Barroco siciliano

O barroco siciliano é a forma distintiva da arquitectura barroca que se desenvolveu na illa de Sicilia, no sur de Italia durante os séculos XVII e XVIII. O estilo recoñécese non só polas súas típicos revoltas e florituras barrocas, senón tamén polas súas carautas sorrintes e putti coa particular extravagancia que lle deu a Sicilia unha identidade arquitectónica única e a fase máis interesante da arte siciliana.[1]

O estilo barroco siciliano colleu pulo durante a gran reconstrución que seguiu ó terremoto de 1693. Previamente, o barroco fora usado na illa dun xeito inxenuo e no eido local, que evolucionara a partir da arquitectura híbrida nativa máis que dos grandes arquitectos barrocos de Roma. Despois do terremoto, os arquitectos locais, moitos deles formados en Roma, tiveron múltiples oportunidades de recrear a arquitectura barroca máis sofisticada, que acadara a popularidade na Italia continental. O traballo destes arquitectos locais - e o novo xénero que comezaron - inspirou a outros deseñadores locais que seguiron o seu exemplo. No 1730, os arquitectos sicilianos desenvolveran confianza no emprego do estilo barroco. A súa particular interpretación levounos paseniño a xerar unha forma de arte altamente localista e personalizada. De 1780 en diante, o estilo foi gradualmente substituído pola nova moda do neoclasicismo.

O fenómeno chamado Alto Barroco Siciliano durou cincuenta anos, e reflectiu perfectamente a orde social da illa nunha época na que -dominada oficialmente por España - foi gobernada de feito por unha aristocracia hedonista e extravagante. A arquitectura barroca deulle á illa un carácter arquitectónico que ficou até o século XXI.

Catania BW 2012-10-06 11-23-47
Igrexa da Collegiata ou Santa Maria dell'Elemosina en Catania, obra salientable do barroco sicilián, foi realizada por Stefano Ittar cara o 1768.

Notas

  1. Volum 18 (2004). La Gran Enciclopèdia en català. Barcelona: Edicions 62. pp. p.14290. ISBN 84-297-5446-6.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hamel, Pasquale (1994). Breve storia della societa siciliana (1790-1980). Palerm, Ed.Sellerio di Giorgianni.
  • Blunt, Anthony (1968). Sicilian Baroque. Ed.Weidenfeld & Nicolson.
  • Boscarino, Salvatore (1986). Sicilia Barocca. Architettura e città 1610-1760. Roma, Officina Edizioni.
  • Di Blasi, M.T. (1993). Pietro Paolo Vasta. Affreschi nelle Chiese di Acireale. Catania, Maimone Editore.
  • Drago, Francesco Palazzolo (1927). Famiglie nobili siciliane. Palerm, Ed. Arnaldo Forni.
Barroco

O Barroco é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. O termo provén do francés baroque, de barocco, figura de siloxismo que os renacentistas aplicaban aos razoamentos absurdos, cruzado co portugués barroco, perla irregular ou, por extensión, xoia falsa.A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta, que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. O Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.

O Barroco é unha reacción fronte ao manierismo, movemento elitista, complicado e intelectual e, en xeral, á orde estética renacentista, de beleza equilibrada e razoable. O Barroco non cifra o seu ideal na proporción bela, máis ben procura a realidade cotiá, con frecuencia tratada con extrema crueza. Á vez mostra gusto polo aparatoso e monumental, empregado como instrumento propagandístico tanto da monarquía como da Igrexa católica.

Ortigia

Ortigia (L'Ottiggia en dialeto siracusano, Urtiggia en siciliano standard, Ortygia, Ὀρτυγία en grego antigo) é o topónimo da pequena illa que constitúe a parte máis antiga da cidade de Siracusa.

O seu nome deriva do grego antigo ortyx (ὄρτυξ) que significa "paspallás". a súa superficie non supera 1 km² e a súa poboación era de 4.269 habitantes no 2011.

Stefano Ittar

Stefano Ittar, nado contra 1730 e finado en 1789, foi un arquitecto italiano.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.