Barbos, Ortigueira

San Xulián de Barbos é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 108 habitantes (62 mulleres e 46 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Barbos
Barbos
Vista coa ria e o xuncal
Mapa Barbos
ConcelloOrtigueira
Área3,1 km²
Poboación90 hab. (2017)
Densidade29,03 hab./km²
Entidades de poboación27

Xeografía

Barbos está situada ao sur da enseada de Ladrido nas abas dos montes de Pereira e Seoane. Os límites son polo norte as brañas da enseada de Ladrido, polo sur a parroquia de San Salvador de Couzadoiro, polo oeste a parroquia de Luía e polo leste a parroquia do Mosteiro. A estrada AC-682 atravesa a parroquia pola beiramar, o mesmo que fai o camiño de ferro de FEVE Ferrol-Oviedo, mais non ten apeadoiro.

Patrimonio

A igrexa parroquial que se atopa no lugar da Rúa está construída en planta de cruz latina e ten campanario na fronte e un cemiterio acaroado.

Galería de imaxes

A ría de Ortigueira, Galicia (Spain)
A ría de Ortigueira dende Barbos.
Illa de S. Vicente

Vista dende Barbos, coas marismas, a Illa de San Vicente e o cabo Ortegal ao fondo.

Igrexa de Barbos

Igrexa de San Xulián de Barbos.

Lugares e parroquias

Parroquias de Ortigueira

Véxase tamén

Outros artigos

O Lombo de Arriba, Barbos, Ortigueira

O Lombo de Arriba é un lugar da parroquia da Barbos no concello coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Non tiña habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.

O Regueiro, Barbos, Ortigueira

O Regueiro é un lugar da parroquia da Barbos no concello coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 5 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 1 era home e 4 eran mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.