Barro

Barro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 3.746 habitantes (1.862 homes e 1.884 mulleres), o que representa un aumento respecto a 2005, cando contaba con 3.408 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barrés ou barroso [5]. Dende as Eleccións Municipais do ano 2015 o seu alcalde é Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG)

Coordenadas: 42°31′24.97″N 8°38′15.59″O / 42.5236028, -8.6376639

Barro
Escudo de Barro
Barro 01-01a
Casa do Concello.
Situacion Barro
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Pontevedra
Poboación3.716 hab. (2018)
Área37,6 km²
Densidade98,83 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloSan Antoniño
Política (2019[2])
AlcaldeXosé Manuel Fernández Abraldes (BNG[3])
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Barro
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes69,08%
Na rede
www.barro.es

Demografía

Censo total 2015 3.726 habitantes
Menores de 15 anos 511 (13.71 %)
Entre 15 e 64 anos 2.378 (63.82 %)
Maiores de 65 anos 837 (22.46 %)
Evolución da poboación de Barro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.267 5.245 6.442 4.975 3.380 3.583 3.668 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Limita cos concellos de Meis, Portas, Moraña e Pontevedra.

Historia

Os primeiros restos humanos datan da cultura castrexa, atopados no castro Bandufe e Monte da Chan(Agudelo). Coa romanización a zona comezou a cobrar importancia, ao estar atravesada de norte a sur pola vía XIX (Aquis celenis) do itinerario de Antonino. Dita vía é paralela ou similar á vía portuguesa do camiño de Santiago e á estrada N-550.

Segundo o censo de Floridablanca, durante o antigo réxime as parroquias do actual concello de Barro pertencían á xurisdición de Peñaflor, na provincia de Santiago. Trala constitución española de 1812 e a demarcación dos concellos, Barro pertenceu ao municipio de Trasumia e ao partido xudicial de Caldas de Reis. En 1822, cando Galiza pasou a ter 4 provincias, seguiu existindo o concello de Trasumia. Foi suprimido polo Decreto de Fernando VII do 1 de outubro de 1823, que retomaba a organización do Antigo Réxime.
O 23 de xullo de 1835 dispúxose por real Decreto a formación de novos concellos. O 23 de agosto de 1835 propúxose a creación do concello de Barro, con sete parroquias e 2.459 habitantes. Unha vez constituída a Deputación de Pontevedra, o 22 de xuño de 1836 propuxo que o concello de Barro tivese seis parroquias, pasando a de Romai ao concello de Portas. O concello quedou finalmente constituído no Boletín Oficial da Provincia do 3 de decembro de 1836.

A capital do concello estivo en Porráns até 1900, cando pasou a Santo Antoniño.

Cultura

Neste concello ten a súa sede a Banda de música Xuvenil de Barro, formada no ano 1992.

Patrimonio natural

Destaca o Parque da Natureza do Río Barosa, unha carballeira en desnivel pola que baixa a fervenza que forma o río Barosa, que se aproveitaba antigamente mediante unha vintena de muíños, algúns deles rehabilitados. O espazo tamén está axeitado para as visitas como zona de lecer.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Barro.
San Antoniño.Barro.Galiza 2

Capela de San Antoniño

Fervenza Río Barosa

Fervenza e muíños no río Barosa

Muíños de auga Río Barosa

Muíños de auga

Fervenza e muíños no río Barosa, Barro, Pontevedra

Fervenza e muíños no río Barosa

Lugares de Barro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Barro vexa: Lugares de Barro.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Barro". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
1 de outubro

O 1 de outubro é o 274º día do ano do calendario gregoriano (275ºnos anos bisestos). Quedan 91 días para finalizar o ano.

22 de decembro

O 22 de decembro é o 356º día do ano do calendario gregoriano e o 357º nos anos bisestos. Quedan 9 días para finalizar o ano.

A Barquiña, Barro, Noia

A Barquiña é un lugar da parroquia de Barro no concello coruñés de Noia, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 387 habitantes (184 homes e 203 mulleres).

Probablemente se trate do lugar en que se produciu o primeiro asentamento poboacional no concello de Noia, facilitado pola configuración xeográfica do contorno, e o seu linde directo coa ría de Muros e Noia.

Tratábase dunha zona puramente residencial, con nivel de servizos básicos, mais na actualidade cambiou o panorama radicalmente ao incluírse dentro do lugar de Carracido un macrocentro comercial, que nutre a localidade e o resto do concello de Noia e arredores.

Abruñeiras, Barro, Noia

Abruñeiras é un lugar da parroquia de Barro no concello coruñés de Noia, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 79 habitantes (39 homes e 40 mulleres).

Andrés do Barro

Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.

Aveta

Na relixión celta, Dea Aveta foi unha deusa nai, tamén asociada coa fonte de auga fresca Tréveris, no que hoxe é Alemaña. Aveta é coñecida polas figuriñas de barro atopadas Toulon-sur-Allier en Francia e en Tréveris. Esas figuras amosan á deusa con bebés no peito, cadelos pequenos ou cestos de froita. Había un templo dedicado a Aveta no complexo de Altbachtal en Tréveris.

O seu nome sábese por inscricións atopadas en Suíza, e en Côte-d'Or (Francia).

Barro, Barro, Noia

Barro é un lugar da parroquia de Barro no concello coruñés de Noia, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 577 habitantes (284 homes e 293 mulleres).

Barro, Noia

Santa Cristina de Barro é unha parroquia que se localiza no concello coruñés de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 3 763 habitantes (1 815 homes e 1 948 mulleres).

Castro (poboado)

Un castro (do latín: castrum) é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade de Bronce e a de Ferro, que subsistiu ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa, aínda que os castros seguiron a ser habitados ata ben entrada a Idade Media. Existen, porén, castros (hillforts) en toda a Europa atlántica, dende Finlandia ao Norte de Portugal pasando polas Illas Británicas.

Citania e cividade son sinónimos de castro, aínda que en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.

Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, aínda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.

Comarca de Pontevedra

A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cotobade (fusionado co concello de Cerdedo, da comarca de Tabeirós-Terra de Montes), A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2012 tiña 124.094 habitantes.

Curro, Barro

Santa María de Curro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Barro. Segundo o INE de 2016 tiña 777 habitantes (400 mulleres e 377 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 745 habitantes.

Estación de Portela

Portela é un apeadoiro de Adif, situado en Portela, no concello de Barro, provincia de Pontevedra. Está situado na liña A Coruña-Vigo.

Noia

Noia é un concello costeiro da provincia da Coruña, capital da comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 14.571 habitantes e ten unha extensión de 37,2 km². O seu xentilicio é noiés.

O Barro, A Baña

Santa Mariña do Barro é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 116 habitantes (62 homes e 54 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 214 habitantes.

O Cruceiro de Barro, Barro, Noia

O Cruceiro de Barro é un lugar da parroquia de Barro no concello coruñés de Noia, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 28 habitantes (12 homes e 16 mulleres).

Oín, Rois

Santa María de Oín é unha parroquia situada no sur do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 439 habitantes (209 homes e 230 mulleres). Agora[cando?] conta con aproximadamente 430 habitantes, distribuídos en oito entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 401 habitantes. Forma a capital do municipio e é un dos principais núcleos urbanos de Rois; ademais, é unha das únicas parroquias que gañan poboación.

É a parroquia máis pequena do municipio, con só 3,23 quilómetros cadrados de superficie, e está formada polas aldeas de Antequeira, Barro, O Castro, A Eirexa, Oín, A Peruca, A Pontenova e Samil, onde se atopa a Casa do Concello.

Limita cos concellos de Padrón e Dodro, e coas parroquias de Seira e Rois.

Xulsigiae

Xulsigiae é un divindade celta tripla venerado no santuario de fontes curativas de Augusta Treverorum (hoxe Tréveris). Edith Wightman suxire que "poder ser ninfas da primavera"; por outra banda, conecta o seu nome con Suleviae, e caracterízaas como "deusas domésticas". O seu templo, un pequena capela preto do gran templo de Lenus Marte, tamén ten figuras de barro producidas dos Genii Cucullati. O seu nome coñécese a partir dunha única inscrición, onde aparece xunto a Lenus Marte:

LENO MARTI

ET XVLSIGIIS

L VIRIVS DISE

TO V S L M

"Para Lenus Marte e Xulsigiae, Lucius Virius Diseto libre e merecidamente cumpriu seu voto."

Ángel Amor Ruibal

Ángel María José Amor Ruibal, nado en Porráns (Barro) o 11 de marzo de 1869 e finado o 4 de novembro de 1930, foi un destacado pensador galego.

Malia as múltiplas preocupacións e unha precaria saúde, logrou unha extensa produción apoiada na súa enorme erudición novecentista, abranguendo a lingüística, a historia, a canonística teórica e práctica, a teoloxía e sobre todo a filosofía. Contando cunha prodixiosa memoria, a súa tenacidade superou a dificultade que existía no afastamento de Santiago respecto dos centros culturais e do ambiente cultural en xeral, sobre todo para a xente que rodeaba a Amor Ruibal.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.