521 e 1526 e loitaron Francisco I de Francia e a República de Venecia contra o emperados do Sacro Imperio Romano Xermánico Carlos V, Henrique VIII de Inglaterra e os Estados Pontificios. Entre as causas do conflito está a escolla en 1519–1520 de Carlos I como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e a necesidade do papa León X de aliarse con Carlos para combater a Martiño Lutero.

A guerra estourou en Europa occidental en 1521, cando Francia envadiu os Países Baixos e intentou axudar a Henrique II de Navarra a recuperar o seu reino. As forzas imperiais repeleron a invasión e atacaron o norte de Francia, onde os franceses deteron o seu avance. Por isto, o emperador, o papa e Henrique VIII asinaron unha alianza formal contra Francia e as hostilidades comezaron na península Itálica. Na batalla de Bicocca, os exércitos imperial e papal derrotaron o exército francés e expulsárono do Milanesado. Despois da batalla, a loita trasladouse ó territorio francès, mentres que Venecia asinaba a paz por separado. O exército inglés invadiu Francia en 1523, mentres que Carlos de Borbón, anoxado polos intentos de Francisco de apoderarse da súa herdanza, traizóao e alíase con Carlos I. En 1524, fracasou unha tentativa francesa de recuperar o Ducado de Milán, cousa que concedeu ó Borbón a oportunidade de invadir a Provenza á fronte dun exército español.

O mesmo Francisco dirixiu un segundo ataque contra o Ducado de Milán (a actual Lombardía) en 1525. A súa desastrosa derrota na batalla de Pavía, na cal foi capturado e na que a maioría dos seus principais nobres morreron, conduciu ó fin da guerra. Mentres estaba preso en España, Francisco asinou o tratado de Madrid, no cal renunciaba ás súas aspiracións a Italia, Borgoña e Flandres. Porén, unhas semanas despois da súa liberación, rexeitou as condicións do tratado, comezando deste xeito a guerra da Liga de Cognac. Malia que as Guerras de Italia continuaron durante tres décadas máis, estas remataron sen que Francia puidese recuperar ningún territorio substancial en Italia.

Guerras italianas (1494-1559)

As guerras italianas, tamén coñecidas como as grandes guerras italianas e as guerras de Italia, foron unha serie de conflitos bélicos sucedidos entre 1494 e 1559 que implicaron, en distintas ocasións, aos principais Estados da Europa Occidental: Francia, España, Sacro Imperio Romano Xermánico, Inglaterra, a República de Venecia, os Estados Pontificios e a maioría das cidades-estado italianas, así como tamén ao Imperio otomán.

Inicialmente tratouse dunha disputa dinástica sobre os dereitos hereditarios de Francia sobre o Ducado de Milán e o Reino de Nápoles, pero as guerras convertéronse rapidamente en loitas territoriais e de poder entre os distintos participantes, que estiveron marcadas por xogos de alianzas, contra-alianzas e frecuentes traizóns.

Hendaia

Hendaia (en francés: Hendaye, en éuscaro: Hendaia, literalmente "baía grande") é unha comuna francesa do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión da Nova Aquitania, no extremo suroeste do país. Sitúase no territorio vasco de Lapurdi, xunto á fronteira con España e a 21 km de Donostia.

A cidade é un importante porto pesqueiro e conta cunha estación de ferrocarril internacional. Entre os atractivos da localidade, destaca un balneario, famoso en toda a rexión.

Henrique II de Navarra

Henrique II de Navarra, nado en Sangüesa o 25 de abril de 1503 e finado en Pau, 25 de maio de 1555) foi rei de Navarra na Baixa Navarra desde 1530 ata a súa morte, copríncipe de Andorra, conde de Foix, de Périgord, de Bigorra e de Albret e vizconde de Béarn, Tursan, Gabardan, Tartas e Limoges.

Imperio Español

Denomínase Imperio español ou Monarquía universal española (comunmente simplificado como Monarquía hispánica, Monarquía de España ou Monarquía española) ó conxunto de territorios de España -ou das dinastías reinantes en España- en África, Asia, América, Europa e Oceanía o longo da historia. Tras o descubrimento de América en 1492, España colonizou grandes extensións de territorio en América, desde o actual suroeste dos Estados Unidos, México, e o Caribe, ata Centroamérica e a maior parte de Suramérica. Estes territorios agrupáronse inicialmente en dous vicerreinados, o da Nova España e o do Perú. Co descubrimento e asentamento de varios arquipélagos do Pacífico a finais do século xvi, incorporáronse ao imperio as Indias Orientais Españolas formadas por Filipinas, Guam e as Illas Marianas, así como as Carolinas e Palau baixo a xurisdición da Nova España.

Alcanzou os 20 millóns de quilómetros cadrados a finais do século xviii, aínda que a súa máxima expansión produciuse entre os anos 1580 e 1640, durante os reinados de Filipe II, III e IV. Durante os séculos xvi e xvii creou unha estrutura propia, aínda así non se chamou imperio colonial ata o ano 1768, sendo no século xix cando adquire estrutura puramente colonial.

Non existe unha postura unánime entre os historiadores sobre os territorios concretos de España porque, en ocasións, resulta difícil delimitar se determinado lugar era parte de España ou formaba parte das posesións do rei de España, ou se o territorio era unha posesión efectiva ou xurídica, en épocas que abarcan séculos, incorporados de forma distinta, herdados ou conquistados, e nas que non estaban igualmente definidas a diferenza entre as posesións do rei e as da nación, como tampouco o estaba a facenda ou a herdanza nin o dereito internacional. Así, tradicionalmente considéranse os Países Baixos como parte do mesmo (tese maioritaria en España e os Países Baixos entre outros); pero existen autores como Henry Kamen que proclaman que eses territorios nunca se integraron no Imperio español, senón nas posesións persoais dos Austrias. Malia todo, o que a Monarquía Hispánica fora unha monarquía autoritaria, case absolutista, fai que a tese máis lóxica sexa a de que todas as posesións do rei eran posesións da nación. De feito non se pode falar dunha separación do escudo nacional e o escudo real ata ben entrado o século xix, o cal pon de manifesto que o rei de España era practicamente o mesmo que o estado, atendendo ás delimitacións do réxime polisinodial polo que se rexía o Imperio español.

O Imperio Español foi o primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abranguía posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorría no Imperio Romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra unhas coas outras.

Os españois comezaran as súas exploracións polo occidente, co descubrimento das Indias Occidentais por Cristovo Colón, en 1492 e iniciaran inmediatamente a colonización forzada do continente americano. A mediados do século xvi, España controlaba case toda a zona costeira das Américas, desde Alasca á Patagonia, no occidente, e desde o actual estado estadounidense de Xeorxia, toda a América Central e o Caribe ata a Arxentina, con excepción do Brasil, que Portugal conseguira manter grazas á mediación do Papa (ver Tratado de Tordesillas).

Matteo Bandello

Matteo Bandello, nado en Castelnuovo Scrivia en 1480 e finado en Agen en 1562, foi un escritor italiano.

Pavía

Este artigo trata sobre unha vila, para o froito véxase artigo Cultivares de pexego.

Pavía é unha cidade do suroeste de Lombardía, no norte de Italia, é cruzada polo río Ticino (Durante a época romana chamábase Ticinum.), un pouco ao norte da confluencia co río Po. É capital da provincia de Pavía e en 2001 contaba con 71.074 habitantes.

A provincia de Pavía dedícase sobre todo á agricultura (viño, arroz e cereais). As industrias son escasas e están localizadas nos suburbios da cidade.

Foi capital do reino longobardo. Desde a Idade Media foi sede dunha das universidades máis antigas de Italia. A cidade estivo fortificada até 1842, cando os bastións se transformaron en rúas e xardíns públicos. Porén, grande parte dos muros ficou en pé até 1901, cando foron derrubados para construír a estrada de circunvalación.

Século XVI

século XV < século XVI > século XVII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1501 e o 31 de decembro de 1600.

Tratado de Madrid (1526)

O Tratado de Madrid foi un tratado asinado por España e Francia o 14 de xaneiro de 1526. Leva o nome da cidade na que foi asinado, onde se atopaba preso o rei de Francia, Francisco I dende a súa derrota na batalla de Pavía.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.