Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra

A basílica de Santa María a Maior é unha das igrexas parroquiais de Pontevedra. Foi consagrada como basílica o 10 de xaneiro de 1962 por Xoán XXIII.

Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra
Santa Maria a Maior de Pontevedra 02
Fachada.
Datos xerais
TipoBasílica
AdvocaciónSanta María
Coordenadas42°26′02″N 8°38′51″O / 42.433788, -8.647516Coordenadas: 42°26′02″N 8°38′51″O / 42.433788, -8.647516
Culto
CultoCatólico
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
Construciónséculo XVI
EstiloGótico isabelino, plateresco

Construción

Este templo substitúe outro anterior. A parroquia de Santa María a Maior é a igrexa matriz de Pontevedra, aparecendo documentada xa antes da concesión do foro de vila en 1169. Daquel templo consérvanse o San Pedro da contraportada occidental e o pantocrátor da clave dunha capela da nave do evanxeo.

A súa construción comezou na segunda década do século XVI, dirixindo as obras o mestre Juan de Cuetos. A fachada, contratada en 1541 a Cornelis de Holanda e Xoán Nobre, comezou a construírse en 1544. Dado que boa parte do financiamento proviña do Gremio de Mareantes, en 1551 paralizáronse as obras debido á escaseza de sardiña. En 1559 pecháronse as bóvedas, e en 1570 pechouse o coro. A torre das campás aínda tardaría bastante en ser rematada. O retablo, rematado en 1623, foi derrubado e substituído a comezos do século XX, con deseño de Maximino Magariños[1].

Pontevedra, Basílica de Santa María 03-04b
Xerome de Estridón na fachada.
Pontevedra-Santa-María-1
Interior.

Arquitectura

Ten tres portas de entrada. A porta sur, a máis usada, dá á praza de Alonso III de Fonseca, que foi párroco da igrexa. A carón dela está a imaxe do Cristo da boa Viaxe. A porta norte dá ó Campiño de Santa María, e a porta oeste está no retablo pétreo.

O templo consta de tres naves, todo el circundado na parte superior por unha crestería pétrea. No exterior, na cara sur, hai unha imaxe da Virxe do O, patroa da cidade. Debaixo dela hai un sepulcro, posiblemente de Alfonso de Baltuino.

No retablo exterior hai imaxes de San Pedro, Carlos I, Santa Catarina e San Gregorio (á esquerda da porta en sentido ascendente); San Paulo, Filipe II, San Xerome e Santa Bárbara (á dereita da porta); enriba da porta están os catro evanxelistas: San Marcos, San Lucas, San Mateo e San Xoán. Enriba deles hai un rosetón rodeado de anxos, e xunto a el dous bustos, posiblemente de Cristovo Colón e Hernán Cortés. Enriba do rosetón está a Asunción da Virxe, e máis arriba a Santísima Trindade, co fillo á esquerda. Arriba de todo está o Calvario, coa cruz no centro e a Virxe e san Xoán ós lados.

No interior destaca o altar maior, feito a comezos do século XX polo tallista Magariños, en madeira de castiñeiro e nogueira. No centro aparece a Asunción da Virxe, rodeada de apóstolos e anxos, cuns baixorrelevos.

Ó entrar pola porta sur e indo cara á dereita, está o altar da Virxe do Carme, Santo Antonio e Santa Rita. Despois está unha capela coa Virxe co Neno. Despois hai outra da Purísima ou da Concepción, cun retablo de madeira de cinco táboas de comezos do século XVI, obra do portugués Atayde.

Nun altar de pedra está a Virxe de Covadonga, cun escudo coas armas de Diego Arango Soutomaior. Despois está a capela da Virxe de Covadonga.

O altar barroco do Cristo inclúe unha imaxe de Xesús feita no século XVII por Ferreiro, flanqueado por San Telmo e San Pascual Bailón. Na capela, fundada en 1525, están soterrados os seus fundadores.

Após o altar maior, está a representación da Asunción da Virxe, rodeada de anxos e apóstolos. Á esquerda está o altar da Santísima Trindade.

A torre das campás contén unha escaleira de caracol con máis de cen chanzos. No primeiro piso móstranse antigas roupas litúrxicas e a imaxe procesional da Santísima Trindade. No segundo andar hai unha mostra de ourivaría. O terceiro é un miradoiro desde o que se ve a zona monumental e a ría de Pontevedra.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.
Cristo da boa viaxe.
Cristo da boa viaxe. 
SMaría
 
Parte superior da fachada.
Parte superior da fachada. 

Notas

  1. del Castillo Fondevila, María Esther (2018): "Maximino Magariños", en Pedras Vivas nº 49, agosto 2018 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazón externas

A Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.672 habitantes (9.664 no 2012, 9.726 no 2011, 9.858 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense».

Arte de Galicia

A arte de Galicia tivo unha evolución paralela á do resto da arte europea, seguindo de formas diversas as múltiples tendencias que se teñen producido no contexto da historia da arte occidental. A historia da arte galega mostra as manifestacións culturais e artísticas ao longo do tempo dende os primeiros asentamentos humanos até a actualidade. Dende o paleolítico á cultura contemporánea, a arte feita en Galicia ten certas características propias, alimentada polas correntes traídas por outros pobos. A arte sempre foi un dos principais medios de expresión do ser humano, a través da cal expresa as súas ideas e sentimentos, o xeito de relacionarse co mundo. A súa función pode variar dende a máis práctica ata a máis ornamental, pode ter contido relixioso ou simplemente estético, pode ser duradeira ou efémera.

Ao longo da historia, Galicia acolleu diversas culturas e civilizacións, que achegaron o seu concepto de arte e deixaron o seu legado. Cada período histórico tivo unhas características concretas e definibles, comúns a outras rexións e culturas, ou ben únicas e diferenciadas, que foron evolucionando co devir dos séculos.

A arte galega é froito da diversa amálgama social e cultural achegada polos diversos pobos que habitaron o seu territorio: os primeiros poboadores prehistóricos deron paso á cultura castrexa xurdida na idade dos metais, estes convivirían máis tarde cos colonizadores romanos procedentes do Mediterráneo, que converterían a Gallaecia nun territorio máis do seu imperio; tras a caída deste, en Galicia os suevos fundaron o primeiro reino medieval europeo, que despois caeu baixo a dominación do reino visigodo. Na Idade Media, durante a invasión islámica da península ibérica (que apenas deixou pegada no territorio galego), xorde a cultura galego-portuguesa como entidade propia e definida, cunha lingua propia herdeira do latín e a consolidación do Reino de Galicia. Foi esta unha época de esplendor da arte galega, sendo o románico un período moi frutífero para o desenvolvemento artístico do territorio. Durante a Idade Moderna, baixo o poder da coroa española e a sucesión de crises económicas e culturais, a arte entra en certa decadencia, polo que o renacemento non é un período destacable na historia da arte galega. Todo o contrario sucede co barroco, que tivo en Compostela un desenvolvemento orixinal e xenuíno. Dende o século XIX, coa revitalización cultural que supuxo o Rexurdimento, Galicia é influída polos movementos artísticos e culturais que marcaron Europa, como o modernismo. Finalmente, xa no século XX houbo unha xeración de artistas que crean unha escola galega que conecta coas correntes internacionais, con nomes como os de Francisco Asorey, Carlos Maside, Luís Seoane, Maruxa Mallo ou Isaac Díaz Pardo.

Basílica

O termo basílica provén do latín basilica que á súa vez deriva do grego βασιλική (foneticamente, basiliké) que significa 'rexia ou real' (fem.), e vén ser unha elipse da expresión completa βασιλική οἰκία (basiliké oikía) que quere dicir «casa real». Unha basílica era un suntuoso edificio público que nas antigas Grecia e Roma adoitaba destinarse ao tribunal, e que nas cidades romanas ocupaba un lugar preferente no foro.

Máis adiante, os cristiáns aproveitaron a forma basilical e, en moitos casos, os propios edificios romanos para utilizalos como recinto relixioso oficial para a celebración da liturxia. Despois de que o Imperio romano volvésese oficialmente cristián, o término usouse tamén para referirse a igrexas, xeralmente grandes ou importantes, ás que se outorgaron ritos especiais e privilexios en materia de culto. Neste sentido utilízase hoxe a denominación, tanto desde o punto de vista arquitectónico, como relixioso.

Basílica de Santa María a Maior

Co nome de basílica de Santa María a Maior hai varios templos católicos:

a Basílica de Santa María a Maior de Roma;

a Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra;

a Basílica de Santa María a Maior de Bergamo;

a Basílica de Santa María a Maior de Ispica;

a Basílica de Santa María a Maior de Lomello;

a Basílica de Santa María a Maior de Miglionico;

Cornielles de Holanda

Cornielles de Holanda, chamado tamén Cornelis de Holanda, foi un escultor do século XVI de orixe flamenga que traballou en Galiza.

Década de 1540

A década de 1540 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1540 e remata o 31 de decembro de 1549.

Día Internacional da Tradución

O Día Internacional da Tradución celébrase cada ano o 30 de setembro, data en que se conmemora o falecemento de Xerome de Estridón, primeiro tradutor da Biblia. A celebración foi promovida pola FIT (Federación Internacional de Tradutores), dende a súa creación en 1953. En 1991 a FIT lanzou a idea dun Día Internacional da Tradución oficialmente recoñecido para mostrar a solidariedade da comunidade de tradutores en todo o mundo nun esforzo por promover a profesión de tradutor nos diferentes países. Esta data aprovéitase para difundir conciencia acerca dunha profesión que se volveu fundamental, tanto por razóns da globalización como para a comunicación entre as culturas.

Canto á tradución literaria, en Galicia existen dúas asociacións de tradutores: a Asociación de Tradutores Galegos (ATG) e mais a Asociación Galega de Profesionais da Traducción e da Interpretación (Agpti).

Galería de imaxes da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra

A basílica de Santa María a Maior é unha das igrexas parroquiais de Pontevedra.

La saga/fuga de J. B.

La saga/fuga de J. B. é unha novela de Gonzalo Torrente Ballester, publicada en 1972 pola editorial Destino. Obtivo os premios Ciudad de Barcelona e o Premio da Crítica de narrativa castelá.

Lista de monumentos da provincia de Pontevedra

Esta é unha lista dos monumentos da provincia de Pontevedra que están declarados como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.

Luís Amado Carballo

Luís Gustavo Amado Carballo, nado en Pontevedra o 2 de maio de 1901. e finado na mesma cidade o 3 de setembro de 1927, foi un escritor galego en lingua galega, cofundador da revista Alborada e pai do hilozoísmo ou animismo. Moi relixioso, interesado pola teosofía, militou como galeguista e pertenceu ás Irmandades da Fala. Foi, xunto con Manuel Antonio, un dos poetas máis destacados do seu tempo, pertencentes ambos a xeración de 1922 (ou de 1925). Morreu prematuramente por causa dunha tuberculose. No ano 1982 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Maximino Magariños

Maximino Magariños Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 18 de novembro de 1869 e finado na mesma vila o 26 de marzo de 1927, foi un escultor, ebanista e imaxineiro galego, un dos tallistas mais importantes de finais do século XIX e comezos do XX.

Mosteiro de San Martiño Pinario

O mosteiro de San Martiño Pinario é un mosteiro beneditino fundado no século X e que no século XVI, coa reforma promovida polos Reis Católicos, dirixiu e gobernou a totalidade dos mosteiros bieitos masculinos de Galicia.

Plateresco

Plateresco, tamén chamado de gótico plateresco, Protorrenacenza, estilo Isabel, estilo Reis Católicos (estes dous últimos en referencia á súa primeira fase) e estilo Príncipe Filipe (referido á súa fase renacentista), é un estilo artístico, especialmente arquitectónico, que se desenvolveu en España e nos seus territorios no século XVI, caracterizado pola fusión de elementos góticos, mudéxares e renacentistas e pola elaboración e minuciosidade das súas obras. Apareceu entre o último gótico e a Rencenza, xa a finais do século XV, estendéndose durante os dous séculos a seguir.

Resulta dunha modificación do espazo gótico e dunha fusión ecléctica de compoñentes decorativas mudéxares, do gótico flamexante e Arquitectura románica lombarda, así como temperáns elementos renacentistas de orixe toscana.

Exemplos son a inclusión de escudos e pináculos, as fachadas divididas en tres corpos (mentres que as renacentistas están divididas en dous) e as columnas de tradición renacentista. Chegou á súa máxima expresión durante o reinado de Carlos I, especialmente en Salamanca, aínda que tamén floreceu notabelmente noutras cidades da península Ibérica como León e Burgos e no territorio de Nova España que hoxe é México. Considerado ás veces corrente renacentista e outras estilo propio, recibe ás veces os nomes de Protorrenacenza e Primeira Renacenza como rexeitamento ao considerar un estilo en si mesmo. En Galicia salienta o Hospital Real de Santiago de Compostela na Praza do Obradoiro, hoxe Hostal dos Reis Católicos.

O estilo caracterízase por unha decoración prolífica que cobre as fachadas con elementos vexetais, candelabros, festóns, criaturas fantásticas e todo tipo de figuracións. A configuración espacial, porén, seguía máis claramente un referente gótico. Esta fixación por partes concretas, sen modificacións estruturais respecto do gótico e apenas espaciais, fan que sexa clasificado moitas veces como variación e non coma estilo. En Nova España o Plateresco adquiriu unha configuración propia, aferrado fortemente á súa herdanza mudéxar e mesturándose con influencias indíxenas.No século XIX, co pulo dos historicismos, a arquitectura plateresca reviviu baixo os nomes de estilo Monterrey e estilo español.

Valentín Villanueva Rivas

Valentín Villanueva Rivas, nado en Saiar, Caldas de Reis o 27 de outubro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1931, foi un sacerdote católico, profesor de ensino medio e escritor galego, epígono do rexurdimento, membro numerario da Real Academia Galega.

Xerome de Estridón

Xerome de Estridón (en latín, Eusebius Sophronius Hieronymus), nado en Estridón no 347 e finado o 30 de setembro de 420, foi un teólogo da Idade Antiga, coñecido como San Xerome polo cristianismo.

San Xerome, cuxo nome significa "o que ten un nome sagrado", consagrou toda a súa vida ao estudo das Sagradas Escrituras e é considerado un dos mellores neste oficio. Traduciu a Biblia do grego e o hebreo ao latín e é considerado Pai da Igrexa, un dos catro grandes Pais Latinos.

De interese en Pontevedra
Lugares senlleiros
Espazos relixiosos
Museos
Parques e espazos naturais
Artes escénicas
Outros lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.