Batalla das Navas de Tolosa

A batalla das Navas de Tolosa, chamada na historiografía árabe Batalla de Al-Uqab (معركة العقاب), enfrontou o 16 de xullo de 1212 nas inmediacións da poboación xienense de Santa Elena a un exército aliado cristián formado en gran parte polas tropas casteláns de Afonso VIII de Castela, as navarras de Sancho VII de Navarra, as aragonesas de Pedro II de Aragón e as portuguesas de Afonso II de Portugal contra o exército do califa almohade Muhammad An-Nasir.[1] A batalla foi o resultado da cruzada emprendida polo rei Afonso VIII, o arcebispo de Toledo Rodrigo Ximénez de Rada e o papa Inocencio III contra os almohades (musulmáns que dominaban Al-Ándalus). Saldada cunha importante vitoria do bando cristián, esta batalla foi o punto álxido da Reconquista e o principio da fin da presenza musulmán na Península ibérica.[2][3]

Batalla de las Navas de Tolosa, por Francisco van Halen
Representación da batalla das Navas de Tolosa de F. P. Van Halen, do século XIX. Cadro exposto no Pazo do Senado en Madrid.

Os bandos

Alfonso VIII de Castilla 02
Escultura de Afonso VIII de Castela.

A batalla foi froito da cruzada[4] organizada polo rei Afonso VIII de Castela, o papa Inocencio III e o arcebispo de Toledo, Rodrigo Ximénez de Rada para combateren os almohades, pobo musulmán e bérber, que acudiran na axuda dos reinos de Taifas a mediados do século XII.

Polo bando cristián estaban as tropas de Afonso VIII de Castela, que era o principal continxente e estaban no centro da formación. Xunto a elas estaban tropas das ordes militares de Santiago, Calatrava, o Temple e do Hospital, e algúns cabaleiros chegados do resto de Europa, principalmente Francia e Italia.

Os outros reis cristiáns formaban os laterais do exército, eran as tropas de Sancho VII de Navarra, de Pedro II de Aragón e de Afonso II de Portugal respectivamente. Destacaba a ausencia de Afonso IX de León, que non acudiu pola inimizade que mantiña daquela co rei de Castela.

O bando almohade tiña como líder ó califa Muhammad An-Nasir.

Antes da batalla

Os exércitos cristián e almohade atopáronse preto de Despeñaperros, paso fronteirizo que separa as actuais Comunidades Autónomas de Andalucía de Castela A Mancha. Os almohades tomaron o 13 de xullo o castelo do Ferral, á entrada de Despeñaperros, o que lles permitiu facerse fortes.

An-Nasir instalou o seu campamento no desfiladeiro da Losa, para bloquear o paso cristián. Porén, o exército cristián logrou cruzar Serra Morena e instalou entre o 13 e o 14 de xullo o seu campamento en Mesa del Rey.

A tenda de An-Nasir era defendida pola chamada Garda Negra, ou imesebelen, composta por soldados-escravos fanáticos procedentes do Senegal. Grandes cadeas e estacas mantíñanos unidos entre si e ó chan, de tal maneira que non lles quedaba outra alternativa que loitar ou morrer. Os imesebelen adoptaban unha forma defensiva cadrada, con filas diagonais e perpendiculares que ían desde os bordos da formación ata o centro desta.

Desenvolvemento da batalla

NavasDeTolosaMonument
Monumento á batalla das Navas de Tolosa.

A batalla desenvolveuse o día 16 de xullo de 1212, nas "navas" (chairas) que hai entre Miranda del Rey e Santa Elena. O exército cristián baixou de Mesa del Rey e atopouse coa vangarda almohade.

A cabalería pesada cristiá era moi superior ós soldados almohades, polo cal An-Nasir colocou arqueiros e infantería, co fin de fustrigar a cabalería cristiá antes de envolvela coa súa infantería. Malia todo, os reis de Aragón e Navarra (Pedro II e Sancho VII respectivamente), impedírono ó estaren nos flancos do seu exército, facendo que os almohades non puideran envolvelos por aí.

As tropas cristiás esmagaron ós almohades, pero acabaron sendo detidas e rexeitadas. As primeiras liñas cristiáns retiráronse paulatinamente, pero a cabalería pesada resistiu en combate contra o exército almohade. Entón foi cando atacaron Pedro II e Sancho VII, facendo un ataque en tenaces que acabou cos flancos inimigos.

A cabalería de Sancho VII de Navarra avanzou e acabou chegando ó campamento de An-Nasir. Cargaron contra o valado de madeira, e dise que o mesmo Sancho VII rompeu as cadeas que unían á garda, acabando con ela.

An-Nasir fuxiu a Baeza e dende alí a Xaén, sen poder evitar a destrución do seu exército.

Descoñécese o número exacto de mortos e feridos desta batalla porque non hai datos fidedignos ó respecto, pero estimacións modernas calculan que o exército almohade tiña uns 22 000 ou 30 000 homes e o exército cristián tiña duns 12 000 a uns 14 000 homes. O número de baixas non é doado de estimar pero é presumible que as baixas do exército almohade foran bastante numerosas.[5]

Despois da batalla

File-Evolution Coat of Arms of Navarre-2
O brasón de Navarra despois da batalla.

Segundo a lenda, despois da batalla o reino de Navarra adoptou un novo escudo de armas en memoria da acción de Sancho. O novo escudo mostraba unha de cadea de ouro sobre campo de goles cunha esmeralda. Na actualidade pode verse no escudo de España.

Notas

  1. Guggenberger, Anthony, A General History of the Christian Era: The Papacy and the Empire, Vol.1, (B. Herder, 1913), 372.
  2. Lynn Hunt describe a batalla como un "punto de inflexión na reconquista..." Ver Lynn Hunt, R. Po-chia Hsia, Thomas R. Martin, Barbara H. Rosenwein, e Bonnie Smith, The Making of the West: Peoples and Cultures: A Concise History: Volume I: To 1740, Segunda Edición (Nova York: Bedford/St. Martin's 2007), 391.
  3. Gitlitz, David Martin e Linda Kay Davidson, The Pilgrimage Road to Santiago, (St.Martin's Press, 2000), 60.
  4. José Fernández Llamazares reproduce a carta enviada polo papa ó rei de Castela, exhortándoo a levar a cabo a cruzada: Historia de la bula de la Santa Cruzada (1859), páxs. 28-33.
  5. Martín Alvira Cabrer: Las Navas de Tolosa, 1212: idea, liturgia y memoria de la batalla. Sílex, Madrid 2012, p. 332. El mesmo: Guerra e ideología en la España medieval: cultura y actitudes históricas ante el giro de principios del siglo XIII: batallas de las Navas de Tolosa (1212) y Muret (1213). Universidade Complutense, Madrid 2000. p. 192 e 196. (en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Martín Alvira-Cabrer: Las Navas de Tolosa, 1212. Idea, liturgia y memoria de la batalla, Sílex, Madrid, 2012, ISBN 978-84-7737-721-4, (en castelán)
  • Enciclopedia Británica
  • María Dolores Rosado Llamas e Manuel Gabriel López Payer: La batalla de las Navas de Tolosa : historia y mito, Caja Rural, Xaén, 2001, ISBN 84-699-6793-2, (en castelán)
  • Juan Carlos Losada: Batallas decisivas de la Historia de España, Punto de Lectura, 2004, (en castelán)
  • Ambrosio Huici Miranda: Las grandes batallas de la reconquista durante las invasiones africanas, Editorial Universidad de Granada, 2000, ISBN 84-338-2659-X, (en castelán)
  • Juan Batista González: España estratégica. Guerra y diplomacia en la historia de España (cap. 4: De Covadonga a Las Navas de Tolosa), Madrid, 2007, ISBN 978-84-7737-183-0, (en castelán)
Afonso II de Portugal

Afonso II de Portugal, nado en Coimbra o 23 de abril de 1185 e finado na mesma vila o 25 de marzo de 1223, alcumado "O Gordo", "O Craso" ou "O Gafo", en virtude da enfermidade que o tería afectado, foi o terceiro rei de Portugal. Afonso II era fillo do rei Sancho I de Portugal e da súa muller, Dulce de Berenguer, máis coñecida como Dulce de Barcelona, infanta de Aragón. Afonso sucedeu ao seu pai en 1211.

Afonso VIII de Castela

Afonso VIII de Castela, nado en Soria o 11 de novembro de 1155 e finado en Gutierre-Muñoz (Ávila) o 5 de outubro de 1214, foi un nobre castelán, rei de Castela dende 1158. Chamado tamén Afonso VIII de Borgoña, Afonso o das Navas e Afonso o Nobre.

Artal de Foces

O nome Artal de Foces pode referirse a:

Artal de Foces I, cabaleiro que acompañou a Pedro II de Aragón na batalla das Navas de Tolosa no ano 1212.

Artal de Foces II, gobernador do Reino de Mallorca, que estivo casado con D.ª Esclaramunda e con Sibila de Fortiá.

Bandeira de Navarra

A bandeira de Navarra foi deseñada en 1910 por tres persoas afíns ao nacionalismo vasco, Arturo Campión, Julio Altadill e Hermilio de Oloriz. Ese mesmo ano aprobouna a Deputación Navarra e foi recoñecida pola Lei Orgánica de Reintegración e Amejoramiento do Réxime Foral de Navarra (LORAFNA), de 10 de agosto de 1982, que establece no seu artigo 7.2: "A bandeira de Navarra é de cor vermella, co escudo no centro."

Así mesmo, o escudo de Navarra está formado por cadeas de ouro sobre fondo vermello, cunha esmeralda verde no centro de unión dos seus oito brazos de elos e, sobre elas, a Coroa Real, símbolo do antigo Reino de Navarra. A imaxe das cadeas adoptaríase, segundo unha explicación tradicional, tras a participación de Sancho VII o forte na batalla das Navas de Tolosa no 1212.

A bandeira de Navarra vén usándose como símbolo do territorio desde 1910. Elixiuse a cor vermella para o pano por ser esta a cor do campo do escudo.

Batalla de Alarcos

A batalla de Alarcos (en árabe: معركة الأرك ma'rakat al-Arak) foi unha batalla librada xunto ao castelo de Alarcos (en árabe: al-Arak الأرك), situado nun cerro a cuxos pés corre o río Guadiana, cerca de Ciudad Real (España), o 19 de xullo de 1195, entre as tropas cristiás de Afonso VIII de Castela e as almohades de Abū Ya'qūb Yūsuf al-Mansūr (Iusuf II), saldándose coa derrota para as tropas cristiás, a cal desestabilizou por completo ao Reino de Castela e frenou todo intento de reconquista ata a batalla das Navas de Tolosa.

Burgos

Burgos é unha cidade española de Castela e León, capital da provincia de Burgos. Conta cunha poboación de 179.097 habitantes, segundo os datos demográficos de 2013, repartidos nunha superficie de 107,08 km², converténdose na 37ª cidade máis poboada de España, e a segunda da comunidade.

Aínda que hai probas de asentamentos neolíticos e da Idade de Ferro, a cidade como tal fundouna o conde castelán Diego Porcelos no ano 884 para frear o avance musulmán. No ano 930 converteuse en capital do condado de Castela primeiro dependente do reino de León e independente despois por actuación do conde Fernán González. Foi a capital do reino de Castela, e de xeito intermitente da Coroa de Castela, desde 1230 ata o reinado dos Reis Católicos. Estes ditaron na cidade, en 1512, as Leis de Burgos; as primeiras leis que a Monarquía Hispánica aplicou en América para organizar a súa conquista. Posteriormente foi a capital da antiga rexión histórica de Castela a Vella, e primeira capital provisional da comunidade autónoma de Castela e León.

Conta cun anel verde e un amplo conxunto monumental entre os cales destacan a catedral de Santa María, expoñente da arquitectura gótica declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, o mosteiro de Santa María la Real de las Huelgas e a cartuxa de Miraflores. Ademais, a cidade é atravesada polo Camiño de Santiago, outro Patrimonio da Humanidade e atópase a menos de 15 km de Atapuerca, tamén baixo a protección da UNESCO desde o ano 2000. O día 13 de xullo de 2010, abriu as súas portas o Museo da Evolución Humana.

Castelo de Salvatierra (Cidade Real)

O castelo de Salvatierra foi unha fortaleza da Serra Morena, no termo municipal actual de Calzada de Calatrava, na provincia de Cidade Real.

Durango, Biscaia

Durango é un concello do País Vasco, na provincia de Biscaia, na comarca do Duranguesado. Ten unha área 10,79 km² e unha poboación no 2005 de 28.229 habitantes (2009).

Década de 1210

A década de 1210 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1210 e remata o 31 de decembro de 1219.

Granada

Granada é unha cidade española, capital da provincia homónima, no territorio histórico de Granada, en Andalucía. Conta cunha poboación de 238.292 habitantes (01/01/2004) e de 450.000 na súa área metropolitana que se estende pola Veiga de Granada. Está situada aos pés de Serra Nevada, na confluencia dos ríos Genil, Darro e Beiro, cunha altitude media de 700 m sobre o nivel do mar. Ao bordo dunha fértil planicie, a Veiga de Granada, que está rodeada por tres macizos montañosos.

Orde de Santiago

A Orde Militar de Santiago é unha orde relixioso-militar xurdida no século XII no Reino de León e que aínda existe hoxe como título de honra.

Provincia de Palencia

A provincia de Palencia é unha das que conforman a Comunidade Autónoma de Castela e León, e está situada ao norte da submeseta setentrional, entre Cantabria ao norte, a provincia de Burgos ao leste, a de Valladolid ao sur e León ao oeste. Ten unha extensión territorial de 8.029 Km2.

A súa poboación é de 173.409 habitantes segundo o censo de 2005, en enorme regresión, se temos en conta que en 1960 contaba con 237.426.

Reino de Granada

O Reino de Granada, foi un estado islámico da Idade Media situado no sur da Península Ibérica, con capital na cidade de Granada. Foi fundado en 1238 polo nazarí Muhammad ibn Nasr (Alhamar), o seu derradeiro rei foi Muhammad XII, máis coñecido coma Boabdil o Chico, derrocado polos Reis Católicos o 2 de xaneiro de 1492 tras a toma da cidade de Granada, que puxo fin á Guerra de Granada. Tras isto, o reino foi incorporado á Coroa de Castela baixo o nome de Reino Cristián de Granada. O reino nazarí de Granada foi o último estado de al-Ándalus.

Reino de Toledo

O Reino de Toledo foi o reino cristián que se configurou institucionalmente a partir da conquista da Taifa de Toledo por Afonso VI, un dos episodios centrais da conquista de territorios de Spania polos reis de relixión cristiá.

Roncesvales

Roncesvales (en éuscaro: Orreaga, en castelán: Roncesvalles, oficialmente Orreaga/Roncesvalles) é un concello na comunidade de Navarra. Esténdese por unha área de 15,1 km² onde no ano 2009 vivían 30 habitantes, 6 máis ca no ano 2007 cando eran 24. Encóntrase a 923 metros sobre o nivel do mar.

Saxamonde, Redondela

San Román de Saxamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 778 habitantes (365 homes e 413 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 808 habitantes.

Taifa

O termo taifa, no contexto da historia ibérica, refírese a un principado musulmán independente, un emirato ou pequeno reino existente na Península Ibérica (ou Al-Andalus) tras a fin do Califato de Córdoba dos Omeias en 1031. O termo deriva da expresión árabe muluk at-cha'waif, «os reis das faccións» (simplificada en che a'waif, de onde a facción, o reino).

Algunhas das máis coñecidas foron as taifas de Taifa de Zaragoza, a de Taifa de Sevilla, Taifa de Toledo, Taifa de Valencia e Taifa de Badaxoz entre outras.

Xaén

Xaén (en castelán: Jaén) é a capital da provincia de Xaén, situada ao sur de España e no nordeste da Comunidade Autónoma de Andalucía. Ten unha poboación de 116.540 habitantes (2005, fonte INE), o que supón aproximadamente unha sexta parte da poboación de toda a provincia. Baixo o lema de Capital Mundial do Aceite de Oliva, a actividade económica da cidade, con todo, está baseada no sector servizos, a administración, a industria agrícola, a construción e un incipiente turismo cultural.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.