Barroco

O Barroco é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. O termo provén do francés baroque, de barocco, figura de siloxismo que os renacentistas aplicaban aos razoamentos absurdos, cruzado co portugués barroco, perla irregular ou, por extensión, xoia falsa.[1]

A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta, que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. O Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.

Bernini Baldachino
Baldaquino de San Pedro do Vaticano obra de Gian Lorenzo Bernini.

O Barroco é unha reacción fronte ao manierismo, movemento elitista, complicado e intelectual e, en xeral, á orde estética renacentista, de beleza equilibrada e razoable. O Barroco non cifra o seu ideal na proporción bela, máis ben procura a realidade cotiá, con frecuencia tratada con extrema crueza. Á vez mostra gusto polo aparatoso e monumental, empregado como instrumento propagandístico tanto da monarquía como da Igrexa católica.

Arquitectura

A arquitectura barroca empregou formas máis dinámicas, cunha exuberante decoración e un sentido escenográfico das formas e dos volumes. Cobrou relevancia a modulación do espazo, con preferencia polas curvas cóncavas e convexas, pondo especial atención nos ilusións ópticas (trompe-l'œil) e no punto de vista do espectador. Taméen cobrou unha grande importancia o urbanismo, debido aos monumentais programas desenvolvidos por reis e papas, cun concepto integrador da arquitectura e a paisaje que buscaba a recreación dun continuum espacial, da expansión das formas na procura do infinito, como expresión duns elevados ideais, sexan políticos ou relixiosos.​

Como obras mestras da arquitectura barroca podemos destacar a Basílica de San Pedro do Vaticano obra do mestre Bernini en Italia, o Palacio de Versalles en Francia ou a fachada da Catedral compostelá.

Pintura

Artigo principal: Pintura barroca.

Os pintores barrocos, mediante as súas obras, buscan a expresión, o sentimento interior, a paixón, o temperamento, o movemento e a profundidade, como se pode observar na obra de Velázquez As fiandeiras. Tamén destaca o pintor italiano Caravaggio e o seu dominio da técnica do claroescuro, e nos Países Baixos destaca Rembrandt.

Con este estilo, nacen unha nova clientela, na que está a alta burguesía, a burguesía media acomodada, os nobres, a igrexa, as institucións públicas etc.

Os cadros constan dunha temática variada: relixiosa, mitolóxica, retratos da vida cotiá, paisaxes, naturezas mortas, bodegóns, escenas de caza...

Brotan novos artistas especializadas para as temáticas:

Escultura

A escultura barroca está moi vinculada coa arquitectura, como por exemplo, nos retablos, pois foron os temas relixiosos ou no seu defecto inspirados na mitoloxía clásica nos que máis abonda a produción deste movemento. Entre os escultores destaca sobre todo Bernini en Italia.

Lírica

Os autores que máis destacaron na lírica do Barroco en España foron Quevedo e Góngora.

Teatro

Os autores de máis relevancia no teatro barroco en España foron Lope de Vega, Calderón de la Barca e Tirso de Molina. Nesta época o teatro español en castelán vive a súa época de máximo esplendor, o chamado Século de Ouro. O que tal contrasta coa escasísima produción literaria en galego, que se atopa nos chamados séculos escuros.

O Barroco galego

O esplendor do Barroco coincide cun momento de gran transformación social e económica de Galiza, coa fidalguía de pazo e a Igrexa coma clases directoras da sociedade[2].

O Barroco é un dos períodos álxidos da historia da arte galega, en especial no tocante á arquitectura e á retablística, de xeito tal que dende o Románico non se asistira a un afán semellante de renovación das fábricas relixiosas coma o que se vai desenvolver desde mediados do século XVII até a segunda metade do seguinte. Galiza asiste entón, tanto a nivel urbano coma rural, a un fenómeno de transformación das súas estruturas arquitectónicas e urbanas só comparable aos momentos culminantes de épocas históricas anteriores.

Hai que resaltar o rol xogado polo Cabido da catedral de Santiago neste pulo renovador, xa que a súa privilexiada situación económica, así coma o afán por conservar a catedral coma un dos edificios máis significativos da Cristiandade, leváronlle a se converter no decidido defensor dunha nova opción artística, a barroca, que desde alí irradiará por toda Galiza da man de arquitectos coma Andrade, Casas Novoa ou Ferro Caaveiro.

Entre as principais obras relixiosas resaltan en Compostela a fachada do Obradoiro da catedral e a súa torre do reloxo, a fachada do mosteiro de San Martiño Pinario ou a Casa do Cabido. Outras construcións de sona son a a capela da Virxe dos Ollos Grandes na catedral de Lugo, e a igrexa do mosteiro de Oseira. Na arquitectura civil, é a época dos pazos, nos que salienta o pazo de Oca.

A recuperación económica que se dá en Galiza a partir dos primeiros anos do século XVIII vai propiciar a aparición dunha nova clientela, a pequena nobreza, moitas veces de segundóns de grandes familias cuxos primoxénitos se trasladaran á Corte, que acomete nese momento a construción de pazos, contrapunto da arquitectura eclesiástica.

Notas

  1. Definición de barroco, -ca no Dicionario de Galego.
  2. Villares, Ramón (2004). Historia de Galicia. Editorial Galaxia.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Arquitectura do Barroco

A arquitectura do Barroco, tamén coñecida como arquitectura barroca, é un período da historia da arquitectura que veu precedida do Renacemento e do Manierismo; xerouse en Roma durante o século XVII e estendeuse até mediados do século XVIII polos Estados absolutistas europeos.

O termo Barroco, derivado do portugués "barru", "perla de forma diferente ou irregular", utilizouse nun primeiro momento de forma despectiva para indicar a falta de regularidade e orde do novo estilo. A característica principal da arquitectura barroca foi a utilización de composicións baseadas en puntos,curvas, elipses e espirais, así como figuras policéntricas complexas compostas de motivos que se intercalaban uns con outros. A arquitectura valeuse da pintura, a escultura e os estucados para crear conxuntos artísticos teatrais e exuberantes que servisen para enxalzar aos monarcas que os encargaron.

Nalgúns países europeos como Francia e Inglaterra e noutras rexións da Europa setentrional produciuse un movemento máis racionalista derivado directamente do Renacemento que se denominou Clasicismo barroco. Ao longo do século XVIII foise desenvolvendo en Francia un movemento derivado do Barroco que multiplicaba o seu exuberancia e baseábase fundamentalmente nas artes decorativas que se denominou Rococó e acabouse exportando a boa parte de Europa.

Contrariamente ás teorías segundo as cales o movemento barroco xurdiu a partir do Manierismo, foi o Renacemento tardío o movemento que acabou desencadeando en último termo o Barroco. De feito, a arquitectura manierista non foi suficientemente revolucionaria para evolucionar radicalmente, nun sentido espacial e non só superficial, a partir dos estilos da antigüidade aos novos fins populares e retóricos da época do contrarreformismo.

Xa no século XVI, Miguel Anxo Buonarroti anunciara o Barroco dunha forma colosal e masiva na cúpula da Basílica de San Pedro de Roma, así como as alteracións nas proporcións e as tensións das ordes clásicas expresados na escaleira de acceso á Biblioteca Laurenciana de Florencia, do mesmo autor, e a enorme cornixa engadida ao Palacio Farnese. Estas intervencións suscitaran diversos comentarios na súa época pola súa brusca alteración das proporcións clásicas canónicas. Non obstante, noutras obras Miguel Anxo cedera á influencia manierista, polo que foi só tras o fin do Manierismo cando redescubriuse a Miguel Anxo como o pai do Barroco.

O novo estilo desenvolveuse en Roma, e alcanzou o seu momento álxido entre 1630 e 1670; a partir de entón o Barroco estendeuse polo resto de Italia e de Europa, mentres que no século XVIII Roma volveu de novo ao Clasicismo seguindo o exemplo de París.

A influencia do Barroco non se limitou ao século XVII; a principios do século XVIII desenvolveuse o estilo denominado Rococó, que non sendo unha pura continuación do primeiro podería ser considerado como a última fase do Barroco.

Casa Pereira de Castro

A Casa de Pereira de Castro é un edificio situado na Praza da Constitución, na Cidade Vella de Vigo. Monumento Histórico-Artístico dende 1946, é un dos poucos exemplos de barroco civil que existen na vila.

Clasicismo

O clasicismo é unha corrente estética e intelectual que cobre todos os dominios da arte, desde a arquitectura e a música ata a pintura e a literatura. Suplantou progresivamente ao barroco, deixando espazo ao romanticismo antes de renovarse a través do neoclasicismo. Expresouse cunha volta cara ás formas clásicas (gregas e romanas) en todas as artes. É un movemento europeo que vai desde o século XVII ata o século XVIII, segundo os países e as artes.

Convento de Santa Clara de Santiago de Compostela

O convento de Santa Clara é un convento de clausura da orde das clarisas que se atopa na Rúa de San Roque, en Santiago de Compostela. O convento fúndase extramuros ao norte da cidade no ano 1260 grazas a doazóns da vila de Compostela e da dona do rei Afonso X o Sabio: Violante de Aragón. É o primeiro que as clarisas tiveron en Galicia. Foi fundado e impulsado por dona Violante, muller do rei Afonso X o Sabio, na segunda metade do s. XIII, polo que ten o título de "Real".

Sufriu diferentes modificación ao longo dos séculos, as primeiras no século XVI grazas ás doazóns da abadesa Isabel de Granada; e posteriormente nos séculos XVII e XVIII que lle deron o aspecto barroco actual. Nestes traballos participan os arquitectos Domingo de Andrade, frei Gabriel Domínguez, Pedro Arén e Simón Rodríguez.

Salienta a fachada da igrexa, obra de Simón Rodríguez, grande obra do barrroco compostelán.

O convento de Santa Clara foi declarado Monumento Nacional en 1940.

Fagot

O fagot é un instrumento de vento madeira de lingüeta dobre que apareceu a mediados do século XVII e adquiriu rapidamente popularidade como instrumento orquestral durante o período barroco. Usábase principalmente para apoiar a liña baixa das cordas graves, pero a súa gama excepcionalmente ampla fixo que tamén puidese interpretar pasaxes solistas (sobre todo no rexistro tenor). O son do fagot fúndese especialmente ben cos cornos.

Na música do clasicismo e principios do romanticismo a miúdo empregábase unha parella de fagots xunto con outra de cornos para crearen unha textura homoxénea a catro voces.

Gregorio Fernández

Gregorio Fernández, nado en Sarria cara a 1576 e falecido en Valladolid o 22 de xaneiro de 1636, foi un escultor galego, considerado pola crítica como o máximo expoñente da Escola de Valladolid. Nesa cidade formou un importante obradoiro con varios aprendices e colaboradores. Traballou por todo o norte de España: Castela e León, Estremadura, Galiza, Asturias e o País Vasco, chegando mesmo até o Portugal setentrional. É citado ás veces como Gregorio Hernández, mais esta é unha forma castelanizada do seu apelido, que hoxe é moi raro ver en tratados e obras referidas ao mundo artístico.

Igrexa de San Nicolao da Coruña

A igrexa de San Nicolao é un templo relixioso de estilo barroco situado na Coruña. A parroquia de San Nicolao é unha das parroquias históricas da cidade da Coruña, con Santa María, Santiago e San Xurxo.

Manierismo

O manierismo é un estilo artístico que predominou en Italia dende o final do Alto Renacemento (cara a 1520) ata os comezos do período Barroco, cara ó ano 1590.

Manresa

Manresa é unha cidade catalá da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Bages, da que é capital. Está situada no centro de Catalunya, a uns 60 km da cidade de Barcelona, marcando límite entre unha contorna industrial ao sur, e rural ao norte.

Está situada nun ángulo no que uns quilómetros máis ao sur, confluirán os ríos Llobregat e Cardener. É un importante nó de comunicacións, en especial co Eixe do Llobregat e o Eixe Transversal.

Manresa ten industrias de tecidos, fiados, química, maquinaria. Nas últimas décadas substituíu a industria polo comercio. É unha cidade cun interesante conxunto medieval, coas súas pontes sobre o río Cardener e a súa igrexa de estilo gótico (chamada Seo, en catalán Seu). Ademais tamén podemos atopar igrexas de estilo barroco así como interesantes edificacións modernistas.

Música barroca

A música barroca é un estilo da música occidental relacionado coa época cultural homónima en Europa. Adóitase delimitala cronoloxicamente entre a estrea da ópera de Claudio Monteverdi L'Orfeo (que foi a primeira ópera do compositor italiano e unha das primeiras obras catalogadas como tal) a principios do século XVII e a morte de Johann Sebastian Bach en 1750, se ben esta delimitación non é de todo exacta.

Música clásica

Isto é un artigo sobre a música académica europea da época neoclásica (1750-1800)

para ir á sección da música culta europea (mal chamada "música clásica") siga a ligazón: música académica.O clasicismo musical comeza aproximadamente en 1750 (morte de Johann Sebastian Bach) e remata en 1827 aproximadamente (morte de Beethoven).

A música clásica propiamente dita coincide coa época chamada neoclasicismo (que noutras artes consiste no redescubrimento e copia dos clásicos da arte grecorromana, que era considerada tradicional ou ideal: clásica). Na música non existiu un clasicismo orixinal (xa que non quedara escrita ningunha da música da época grega ou romana).

Neoclasicismo

O neoclasicismo ou estilo neoclásico foi un movemento cultural, artístico e literario orixinado en Italia que se desenvolveu na Europa e nas súas colonias desde mediados do século XVIII como reacción ao estilo barroco e durou até ás primeiras décadas do século XIX, en que foi substituído polo Romanticismo. Asóciase coa recuperación da cultura clásica da Europa e as súas manifestacións máis notorias danse na arquitectura.

Oviedo

Oviedo (en asturiano: Uviéu ou Uvieo, en galego eonaviego: Ovedo) é un concello e cidade do norte de España de orixe medieval (século VIII), capital do Principado de Asturias. Cunha poboación de 225.155 habitantes (2010) é a segunda cidade da comunidade logo de Xixón. Ovetenses emprendedores bautizaron con este nome a tres cidades americanas: en Paraguai, na República Dominicana e nos Estados Unidos de América.

É, ademais, a capital comercial e de negocios, e o centro administrativo e universitario da rexión.

Peter Paul Rubens

Peter Paul Rubens, nado o 28 de xuño de 1577 en Siegen, Sacro Imperio Romano Xermánico, actual Alemaña e finado o 30 de maio de 1640 en Antuerpen, Flandres (Países Baixos españois), actual Bélxica, foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII; as súas obras zumegan un estilo barroco exuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade. As súas principais influencias procedían da arte da Antiga Grecia, a Antiga Roma e a pintura renacentista, en especial Leonardo da Vinci, Tiziano e Miguel Anxo, do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de temas pictóricos: relixiosos, históricos, de mitoloxía clásica, escenas de caza, paisaxes, retratos, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para tapices. Consérvanse arredor de mil cincocentos cadros seus. Unha produción tan elevada foi posible grazas, en parte, ós membros do seu taller que, ó parecer, traballaban en cadea. Foron discípulos ou axudantes seus, entre outros, Jacob Jordaens, Gaspar de Crayer, Theodor van Thulden, Erasmus Quellinus o Novo, Cornelis de Vos e Anton van Dyck, que traballaron completando varios encargos para a Corte Española en Madrid. Por outra banda, consérvanse case nove mil debuxos da súa propia man.Foi o pintor favorito do rei Filipe IV de España, o seu principal cliente, que lle encargou ducias de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoeda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O Rei Planeta é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do Museo do Prado, cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real. Tamén teñen unha importante representación da súa arte o Museo Real de Belas Artes de Antuerpen (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen), a National Gallery de Londres, a Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnic e o Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena.

Posuía unha ampla formación humanista e tivo sempre un fondo interese pola Antigüidade clásica. "Estou certo de que para acadar a maior perfección na pintura é preciso comprender os antigos", afirmaba. Dominaba diversas linguas, incluído o latín, e chegou a exercer como diplomático entre distintas cortes europeas. Foi ademais ennobrecido tanto por Filipe IV de España como por Carlos I de Inglaterra. O tamén pintor Eugène Delacroix, grande admirador seu, calificouno como o "Homero da pintura", alcume co que é citado en ocasións.

Quireza, Cerdedo-Cotobade

San Tomé de Quireza é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 372 habitantes (178 mulleres e 194 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.

Rococó

O estilo Rococó naceu en Francia a principios do século XVIII. Caracterízase pola opulencia e a elegancia, con cores vivas, en contraste co pesimismo e a escuridade do barroco, tendencia artística coa que é a miúdo confundido pero foi unha reacción contra o barroco serodio e o contrario que aquel pretendía máis agradar ca impresionar. Desenvolveuse durante os reinados de Luís XV e Luís XVI. Foi substituído polo Neoclasicismo.

San Sadurniño

San Sadurniño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 tiña 3.019 habitantes (3.098 no 2010, 3.182 no 2006, 3.179 no 2005, 3.229 no 2004, 3.272 en 2003).

Sinfonía

Unha sinfonía é unha forma musical instrumental escrita para orquestra, composta de varios movementos. Moitas sinfonías son obras tonais en catro movementos, que adoitan presentar a seguinte estrutura:

Allegro inicial. Forma sonata.

Movemento lento. Forma lied ternario (ABA) ou tema con variacións.

Minueto con trío. Beethoven pasou a denominalo scherzo.

Rondó final (ABACAD).

Século XVII

século XVI < século XVII > século XVIII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1601 e o 31 de decembro de 1700.

Acontecementos importantes

Guerra dos Trinta Anos

É o século do Barroco.

A pataca comeza a cultivarse en IrlandaPersonaxes destacadas

Luís XIV de Francia, o rei Sol

Isaac Newton

Galileo Galilei

Carlos I de Inglaterra

Carlos II de Inglaterra

René Descartes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.