Bashar al-Assad

Bashar al-Assad (بشار الاسد) (nado o 11 de setembro de 1965). Presidente de Siria dende 2000, á morte do seu pai o presidente Hafez al-Assad.
Estudou oftalmoloxía en Londres, inicialmente tiña poucas aspiracións políticas, o seu pai educara ao seu irmán maior, Basil al-Assad como futuro presidente, pero a morte deste en accidente de automóbil mudou a situación, e Bashar converteuse no heredeiro político de seu pai.

Predecesor::
Abdulhalim Khaddam
(de facto)
Presidente de Síria dende:
2000
Sucesor:
-
Bashar al-Assad
Bashar al-Assad (2018-05-17) 03
Nacemento11 de setembro de 1965
 Damasco
NacionalidadeSiria
RelixiónAlauísmo
Alma máterUniversidade de Damasco e Homs Military Academy
Ocupaciónestadista, oftalmólogo e líder militar
PaiHafez al-Assad
NaiAnisa Makhlouf
CónxuxeAsma al-Assad
PremiosKnight Grand Cross with Collar of the Order of Merit of the Italian Republic, Order of Prince Yaroslav the Wise, 1st class, Royal Order of Francis I, Grand Cross of the White Rose of Finland, Ordem do Libertador, Grand Cross of the Order of the Southern Cross, Grand Cordon of the National Order of the Cedar‎, Order of Islamic Republic, Gran cruz da Lexión de Honor, Order of Abdulaziz al Saud, Order of Umayyad, Order of Zayed e Sacred Military Constantinian Order of Saint George
11 de setembro

O 11 de setembro é o 254º día do ano do Calendario gregoriano e o 255º nos anos bisestos. Quedan 111 días para finalizar o ano.

Bill Clinton

William Jefferson Clinton, máis coñecido como Bill Clinton, nado en Hope (Arcansas) o 19 de agosto de 1946, é un político demócrata estadounidense. Foi presidente dos Estados Unidos de 1993 a 2001.

Conferencia de Madrid de 1991

A conferencia de Madrid, ideada polo goberno de España e coauspiciada polos Estados Unidos e a URSS, comezou entre 30 de outubro e o 1 de novembro de 1991 e durou tres días. Foi unha tentativa por parte da comunidade internacional de principiar un proceso de paz entre Israel e os palestinos e países árabes como Siria, Líbano, Xordania.

Pouco despois da Guerra do Golfo de 1991, o presidente norteamericano George W. Bush e o seu secretario de estado James Baker formularon os obxectivos e coa Unión Soviética redactaron unha carta de invitación a Israel, Siria, Líbano e os palestinos. Por presión de Israel os palestinos non estiveron representados oficialmente pola OLP senón que se integraron na delegación xordana.

A conferencia pretendía servir como un foro aberto para os participantes e non tiña capacidade para impoñer solucións ou vetar acordos.

Ehud Olmert

Ehud Olmert (30 de setembro, 1945 en Binyamina), foi o 12º primeiro ministro de Israel, membro do Kadima procedente do Likud

Olmert converteuse en primeiro ministro o 14 de abril de 2006 pero viña exercendo este cargo de xeito interino desde o 4 de xaneiro pola enfermidade do primeiro ministro Ariel Sharon. O 30 de xullo do 2008 anunciou que non se presentaría ás eleccións primarias do Kadima, tras un mandato marcado polas acusacións de corrupción e a perda de popularidade pola súa xestión na Guerra do Líbano do 2006. A súa sucesora foi a actual Ministra de Asuntos Exteriores, Tzipi Livni, con quén mantivo agrias disputas nos meses previos á súa retirada por mor do liderato de Kadima.

Anteriormente, Olmert fora Viceprimeiro Ministro, Ministro de Facenda, Ministro de Industria, Comercio e Traballo, Ministro responsable da administración das Terras de Israel e alcalde de Xerusalén.

Guerra civil siria

A guerra civil siria (en árabe: الحرب الأهلية السورية: [al-Ḥarb al-ahliyya al-sūriyya]) é un conflito bélico iniciado a principios de 2011 e que aínda se dá na actualidade Siria. Nesta guerra enfrontáronse no seu inicio as Forzas Armadas de Siria do goberno do presidente sirio, Bashar al-Assad, contra grupos armados rebeldes de diversa índole, coñecidos en Occidente como a «oposición siria». Máis adiante, numerosos grupos e combatentes dos «rebeldes» uníronse aos xihadistas do Estado Islámico de Iraq e o Levante —Estado Islámico (abreviado como EI) en galego; ISIS en inglés—, tamén coñecido como Daesh (en árabe داعش), o que lle permitiu a este último expandirse e invadir vastas extensións de Siria desde as zonas que xa ocupaba en Iraq. Con todo, algúns grupos rebeldes xihadistas combaten tanto contra o goberno como contra o Estado Islámico, un dos máis grandes e activos é a Fronte Al-Nusra, considerado a rama de Al Qaeda en Siria e que controla pequenas franxas de territorio entre zonas doutros grupos rebeldes e o goberno.

A oposición armada ao goberno componse de varios grupos formados durante o conflito. Os principais son o Exército Libre Sirio, o primeiro en tomar as armas en 2011, e a Fronte Islámica, formado en 2013. Doutra banda, o Estado Islámico ocupa a maior parte do territorio sirio, así como a maior parte das reservas de petróleo e gas, polo que está considerado a principal forza de oposición ao goberno sirio; tras rápidos avances militares desde Iraq, en xullo de 2014 o Estado Islámico controlaba un terzo do territorio sirio e un ano despois, a mediados de 2015, máis da metade. En xullo de 2013, o goberno sirio controlaba entre o 30 e o 40 % do territorio e reunía ao 60 % da poboación.

Un informe de Nacións Unidas de finais de 2012 describiu o conflito como «abertamente sectario na súa natureza» pola loita entre a minoría alauí, que controla o Estado, e milicias e grupos xiítas que loitan contra grupos rebeldes sunnitas, situación que todos os bandos negaron. Debido á participación de numerosas potencias estranxeiras denominoulla tamén como unha guerra subsidiaria. O goberno sirio, presidido por Bashar al-Assad, conta co apoio de Rusia, que o considera un país aliado desde tempos da Unión Soviética, a República Islámica de Irán e a organización libanesa Hezbolá. O goberno e os seus aliados defenden que as manifestacións e primeiras revoltas armadas foron organizadas e financiadas por Occidente, así como a algúns grupos xihadistas, para precipitar a caída do goberno e controlar o país, opinión apoiada por algúns analistas. Doutra banda a «oposición siria» é apoiada por Estados Unidos, Turquía, Arabia Saudita e outros países aliados occidentais e do golfo Pérsico. A «oposición» e estes países defenden que a insurrección foi consecuencia da Primavera Árabe e acusan o goberno de represión, corrupción e de falta de democracia e liberdade. O Estado Islámico nútrese da chegada de miles de combatentes desde países de todo o mundo e, financeiramente, da venda de antigüidades espoliadas e o petróleo que extrae, vendido sobre todo en Turquía; está en guerra contra todos os demais bandos e é bombardeado por numerosos países estranxeiros. No norte do país as zonas fronteirizas son controladas por milicias kurdas, que loitan principalmente contra o Estado Islámico, aínda que tamén contra outros grupos rebeldes e o goberno; con todo, algunhas faccións kurdas como o PKK son atacadas por Turquía, a pesar de ter, oficialmente, ao EI como inimigo común.A guerra civil en Siria deixou para o 2015 máis de 220 000 mortos e xa en 2013 contábanse 63 072 vítimas civís e a maioría das cidades atopábanse nun estado case de devastación. En decembro de 2016, o OSDH estimaba que o total de mortos, tanto civís como combatentes de todos os bandos, era de entre 312 000 e 437 363 persoas, mentres que as estimacións do SCPR citadas por algúns medios internacionais ascendían a 470 000 só até febreiro de 2016. Para finais de 2016, estimábase que entre 233 000 e 320 000 combatentes de todos os bandos morreran na guerra, e segundo o OSDH, 90 506 civís morreran na guerra até decembro de 2016. De acordo coas cifras do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, en Siria había 7,6 millóns de persoas desprazadas dentro das fronteiras do país en xullo de 2015, mentres que segundo os seus cálculos 4 millóns de refuxiados abandonaran o país nas mesmas datas; unhas cifras de refuxiados que NRC Handelsblad elevou a 4,8 millóns para agosto de 2016. A guerra de Siria elevou o número de desprazados a escala mundial ao seu máximo nivel nos últimos 18 anos, mentres que o 40 % da poboación está nunha situación de crise. Usáronse armas químicas en repetidas ocasións, e ambos os bandos do conflito foron acusados desde diversas organizacións e gobernos de cometer crimes de guerra e graves violacións dos dereitos humanos, así como tamén danos patrimoniais históricos. Este cúmulo de atrocidades converteron ao conflito na máis brutal crise da Primavera árabe e unha das peores guerras do século XXI.

Na maior parte das zonas onde o goberno perdeu o control, os diferentes grupos rebeldes islamitas como o Estado Islámico e Al Nusra, instauraron un califato rexido baixo unha interpretación radical da Xaria, a lei islámica.

Guerra do Yom Kippur

A guerra do Yom Kippur, tamén coñecida como a guerra árabe-israelí de 1973 foi un conflito armado entre Israel e a coalición formada por Exipto e Siria. A guerra comezou cando Exipto e Siria lanzaron o 6 de outubro (día do Yom Kippur) de 1973 un ataque conxunto no Sinaí e nos Altos do Golán, territorios que foran conquistados por Israel durante a guerra dos seis días, seis anos antes.

Os exipcios e sirios avanzaron durante as primeiras 24-48 horas, en parte por estar o exército israelí desmobilizado pola festividade, pero na segunda semana da guerra, os sirios foron expulsados dos Altos do Golán. No Sinaí, os israelís cruzan a canle de Suez e rodean ao exército exipcio no Sinaí. A ameaza soviética de tomar partido polos árabes fai que os Estados Unidos convenzan a Israel de asinar un alto o fogo o 24 de outubro. Unha das consecuencias deste conflito foi a crise do petróleo, xa que os países árabes decidiron deixar de subministrar petróleo aos Estados Unidos e aos países que apoiaban a Israel.

A guerra deixou 2.655 mortos no bando israelí e 8.528 no bando árabe.

Hafez al-Assad

Hafez al-Assad, nado en Qardaha, en 1928, e falecido en Damasco en 2000, foi un militar e político sirio.

Hamás

Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina.

Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na faixa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios. En xaneiro de 2006 accede ao goberno de Gaza logo de vencer con claridade nas eleccións lexislativas.

Hesbulá

Hesbulá, Hizbulá, Hezbollah, Ḥizb Allāh, (en árabe ‮حزب الله‬, que significa "Partido de Deus"), é un grupo islamista libanés que ten un brazo civil e un brazo militar. Fundouse en 1982 como resistencia á invasión israelí do sur do Líbano.

Hesbulá é considerado por gran parte do mundo árabe e musulmán como un lexítimo movemento de resistencia. No Líbano é un partido político legal que incluso chegou a formar parte do goberno. Porén, a causa dos seus ataques militares a Israel e das súas relacións políticas e ideolóxicas con outras organizacións, coma Hamás ou o Xihad Islámico, os Estados Unidos considérano unha organización terrorista. A Unión Europea, porén, ten por terrorista unicamente a súa parte militar.

Hesbulá é, a canda Amal, a principal expresión política da comunidade xií libanesa, o grupo máis importante dun país cunha extraordinaria diversidade relixiosa.

Fundada grazas ao apoio de Irán, Hesbulá segue a ideoloxía islamita que preconizaba o aiatolá Ghomeini, líder da Revolución Islámica iraní. O obxectivo de Hesbulá é a implantación dun estado islámico no Líbano, se ben admiten que só se podería implantar co consenso da poboación libanesa. Ademais do seu brazo armado, o movemento conta cunha infraestrutura civil que, de xeito semellante ao palestino Hamás, prové a poboación de servizos sociais, sanitarios e educativos. A súa campaña de reconstrución Xihad al-Bina realizou diversos proxectos de desenvolvemento económico e de infraestruturas nas áreas do Líbano con maioría de poboación xií. Na actualidade Hesbulá ten oito deputados no parlamento libanés, e forma parte do goberno de coalición.

Existen importantes vencellos entre Hesbulá e o goberno de Siria. Por conseguinte, Hesbulá oponse á evacuación das tropas de ocupación sirias despregadas no Líbano, e que están en proceso de retirada como consecuencia da denominada Revolución do cedro. Non recoñece a existencia do estado de Israel, e a súa retórica expresa o desexo de destruílo. En 2000, Hesbulá debeu de disolverse logo da retirada de Israel do sur do Líbano, pero seguiu operando e atacando con mísiles o territorio israelí.

O máximo líder de Hesbulá é Hassan Nasralá.

En xullo de 2006 dous soldados das forzas armadas israelís despregadas nos Altos do Golán, zona fronteiriza entre Israel, Xordania, Líbano e Siria foron secuestrados. A acción foi reivindicada por Hesbulá, o que levou á maior intensidade de violencia na zona dende a operación Paz de Galilea, en 1982. As tropas israelís bombardearon Beirut e diversas infraestruturas do Líbano, bloquearon as dúas vías de transporte por terra, mar e aire, e provocou numerosos mortos. Un ataque de Hesbulá con mísiles catiuxa sobre a cidade de Haifa provocou a morte de oito civís israelís.

Ismail Haniya

Ismail Haniyeh (nado no 1962 en Gaza) (Árabe:إسماعيل هنية) é o maior líder político do grupo terrorista Hamas, un grupo que reivindicou numerosos bombardeos de suicidio sobre a civís, e foi nomeado para ser o próximo primeiro ministro da Autoridade Nacional Palestina. Segundo Al-Jazeera, " Haniyeh, a diferenza dalgúns outros líderes de Hamas, evitou suxerir ' a destrución de Israel '. " Haniyeh polo tanto é visto como un líder "pragmático" de Hamas. Foi proposto o 16 de febreiro de 2006 como o novo primeiro ministro despois da vitoria de Hamas nas eleccións lexislativas palestinas do 25 de xaneiro 2006. Antes da elección, Haniyeh foi votado internamente no alto da lista de candidatos por Hamas, facéndose o contendor principal da posición, actualmente sostida por Ahmed Qurei.

Levi Eshkol

Levi Eshkol, nado en Oratov (Ucraína) o 25 de outubro de 1895 e finado en Xerusalén o 26 de febreiro de 1969, foi un político israelí, presidente do seu estado entre 1963 e 1969.

Mahmoud Abbas

Mahmud Abbas (en árabe:محمود عباس), nado o 26 de marzo de 1935 en Safad, Galilea, é o presidente (rais) da Autoridade Nacional Palestina (ANP) desde o 9 de xaneiro de 2005.

Mahmoud Ahmadinejad

Mahmoud Ahmadinejad (persa: محمود احمدی‌نژاد, Mahmūd Ahmadinezhād Modelo:IPA-fa, é un político iraniano que foi o sexto Presidente de Irán dende 2005 a 2013. Tamén foi o principal líder político da Alianza dos Construtores do Irán Islámico, unha coalición de grupos políticos conservadores do seu país.

Mohammad Khatami

Seyyed Mohammad Khatami, ou en persa سید محمد خاتمی, nado en outubro de 1943, foi presidente de Irán dende o 2 de agosto de 1997 ao 2 de agosto de 2005.

Mona Juul

Mona Juul, nada en Steinkjer en 1959, é unha oficial no Ministerio de Asuntos Exteriores norueguesa.

Organización para a Liberación de Palestina

A Organización para a Liberación da Palestina (OLP) (En árabe: منظمة تحرير فلسطينية, Munazzamat al-Tahrir Filastiniyyah) é unha organización política e paramilitar de palestinos dedicada ao establecemento dun estado palestino independente. A OLP foi presidida por Yasser Arafat, desde 1969 até a súa morte no 2004, tendo sido sucedido por Mahmoud Abbas (tamén coñecido como Abu Mazen.) En anos recentes, o obxectivo oficial da OLP foi redefinido para consistir apenas da Cisxordania e da Faixa de Gaza, malia que unha parte substancial da organización non obedecer a esta redefinición.

Partido Árabe Socialista Baaz

O Partido Baath Árabe Socialista (tamén transcrito como Baaz, Baath ou Ba'ath, árabe: حزب البعث العربي الاشتراكي Hizb Al-Baath Al-Arabi Al-Ishtiraki), foi fundado en 1947 como un partido político nacionalista árabe laico, radical socialista. Funcionaba como un partido panárabe con pólas en diferentes países árabes, pero era máis forte en Siria e Iraq. Asumiu o poder en ambos países en 1963. En 1966 os partidos sirio e iraquí convertéronse en faccións rivais. Ambo-los dous partidos Baaz mantiveron o mesmo nome e teñen estruturas paralelas no mundo árabe.

Apareceu inicialmente como movemento nacionalista árabe en 1940 da man dos pensadores sirios Michel Aflaq e Salah Bitar. Tomou forza nos anos seguintes en Siria (onde se lle agregaron militantes de grupos nacionalistas e marxistas) e no veciño Iraq (onde se implantou fortemente no exército). Non foi fundado de xeito oficial como partido até a celebración do seu primeiro congreso en Damasco, o 7 de abril de 1947.

A palabra árabe "Baath" significa "resurrección", como na obra publicada por Michel Aflaq, titulada Na senda da resurrección. As crenzas baazistas combinan o socialismo árabe, o nacionalismo e o panarabismo. A ideoloxía, na súa maior parte laica, contrasta moito coa doutros gobernos árabes no Medio Oriente, que ás veces tenden a orientarse cara ao islamismo e a teocracia. Algúns analistas occidentais pensan que o Partido Baaz ten certas similitudes coa ideoloxía fascista polo seu discurso populista e o seu nacionalismo panarabista que case se converte en expansionismo.

O lema do partido é "Unidade, liberdade, socialismo" (en árabe wahda, hurriya, ishtirakiya). A "unidade" refírese á unidade árabe, a "liberdade" fai énfase na liberación do control estranxeiro e particularmente da súa intervención, e o "socialismo" refírese ao que se ven chamando socialismo árabe antes que ao marxismo.

O Partido Baath chegou ao poder en Siria o 8 de marzo de 1963 e mantivo un monopolio sobre o poder político dende finais dese ano. Os baazistas gobernaron Iraq brevemente en 1963, e logo dende xullo de 1968 até 2003. Trala destitución "de facto" da ditadura baathista de Saddam Hussein durante a invasión de Iraq de 2003, as autoridades de ocupación prohibiron o Partido Baath Iraquí en xuño de 2003.

Siria

Siria é un país do Oriente Medio. Limita ó norte con Turquía, o leste e sur con Iraq, ó sur con Xordania e ó oeste con Israel, Líbano e o mar Mediterráneo. A rexión de fronteira con Israel (Altos de Golán) é obxecto de disputa entre ámbolos dous países.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.