Barreiros

Barreiros é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE en 2014 tiña 2994 habitantes (3244 no 2009, 3291 no 2006, 3294 no 2005, 3278 no 2004, 3323 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barreirego ou barreirés[6].

Coordenadas: 43°32′26.82″N 7°14′0.11″O / 43.5407833, -7.2333639

Barreiros
Escudo de Barreiros
Casa do concello en Barreiros
Casa do concello, ampliada coa edificación da súa beira.
Situacion Barreiros
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Oriental
Poboación2.941 hab. (2018)
Área72,4 km²
Densidade40,62 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloSan Cosme
Política (2019 [2][3])
AlcaldeAna Ermida Igrexas (BNG[4])
ConcelleirosBNG: 5
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Barreiros
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes76,83%
Na rede
http://www.concellodebarreiros.com/

Poboación

Censo total 2014 2994 habitantes
Menores de 15 anos 236 (7,88 %)
Entre 15 e 64 anos 1764 (58,92 %)
Maiores de 65 anos 994 (33,2 %)
Evolución da poboación de Barreiros   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4394 4804 5197 4138 3278 3244 3166 3124 3061 2994 3021 2970 2948 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello ten 72,4 km², e está atravesado polo río Masma. Limita ó leste con Ribadeo, ó sur con Trabada e Lourenzá e ó oeste con Foz.

Casa indiana en Barreiros
Casa de indianos en Barreiros.

Patrimonio

En San Miguel de Reinante está a capela de Santo Estevo do Ermo, a praia das Pasadas, a praia de Arealonga e o monte Comado, onde se pode practicar paracaidismo. Na mesma parroquia celébrase o Festival Internacional Folclórico do Emigrante a primeira fin de semana de agosto.

Fervenza de Sto. Estevo
Fervenza en Sto. Estevo do Ermo

No mesmo contorno de Sto. Estevo está a fevenza homónima, conectada coa ermida e varias fontes por unha ruta a pé.

Barreiros na cultura popular

Dígoche Sabela
que o deño non dorme,
embarquei pra Laxe
fun quedando en Cosme.

(Refírese a San Cosme de Barreiros)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Barreiros.
Barreirosconcello

Casa do Concello, antes da reforma.

EsculturaareaReinante

Escultura na area na praia de Arealonga

Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos. Detalle

Igrexa de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos. Detalle

Lugares de Barreiros

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Barreiros vexa: Lugares de Barreiros.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Barreiros". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros: «Sodes vós, o pobo, quen ordenades»
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 48. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
24 de outubro

O 24 de outubro é o 297º día do ano do calendario gregoriano (298º nos anos bisestos). Quedan 68 días para finalizar o ano.

Altar

Para consultar información sobre a constelación, véxase Ara

Para o artigo sobre o lugar, véxase Altar, San Cosme de Barreiros, Barreiros

Un altar (do latín altar, derivado de altum) é un montículo, pedra ou construción consagrado ao culto ou á devoción. O altar era, na Antigüidade, ben un lugar elevado (na súa orixe simples montículos de terra ou pedras), ou unha táboa colocada sobre unhas gradas, no que se depositaban algunhas ofrendas e/ou se celebraban os sacrificios (cruentos ou non), á divindade.

Amoroce, Celanova

Santiago de Amoroce é unha das 19 parroquias do concello ourensán de Celanova, formada polos lugares de Amoroce, Barreiros, Carballeira, Casal, Casbasco, Casiña, Goterre, A Granxa, Mociños, Outeiro, Quintairos, Rial e Sampli. En 2011 segundo o IGE tiña 157 habitantes (83 homes e 74 mulleres).

Baroncelle, Abadín

Santiago de Baroncelle é unha parroquia pertencente ao concello de Abadín. Tiña 158 habitantes en 2015 (87 homes e 71 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando vivían nas súas 12 entidades de poboación 165 veciños (92 homes e 73 mulleres).

Barreiros, Castroverde

San Cosme de Barreiros é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 50 habitantes (27 homes e 23 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 51 habitantes.

Barreiros (automoción)

Barreiros foi unha industria española de produción principalmente de motores, camións, tractores, autobuses e posteriormente automóbiles, tamén fabricou carrocerías para camións. Foi fundada polo enxeñeiro e industrial galego Eduardo Barreiros en 1954, e estivo activa desde 1954 ata 1978.

Cabarcos, Barreiros

San Xulián de Cabarcos é unha parroquia que se localiza no concello de Barreiros. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 421 habitantes (224 mulleres e 197 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 484 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 332 habitantes, sendo 153 homes e 179 mulleres.

Celeiro de Mariñaos, Barreiros

Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos é unha parroquia que se localiza no concello de Barreiros. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 229 habitantes (116 mulleres e 113 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 255 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 177 habitantes, sendo 91 homes e 86 mulleres.

Comarca da Mariña Oriental

A comarca da Mariña Oriental é unha comarca galega situada provincia de Lugo cuxa capital é Ribadeo. A ela pertencen os concellos de Barreiros, A Pontenova, Ribadeo e Trabada. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos, foi un intelectual galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.

Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós.

LU-133

A estrada LU-133 é unha vía da rede secundaria que conecta a N-634 en Vilamar (San Xusto de Cabarcos, Barreiros) coa N-642 en Reme (Ove, Ribadeo). Non chega ós 22 km de percorrido, e atravesa San Xusto de Cabarcos e Cabarcos (Barreiros), e Remourelle (Arante, Covelas) e Ove en Ribadeo.

O seu punto máis alto está na rotonda de cruzamento coa LU-P-6103 (Trabada-Barreiros), onde abandona o val de Cabarcos para meterse na cunca do río Grande (naquela zona, aínda rego de Lexoso). O paso entre Barreiros e Ribadeo é pola chamada ponte de Remourelle (Arante).

A outra derivación importante da estrada está en Covelas, a LU-P-5207, estrada que a conecta con Ribadeo.

Reinante, Barreiros

Santiago de Reinante é unha parroquia do concello de Barreiros que se atopa na Mariña Oriental, no norte de Galiza. Segundo o IGE en 2011 tiña 146 habitantes (73 mulleres e 73 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.

Limita coa parroquia de A Devesa (Ribadeo) ó oeste e ó sur, ó norte, co Cantábrico e ó leste con S. Miguel de Reinante, Barreiros.

A esta parroquia de Santiago de Reinante pertence parte da praia de Arealonga, onde na festividade parroquial de Santiago (o 25 de xullo) acostuma ter lugar o concurso de esculturas na area.

San Claudio, Ortigueira

Santa María de San Claudio é unha parroquia que se localiza no concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 471 habitantes (253 mulleres e 218 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 655 habitantes.

San Cosme de Barreiros, Barreiros

San Cosme de Barreiros é unha parroquia que se localiza no concello de Barreiros. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.004 habitantes (518 mulleres e 418 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.067 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 995 habitantes, sendo 481 homes e 514 mulleres.

San Miguel de Reinante, Barreiros

San Miguel de Reinante é unha parroquia que se localiza no concello de Barreiros. Segundo o IGE en 2010 tiña 690 habitantes (364 mulleres e 319 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 693 habitantes.

San Pedro de Benquerencia, Barreiros

San Pedro de Benquerencia é unha parroquia que se localiza no concello de Barreiros. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 398 habitantes (216 mulleres e 182 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 392 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 406 habitantes, sendo 187 homes e 219 mulleres.

San Xusto de Cabarcos, Barreiros

San Xusto de Cabarcos é unha parroquia que se localiza no concello de Barreiros. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 323 habitantes (167 mulleres e 156 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 344 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 235 habitantes, sendo 104 homes e 131 mulleres.

Vilamartín Pequeno, Barreiros

San Xoán Degolado de Vilamartín Pequeno é unha parroquia que se localiza no concello de Barreiros. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 68 habitantes (36 homes e 32 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 76 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 49 habitantes, sendo 26 homes e 23 mulleres.

Limita ó oeste, rego de Lexoso por medio, con Vilamartín Grande.

É o lugar por onde entra o Camiño Norte de Santiago en Barreiros, dende Arante, Ribadeo antes de pasar a Vilamartín Grande.

Zona especial de conservación As Catedrais

As Catedrais é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC), coa praia das Catedrais declarado como monumento natural e que forma parte da reserva da biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Atópase na costa setentrional de Galicia, entre a praia de San Miguel de Reinante (ao oeste) e a praia de Olga (ao leste) entre Barreiros e Ribadeo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.