Batallón Literario

O Batallón Literario foi unha compañía militar formada por estudantes da Universidade de Santiago de Compostela en diversos momentos, sendo o máis famoso o formado en 1808, durante a Guerra da Independencia Española, disposta a loitar contra a invasión francesa dirixida por Napoleón.

O Batallón Literario na guerra da Independencia

Nunha reunión celebrada nos claustros da Universidade, presidida por Rafael de Murquiz, arcebispo de Compostela, acordouse a colaboración da Universidade co movemento popular a prol de liberar o país.

Buscouse a alguén con experiencia militar para pórse á fronte do Batallón, acordándose colocar a Juan Ignacio de Armada Caamaño Ibáñez de Mondragón y Salgado de Sotomayor, IV marqués de Santa Cruz de Ribadulla. O financiamento logrouse coas xenerosas achegas populares, unidas ás do propio marqués, que deron como resultado unha suma considerable. Segundo Alfonso Armada Comyn, actual marqués de Santa Cruz de Ribadulla, para que puidese mandar sobre os alumnos universitarios, foi necesario facelo doutor de tódalas facultades, título concedido con carácter hereditario. O batallón formouse en 42 días, dándoselle ordes para a súa incorporación a filas, tralo acto de bendición da bandeira, no que tivo lugar unha arenga do arcebispo.

Esta bandeira aínda se conserva na biblioteca da universidade. Leva as cores azul e branca da Bandeira de Galiza, e dous escudos: o do antigo Reino de Galiza, e o escudo de armas da Universidade, ambos cubertos por unha coroa real, ademais da seguinte inscrición:

Os soldados portaban ademais unha cinta, cun breve poema, que aludía á unión entre a cultura e o mundo militar en prol da defensa nacional: "Por rescatar a Fernando (el Rey Fernando VII) y acabar con Bonaparte unióse Minerva a Marte".

O 18 de xullo de 1808 o batallón saíu a incorporarse ás tropas do xeneral Blake, onde formaron a vangarda xunto ós voluntarios navarros. Un dos múltiples episodios recordados foi o de entrar de incógnito á Coruña a recoñecer as baterías, malia estar tomada a cidade polo Mariscal Ney.

Almanaque Gallego, 1898, p. 32, Lápida en honor del Batallón Literario de 1808
Coroa na honra do Batallón Literario colocada no muro do convento de San Paio de Antealtares o 4 de maio de 1896.
Gravado no Almanaque Gallego para 1898, Buenos Aires.

En 1810 o xeneral Castaños deu a orde de disolución do Batallón Literario, outorgando ós poucos sobreviventes o rango de oficiais nos corpos militares.

Na praza da Quintana da cidade compostelá, chamada tamén praza dos literarios, unha placa lembra a xesta co seguinte texto:

Outras actuacións

Anteriores á guerra da Independencia

O Batallón Literario xa se constituíra previamente en 1663 ante os ataques portugueses á vila de Monterrei, trala sublevación de Portugal en 1640.

Volveuse formar en 1665.

Posterior á guerra da Independencia

En 1846 formouse outra vez durante o levantamento de Solís ou Revolución de 1846, aínda que a xesta máis recordada é a ocorrida en 1808.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barreiro Fernández, X. R., coord. (2003): Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. Siglo XIX. Volumen 2. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-269-8.
  • Tettamancy Gastón, F. (1910): Batallón Literario de Santiago: Diario de campaña (años 1808 al 1812) La Coruña: Imprenta y Fotograbado de Ferrer.

Ligazóns externas

Alexandre Nerium

Francisco Manuel López Martínez, nado en Fisterra en 1960, é un escritor galego, máis coñecido polo pseudónimo de Alexandre Nerium.

Batallón Literario da Costa da Morte

O Batallón Literario da Costa da Morte foi un grupo poético xurdido nunha cafetaría de Cee o 1 de maio de 1996 cuxo nome está inspirado no Batallón Literario de Santiago, emerxido na Universidade de Santiago de Compostela no século XIX. Considérase ao grupo literario “Arre Sentelha!” como xerme do batallón así como tamén “Blas Espín” ou o colectivo “Un medio”, desenvolvidos tamén na Costa da Morte, xa que algúns dos seus membros participaron neses grupos. Nesta primeira xuntanza reuníronse os fundadores que eran Miro Villar, Federico L. Santalla (secretario), Rafa Villar, Xandra Tedín, Modesto Fraga, Xabier Rodrígues Fidalgo e Estevo Creus.

O Batallón inclúe un amplo número de integrantes procedentes na súa maioría da Costa da Morte e de diversas idades. Podemos destacar algúns nomes a parte dos anteriores como Alexandre Nerium, Mónica Góñez ou Concha Blanco. Entre os seus participantes non só se atopan poetas, se non tamén importantes narradores e narradoras como por exemplo María Canosa.

É salientábel a súa organización e participación en certames e recitais poéticos. Tamén publicaron algúns volumes colectivos e un boletín poético.

David Creus

David Creus Andrade, nado en Cee en 1975, é un poeta e deseñador gráfico galego.

Estevo Creus

Estevo Creus Andrade, nado en Cee en 1971, é un escritor galego que ten destacado especialmente no eido da poesía.

Fernando Cabeza Quiles

Fernando Cabeza Quiles, nado en Ponferrada en 1953, é un polígrafo galego que destaca pola súa obra sobre a toponimia de Galicia.

Joaquín Díaz de Rábago

Joaquín Antonio Díaz de Rábago Díaz de Mier, nado en Muros o 6 de maio de 1837 e finado na Pobra do Caramiñal o 29 de xullo de 1898, foi un xurista, sociólogo e economista galego.

Marilar Aleixandre

María Pilar Jiménez Aleixandre, nada en Madrid o 1 de maio de 1947, é escritora en lingua galega, tradutora, bióloga e académica de número da Real Academia Galega.

María Lado

María Lado Lariño, nada en Cee o 14 de abril de 1979, é unha escritora e actriz galega.

Miro Villar

Arximiro Bautista Villar González, nado en Cee o 21 de marzo de 1965, é un escritor galego.

Modesto Fraga

Modesto Fraga Moure, nado en Fisterra o 27 de febreiro de 1974, é un escritor galego.

Paco Souto

Francisco José Souto Barreiro, nado na Coruña o 12 de outubro de 1962 e finado en Razo (Carballo) o 30 de marzo de 2017, foi un escritor e político galego.

Pilar Beiro

Pilar Beiro, nada en Canedo (Carnota) en 1958, é unha poetisa galega.

Praza da Quintana

A praza da Quintana é unha praza simbólica de Santiago de Compostela, formada pola confluencia da fachada sur da catedral de Santiago, a casa da Parra, o Convento de San Paio de Antealtares e a casa da Conga.

Rafa Vilar

Rafa Vilar González,, nado en Cee o 2 de abril de 1968, é un escritor galego que ten destacado especialmente no eido da poesía.

Rafael Lema

Rafael Lema Mouzo, nado na Ponte do Porto (Camariñas) o 27 de abril de 1967, é un escritor galego.

Serxio Iglesias

Serxio Iglesias Rodríguez, nado en Buenos Aires en 1966, é un poeta galego.

Suso Bahamonde

Suso Bahamonde, nado na Coruña en 1978, é un escritor galego.

Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas. Uns consideran a fundación como o momento no que se instauran algún tipo de estudos, segundo este criterio a USC fúndase en 1495, o que a converte na sexta universidade española máis antiga despois das de Salamanca, Complutense, Valladolid, Barcelona e Zaragoza. Outros toman como data fundacional o ano en que é recoñecida pola Igrexa ou algunha autoridade civil, de acordo con este criterio a USC foi fundada en 1504 pero continúa sendo a sexta máis antiga de España gañando en antigüidade á de Zaragoza mais perdéndoa coa de Valencia.En 1990 a partir da Universidade de Santiago creáronse as Universidades da Coruña e de Vigo. No ano 2012 contaba con dous campus universitarios (Campus de Santiago -dividido en Histórico, Norte e Sur-, e Campus de Lugo) cun total de 23 facultades e 2 escolas técnicas superiores.Durante o curso 2011-12 o número de estudantes matriculados ascendía a 28.138, dos cales 24.758 correspondían a titulacións oficiais do 1º e 2º ciclos e grao, 1.677 a másteres oficiais e 1.703 a outros estudos (titulacións e másteres propios, cursos de especialización, cursos de formación continua e 4º ciclo).En abril de 2018 foi elixido reitor o xurista Antonio López.

Vedra

Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 5.073 habitantes (2.477 homes e 2.596 mulleres) (5.059 no 2009, 5.052 no 2006, 5.054 no 2005, 5.057 no 2004, 5.037 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vedrense».

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.