Basilio Losada

Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930, é un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Basilio Losada
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Medalla de Galiza.svg
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg
Nacemento20 de xuño de 1930
 A Pobra de San Xiao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesor, tradutor e crítico literario
PremiosCreu de Sant Jordi, Medalla Castelao e Premio Nacional de Tradución de España

Traxectoria

Traduce ao castelán e ao galego, e é autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira. Traduciu 150 libros en sete linguas, de autores como Jorge Amado, José Saramago, Rosalía de Castro ou Pere Gimferrer.

Xubilouse como catedrático no ano 2000, aínda que segue impartindo clases nos programas de diversas universidades norteamericanas na UB. Aos setenta anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela A peregrina (traducida ao italiano por Giuseppe Tavani), ambientada na Idade Media, período no que é un grande experto.

En 1991 recibiu o Premio Nacional de tradución por Memorial do convento, de Saramago. recibiu ademais a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña; a Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués; a Ordem do Cruzeiro do Sul, de Brasil; e a Medalla de Galicia (2016) e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. En 2012 recibiu o Premio Otero Pedrayo.

En marzo de 2015 foi nomeado académico de honra pola Real Academia Galega[1]. Nese mesmo ano obtivo o XIV Premio Ramón Piñeiro Facer País.[2]

Obra en galego

Ensaio
  • O Camiño de Santiago, 1992, Ir Indo.
Narrativa
Edicións
  • Manuel María. Antología poética. Escolma poética, 1969. Col. Adonais. Rialp. Edición bilingüe galego-castelán.[3]
  • Poetas gallegos de postguerra, 1971, Ocnos. Edición bilingüe galego-castelán.
  • Poetas gallegos contemporáneos, 1972, Seix Barral. Edición bilingüe galego-castelán.[4]
  • Poesía gallega de hoy, 1990, Visor, Madrid. Edición bilingüe galego-castelán.
Traducións
  • Un poema en dez anacos, de Jordi Domènech, 1974, Ediciós do Castro. Do catalán para o galego.
  • Os dous caracois, de Jorge Zentner, 1982, Argos Vergara.
  • O elefante cobarde, de Apuleio, 1982, Argos Vergara.
  • Marta e Miguel, de Josep Vallverdú, 1982, Argos Vergara.
  • O segredo da lagoa, de Gloria Cecilia Díaz, 1982, Argos Vergara.
  • Lenda do Príncipe Cisne, de Francesc Boada i Moret, 1983, Argos Vergara.
  • Llibre d'amiga, de Ramon Dachs, 1998, 7 i mig. Edición bilingüe catalán-galego.
Obras colectivas
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Edicións do Castro.
  • Galicia: nai e señora, 2002, Nigra.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
  • Do sentimento á conciencia de Galicia: correspondencia, 1961-1984, de Ramón Piñeiro e Basilio Losada, 2009, Galaxia. Ed. de Helena González e María Xesús Lama.
Homenaxes
  • Profesor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco. Barcelona: Publicacions de la Universitat, 2000.

Obra en castelán

Ensaio
  • Tesoro breve de las letras hispánicas: Literatura Gallega, 1974, Novelas y cuentos (Madrid).
Obras colectivas

Notas

  1. "Basilio Losada, académico de honra", RAG, 13 de marzo de 2015.
  2. "Basilio Losada: premio Ramón Piñeiro e novo membro de honra da RAG", Sermos Galiza, 2 de outubro de 2015.
  3. Imaxe da portada Arquivado 05/03/2016, en Wayback Machine. de Manuel María. Antología poética. Escolma poética.
  4. Imaxe da portada Houbo outra edición, especial, para a Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo.[1]

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

A Nosa Galiza

A Nosa Galiza foi un programa radiofónico dirixido e presentado por Manuel Fernando González na emisora Radio Miramar de Barcelona entre 1973 e 1981. Emitíase os domingos de 11:00 a 12:00 e realizábase en lingua galega e entre os seus colaboradores estivo gran parte da intelectualidade galega residente na cidade condal, e mais tamén outros residentes en Galicia, como Adolfo Fernández Oubiña, Olegario Sotelo Blanco, Basilio Losada, Manuel María, Xesús Mato, Alfonso Bozzo, Manuel Rodríguez López ou Xosé Lois García Fernández.

Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia é a biblioteca cabeceira do sistema bibliotecario galego. Foi deseñada polo arquitecto americano Peter Eisenman e forma xunto con outros seis edificios a Cidade da Cultura de Galicia, localizada en Santiago de Compostela.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Francisco Leiro

Francisco Leiro Lois, máis coñecido como Paco Leiro, nado en Cambados en 1957, é un pintor e escultor galego, residente en Nova York desde 1988.

Giuseppe Tavani

Giuseppe Tavani, nado en Roma en 1924 e finado o 22 de marzo de 2019, foi un filólogo italiano.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Manuel Cordo Boullosa

Manuel Cordo Boullosa, nado en Lisboa o 5 de decembro de 1905 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1998, foi un magnate galego.

Manuel Sánchez Salorio

Manuel Sánchez Salorio, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1930 é un médico oftalmólogo e humanista galego que configurou unha escola científica española coñecida actualmente como Escola Galega de Oftalmoloxía. É académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e foi o creador da primeira Rede de Investigación Colaborativa en Oftalmoloxía (Oftared).

Marina Mayoral

Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.

Medalla de Galicia

A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica.

Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición. Coa chegada ao goberno do bipartito liderado por Emilio Pérez Touriño reduciuse outra vez o número e a tipoloxía a unha soa, e de ouro.

É notoria a escaseza de mulleres entre os premiados.

Milladoiro (grupo musical)

Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.

Nélida Piñon

Nélida Piñon, nada no Río de Xaneiro o 3 de maio de 1937, é unha escritora brasileira. Foi presidenta da Academia Brasileira das Letras. O seu nome é un anagrama do nome do avó, Daniel. É de familia de emigrantes galegos, de Almofrei (Cerdedo-Cotobade), e sempre ten feito gala de que Galicia, onde pasou algúns anos da súa infancia, a marcou profundamente.

Pedrón de Ouro

Os premios Pedrón de Ouro, dende 1964, Pedrón de Honra e o Premio Modesto R. Figueiredo son os premios outorgados en Padrón polos membros da Fundación Pedrón de Ouro, fundada por Avelino Abuín de Tembra, Maximino Rodríguez Buján e Octavio Sanmartín Rodríguez, e que ten entre os seus membros a Manuel Caamaño Suárez e David Otero.

O Padrón de Ouro entrégase á personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis destacou na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou nunha traxectoria vital. O Premio Pedrón de Honra dáselle a residentes foráneos que destacasen coas súas achegas ao engrandecemento da nación e da cultura.

Remuíño de sombras

Remuíño de sombras é unha novela de Xosé Neira Vilas, publicada en 1973 na Colección Pombal de Edicións Castrelos, cun prólogo de Basilio Losada ("Presentación innecesaria de Neira Vilas"). En 1991 foi reeditado pola Editorial Galaxia.

Ángel Carracedo

Ángel María Carracedo Álvarez, tamén coñecido como Anxo Carracedo, nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955, é un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética.

Membros de honra da Real Academia Galega
Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
1984–1999
Desde 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.