Bartolomé de las Casas

Bartolomé de las Casas, nado en Sevilla o 24 de agosto de 1484 e finado en Madrid o 17 de xullo de 1566, foi un historiador, reformador social e frade dominicano español. Foi o primeiro bispo de Chiapas, e o primeiro en ser oficialmente nomeado "Protector dos Indios". Escribiu numerosas obras, as máis famosas foron Brevísima relación de la destrucción de las Indias e Historia de las Indias, crónica das primeiras décadas da colonización española nas Antillas e centrado especialmente nas atrocidades cometidas polos colonizadores contra os pobos indíxenas. Las Casas está considerado un dos primeiros defensores dos dereitos humanos.[1]

Bartolomé de las Casas
Bartolomedelascasas
Retrato de Bartolomé de las Casas, de autor descoñecido
Bispo da Igrexa Latina (Igrexa Católica)
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1484 en Sevilla, Coroa de Castela
Pasamento17 de xullo de 1566 en Madrid
Ordes
Ordenación sacerdotal1510
Consagración episcopal30 de marzo de 1944, por Diego de Loaysa ORSA
Orde relixiosaOrde dos Predicadores (dominicos) (dende o 1523)
Bispo de Chiapas
Protector dos Indios
30 de marzo de 1544 - 11 de setembro de 1550
PredecesorJuan de Arteaga y Avendaño
(non chegou a tomar posesión)
SucesorTomás Casillas
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria

Foi un dos primeiros europeos en asentarse no Novo Mundo e como o resto dos colonos participou en atropelos e atrocidades contra a poboación nativa pero un cambio de rumbo levouno a se opoñer a estas prácticas, liberando os seus escravos indios e renunciando ás súas encomendas e defender diante o rei Carlos I de España os dereitos da poboación nativa. Nos seus primeiros escritos, avoga polo uso de escravos africanos para substituíren os indíxenas, polo que algúns fano responsable do comezo do comercio transatlántico de escravos, pero posteriormente chegou ao convencemento de que todas as formas de escravitude eran malas. En 1522 intentou establecer un colonialismo pacífico na costa de Venezuela, mais foi un fracaso e las Casas entrou na Orde Dominicana como frade, deixando a escena pública durante unha década e dedicouse á evanxelización por medios pacíficos entre os maias da actual Guatemala e participou en debates e controversias con relixiosos mexicanos sobre o mellor xeito de achegar a fe cristiá aos nativos. Volveu e España para recrutar máis misioneiros, e alí continuou pedindo a abolición da encomenda, logrando que se aprobasen as coñecidas como Novas Leis en 1542. Nomeado bispo de Chiapas, serviu durante un curto período de tempo antes de ter que volver a España debido á resistencia dos encomendeiros ás Novas Leis e a conflitos cos colonos españois polas súas políticas proindias. Pasou o resto da súa vida na Corte española, logrando grande influencia nos asuntos relacionados coas Indias, logrando moitas melloras no status legal dos nativos, e que se debatese sobre a ética do colonialismo. En 1550 participou no debate de Valladolid no que Juan Ginés de Sepúlveda argumentou que os indios eran menos que humanos e requirían dos españois para se converter en civilizados, las Casas pola contra mantivo que eran totalmente humanos e que subxugalos era totalmente inxustificable.

Notas

  1. "Mirror of the Cruel and Horrible Spanish Tyranny Perpetrated in the Netherlands, by the Tyrant, the Duke of Alba, and Other Commanders of King Philip II". World Digital Library. 1620. Consultado o 2013-08-27.
11 de novembro

O 11 de novembro é o tricentésimo décimo quinto (315º) día do ano do calendario gregoriano e número 316 nos anos bisestos. Quedan 50 días para rematar o ano.

17 de xullo

O 17 de xullo é o 198º día do ano do calendario gregoriano e o 199º nos anos bisestos. Quedan 167 días para finalizar o ano.

5 de xaneiro

O 5 de xaneiro é o quinto día do ano do calendario gregoriano. Quedan 360 días para rematar o ano e 361 nos anos bisestos.

Antonio de Remesal

Antonio de Remesal, nado en Allariz en 1570 e finado en Madrid en 1619, foi un eclesiástico e historiador galego, cronista en Centroamérica.

Cigarro

O cigarro, nas súas dúas modalidades, o cigarro puro ou o cigarro envolto en papel, o popular pito, son dous dos formatos máis populares no consumo de tabaco.

O cigarro (na súa forma de puro) foi definido por Bartolomé de las Casas na súa Historia de las Indias como:

O cigarro puro foi condenado xa por Xacobe I de Inglaterra por ser repulsivo para o olfacto, desagradábel para a vista, perigoso para o cerebro e nocivo para os pulmóns.

Departamento de Alta Verapaz

Alta Verapaz é un dos 22 departamentos de Guatemala. A súa capital é a cidade de Cobán.

Década de 1550

A década de 1550 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1550 e remata o 31 de decembro de 1559.

Gonzalo Pizarro

Gonzalo Pizarro, nado en Trujillo en 1511 e finado en Cuzco en 1548, foi un conquistador español.

Guanahani

Guanahani é o nome da primeira illa na que desembarcou Cristovo Colón o venres 12 de outubro de 1492, cando chegou por primeira vez a un territorio da chamada posteriormente América. A illa, bautizada co nome de San Salvador, fora descuberta a madrugada anterior e atopábase habitada polo pobo lucayo ou taíno. Guanahani é unha das illas do arquipélago das Antillas, máis precisamente das Bahamas. Con todo, a identificación exacta da illa á que chegou Colón é materia de debate.

Lingua q'eqchi'

O q'eqchi' (tamén escrito kekchi, k'ekchi' ou kekchí) é unha lingua maia falada pola comunidade q'eqchi' de Guatemala e Belize.

Manuel María Martínez

Manuel Silvestre Xosé Martínez González, nado en Baiona o 31 de decembro de 1891 e finado o 14 de novembro de 1975, foi un relixioso galego.

Orde dos Predicadores

A Orde dos Predicadores (en latín Ordo fratrum praedicatorum, O.P.) é unha orde relixiosa católica fundada por Domingos de Guzmán, que despois foi canonizado como San Domingos de Guzmán. Os membros desta orde coñécense popularmente como dominicos ou dominicanos.

Pobo taíno

Os taínos foron un pobo arauaco procedentes da área de Venezuela, que ao longo dos séculos foron poboando as distintas illas do arco antillano. Cando os taínos chegaron ao Caribe, este xa estaba habitado por outros pobos como os igneris e os máis antigos aínda arcaicos. O nome taíno significa "bo ou nobre" en arauaco.

Cando os primeiros navegantes españois chegaron ás illas do Caribe, os taínos estaban en plena loita cunha etnia rival, os caribes, que xa conquistaran as Antillas Menores. Nese entón a sociedade taína dividíase nuns cinco reinos controlados por caciques, a quen se lles pagaba tributo. Frei Bartolomé de las Casas no seu libro Historia Xeral das Indias relata que no ano de 1508 quedaban uns 60.000 taínos na illa da Española. Para 1531 a explotación e as enfermidades reduciran o número a 600.

Santa María (nao)

A Santa María (por veces La Gallega) foi a maior das tres naves e así mesmo a nao capitá empregada por Cristovo Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo en 1492. Era propiedade de Juan de la Cosa.

As outras dúas naves da expedición foron as carabelas Niña e Pinta. A diferenza destas, a Santa María non retornou a Europa porque sobordou na Illa da Española.

Malia terse dito que a Santa María era unha carabela no Diario de a Bordo de Cristovo Colón, compilado por Bartolomé de las Casas, esta era a maior das "tres carabelas", e en varias xornadas defínese coma nao.

Existen dúbidas sobre a procedencia da nao Santa María, mais semella que foi construída nos estaleiros Lérez, Pontevedra (Galicia) e levaba como piloto a un galego de Baiona: Cristovo García Sarmiento, por este motivo quizais fora este o porto elixido nun principio para regresar (finalmente só retornou a Pinta a Baiona).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.