Bartolomé de Raxoi

Bartolomé de Raxoi e Losada, nado en Pontedeume o 24 de agosto de 1690 e finado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1772, foi arcebispo de Santiago entre 1751 e 1772.

Bartolomé de Raxoi
Arcebispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1690 en Pontedeume
Pasamento17 de xullo de 1772 (81 anos) en Santiago de Compostela
Ordes
Consagración episcopal12 de setembro de 1751
Arcebispo metropolitano de Santiago de Compostela

Traxectoria

Estudou gramática na súa vila natal, de onde pasou a Santiago de Compostela, ingresando no Colexio de San Xerome, obtendo o grao de bacharelato en leis. Logo de pasar á Coruña, graduouse como avogado. Posteriormente abrazou o estado eclesiástico, exercendo no cabido de Ourense e, logo, no de Lugo. En 1730 gañou a Penitenciaría de Santiago. Enviado a Madrid polo cabido compostelán, foi nomeado Comisario Xeral da Cruzada. O 30 de maio de 1751 foi designado polo rei Fernando VI de España Arcebispo de Santiago, posto que exerceu ata o seu falecemento.

Raxoi comitente

En Compostela

Ao longo do seu goberno ordenou unha serie de obras que contribuíron a mudar en boa parte a paisaxe urbana de Santiago. Entre elas cómpre salientar:

  • A nova fachada da Acibechería, no lado norte da Catedral, aprobada en 1757.
  • O novo Pazo de Raxoi (1766), que se destinaría no proxecto, en parte como seminario. Na actualidade é a sede do concello.
  • A capela da Comuñón, tamén na catedral (presentación do Cabido en 1769).
  • A ampliación do Pazo Episcopal coa construción de dous saíntes cara ao leste.
  • O hospital de Carretas con 50 camas.
  • Unha casa para mulleres arrepentidas, ao carón do hospital mencionado.
  • Un Hospicio, hoxe desaparecido, para o cal obtén de El Rei a cesión duns terreos na beira do río Sarela.

En Pontedeume

Pazo de Raxoi de Pontedeume
Pazo de Raxoi de Pontedeume

Non esqueceu Raxoi á súa terra natal. As obras que impulsou en Pontedeume foron:

  • A nova igrexa parroquial de Pontedeume, rematada en 1763, obra do mestre arquitecto Alberte Ricoi.
  • A ampliación do Convento de Santo Agostiño, coa obriga de celebrar tres misas cantadas ao ano os días de Santo Agostiño, San Nicolao de Tolentino e Santo Tomás de Vilanova.
  • Os almacéns ou lonxas de pescadores no peirao antigo.
  • O seu propio pazo na que hoxe é a Rua Real. A fachada está rematada por un escudo nobiliario.
  • A fundación de dúas escolas para nenos e nenas.
  • A construción da igrexa de San Martiño de Porto, no actual concello de Cabanas.
  • A capela de Covés, hoxe desaparecida.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

17 de xullo

O 17 de xullo é o 198º día do ano do calendario gregoriano e o 199º nos anos bisestos. Quedan 167 días para finalizar o ano.

24 de agosto

O 24 de agosto e o 236º día do ano do calendario gregoriano e o 237º nos anos bisestos. Quedan 129 días para finalizar o ano.

Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Catedral de Santiago de Compostela

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.

Década de 1760

A década de 1760 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1760 e remata o 31 de decembro de 1769.

Foro (contrato)

O foro é un tipo de contrato, especialmente agrario, de longa duración ou, eventualmente, perpetuo, polo que unha persoa ou institución —fidalguía e Igrexa— lle cede a outra o uso ou proveito dunha cousa ou ben (xeralmente unha terra), a cambio do cumprimento de diversas condicións previamente estipuladas.

María Antonia Pereira

Non confundir con María Antonia de Jesús Tirado (Jerez de la Frontera 1740-1810), tamén relixiosa.María Antonia Pereira do Campo ou María Antonia Pereira de Andrade, nada en Baños de Cuntis (Cuntis) o 5 de outubro de 1700 e finada en Santiago de Compostela o 10 de marzo de 1760, foi unha relixiosa e escritora galega, coñecida como a serva de Deus María Antonia de Xesús, ou Monxiña do Penedo.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

Pazo de Raxoi

O Pazo de Raxoi é un edificio civil de Santiago de Compostela de estilo neoclásico francés , sede da corporación municipal da cidade, aínda que ao longo da historia ten acollido outros organismos. O seu nome honra ao arcebispo Bartolomé de Raxoi, que foi impulsor principal da edificación, aínda que non o único.

Raxoi

Co termo Raxoi podémonos referir a:

O pazo de Raxoi.

San Martiño de Porto, Cabanas

San Martiño de Porto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.034 habitantes (518 homes e 516 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.062 habitantes. É a parroquia máis poboada do concello.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.