Barcelona

Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a meirande cidade dos Países Cataláns. Situada ás beiras do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.

Cunha poboación de 1.620.809 habitantes, é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid,[1] e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km².[2]

Foi escenario de diversos eventos mundiais, que contribuíron a configurar a cidade e darlle proxección internacional. Os máis relevantes foron a Exposición Universal de 1888, a Exposición Internacional de 1929, os Xogos Olímpicos de verán de 1992 e o Fórum Universal das Culturas 2004. É tamén sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo.[3]

Na actualidade, é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 44 millóns de pasaxeiros en 2016.[4]

Coordenadas: 41°24′7″N 2°10′17″L / 41.40194, -2.17139

Barcelona
Flag of Barcelona
Escut de Barcelona
CollageBarcelona
Vistas da cidade.
Localización
Barcelona en Cataluña

Barcelona
Barcelona
Barcelona en Provincia de Barcelona

Barcelona
Barcelona
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaFlag of Barcelona province(official).svg Barcelona
ComarcaBarcelonès
Xeografía
Altitude0 - 512 msnm
Superficie102,15 km²
Demografía
Poboación1.620.809 hab. (2017)
Densidade15.866,95 hab./km²
XentilicioBarcelonés/sa
Outros datos
Código postal08.0XX
AlcaldeAda Colau (BComú)
www.barcelona.cat

Xeografía

Emprazamento

BCN02
Vista aérea.
Pano Barna
Panorámica da cidade.
Evolució de la línia de la costa a Barcelona
Evolución da liña de costa no distrito de Ciutat Vella.

Situada na costa do mar Mediterráneo, entre as desembocaduras dos ríos Llobregat, ao sueste, e Besòs, ao nordeste, limita ao norte cos concellos de Santa Coloma de Gramenet e Sant Adrià de Besòs; ao sur con El Prat de Llobregat, L'Hospitalet de Llobregat, Esplugues de Llobregat, Sant Just Desvern, Sant Feliu de Llobregat e Molins de Rei; ao leste co mar; e ao oeste con Montcada i Reixac, Cerdanyola del Vallès e Sant Cugat del Vallès.

Ademais, ten unha pequena parte do seu termo municipal na vertente do Llobregat da serra de Collserola. Trátase da parte de Vallvidrera e Les Planes, ademais do enclave de Santa Creu d'Olorda, a medio camiño entre o Vallès Occidental e o Baix Llobregat.

O territorio da cidade amosa tres zonas ben diferenciadas: a serra de Collserola (co cumio do Tibidabo coma punto máis alto, de 512 metros), os deltas dos ríos Besòs e Llobregat que xuntamente co litoral do mar establecen os límites da cidade. Algunhas partes que están preto da serra están tamén poboadas e urbanizadas: El Carmel (267 m), La Rovira (261 m), El Putget (181 m), La Perita (133 m) e Monterols (121 m). Pero a cima máis coñecida, xusto encima da liña da costa e separando a cidade do delta do Llobregat, é a montaña de Montjuïc (184,8 m).

Liña de costa

A liña de costa trocou co paso do tempo, até o punto que na época prehistórica chegaba a onde hoxe en día se atopa a Plaça de Catalunya. Os terreos sobre os cales se asentou a Barceloneta non existían un século e medio antes da construción deste barrio. Estes terreos son froito da formación de sedimentos de area arrastrada polas correntes mariñas providas do norte e que foron contidas polo espigón do porto construído en 1640. A existencia da illa de Maians (onde actualmente está a estación de França) contribuíu á fixación da area e á formación da lingua de terra da Barceloneta.

Clima

Ombrotermic Barcelona
Climograma de Barcelona.

Barcelona ten un clima mediterráneo mais coas características dun microclima urbano e coas particularidades de estar situado ao norte do Mediterráneo. Os invernos son curtos, frescos e relativamente húmidos, a maioría dos anos non chega a xear. Os meses de xaneiro e febreiro as temperaturas medias roldan os 10 °C e as máximas medias superan os 13 graos. Os veráns son relativamente secos, longos e cálidos (porén en xullo e agosto as temperaturas máximas diarias non acostuman a superar os 30 °C xa que sopra o vento de mar cara á terra). A máxima temperatura rexistrada na cidade foi de 38,6 °C[5], o 13 de agosto de 2003, e 39,8 °C[6] no observatorio Fabra, situado a uns 450 m de altitude no Tibidabo, o 5 de xullo de 1982. A temperatura mínima foi de -10 °C, rexistrada no mesmo observatorio o 11 de febreiro de 1956.

Respecto á pluviometría o total anual está preto dos 600 litros. Aprécianse dous máximos de precipitación: o outono (o máis acusado) e a primavera (máximo secundario). O mes máis chuvioso é outubro cuns 96 litros seguido de setembro con 76 litros. Os meses máis secos son xullo (27 mm) e xuño (38 mm). Hai unha media de 90 días de chuvia (contando só os días con precipitacións meirandes de 0,2 litros) sendo o mínimo 1,9 días de chuvia no mes de xullo e o máximo de 5,7 en maio.[7]

Nuvola apps kweather.png Parámetros climáticos medios nun observatorio a 175 metros de altitude
Meses[8] xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec Anual
Temperaturas medias (ºС) 9,1 10,3 11,8 14,1 17,4 21,2 24,2 24,1 21,6 17,5 13,1 9,9 16,2
Precipitacións medias (mm) 38,0 37,5 47,0 47,2 43,8 37,7 27,5 43,8 76,3 96,2 51,2 43,7 590,1

Historia

Artigo principal: Historia de Barcelona.

Idade Antiga

Os primeiros rastros de poboación na área da cidade remóntanse a finais do neolítico (2000 a 1500aC.). Con todo, os primeiros poboadores destacados non aparecen ata os séculos VII-VI a.C., os laietanos, un pobo íbero. Durante a segunda guerra púnica, os cartaxineses tomaron a cidade, refundada por Amílcar Barca, pai de Aníbal, en efecto, o nome de Barcelona segundo as tradicións deriva do apelido cartaxinés Barca. Tras a derrota daquel pobo pola crecente dominación dos romanos, estes tomaron a cidade e bautizárona como Colonia Julia Augusta Paterna Faventia Barcino no ano 15 a.C. No mapamundi de Claudio Tolomeo aparece co nome Barcino. Barcino tomou forma de castrum ou fortificación militar nos seus primeiros tempos aínda que o comercio foi reorientando á importancia da cidade; no século III foi amurallada por orde do emperador romano Claudio II e xa contaba cunha poboación de entre 4.000 e 8.000 habitantes.

Idade Media

Os visigodos, tras a súa chegada no século V, convertérona durante poucos anos en capital dos territorios hispanos. No século VIII foi conquistada por Al-Hurr, pero retomada a territorio cristián por Ludovico Pío do Imperio Carolinxio en 801, incorporándoa á Marca Hispánica. Os ataques musulmáns non cesaron, e en 985 as tropas de Almanzor destruíron practicamente toda a cidade. Borrell II iniciou a reconstrución dando paso ao florecente período condal. Durante este período a cidade destacou entre as terras catalás e o conxunto do dominio da Coroa de Aragón, e foi de onde partiron numerosas tropas e recursos cara á empresa de tomar novas posesións. A cidade floreceu e chegaría a ser unha das principais potencias mediterráneas nos séculos XIII e XIV, a cidade era o principal centro dunha monarquía, e chegaba a destacar no plano comercial, aínda que por baixo de Xénova e Venecia, que dominaban o comercio Mediterráneo e entre Europa e Asia.

BNE.Barcelona.planos.1698
Plano francés de 1698 da cidade con indicacións para un plan de asedio.

Idade Moderna

A decadencia iniciouse a partir do século XV con altibaixos, e prolongaríase ao longo dos séculos seguintes. As tensións derivadas da unión dinástica con Castela, iniciada co matrimonio entre Fernando II de Aragón e Isabel de Castela, alcanzou o seu momento álxido coa guerra dos Segadores, entre 1640 e 1651, e máis tarde, coa guerra de sucesión (de 1706 a 1714), que significou a desaparición das institucións propias de Cataluña, aínda que tamén significou o rexurdir económico da cidade grazas á integración co resto do país recentemente formado (España), e ao comercio con América.

Revolución industrial

DistribEixampleBCN
Distribución das mazás no Eixample de Barcelona.

A recuperación económica iniciada a finais do século XVIII e a industrialización no século XIX propiciaron que volvese converterse nun importante centro político, económico e cultural, á fronte da chamada Renaixença (Renacemento), cabe destacar no proceso de industrialización o monopolio de comercio téxtil entre a España e a Cuba que foi fixado en Barcelona, nun momento de crise na industria téxtil de algodón, e que asentou a industrialización na Cataluña, e o diferencial de crecemento, mentres que outras partes do país a industria languidecía ante a crise. Outra consecuencia deste monopolio téxtil no século XIX entre Barcelona e Cuba, foi a queixa dos cubanos acerca da teoría do embude, ancha para a España e estreita para a Cuba, e que foi por mor do malestar cubano e que xerou revoltas e o movemento de independencia en busca da igualdade económica co apoio de EEUU. A cidade puido derrubar as súas murallas e anexionouse en 1897 seis municipios limítrofes, o que lle permitiu crecer e planificar o seu desenvolvemento urbano e industrial liderado polo plan do Eixample de Ildefons Cerdà. Foi tamén sede de dúas Exposicións Universais en 1888 e 1929.

Século XX

Nos inicios do século XX destacaron tanto o crecemento económico (especialmente derivado da primeira guerra mundial) como a proliferación de novas ideoloxías acollidas por amplos tramos de poboación, especialmente a obreira. O impulso gobernamental promoveu o Metro e o Porto. No entanto, a crise do 29 que golpeou duramente a España e posteriormente o inicio da guerra civil española paralizou todo crecemento durante unha década. A pesar de defender á II República, a cidade foi foco de rebelións internas e pelexas entre partidos que nin a cidade nin o goberno da República puideron controlar. A cidade foi bombardeada en varias ocasións e o avance das tropas franquistas acadou a cidade a finais de xaneiro de 1939.

A ditadura militar designou a Barcelona como polo de desenvolvemento promovendo unha intensa industrialización que deu lugar a unha forte e prolongada inmigración maioritariamente procedente do sur da Península. As novas condicións sociais e económicas dinamizaron a cidade e transformaron radicalmente o trazado urbano, destacando a aparición de populosos barrios obreiros e de importantes vías de comunicación. O metro expandiuse e apareceron os trolebuses (década de 1940) diversificando o transporte. A rede de ferrocarrís fíxose máis densa e moderna, mentres o aeroporto tamén gañaba relevancia. Con todo, a grande aposta do transporte barcelonés, en comparación con outras grandes e medianas cidades, foi o impulso do vehículo privado, para o que se construíu unha densa rede de aparcadoiros subterráneos.

Tras a morte do xeneral Franco e os difíciles inicios do período democrático, a cidade beneficiouse, como o resto do Estado, dun novo impulso económico moi influído pola integración na Unión Europea (1986), que desembocou en modernos proxectos culturais e urbanísticos. Entre eles destaca a organización dos Xogos Olímpicos de 1992. Devandito evento, que contou co apoio económico e organizativo de toda España, resultou un novo motor do desenvolvemento urbanístico.

Vista desde o templo do Tibidabo.
Vista desde o templo do Tibidabo.

Demografía

Barcelona ten un total de 1.628.090 habitantes, deles 774.890 son homes e 853.200 mulleres, segundo datos do departamento de estatística do concello, elaborados a partir dos datos do padrón de 2008.[9] En 2007 tiña 1.603.178 habitantes.

O censo máis antigo do que se teñen datos foi o de xullo de 1652, cando Barcelona tiña 14.425 habitantes. O censo de 1787 incorpora Vallbona; en 1860, la Barceloneta; en 1897, les Corts, Gràcia, Sant Andreu de Palomar, Sant Gervasi de Cassoles, Sant Martí de Provençals e Sants; en 1904, Horta; e en 1921, Sarrià que previamente xa incorporara Vallvidrera (1890) e Santa Creu d'Olorda (1915).

Economía

Centro de Convenciones Internacional de Barcelona
Centro de Convencións Internacional de Barcelona.

Barcelona foi historicamente e é unha cidade moi afín a industria. Foi a primeira cidade na España en acoller a revolución Industrial e aínda que tivo algunhas crises económicas é aínda hoxe o maior centro industrial do país.

O porto de Barcelona converteuse nos pasados anos no máis importante do Mediterráneo en tonelaxe de mercancías e contedores. Tamén é o primeiro porto mediterráneo en número de cruceiros que fan escala na cidade. No 2008 conectouse con Madrid mediante a alta velocidade ferroviaria, e nos vindeiros anos unirase coa fronteira con Francia e Valencia.

Centro cultural, económico e político, Barcelona segue sendo un referente non só dentro da España senón tamén no conxunto da Unión Europea.

Política

Administracións públicas

PiC-Serra-rb.catalunya-1340-01
A Casa Serra, sede da Deputación de Barcelona.

En Barcelona hai presentes catro administracións políticas, con diferentes niveis de responsabilidade e competencias:

  • A Administración Xeral do Estado ocúpase de cuestións como a seguridade (Corpo Nacional de Policía e Exército), a Xustiza, a xestión de portos e aeroportos, os trens de Renfe, e as costas, entre as competencias máis destacadas. Estas competencias son coordinadas polo Delegado do Goberno en Cataluña e o subdelegado do goberno de Barcelona, que son designado polo Goberno de España, e que teñen a sede na Delegación do Goberno. Actualmente o Corpo Nacional de Policía só ten algunhas competencias, como a expedición do DNI ou a loita contra o terrorismo xa que o resto de competencias foron transferidas aos Mossos d'Esquadra, policía autonómica da Generalitat.
  • A Generalitat de Cataluña é o goberno autonómico de Cataluña, e ten as sedes das súas institucións en Barcelona, como son o Parlamento de Cataluña, situado no Parque da Ciutadella, ou o Palau de la Generalitat, sede da Presidencia da Generalitat, situado na Plaça de Sant Jaume. A Generalitat escóllese por sufraxio universal en eleccións celebradas cada catro anos en toda Cataluña, e ten amplas competencias sobre a xestión da cidade, desde educación, asuntos sociais, tránsito, políticas económicas, comercio etc. Tamén é a responsable da construción de equipamentos como hospitais, escolas, universidades, residencias para a terceira idade.
  • A Deputación de Barcelona (Diputació de Barcelona) é o organismo público con menores competencias na cidade. Actualmente preside o padroado que se ocupa do mantemento do parque da serra de Collserola, e dalgúns outros parques e edificios públicos na cidade. Tamén xestiona algúns museos e é titular dunha ampla rede de bibliotecas públicas xestionada conxuntamente cos concellos.
  • O Concello de Barcelona (Ajuntament de Barcelona) é o organismo con maiores competencias e funcionarios públicos na cidade, xa que regula a vida diaria dos cidadáns, e importantes asuntos como a planificación urbanística, os transportes, a recadación de impostos municipais, a xestión da seguridade viaria mediante a Garda Urbana (Guàrdia Urbana), o mantemento da vía pública (asfaltado, limpeza...) e dos xardíns. Tamén é o responsable da construción de equipamentos municipais como garderías, polideportivos, bibliotecas, residencias para a terceira idade, vivendas de protección pública, entre outros.

Goberno municipal

O goberno do concello escóllese por sufraxio universal en eleccións celebradas cada catro anos.

O poder do concello estrutúrase en dous niveis, xa que o concello dividiu a cidade administrativamente en dez distritos. Existe un nivel de competencias municipais xeneral, dirixido directamente polo alcalde e o seu equipo de goberno, e que se ocupa das cuestións máis xerais e importantes da cidade, que se aplican a toda a cidade.

Por outra banda existe outro nivel de competencias, delegadas nos distritos. Así, cada distrito ten o seu propio centro político e administrativo, que funciona como un ente político con competencias propias, que axudan a descentralizar a política da cidade e que os cidadáns sentan a administración máis próxima. Cada distrito, como un pequeno concello territorial, ten a súa propia sala de plenos onde se debaten as cuestións políticas, e o seu propio equipo de goberno, dirixido por un xerente (concelleiro). A xerencia do distrito fórmase en función do número de votos que cada partido recibe, en cada distrito, nas eleccións municipais. Así, sucede que, aínda que o goberno da cidade recaia nun determinado partido, un ou varios distritos sexan gobernados por outra formación política.

Actual distribución do Concello

Partidos políticos no Concello de Barcelona

Partido político Concelleiros
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)
10
Barcelona en Comú (BeC)
10
Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC)
8
Barcelona pel Canvi-Ciutadans
6
Junts
5
Partit Popular Català (PPC)
2

Alcaldía

Barcelona, rueda de prensa con Ada Colau (cropped)
Ada Colau, actual alcaldesa.

Desde a restauración da democracia en España, en todas as eleccións municipais anteriores ás de 2011, o partido político máis votado fora o Partido Socialista de Cataluña, pero tras as eleccións municipais do 22 de maio de 2011 o partido máis votado e con maior representación foi Convergència i Unió, con Xavier Trias á cabeza.[10] Nas eleccións municipais de España de 2015 CiU foi derrotada pola candidatura Barcelona en Comú, que logrou os apoios de ERC, o PSC e a CUP, polo que a activista Ada Colau foi investida alcaldesa.

Período Alcaldes/esas Partidos políticos
1979–1982 Narcís Serra PSC
1982–1997 Pasqual Maragall PSC
1997-2006 Joan Clos PSC
2006-2011 Jordi Hereu PSC
2011-2015 Xavier Trias CiU
2015- Ada Colau BeC

Distritos e barrios

Districtes de Barcelona
Distritos de Barcelona.

Barcelona divídese administrativamente en 10 distritos. Cada distrito funciona como un ente político con competencias propias, que axudan a descentralizar a política da cidade e que os cidadáns sentan a administración máis próxima. A división territorial dos distritos responde a cuestións históricas da cidade. A maioría dos distritos corresponden a antigos municipios independentes que foron anexionados á cidade durante os séculos XIX e XX, e que aínda conservan a súa propia personalidade. Os cidadáns barceloneses máis anciáns aínda identifican Barcelona unicamente co distrito de Ciutat Vella (véxase mapa).

Os 10 distritos son:


A actual división dos barrios oficiais foi proposta polo concello a finais do 2006 e ratificada e aprobada polo consistorio barcelonés a principios do 2007. Aínda despois da súa aprobación, existen queixas dos veciños sobre os nomes de algúns barrios (como, por exemplo, Antics Palaus) así como dos límites dos mesmos.

Barcelona Cityscape Panorama - Jan 2007 edit
Panorámica de Barcelona dende Montjuïc (2007).

Lugares de interese

Les Rambles

050529 Barcelona 091
Parada de flores nas Rambles.

Un dos lugares de maior atractivo e concorrencia son Les Rambles, paseo situado entre a Plaça de Catalunya, centro da cidade, e o porto antigo. Alí atópanse quioscos de prensa, de flores, de paxaros e animais domésticos, cafeterías, restaurantes e comercios. Preto do porto atópanse instalados mercadillos, así como pintores e debuxantes de todo xénero, destacando a zona pola súa índole artística e cosmopolita.

Paseando por Les Rambles poden admirarse varios edificios de interese, como o Palau de la Virreina, o mercado de La Boqueria e o famoso Gran Teatre del Liceu, no que se representan óperas e ballets. Unha rúa lateral de poucos metros de lonxitude, conduce á Plaça Reial, unha praza con palmeiras e edificios con soportais que albergan cervexarías e restaurantes, e na que se reúnen as fins de semana os coleccionistas de selos e de moedas.

O paseo das Rambles termina xunto ao porto antigo, onde a estatua de Cristovo Colón sinala cara ao mar. A dous pasos atópase o Museo Marítimo, dedicado sobre todo á historia naval no Mediterráneo, e no que se exhibe a reprodución a escala real dunha antiga galera de combate. O museo está situado nos estaleiros da Idade Media, onde se construían os barcos que navegaban por todo o Mediterráneo. O porto antigo ofrece outros atractivos, como un centro de lecer, con comercios, restaurantes, un cine IMAX, e como centro documental, cun acuario da fauna mariña mediterránea (l'Aquàrium).

Barrio antigo

O Barrio Antigo da Barcelona ten algunhas das obras da mocidade do arquitecto Antonio Gaudí como o Palau Güell ou os postes de luz da Plaça Reial.

O edificio modernista máis emblemático do Barrio Antigo é, sen dúbida algunha, o Palau de la Música Catalana obra do arquitecto Lluís Domènech i Montaner, construído no ano 1908. Tamén atopamos a catedral de Barcelona, edificio gótico construído entre os séculos XIII e XV. A fachada principal é neogótica, do século XIX. Neste barrio atopamos a Plaça de Sant Jaume, onde estaba o cruzamento do cardos e decumanus da cidade romana, que acolle os edificios da Generalitat de Cataluña e o Concello de Barcelona.

No barrio da Ribera atopamos a basílica de Santa Maria del Mar, de estilo gótico, construída entre 1329 e 1383. Xunto á igrexa atopamos unha praza, o Fossar de les Moreres, con elementos conmemorativos aos cataláns caídos durante o asedio de Barcelona de 1714, durante a guerra de sucesión española. Atopamos tamén o modernista Mercado do Born, construído con ferro e vidro; a Llotja de Mar, edificio neoclásico onde se reunían os mercadores da cidade; e o Museo Picasso, con máis de 3.500 obras de Picasso.

Montjuïc

O outeiro de Montjuïc, hoxe convertido todo el nun parque urbano, emprázase sobre o porto presidido pola fortaleza do mesmo nome, o castelo de Montjuïc, e contén diversos xardíns temáticos e senlleiros: Mossèn Costa i Llobera (cactos), Joan Maragall (bolbos), Joan Brossa (antigo parque de atraccións), Laribal (á volta da Font del Gat). Instalacións deportivas como o Estadio Olímpico de Montjuïc sede central dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, tamén coñecido como Estadio Lluís Companys, acompañado tamén alí co Palau Sant Jordi e as Piscinas Bernat Picornell.

Tamén contan con importantes equipamentos culturais: Museo Nacional de Arte de Cataluña, Fundación Joan Miró, CaixaFòrum, Museu Militar, e a Ciutat del Teatre (xa ó límite co barrio do Poble-sec).

Ciutadella

ParlamentDeCatalunya
O Parlamento catalán na Ciutadella.

O parque da Ciutadella, que ten unha superfície de máis de 17 hectáreas, é o espazo onde se celebrou a Exposición Universal de 1888. O parque construíuse sobre os terreos da antiga fortaleza da Ciutadella, construída por Filipe V en 1716 para controlar a cidade. Desta consérvanse algúns edificios como a Capela castrense, o Palau del Governador, actual instituto, e o Polvorí, sede do Parlament de Catalunya. A Ciutadella foi derruída a partir de 1868.

Daquela época consérvanse o Arc de Triomf, de estilo neomudéxar, e o actual Parque Zoolóxico (el Zoo), onde estaba o café-restaurante.

Ó sur do parque atopamos a estación de França, edificio monumental modernista que actualmente é a segunda estación ferroviaria en importancia da cidade, e que está cuberta por dúas marquesiñas metálicas.

Porto Olímpico e Vila Olímpica

050529 Barcelona 051
O Hotel Arts (esquerda) e a Torre Mapfre (dereita).

O Porto Olímpico foi construído con motivo dos Xogos Olímpicos de 1992, e converteuse nun espazo lúdico con restaurantes, bares de moda e discotecas. Está dentro da Vila Olímpica, barrio creado como residencia dos deportistas participantes nas Olimpiadas.

Cómpre destacar os dous rañaceos inaugurados en 1992: o Hotel Arts e a Torre Mapfre, que cos seus 154 metros de altura son os rañaceos máis altos da cidade. Na mesma zona están o Zoo de Barcelona, a escultura "Peix d'or" de Frank Gehry entre as torres, o Gran Casino de Barcelona e o Hospital del Mar, que data do 1905, así como varios restaurantes, bares, cines e praias.

Actualmente a zona é un importante centro turístico e de ocio da capital catalá.

L'Eixample e o Passeig de Gràcia

Trátase do barrio que se comezou a construír a partir de 1860 segundo o proxecto de Ildefons Cerdà, para ampliar a cidade cara ó plano de Barcelona. As rúas forman unha cuadrícula regular.

L'Eixample é o lugar da cidade onde se atopan a maior parte dos edificios de estilo modernista. O máis destacado é o Templo expiatorio da Sagrada Familia, obra inacabada de Antoni Gaudí, que é o monumento máis visitado de España.[11] O templo foi dedicado ao culto e declarado basílica por Bieito XVI en 2010.

Outro elemento turístico da cidade é o Passeig de Gràcia, unha das rúas máis célebres. O paseo une o barrio de Gràcia coa céntrica Plaça de Catalunya. Nel atópanse obras dos tres principais arquitectos cataláns:

O Parc Güell

Reptil Parc Guell Barcelona
Réptil localizado no Parc Güell.

O Parc Güell foi unha encarga do Conde Güell a Antoni Gaudí. Este parque foi pensado como un barrio de luxo para familias ricas da cidade. Neste parque (declarado Patrimonio da Humanidade no ano 1984) a natureza e a arquitectura compóñense e compleméntanse.

Dentro do parque cabe destacar que moitas das superficies están cubertas de trencadís, anacos de cerámica ou vidro en forma de mosaicos de cores, como por exemplo o dragón. No centro do parque hai unha gran praza baleira parcialmente sostida pola Sala das cen columnas, formada por 86 columnas que semellan estalagmitas. Na entrada principal do parque hai dous edificios de puro estilo gaudinista, con tellados de curvas suaves, apéndices estraños e motivos xeométricos.

Praias

Na costa hai 7 praias, as máis coñecidas son a praia de Sant Sebastià e a da Barceloneta. A gran recuperación do fronte marítimo non comezou ata que se organizaron os Xogos Olímpicos de 1992, anteriormente na década de 1980 abríuse o Moll de la fusta, para os Xogos Olímpicos recuperouse a zona do Porto Olímpico e a praia da Nova Icària ata a praia do Bogatell, zona onde houbo o barrio de barracas de Somorrostro. A finais da década de 1990 recuperouse a praia de La Mar Bella e a de La Nova Mar Bella e coa chegada do Fórum Universal das Culturas recuperouse o último tramo, a praia de Llevant, onde nun futuro estará o Zoo mariño.[12]

Camp Nou

Chelsea on Tour - Barcelona 311006
O Camp Nou durante un partido Barça-Chelsea.

O Camp Nou é o estadio do Futbol Club Barcelona. Cunha capacidade para preto de 100.000 persoas, é o estadio con máis capacidade de Europa. Está sito no barrio de Les Corts e ten a categoría de 5 estrelas outorgada pola UEFA. No mesmo estadio está o Museo do Futbol Club Barcelona, que exhibe, entre outros obxectos, os trofeos conseguidos por tódalas seccións deportivas do club ó largo da historia.

Outras instalacións a destacar son o Palau Blaugrana, onde xogan os equipos de baloncesto, balonmán, hóckey sobre patíns e fútbol sala do FC Barcelona; o Mini Estadi, o Palau de Gel e a tenda oficial.

Transporte

Port Vell Rambla de Mar 17
Port Vell.

Portos

O Porto de Barcelona é un dos portos marítimos máis importantes do mar Mediterráneo. É o porto líder en cruceiros en Europa,[13] a proximidade ao centro da cidade converteuno nun importante destino de cruceiros. Ocupa 828,9 e ten 20 km de peiraos. O porto está formado por 12 sectores pero as tres áreas máis importantes son o Port Vell, o porto comercial e o porto loxístico.

Alén do porto histórico, na cidade tamén hai o Port Olímpic de carácter deportivo, construído para os Xogos Olímpicos de 1992, e o máis recente atópase nos límites de Barcelona con Sant Adrià de Besòs, chamado Port Fòrum Sant Adrià atópase no parc del Fòrum, recinto construído para o Fórum Universal das Culturas 2004.

Aeroporto

Artigo principal: Aeroporto de Barcelona-El Prat.

Ten como aeroporto principal o aeroporto do Prat ou Aeroporto Internacional de Barcelona, situado no concello de El Prat de Llobregat en pleno delta do Llobregat. Atópase a 10 km ao suroeste da cidade, con máis de 44 millóns de pasaxeiros en 2016 e máis de 300.000 operacións, é o segundo aeroporto de España. Ten conexións coas principais cidades europeas e algúns enlaces intercontinentais, e ten unha zona adicada á "ponte aérea" que enlaza con voos a Madrid cada hora. O 16 de xuño de 2009 quedou inaugurada oficialmente a terminal 1.

Actualmente, grazas ás compañías de low cost, o aeroporto de Reus e o de Xirona-Costa Brava á parte de seren utilizados polos residentes de ambas as cidades, habitualmente turistas que teñen como destino Barcelona e tamén barceloneses utilizan as instalacións destes dous aeroportos citados. Algunhas liñas de autobús enlazan a maioría de voos de Reus e Xirona en menos dunha hora.

Transporte público

050529 Barcelona 107b
Taxi de Barcelona.

A compañía de tráfico, Transports Metropolitans de Barcelona (TMB), xestiona os autobuses, o metro de Barcelona, un bus turístico, o funicular de Montjuïc, o funicular do Tibidabo, o teleférico de Montjuïc e o Tramvia Blau. Máis recentemente hai varias liñas de tranvías modernos como o Trambaix e o Trambesòs. Tamén conta cunha rede de trens que comunican a cidade coas da súa área metropolitana e co resto da Cataluña e a España. Desde o 2007 hai un servizo público de alugueiro de bicicletas co nome de Bicing.

Tamén conta cunha importante frota de taxis, caracterizados polas cores negra e amarela. En Barcelona hai 207 paradas de taxi[14] e a rede do área metropolitana está constituída por máis de 10.000 vehículos.

Autobuses

Bus Articulat Barcelona
Autobús articulado.

O servizo está xestionado pola empresa TMB. Esténdese por gran parte da área metropolitana e inclúe 109 liñas que cobren máis de 920 km, con máis de 1.000 vehículos, todos eles adaptados para persoas con eivas de mobilidade[15]. A velocidade media dos autobuses é de 11,55 km/h[16]. Os autobuses urbanos transportaron, no 2007, 210,5 millóns de viaxeiros. O servizo de autobuses en horario nocturno chámase Nit Bus e ten unha menor frecuencia de paso e menos liñas que durante o día.

O Bus Turístico de Barcelona é un autobús que facilita os itinerarios ós turistas. O 2006 foi utilizado por 1,9 millóns de persoas.

Metro

Artigo principal: Metro de Barcelona.
L2 9000
Metro de última xeración.
L9 051
Estación de Can Peixauet (L9).

A primeira liña do metro de Barcelona inaugurouse en 1924 e actualmente ten nove liñas operativas entre os operadores TMB e FGC, e dúas máis (L9 e L10) nas que só un tramo está operativo e o resto en construción, que suman máis de 150 km e máis de 200 estacións en varias cidades, á parte de varias prolongacións das liña existentes. A liña 11 é de metro lixeiro.

Liñas Apertura
da liña
Percorrido
L1 1926 Hospital de Bellvitge - Fondo
L2 1995 Paral·lel - Pep Ventura
L3 1924 Zona Universitària - Trinitat Nova
L4 1973 Trinitat Nova - La Pau
L5 1969 Cornellà Centre - Vall d'Hebron
L6 1863 Pl. Catalunya - Sarrià
L7 1954 Pl. Catalunya - Avinguda Tibidabo
L8 1912 Ciutat Cooperativa
L9 Nord 2009 La Sagrera - Can Zam
L9 Sud 2016 Zona Universitària - Aeroport T1
L10 2010 La Sagrera - Gorg
L10 2018 Foc - Collblanc
L11 2003 Trinitat Nova - Can Cuiàs
L12 2016 Sarrià - Reina Elisenda

Tranvías

Tramway de barcelone 1
Trambaix.
Tramvia Blau
Tramvia Blau.

O tranvía da empresa Tramvia Metropolità (TRAM) consta de seis liñas, as tres primeiras co nome de Trambaix e o resto como Trambesòs, dependendo da zona de actuación. O Trambaix púxose en marcha o 3 de abril do 2004, as tres liñas que o forman teñen a maioría das paradas en común e outras polas que só circulan os trens dunha liña. O Trambesòs estreouse o 8 de maio de 2004. Actualmente está en proceso a redacción o proxecto da interconexión das dúas redes de TRAM a través da avinguda Diagonal.

Liñas Percorrido
T1 Francesc Macià - Bon Viatge
T2 Francesc Macià - Llevant - les Planes
T3 Consell Comarcal
T4 Vila Olímpica - Sant Adrià
T5 Glòries - Gorg
T6 Sant Adrià - Gorg

O Tramvia Blau xestionado por TMB percorre a avinguda del Tibidabo unindo a estación de Avinguda Tibidabo da L7 dos FGC coa estación inferior do Funicular do Tibidabo.

Trens

Barcelona.Estacio.Sants
A estación de Sants, principal estación da cidade.

Barcelona é un importante nó de liñas férreas, desde aquí parten as liñas de Renfe Operadora que van a Mataró e Maçanet, Xirona e Francia, Manresa e Lleida, Vilanova i la Geltrú e Valls, Martorell, Vilafranca del Penedès e Tarragona. Á parte das liñas de Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC) que conectan coas comarcas do Vallès Occidental, Baix Llobregat, Anoia e Bages. A estación de Sants é a estación principal da cidade e a primeira estación ferroviaria española en traxectos internacionais. Outras estacións importantes son a estació de França e a estació de Passeig de Gràcia.

O ferrocarril chegou por vez primeira o 28 de outubro de 1848 coa liña Barcelona-Mataró. Actualmente Renfe Operadora e Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC) xestionan a gran rede de proximidades. Barcelona tamén é orixe dun importante número de trens rexionais xestionados por Renfe que comunican a cidade coas localidades catalás sitas a máis de 80 km de distancia, incluíndo as tres capitais de provincia. Tamén hai moitos servizos de longa distancia que chegan a toda España e a outras cidades europeas. O AVE une tamén desde febreiro de 2008 Madrid e Barcelona a través da LAV Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa. Desde 2013, coa prolongación da liña cara a Francia, está unida con París, Lión, Tolosa e Marsella.

Bicing

Bici bicing bcn
Bicicleta do Bicing.
Artigo principal: Bicing.

O Bicing é un servizo de compartición de bicicletas só permitido para os empadroados en Cataluña, para que as tendas de alugueiro de bicicletas non perdan os turistas como clientes. Xestionado pola empresa B:SM (Barcelona de Serveis Municipals), inaugurouse o 22 de marzo de 2007. Está previsto que se estenda a todo a área metropolitana, aínda que nun principio se trataría de dous servizos diferentes e incompatibles.[17]

Estrada

Ronda Litoral a la Verneda
A Ronda del Litoral no barrio da Verneda.

Barcelona permite o tráfico rápido grazas a dúas roldas urbanas: a Ronda de Dalt (ó lado das montañas) e a Ronda del Litoral (ó lado da costa); que están parcialmente cubertas e teñen múltiples saídas a diferentes puntos da cidade. Entre as arterias da cidade cabe destacar a Avinguda Diagonal (que atravesa diagonalmente a cidade), a Avinguda Meridiana que comeza en Glòries e enlaza coa Diagonal e a Gran Via de les Corts Catalanes que cruza a cidade de norte a sur polo centro.

Entre as autoestradas e autovías, a AP-7 comeza en Almería e pasa por Valencia e Barcelona ata Perpiñán; a A-2 une Madrid e a fronteira francesa por Zaragoza; e a AP-2 é paralela á A-2 entre Zaragoza e Barcelona. Tanto a AP-7 como a AP-2 son autoestradas de peaxe.

Cidades irmandadas

Barcelona mantén unha relación de irmandamento coas seguintes cidades[18]:

Por outra banda, desde 1990, optou por minimizar os novos acordos de irmandamento e poñer énfase na sinatura de convenios de amizade e cooperación, con obxectivos concretos. Moitas cidades contan con convenios de colaboración.[19] Son as seguintes:

Galería de imaxes

Balcón no parc Güell
Balcón no parc Güell 
Torres venecianas e Plaça d'Espanya
Torres venecianas e Plaça d'Espanya 
Estatua de Colón
Estatua de Colón 
Templo do Sagrado Corazón do Tibidabo
Templo do Sagrado Corazón do Tibidabo 
Fonte Máxica de Montjuïc
Fonte Máxica de Montjuïc 
Casa de les Punxes, na Diagonal
Casa de les Punxes, na Diagonal 
Edificio do Fòrum
Edificio do Fòrum 
Torre de comunicacións de Montjuïc
Torre de comunicacións de Montjuïc 
Vista de Diagonal Mar
Vista de Diagonal Mar 

Notas

  1. Datos do INE, a 1 de xaneiro de 2011. Cifras completas
  2. IDESCAT. 2007. Padró municipal d'habitants(en catalán)
  3. "Barcelona, elegida oficialmente sede del secretariado de la Unión por el Mediterráneo" [Barcelona, elixida oficialmente sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo]. La Vanguardia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 18 de xaneiro de 2009.
  4. Tráfico de pasaxeiros, operacións e carga nos aeroportos españois en 2016
  5. Grup dels Sis: 2003: Un Estiu Infernal (en catalán)
  6. Grup dels Sis: Climatologia de Catalunya (en catalán)
  7. Datos de Weather.gov
  8. Climate Data for 41°N 2°E
  9. Evolución da poboación entre 1981 e 2008
  10. Els alcaldes de Barcelona. 1835-2006(en catalán) (en catalán)
  11. "A Sagrada Familia de Barcelona ultima os preparativos para a súa apertura ao culto". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2011. Consultado o 19 de decembro de 2009.
  12. Barrena, Xabier (17 de maio de 2009). "BCN remata la recuperación del litoral urbano tras 30 años de obras" [Barcelona remata a recuperación do litoral urbano logo de 30 anos de obras]. El Periódico (en castelán).
  13. Autoritat Portuària de Barcelona, Arquivado 27 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. cruceiros.
  14. "Número de paradas de taxi". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2008. Consultado o 03 de novembro de 2009.
  15. "Red de bus 100% accesible". tmb.cat (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2019.
  16. "Datos básicos de TMB". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2009. Consultado o 03 de novembro de 2009.
  17. A Área Metropolitana implantará o Bicing en 17 cidades con 440 paradas e 3.520 bicicletas - El Punt
  18. "Cidades irmandadas, na web do concello". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2009. Consultado o 04 de novembro de 2009.
  19. "Convenios de colaboración". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 04 de novembro de 2009.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona-El Prat

O Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona–El Prat (IATA: BCN, OACI: LEBL) é un aeroporto español da rede de AENA que dá servizo á cidade de Barcelona. Atópase 10 km ao suroeste da cidade, no municipio de El Prat de Llobregat, a unha altura de 4 metros sobre o nivel medio do mar. É o maior aeroporto en extensión e tráfico de Cataluña, e o segundo de maior tráfico de España tralo Aeroporto de Barajas (Madrid), co que mantén o corredor aéreo regular de pasaxeiros máis transitado do mundo. Ademais é o oitavo aeroporto de Europa por pasaxeiros e o 35º do mundo.

Camp Nou

O Camp Nou (literalmente Campo Novo en catalán) é un estadio de fútbol situado no distrito de Les Corts da cidade de Barcelona, Cataluña. É o estadio do Futbol Club Barcelona. No momento da súa inauguración, en 1957, foi bautizado simplemente como Estadio do FC Barcelona. Non foi ata o ano 2001 en que se adoptou oficialmente o nome actual, que é a denominación coa que popularmente sempre foi coñecido.

Cunha capacidade actual de 99.354 espectadores, é o estadio con máis capacidade de Europa e o sexto do mundo. Ten, desde 1998, a máxima cualificación (5 estrelas) que a FIFA pode atorgar a un estadio, sendo o primeiro estadio español en conseguir esta categoría.

Capital

Unha capital é unha cidade que desempeña un papel relevante na condución da política dun país. Na maioría dos casos a capital é a cidade onde está a sede do goberno, habendo no entanto excepcións. Algúns dos factores que determinan que unha cidade sexa considerada capital inclúen:

A cidade é sede do goberno ou da residencia do xefe de Estado.

A cidade é a sede do poder xudicial.

A cidade é sede do parlamento.

Nunha monarquía é frecuente que a capital sexa o lugar onde o monarca ten a corte, sendo normal que acuda con relativa frecuencia.

A cidade é un importante centro de actividade para o país.

Existencia de leis que determinen a localización da capital.Un país (ou entidade política equivalente) pode ter máis que unha capital oficial ao mesmo tempo. Pode ser ou non a sede do goberno e pode mesmo mudarse periodicamente.

En Suráfrica, por exemplo, a capital administrativa é Pretoria, a capital lexislativa é a Cidade do Cabo e a capital xudicial é Bloemfontein. Esta é unha herdanza deixada polo compromiso acordado entre a maioría das diferentes provincias cando foi creada a Unión de Suráfrica en 1910. Fronte a isto, unha forte cidade economicamente é Xohanesburgo, e turisticamente Durban xunto a Cidade do Cabo.

En Chile, o congreso nacional mudouse para a cidade de Valparaíso, manténdose no entanto Santiago do Chile como capital. Nos Países Baixos, o goberno, xefe de Estado e supremo tribunal están situados na A Haia, mais a constitución determina que a capital oficial sexa Ámsterdan. Outro país con capitalidade múltiple é o Canadá, con Otava e Montreal.

Outras cidades poden ser consideradas capitais económicas ou culturais, pola súa enorme forza fronte á capital política, pero non ter recoñecemento oficial: é o caso do Río de Xaneiro ou São Paulo fronte a Brasilia ou Barcelona fronte a Madrid.

Cataluña

Cataluña (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha; en castelán: Cataluña) é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no nordeste da Península Ibérica. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía:

Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Occitania) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental. A capital de Cataluña é a cidade de Barcelona.

No territorio catalán habitan actualmente 7 467 423 habitantes nun total de 946 municipios dos que 63 superan os 20.000 habitantes (nos que vive o 70 por cento da poboación catalá). Dous terzos da poboación vive na Rexión metropolitana de Barcelona. Constitúe un territorio moi denso e altamente industrializado, liderando o sector en España desde o século XIX e a súa economía é a máis importante de entre as comunidades autónomas, ao xerar o 18,7% do PIB español, sendo a cuarta en PIB per cápita, tras o País Vasco, Navarra e a Comunidade de Madrid.

Cataluña foi durante a Idade Media un dos territorios principais da Coroa de Aragón. Co declive da Coroa decaeu Cataluña, que non volveu destacar ata a industrialización. A súa historia e a súa lingua son moi valoradas polos seus habitantes e para moitos son a base da súa identidade colectiva.

Catálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña

O Catálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña (en catalán: Catàleg d'autoritats de noms i títols de Catalunya), máis coñecido polo acrónimo Càntic, é un catálogo de autoridades de Cataluña, cooperativo e en liña. O seu obxectivo é normalizar os puntos de acceso aos catálogos bibliográficos, mellorar a comunicación entre os diferentes catálogos e favorecer a busca e recuperación da información. Por estandarizar os nomes, nomes-títulos e títulos (chamados "puntos de acceso") dá consistencia aos catálogos do sistema bibliotecario. Facilita un intercambio máis áxil e eficaz entre rexistros bibliográficos e, en definitiva, fai posible que os usuarios realicen buscas asistidas, precisas e exhaustivas. Os datos están integrados no catálogo virtual internacional de autoridades Virtual International Authority File (VIAF).É un servizo que a Biblioteca de Catalunya coordina no marco do Catálogo Colectivo das Universidades de Cataluña (CCUC) que dá un trato especial ás autoridades de nome e título vinculados á cultura catalá que reciben un traballo de autoridade completo. Proporcionan, en moitos casos, acceso á información da Gran Enciclopèdia Catalana.

Contribuirá á creación dun futuro Catálogo Único de Cataluña (CUC), concibido en 2004 no marco do Acordo de Goberno para a mellora e modernización do sistema bibliotecario de Cataluña.

Comarcas de Cataluña

As comarcas de Cataluña (en catalán: comarques) son a actual división do territorio da comunidade autónoma de Cataluña, en España.

Ten a súa orixe nun decreto da Generalitat de Cataluña do ano 1936, que tivo vixencia até o 1939 cando foi suprimida polo franquismo. Posteriormente, foi reanudada en 1987 tras a restauración da democracia, en 1988 engadíronse tres comarcas (Pla de l'Estany, Pla d'Urgell e Alta Ribagorça) e en 1990 modificouse algún límite territorial. En 2015 engadiuse a comarca histórica do Moianès.

Hai 42 comarcas en Cataluña, co seu goberno e administración dirixidos polos consellos comarcais (consells comarcals) agás o Val d'Aran, considerado entidade territorial singular e xestionado polo Consello Xeral de Arán.

Copa do Rei de fútbol

O Campionato de España-Copa da Súa Maxestade o Rei, comunmente coñecida como Copa do Rei ou simplemente A Copa, é un torneo futbolístico por eliminación directa que se disputa anualmente entre os mellores clubs de España. Organízao a Real Federación Española de Fútbol.

Foi creada en 1903, a raíz do éxito da Copa da Coroación disputada un ano antes, sendo o torneo nacional de fútbol máis antigo de España. Aínda que a denominación histórica e xénerica da competición é a de Campionato de España, o título da competición modificouse ao longo dos anos en función do Xefe de Estado español, que é quen outorga o trofeo. Foi a Copa do Rei entre 1903 e 1932, a Copa do Presidente da II República entre 1932 e 1936, a Copa da España Libre en 1937, o Trofeo do Xeneralísimo en 1939, a Copa do Xeneralísimo entre 1940 e 1976, e desde 1977 novamente a Copa do Rei.

O campión da 116ª edición foi o Valencia CF, tras gañar na final ao FC Barcelona por 1-2. O equipo con máis títulos é o FC Barcelona con 30 copas, seguido do Athletic Club, con 23.

Fútbol Club Barcelona

O Fútbol Club Barcelona (en catalán: Futbol Club Barcelona), coñecido popularmente como "Barça", é un club polideportivo catalán da cidade de Barcelona, fundado o 29 de novembro de 1899 por un grupo de doce futbolistas afeccionados de Suíza, Cataluña e Gran Bretaña, comandados polo suízo Joan Gamper. O Barça non é unha sociedade anónima como son a maioría dos clubs deportivos profesionais, senón que a propiedade do club recae nos seus máis de 180.000 socios. Este número fai que o FC Barcelona sexa o segundo club con máis socios do mundo tralo SL Benfica portugués, seguido polo FC Bayern München alemán. Segundo a clasificación histórica da IFFHS, o FC Barcelona é o mellor equipo de fútbol do mundo dende 1991, ano no cal esta organización comezou a computación estatística de resultados. O lema do club é "El Barça és més que un club". Os seareiros do FC Barcelona son coñecidos co sobrenome de "culés".

Unha das principais características do FC Barcelona é o seu carácter polideportivo. Ademais da súa sección principal, a de fútbol, o club conta con outras catro seccións deportivas profesionais: as de baloncesto, balonmán, hóckey sobre patíns e fútbol sala. Entre as cinco seccións profesionais, o FC Barcelona suma máis de 400 títulos oficiais, entre os que se inclúen 34 Copas de Europa, 86 Ligas e 88 Copas de España. Trátase do único club polideportivo do continente que foi campión de Europa en 5 deportes distintos. Ademais destas cinco seccións profesionais, o club conta con outras 8 seccións afeccionadas noutras disciplinas deportivas, como hóckey sobre herba, atletismo, patinaxe, hóckey sobre xeo, voleibol, rugby, fútbol praia e baloncesto en cadeira de rodas.

O equipo de fútbol foi un dos fundadores da Liga española de fútbol en 1928, e actualmente aínda segue a ser un dos tres equipos que non perderon nunca a máxima categoría. Con 25 Ligas, 30 Copas do Rei, 12 Supercopas de España, 5 Copas de Europa, 4 Recopas de Europa, 3 Copas de Feiras, 2 Copas Latinas, 5 Supercopas de Europa e 3 Copas Mundiais de Clubs, o FC Barcelona está considerado un dos equipos de fútbol máis laureados do mundo. Dende agosto de 2011 é o club europeo con máis títulos continentais (15), adiantando ó Real Madrid e ó AC Milán (14). O FC Barcelona é ademais o único equipo de Europa que disputou sempre, dende 1955, algunha das competicións europeas. Tamén é o único equipo da historia que gañou os seis títulos oficiais máis importantes nun mesmo ano (2009): Liga, Copa, Supercopa de España, Liga de Campións, Supercopa de Europa e Copa Mundial de Clubs. O 6 de febreiro de 2012 o club recibiu o Premio Laureus World Sports como equipo mundial do ano.

Fútbol Club Barcelona (baloncesto)

O Futbol Club Barcelona é un equipo profesional de baloncesto que actualmente xoga na liga ACB. Sección de baloncesto do Futbol Club Barcelona, foi fundada en 1926, polo que é o equipo máis antigo da competición. O Barça xoga os seus encontros como local no Palau Blaugrana, sendo o seu actual presidente Josep Maria Bartomeu.

É o segundo club de España en baloncesto en número de títulos conseguidos, e un dos de maior prestixio de Europa. O equipo viviu os seus mellores anos nas décadas de 1980 e 1990, pero o seu maior éxito, a Euroliga, conseguiuno en 2003 e 2010. Ademais dun total de 7 títulos europeos, gañou dezaoito ligas e vinte e tres Copas do Rei.

Liga ACB

A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.

Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 35 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.

A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2018–19 de 6.236 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Liga de Campións da UEFA

A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League), tamén coñecida como Champions League e antigamente como Copa de Europa, é o torneo europeo de fútbol máis importante a nivel de clubs organizado pola UEFA. Foi creada en 1992 como unha renovación da tradicional Copa de Campións de Europa, polo que a efectos estatísticos considéranse coma a mesma competición. É un dos trofeos de clubs deportivos máis prestixiosos do mundo.

Nun principio o campionato consistía nunha eliminatoria directa entre os gañadores das ligas dos seus respectivos países. Na década de 1990 o torneo comezou a ser ampliado, incorporando unha fase de grupos con máis equipos. As ligas máis fortes de Europa achegan hoxe até un máximo de catro equipos cada unha. A Liga de Campións non debe confundirse coa Europa League da UEFA, antes coñecida como Copa da UEFA. O formato actual do torneo consta de varias etapas e comeza a mediados de xullo con tres roldas eliminatorias de clasificación e unha rolda de play-off; así, os dez equipos sobreviventes únense aos 22 cabezas de serie na fase de grupos, na que hai oito grupos formados por catro equipos cada un. Os oito gañadores de grupo e os oito segundos entran na fase eliminatoria final, que termina co partido final en maio.

O título foi gañado por 21 clubs diferentes, dos cales doce gañaron o título en máis dunha ocasión. Dende que comezou a competición en 1955 o club con máis títulos gañados é o Real Madrid de España, que gañou seis no antigo formato e sete no novo.

O gañador da Liga de Campións da UEFA clasifícase para xogar a Copa Mundial de Clubs da FIFA (que substitúe á Copa Intercontinental dende 2005), así como a Supercopa de Europa.

Montjuïc, Barcelona

Montjuïc é unha montaña situada no suroeste da cidade de Barcelona, en Cataluña, cunha altitude máxima de 184,8 metros sobre o nivel do mar. Desde ela dominábanse o porto e a zona antiga da cidade. Antigamente había numerosas pedreiras que subministraban material á cidade. Atópase administrativamente no distrito de Sants-Montjuïc.

Primeira división española de fútbol

A Primeira División, coñecida como LaLiga e debido a motivos de patrocinio como LaLiga Santander, é a máxima categoría da Liga española de fútbol, na que participan os mellores equipos españois. Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción do parón durarte a guerra civil, entre 1936 e 1939.

Un total de 63 equipos pasaron pola categoría, sendo campións só 9 equipos. Real Madrid e Barcelona son os claros dominadores do torneo con 33 e 25 ligas respectivamente. Os outros sete campións son Atlético de Madrid, Athletic, Valencia, Real Sociedad, Deportivo, Sevilla e Betis.

A Primeira División española é a primeira liga do mundo segundo o ránking anual oficial da IFFHS, posto que ocupa de manera consecutiva dende 2010. Ademais, os equipos españois son os máis laureados nas competicións europeas e internacionais.

Provincia de Barcelona

A Provincia de Barcelona é unha provincia situado no nordés de España, que compón unha das catro divisións administrativas da comunidade autónoma de Cataluña. Limita ó nordeste coa provincia de Xirona, ó oeste coa provincia de Lleida, ó suroeste coa provincia de Tarragona e ó sur e suroeste co mar Mediterráneo.

Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona

O Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona S.A.D., coñecido como Espanyol, é un club de fútbol español fundado na cidade de Barcelona, en Cataluña, e que actualmente ten a súa sede social en Cornellà de Llobregat. Xoga na Primeira División Española.

Foi fundado en 1900 por un grupo de universitarios cataláns cuxo presidente foi Angel Rodríguez Ruiz. Naceu baixo o nome de Sociedade Española de Football debido a que todos as súas componenetes eran cataláns ou do resto de España, en contraposición con algúns equipos formados na súa maioría por estranxeiros como o FC Barcelona.

O club xogou 78 tempadas en Primeira e 4 en Segunda División, a última en 1994. Entre os seus títulos figuran catro Copas do Rei e tamén foi subcampión da Copa da UEFA en dúas ocasións.

Supercopa de España de fútbol

A Supercopa de España é unha competición de fútbol, organizada pola Real Federación Española de Fútbol desde 1982, e que enfronta ao campión da Liga Española contra o campión da Copa do Rei.

O trofeo xógase cada ano a finais de agosto, e supón o inicio oficial da competición futbolística en España.

Ata a edición de 1995 se un equipo gañaba os títulos de Liga e Copa, directamente gañaba a Supercopa; pero, dende 1996, se un equipo fai dobrete, o título da Supercopa dispútao fronte ao subcampión de Copa.

O vixente campión, o Barcelona, é o club que máis veces gañou o título, en 11 ocasións. Detrás está o Real Madrid, que conquistou 9 veces o título. Ségueos o Deportivo da Coruña, con 3 trofeos.

Universidade de Barcelona

A Universidade de Barcelona (en catalán e oficialmente: Universitat de Barcelona) é unha institución académica pública con sede en Barcelona, Cataluña. As súas facultades están distribuídas entre varios campus repartidos pola cidade e arredores: os campus de praza Universitat, el Raval, Diagonal, Bellvitge, Torribera, Mundet, Sants e Hospital Clínic.

Valencia Club de Fútbol

O Valencia Club de Fútbol, S.A.D. (en valenciano: València Club de Futbol) é un club de fútbol español da cidade de Valencia. Fundouse o 18 de marzo de 1919 e actualmente compite na Primeira División de España.

Na Clasificación histórica da LFP o Valencia ocupa o 3º posto por detrás de Real Madrid e Barcelona. É o quinto club español con máis títulos nacionais (14 campionatos): 6 títulos de Liga, 7 Copas e unha Supercopa de España. E con 6 títulos europeos (1 Copa da UEFA, 2 Copas de Feiras, 1 Recopa e 2 Supercopas) é o cuarto equipo español con máis títulos internacionais. Ademais, formaba parte do conxunto de clubs máis importantes de Europa, o desaparecido G-14.

En 2011 era o 19º club máis rico do mundo, cuns ingresos de 116,8 millóns de euros, o cuarto equipo español por detrás de Real Madrid, Barcelona e Atlético de Madrid.

Ten 38.000 socios, á espera dunha nova ampliación, e máis de 800 peñas, é xa que logo o cuarto club en número de socios e peñas do país. Á vez, segundo a enquisa do CIS de xuño de 2014, o Valencia é o cuarto club de fútbol en porcentaxe en canto a simpatizantes en España (3,5%), unicamente por detrás de Real Madrid (37,9%), Barcelona (25,4%) e Atlético de Madrid (6,1%).

Xogos Olímpicos de 1992

Os XXV Xogos Olímpicos foron realizados en Barcelona, Cataluña, terra natal do presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1992 coa participación de todos os países filiados ao COI, 169 estados, por primeira vez dende os Xogos de Múnic en 1972.

Dende os Xogos anteriores, en 1988, o mundo testemuñou importantes mudanzas políticas. O Apartheid foi abolido en Suráfrica, o que permitiu o retorno deste país aos Xogos, despois de 32 anos de ausencia. Coa caída do Muro de Berlín en 1989, Alemaña volveu a participar como un só estado, así como Iemen. A URSS foi dividida en quince países independentes após o colapso do comunismo que participaron baixo unha soa bandeira, a CEI, Comunidade dos Estados Independentes. As repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania, so dominio soviético dende a II Guerra Mundial, participaron baixo a súa propia bandeira como nacións independentes, a primeira vez dende 1936.

O desmembramento de Iugoslavia levou a Croacia, Bosnia e Hercegovina e Eslovenia a participaren cos seus propios equipos nacionais. A Iugoslavia remanescente non foi aceptada nos Xogos, por causa da súa agresión militar aos pobos veciños, mais atletas iugoslavos participaron individualmente, baixo bandeira olímpica.

A cerimonia de apertura dos Xogos, feita polo Rei Xoán Carlos I, contou coa entrada da delegación española levando á cabeza o propio Príncipe de Asturias, herdeiro do trono español, Filipe de Borbón, integrante do equipo español de Vela, 32 anos após a participación de súa nai, a Raíña Sofía, grega de nacemento, no equipo de Vela de Grecia nos Xogos de Roma en 1960. A pira olímpica, nun efecto visual espectacular, foi acesa por unha frecha en fogo disparada polo arqueiro parapléxico Antonio Rebollo.

Ciutat Vella
Gràcia
Horta-Guinardó
l'Eixample
les Corts
Nou Barris
Sant Andreu
Sant Martí
Sants-Montjuïc
Sarrià-Sant Gervasi
Lugares de interese de Barcelona
Inmobles e
lugares senlleiros
Prazas e rúas
Museos
Estadios
Artes escénicas
Parques e xardíns
Zoos
Praias
Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.