Basílica

O termo basílica provén do latín basilica que á súa vez deriva do grego βασιλική (foneticamente, basiliké) que significa 'rexia ou real' (fem.), e vén ser unha elipse da expresión completa βασιλική οἰκία (basiliké oikía) que quere dicir «casa real». Unha basílica era un suntuoso edificio público que nas antigas Grecia e Roma adoitaba destinarse ao tribunal, e que nas cidades romanas ocupaba un lugar preferente no foro.

Máis adiante, os cristiáns aproveitaron a forma basilical e, en moitos casos, os propios edificios romanos para utilizalos como recinto relixioso oficial para a celebración da liturxia. Despois de que o Imperio romano volvésese oficialmente cristián, o término usouse tamén para referirse a igrexas, xeralmente grandes ou importantes, ás que se outorgaron ritos especiais e privilexios en materia de culto. Neste sentido utilízase hoxe a denominación, tanto desde o punto de vista arquitectónico, como relixioso.

Catedral de Salta 1
Basílica de Salta (Arxentina).

Basílica litúrxica

Con independencia do seu trazado arquitectónico, unha igrexa pode titularse «Basílica» por prerrogativa do Romano Pontífice. Así, en sentido litúrxico, son basílicas todas aquelas igrexas que, pola súa importancia, polas súas circunstancias históricas, ou por aspectos de certo relevo, obteñan ese privilexio papal. Distínguense as basílicas maiores e as basílicas menores.

Basílicas maiores

En principio chamáronse así a sete das basílicas con que contaba Roma. Eran estas:

Actualmente só as catro primeiras seguen sendo hoxe chamadas basílicas maiores. Caracterízanse, entre outras cousas, porque no seu altar (altar papal) só pode oficiar o papa. Estas catro basílicas maiores e a basílica menor de San Lourenzo Extramuros (que carece dunha porta santa) son denominadas en conxunto basílicas patriarcais (Pentarquía).

Basílicas menores

Chámaselles basílicas menores ao resto das igrexas romanas que teñen funcións parroquiais ou ben son títulos cardealicios ou diaconados.

Os papas, ademais, concederon o título de basílica menor, cos mesmos privilexios que as igrexas romanas, a outros templos do mundo católico, mediante breve pontificio ou rescrito. A partir da constitución apostólica Pastor Bonus do 28 de xuño de 1988 referida á nova ordeación da Curia romana, é competencia da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos a concesión do título de basílica menor.

En 2006 había oficialmente 1506 basílicas en todo o mundo. Todas as catedrais posúen o título de Basílica menor, aínda que hai algunhas catedrais que solicitaron o título de «basílica menor» por separado (estas son coñecidas como catedrais-basílica).

En Galicia teñen a condición de basílica as catedrais de Santiago, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui, a Concatedral de Vigo, a Basílica de San Martiño de Mondoñedo e a Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.[Cómpre referencia]

Galería de imaxes

CovadongaCathedral

Basílica de Covadonga.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Basílica de Saint-Denis

A basílica de Saint-Denis (San Dinís, san Denís ou san Dionisio, en galego) é unha igrexa de estilo gótico situada en Saint-Denis, preto de París. Ten o estatuto de catedral (da diocese de Saint-Denis) dende 1966, mais segue sendo unha abadía.

Destaca por ser o primeiro exemplo de arquitectura gótica. A reforma da antiga igrexa carolinxia comeza en 1137 e dela cómpre desatacar un amplo deambulatorio polo que se accede a capelas tanxentes, bóvedas de cruzaría que permiten a abertura de grandes vans, innovacións nos capiteis e elevación das cubertas. Elementos todos estes propios da arquitectura gótica que, aínda que xa coñecidos como recursos da albanelaría xacando, por primeira vez aparecen combinados nun mesmo edificio con propósito estilístico.

Basílica de San Pedro

A basílica papal de San Pedro (en latín: Basilica Sancti Petri, en italiano: Basilica Papale di San Pietro in Vaticano), coñecida comunmente como basílica de San Pedro, é un templo católico situado na Cidade do Vaticano. Con 193 metros de lonxitude, 44,5 metros de altura e 2,3 hectáreas de superficie, é a igrexa cristiá máis grande do mundo. A altura que lle confire a súa cúpula fai que sexa unha característica dominante no horizonte de Roma. É considerada como un dos lugares máis sagrados do catolicismo. Describiuse como «ocupante dunha posición única no mundo cristián», e como «a máis grande de todas as igrexas da cristiandade». É unha das catro basílicas maiores.

Na tradición católica, a basílica atópase situada sobre o lugar do enterro de san Pedro, que foi un dos doce apóstolos de Xesús de Nazaret, primeiro bispo de Antioquía, primeiro bispo de Roma e, polo tanto, o primeiro dos pontífices. A tradición e as evidencias históricas e científicas sosteñen que a tumba de San Pedro está directamente debaixo do altar maior da basílica; por mor disto, moitos papas foron enterrados en San Pedro desde a época paleocristiá. No sitio da actual basílica foron construídas igrexas desde o século IV. A construción do actual edificio, sobre a antiga basílica constantiniana, comezou o 18 de abril de 1506, por orde do papa Xulio II, e finalizou o 18 de novembro de 1626.Como obra arquitectónica, é considerada como o maior edificio da súa época. Malia a crenza popular, San Pedro non é unha catedral, xa que a Arquibasílica de San Xoán de Latrán é a catedral de Roma.

Basílica de San Xoán de Latrán

A basílica de San Xoán de Latrán (San Giovanni in Laterano, en italiano) é unha basílica de Roma. Orixinalmente chamada Arquibasilica Sanctissimi Salvatoris. É a catedral do bispo de Roma, considerada a nai de todas as igrexas de Roma e do mundo. Forma parte do Estado da Cidade do Vaticano

Basílica de Santa Maria del Mar

A basílica de Santa Maria del Mar é unha igrexa gótica de Barcelona, situada no barrio da Ribera e construída entre 1329 e 1383. Os mestres da obra foron Berenguer de Montagut (o deseñador principal do edificio) e Ramon Despuig. É considerada a única gran igrexa gótica catalá perfectamente acabada.

Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra

A basílica de Santa María a Maior é unha das igrexas parroquiais de Pontevedra. Foi consagrada como basílica o 10 de xaneiro de 1962 por Xoán XXIII.

Bilbao

Bilbao (en éuscaro: Bilbo) é unha cidade e concello situado ao norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Biscaia, no País Vasco. Atópase situada na comarca do Gran Bilbao e é atravesada polo río Nervión, que a esas alturas do seu percorrido xa toma forma de ría. No ano 2017 tiña unha poboación de 345 110 habitantes e unha extensión de 41,26 km², cunha densidade poboacional de 8 300 hab./km². É o centro dunha área de influencia que se coñece como Gran Bilbao e que chega a albergar a preto dun millón de habitantes.

Desde a súa fundación, a comezos do século XIV, foi un enclave comercial que gozou de particular importancia na cornixa cantábrica grazas á súa actividade portuaria que se baseaba principalmente na exportación da la procedente de Castela e en menor medida do ferro extraído das canteiras biscaíñas. Ao longo do século XIX e principios do XX experimentou unha forte industrialización que a converteu no epicentro da segunda rexión industrializada de España, por detrás de Barcelona. Esta estivo acompañada dunha extraordinaria explosión demográfica e urbanística que orixinou a anexión de varios municipios lindeiros. Na actualidade é unha puxante cidade de servizos, que se atopa nun proceso de revitalización estética, social e económica liderado polo simbólico Museo Guggenheim Bilbao.

Candelaria

Candelaria é un municipio e cidade española pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, nas Canarias. Está situado na vertente sueste da illa de Tenerife. O municipio atópase a vinte quilómetros ao sur da capital; Santa Cruz de Tenerife. É un lugar de frecuentes peregrinacións por atoparse nesta vila a imaxe da Patroa de Canarias, a Virxe de Candelaria. O municipio de Candelaria ten unha grande importancia non só relixiosa, senón tamén histórica, pois nel uníronse as culturas guanche e castelá contorna á imaxe da Virxe de Candelaria. Pertence á comarca do Val de Güímar, da cal é capital económica, aínda que non histórica xa que este título confíreselle a Güímar, municipio ao que Candelaria pertenceu desde sempre xunto cos veciños Arafo e Fasnia.

Tiña unha poboación de 22.477 habitantes en 2008.

Cidade do Vaticano

Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.

O Vaticano é unha cidade-estado, recoñecido como tal o 11 de febreiro de 1929 tralos pactos de Latrán. A Cidade do Vaticano alberga a Santa Sé, máxima institución da Igrexa católica. Aínda que os dous nomes "Cidade do Vaticano" e "Santa Sé" se utilizan a miúdo coma se fosen equivalentes, o primeiro refírese á Cidade e ao seu territorio, mentres que o segundo se refire á institución que dirixe a Igrexa e que ten personalidade xurídica propia (como suxeito de dereito internacional). En rigor, é a Santa Sé, e non o Estado do Vaticano, a que mantén relacións diplomáticas cos demais países do mundo. Doutra banda, o Vaticano é quen dá o soporte temporal e soberano para a actividade da Santa Sé. As dúas entidades aínda teñen pasaportes diferentes, aínda que en ámbolos casos son moi poucos os existentes.

A denominación oficial completa en latín desta estado é: Status Civitatis Vaticanæ, sendo en italiano a denominación completa Stato della Città del Vaticano, nome que vén do Monte Vaticano (do latín "Vaticinĭum": predición; antigamente moraba no outeiro un oráculo etrusco). A Cidade do Vaticano é unha monarquía eclesiástica ou sacerdotal, gobernada polo bispo da diocese romana, o Papa, polo que pode considerarse a única monarquía electiva de Europa, aínda cando o Sumo Pontífice delega as funcións de goberno no Secretario de Estado. Posúe ademais o exército máis pequeno do mundo, a Garda Suíza, composta tan só por 110 soldados.

Dono, papa

Dono, en latín Donus ou Domnus, foi papa entre o 2 de novembro de 676 e o 11 de abril de 678, día este do seu pasamento. Era fillo dun romano de nome Mauricio. Non se sabe moito a respecto deste papa.

Fiz III, papa

San Fiz IV, nado en Benevento, Samni ou Campania e finado en Roma o 530, a miúdo tamén chamado Fiz III, foi escollido Papa o 12 de xullo de 526.

Logo da morte de Xoán I, Fiz foi elixido Papa por Teodorico o Grande, que controlaba a curia romana. Esta alianza reportou grandes beneficios á Igrexa.

Este Papa fixo construír a basílica dos santos Cosme e Damián de Roma.

Morreu o 22 de setembro de 530 en Roma.

Igrexa (arquitectura)

Unha igrexa (do latín ecclesia, e esta do grego ἐκκλησία [ekklēsía], 'asemblea', 'convocación') é un edificio usado para o rezo ou para outros servizos relixiosos públicos, referíndose xeralmente aos da adoración cristiá. O termo para definir o edificio dedicado a adoración é Templo.

León III, papa

León III, nado en Roma e morto o 12 de xuño de 816, foi Papa da Igrexa católica de 795 ao 816.

Liberio, papa

Liberio I, nado en Roma, converteuse no 36º papa o 17 de maio de 352.

As polémicas mantidas cos arianos comportaron a elección de Fiz II como antipapa.

Liberio promoveu a construción da Basílica de Santa María a Maior de Roma, edificada sobre o perímetro que el mesmo trazou logo dunha nevada un 5 de agosto.

Faleceu o 24 de setembro de 366.

Milán

Milán (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión de Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.

Pedro, papa

Simón (hebreo: שמעון , "Ximon"), chamado tamén Pedro ou Cefas, nado en Betsaida, e falecido en Roma en 67, foi segundo a tradición cristiá un dos doce apóstolos, discípulos de Xesús de Nazaret, a quen deixou encargado de dirixir o resto da súa Igrexa. Foi o primeiro patriarca de Antioquía e bispo de Roma e o primeiro papa da Igrexa católica.

Rávena

Rávena (en italiano Ravenna, en romañolo Ravèna) é unha cidade ao norte de Italia na Emilia-Romaña, é a capital da provincia homónima. Sitúase na chaira nororiental da Romaña, a poucos quilómetros do Mar Adriático. O municipio ten unha poboación de case 160.000 habitantes, dos cales a maior parte viven no núcleo urbano.

Rávena é famosa polos seus monumentos bizantinos e paleocristiáns que revelan a súa orixe antiga e o seu papel histórico no desenvolvemento italiano. A 36 quilómetros da cidade esténdense os lidi ravennati, praias inmensas no verde da famosa costa romañola.

En Rávena atópase enterrado Dante Alighieri, autor d’A Divina Comedia.

Sisinio, papa

Sisinio, descoñécese a data de nacemento pero finou o 4 de febreiro 708, sendo enterrado na basílica de San Pedro de Roma, foi o papa número 87 da Igrexa católica, durante aproximadamente tres semanas en 708.

Templo expiatorio da Sagrada Familia

O Templo Expiatorio da Sagrada Familia (en catalán: Temple Expiatori de la Sagrada Família), coñecido simplemente como Sagrada Familia, é unha basílica católica da cidade de Barcelona, obra non rematada do arquitecto Antoni Gaudí. Iniciada en 1882, é a obra máis importante de Gaudí e o máximo expoñente da arquitectura modernista catalá. Segundo datos do ano 2011, é o monumento máis visitado de España, con 3,2 millóns de visitantes, por riba do Museo do Prado (2,9 millóns) e da Alhambra de Granada (2,3). e é a igrexa máis visitada de Europa tras a basílica de San Pedro do Vaticano.

Venecia

Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.

O nome da cidade deriva da antiga tribo dos veneti, que viviron na rexión en tempos de Roma. Venecia foi historicamente capital dunha cidade-estado independente. Ao longo do tempo a cidade foi coñecida con distintos alcumes: "La Dominante", "Serenissima", "a raíña do Adriático", "a cidade da auga", "a cidade das máscaras", "a cidade das pontes", "a cidade flotante" e a "cidade das canles". Hoxe está clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dos moitos monumentos e locais turísticos existentes, destacan a Basílica de San Marcos, na adxacente Praza de San Marcos, a Ponte de Rialto sobre a Gran Canle, construída en 1588 segundo proxecto de Antonio da Ponte, a Ca' d'Oro e numerosas igrexas e museos.

A cidade esténdese por 117 pequenas illas na Lagoa de Venecia ao longo do mar Adriático, entre a desembocadura do río Po (ao sur) e do río Piave (ao norte). Aínda que a poboación da cidade é de 270.516 habitantes tan só 60.000 viven nas illas do centro histórico (Centro storico), sendo a poboación en terra firme (Terraferma) de 176.000. Os restantes 31.000 viven noutras illas da lagoa.

A República de Venecia foi unha importante potencia marítima durante a Idade Media e o Renacemento, e un dos escenarios das Cruzadas e da Batalla de Lepanto, así como un importante centro de comercio (en especial seda, cereais e especias) e arte entre o século XIII e finais do XVII. Todo isto fixo de Venecia unha cidade moi rica ao longo de case toda a súa historia. Venecia tamén xogou un papel importante na historia da música sinfónica e da ópera, sendo o lugar de nacemento de Antonio Vivaldi. Tamén en Venecia naceron numerosos papas, alén de numerosos artistas como Antonio Vivarini, Antonio da Ponte, Tintoretto ou Canaletto.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.