Barbados

Barbados é unha illa nación situada no océano Atlántico que forma parte da rexión do Caribe. É unha das Antillas Menores. Durante máis de tres séculos de Barbados estivo baixo o dominio británico e, aínda hoxe en día, mantén a Raíña Isabel II como Xefe de Estado. A súa capital é Bridgetown.

Os seus veciños máis próximos son as illas San Vicente e as Granadinas e Santa Lucía cara ao oeste e Trinidad e Tobago, país co que agora comparte unha fronteira marítima fixa oficial, e América do Sur cara o sur. A superficie total do estado é de 431 quilómetros cadrados, principalmente de baixa altitude, con algunhas zonas máis altas cara o interior da illa, sendo o punto máis alto o Monte Hillaby (336 msnm).

A composición xeolóxica de Barbados é de orixe non-volcánica, estando na súa maioría composta de pedra calcaria de coral. A illa ten un clima tropical, con ventos alisios do Océano Atlántico constantes, que serven para manter unhas temperaturas suaves. Algunhas zonas menos desenvolvidas do país están constituídas por bosques tropicais e mangleiral. Outras partes do interior do país contribúen á industria agrícola, salpicadas con grandes leiras de cana de azucre e pastos de pendentes suaves.

O posto de Barbados na clasificación do Índice de Desenvolvemento Humano é constante entre os 75 primeiros países do mundo, chegando, por exemplo, en 2006 a ocupar o posto 31, sendo o terceiro posto do continente americano, despois do Canadá e os Estados Unidos.

Coordenadas: 13°10′N 59°33′O / 13.167, -59.550

Barbados
Bandeira de Barbados
Escudo de Barbados
BandeiraEscudo
BRB orthographic
Lema: Pride and Industry
(Inglés: Orgullo e industria)
Himno: In Plenty and In Time of Need
Capital
 • Poboación
Bridgetown
110 000 (2014)
Cidade máis poboadaBridgetown
Linguas oficiaisInglés, bajan1
Forma de gobernoMonarquía constitucional
S.M. Isabel II
Sandra Mason
Mia Mottley
Independencia do Reino Unido30 de novembro de 1966
SuperficiePosto 201º
 • Total439 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras0 km
Costas97 km
PoboaciónPosto 181º
 • Total (2010)277 821 hab.
 • Densidade660 hab./km²
PIB (nominal)Posto 140º
 • Total (2015)4 451 millóns US$
 • per cápita15 912 US$
PIB (PPA)Posto 73º
 • Total (2015)4 658 millóns US$
 • per cápita16 653 US$
MoedaDólar de Barbados (BBD)
IDH (2014)0,785 (57º) – Alto
XentilicioBarbadense
Fuso horarioUTC-4
 • Horario de veránUTC-4
Dominio de Internet.bb
Prefixo telefónico+1-246
Prefixo radiofónico8PA-8PZ
Código ISO052 / BRB / BB
Membro de: ONU, OEA, CARICOM, Commonwealth,
1 O Bajan é unha lingua rexional recoñecida.

Historia

Os primeiros habitantes de Barbados eran amerindios nómades. Ao longo do tempo tres ondas de inmigrantes trasladáronse cara ao norte camiño de América do Norte. A primeira estaba integrada por un grupo de agricultores, pescadores e ceramistas que chegaron en canoa dende o val do Orinoco, en Venezuela, ao redor do ano 350. Os pobos arauacos foron o segundo grupo que migrou dende o continente suramericano no ano 800, sendo asentamentos destes pobos na illa a punta Stroud, a baía de Chandler, a veiga de Saint Luke, e a cova de Mapp. De acordo cos relatos contados polos descendentes das tribos aborixes arauacas, noutras illas da zona, o nome orixinal de Barbados foi Ichirouganaim. No século XIII, os caribes chegaron dende América do Sur nunha terceira onda de inmigrantes, desprazando aos dous anteriores pobos da illa e vivindo illados nela así como fixeran os dous pobos anteriores.

Os portugueses, en ruta cara o Brasil, son os primeiros europeos que chegaron á illa. O nome de Barbados probable que proveña do explorador Pedro Campos, que en 1536 chamouna Os Barbados. O nome vénlle á illa pola aparencia das figueiras que hai nela, xa que teñen longas raíces aéreas colgando e lle lembraban a unha especie de barbas. Despois das observacións de Campos entre 1536 e 1550, os conquistadores españois capturaron moitos caribes e utilizáronos como escravos en plantacións, o resto deles puideron fuxir da illa con distintos destinos.

Bridgetown barbados nelson statue
Estatua de Horatio Nelson na Praza dos Heroes Nacionais, en Bridgetown

Máis tarde os mariños ingleses chegaron a Barbados, concretamente na década de 1620 desembarcando na actual Holetown, mais atoparon a illa deshabitada. Dende a chegada dos primeiros colonos británicos entre 1627 e 1628 até a súa independencia en 1966, Barbados estivo ininterrompidamente baixo control británico. Con todo, a illa sempre gozou dunha grande autonomía local: a súa asemblea comezou a funcionar en 1639. Entre a primeiras figuras ilustres da mesma cabe destacar a Sir William Courten.

A industria do azucre desenvolveuse moi rápido en Barbados, e a illa dividiuse en grandes plantacións que substituíron ás pequenas propiedades dos primeiros colonos británicos. Algúns dos granxeiros desprazados pola agrupación de terras fundaron novas colonias inglesas en América do Norte, sobre todo en Carolina do Sur. Para traballar as plantacións, escravos procedentes do oeste de África foron transportados en barco ata Barbados e outras illas caribeñas. O comercio de escravos cesou en 1804. En 1834 o escravismo foi abolido no Imperio Británico, aínda que en Barbados e no resto das colonias das Indias Occidentais Británicas, existiu unha moratoria doutros seis anos máis.

Os políticos locais estiveron dominados polos terratenentes e comerciantes descendentes de británicos. Non foi até a década de 1930, cando un movemento polos dereitos políticos comezou a arraigar entre os descendentes dos escravos emancipados. Un dos líderes deste movemento, Sir Grantley Adams, fundou o Partido Laborista de Barbados en 1938.

Novos progresos cara a un goberno máis democrático de Barbados tiveron lugar en 1951 cando se introduciu o sufraxio universal na illa. Isto foi seguido de avances políticos encamiñados a alcanzar o autogoberno, acadando en 1961 a autonomía interna.

Dende 1958 até 1962, Barbados foi un dos dez membros da Federación das Indias Occidentais, sendo Sir Grantley Adams o seu primeiro e único Primeiro Ministro. Cando a Federación se disolveu, volveu ao seu status de colonia autogobernada. A esta situación seguiron varios intentos de formar outra federación entre Barbados e as Illas de Barlovento e Sotavento que non culminaron, polo que Barbados negociou a súa propia independencia do Reino Unido nunha conferencia constitucional en xuño de 1966, acadando a súa independencia como estado membro da Commonwealth o 30 de novembro de 1966.

Goberno e Política

Bridgetown barbados parliament building
Edificio do Parlamento na capital

Barbados é un país membro da Commonwealth de Nacións, polo que Isabel II é a Raíña de Barbados, e a súa Xefa de Estado, estando representada por un Gobernador Xeral. En Barbados o título que leva a Raíña é o de: "Pola Graza de Deus, Raíña de Barbados e dos seus outros Reinos e Territorios, Xefe da Commonwealth". O actual goberno propón que Barbados se constitúa como unha república dentro da Commonwealth cun presidente honorífico substituíndo á Raíña.

O poder executivo descansa no Primeiro Ministro e o seu gabinete. O Primeiro Ministro é normalmente o líder do partido gañador das eleccións para a Asemblea, que é a Cámara Baixa do Parlamento e ten 28 escanos que son renovados cada cinco anos. O Senado ten 21 membros elixidos polo Gobernador Xeral.

Barbados é membro de pleno dereito na Comunidade Caribeña ou CARICOM.

Organización político-administrativa

Barbados está dividido administrativamente en once parroquias que deben o seu nome á relixión anglicana dos colonos ingleses. Ademais a capital da nación, Bridgetown, que está situada dentro da parroquia de Saint Michael é posible que poida formar nun futuro a súa propia parroquia.

Barbados parishes numbered
  1. Christ Church.
  2. Saint Andrew.
  3. Saint George.
  4. Saint James.
  5. Saint John.
  6. Saint Joseph.
  7. Saint Lucy.
  8. Saint Michael.
  9. Saint Peter.
  10. Saint Philip.
  11. Saint Thomas.

Saint George e Saint Thomas son as únicas parroquias que non teñen contacto coa mar.

Xeografía

Barbados beach
Praia de Barbados
Barbados-CIA WFB Map
Mapa da Illa

Barbados é a illa máis oriental do Caribe, 34 km de longo e 23 km de ancho. Considérase relativamente plana, en comparación cos seus veciños insulares nas Illas de Barlovento. A illa elévase suavemente cara ao altiplano central, sendo o punto culminante do país está o Monte Hillaby con 336 msnm. A illa está situada no Océano Atlántico, ao leste das demais illas das Indias Occidentais. Con respecto á xeoloxía da illa, o chan está composto practicamente de coral (de 90 m de potencia). A terra cae nunha serie de "socalcos" no oeste e entra nun plano inclinado no leste. Gran parte do país está rodeada por arrecifes de coral.

Na parroquia de Saint Michael atópase de a capital de Barbados e principal cidade, Bridgetown, sendo outras cidades importantes Holetown, na parroquia de Saint James; Oistins, na parroquia de Christ Church.; e Speightstown, na parroquia de Saint Peter.

Membros da industria privada de Barbados propuxeron ao goberno unha idea para a creación de dúas pequenas illas artificiais que estarían ancoradas na costa oeste da illa. A primeira das illas sería de arredor de 1 km2 e estaría principalmente adicada ao turismo e a segunda de 0,2 km2, servindo de parque nacional. Ambas as illas estarían situadas preto do Porto de Deep Water, en Bridgetown. unha curta distancia do Porto de Deep Water en Bridgetown.[1]

O clima é tropical, cunha estación de choivas de xuño a outubro. Aínda que un poida crer que a illa soporta severas tormentas e furacáns tropicais durante esta estación de choivas, realmente isto non é así. A illa é alcanzada de cerca por algún destes furacáns cunha media de 3,09 anos e sopórtao de cheo cada 26,6. O último gran furacán que causou graves danos na illa foi o Janet en 1955. As precipitacións anuais oscilan entre os 1 000 e 2 300 mm.

Economía

Artigo principal: Economía de Barbados.

A economía tradicional barbadense baseábase na produción de azucre, principal materia de exportación. Coa explosión do turismo, produciuse unha reorientación da actividade. Agora mantén un sistema moi dependente de Estados Unidos e Europa que son os lugares de procedencia da maioría dos turistas, o que debilita a súa economía nos períodos de contención nos países de orixe. Na actualidade diversificou parcialmente a súa economía con algo de industria lixeira. É así mesmo sede de importantes empresas, sobre todo financeiras, dado o alto nivel de protección do segredo bancario que ofrece e os baixos impostos que soportan. Está considerado pola comunidade internacional coma un paraíso fiscal.

Demografía

Barbados population
Crecemento da poboación dende 1961 (en miles de habitantes)

Barbados conta cunha poboación de 280 946 (2007), dos cales ao redor do 90,0% son de orixe africana, o 4,0% europeos (ingleses, irlandeses e outros) e o 6,0% restante asiáticos e multirraciais (mulatos). O idioma oficial é o inglés, e o dialecto local bajan está recoñecido como lingua rexionais protexida e é falado pola meirande parte da poboación. A esperanza de vida é de 73,0 anos e a media de fillos por muller é de 1,65, sendo a taxa de crecemento da poboación do 0,36% anual. O 99,7% da poboación está alfabetizada.[2]

En canto á relixión, a maioría dos barbadenses son cristiás (67%), principalmente da Igrexa anglicana, mais tamén hai protestantes, católicos, Testemuñas de Xehová, hindis, musulmáns, xudeus e algunhas outras minorías. Barbados é un dos principais destino de emigrantes da nación suramericana da Güiana.

Cultura

Rihannagidt
Rihanna, un dos barbadenses máis coñecidos
England vs South Africa
Partido de críquet

A influencia británica é máis evidente en Barbados que no resto de illas do Caribe. Un bo exemplo diso é que o deporte nacional é o críquet, tendo dado a illa xogadores de renome neste deporte como Garfield Sobers e Frank Worrell.

Os seus habitantes refírense a eles mesmos como Bajans. Este termo parece provir dunha mala pronuncia do xentilicio en inglés Barbadian como Bar-bajan quedando finalmente en Bajan.

Existen dúas festividades de interese cultural e turístico que se celebran na illa como son: o Congaline Festival e o Crop Over Festival. Como ocorre noutros países do Caribe e de Latinoamérica o entroido é unha celebración moi importante do calendario. O Congaline Festival ten lugar durante a última semana de marzo e é o menos relevante dos dous. O Crop Over Festival inclúe competicións musicais, actividades tradicionais e adoita celebrarse desde o principio de xullo ata a primeira semana de agosto terminando cun gran desfile. O persoeiro barbadense máis destacado a nivel internacional é probablemente a cantante Rihanna.

Barbados mantén unha forte influencia británica e é chamado polos seus veciños "Pequeña Inglaterra".

Deporte

Ao igual que noutros países do Caribe de ascendencia británica, o críquet é o deporte máis popular. Ademais de varios encontros amigábeis e até seis partidos do "Super Eight" partidos, Barbados acolleu a final da Copa Mundial de Críquet de 2007. Ademais moitos grandes xogdores naceron na illa como Sir Garfield Sobers, Sir Frank Worrell, Joel Garner ou Sir Clyde Walcott. Tamén da illa é Obadele Thompson, a única velocista de clase mundial do país, que gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000 na proba de 100 metros lisos.

En golf, o Aberto de Barbados é un alto do European Seniors Tour. Ademais en decembro de 2006 a Copa do Mundo de Golf tivo lugar en Barbados.

O Automobilismo tamén desempeña un papel importante co Rally de Barbados, celebrado cada verán e que actualmente forma parte do calendario da FIA NACAM. O baloncesto é tamén un deporte moi popular, sobre todo na escola e as universidade, e que está a aumentar en popularidade, ao igual que o voleibol. Nalgunhas praias como a de Brandons en Saint Michael moita xente se reúne para xogar ao volei-praia.

Outros deportes que se practican inclúen o hoquei, tenis de mesa, fútbol, rugby, polo e natación. O Netball é tamén popular entre as mulleres de Barbados.

Festivos

Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Confraternización Universal New Year's Day
21 de xaneiro Día de Errol Barrow Errol Barrow Day
Variable Venres, Paixón de Cristo Good Friday
Variable Pascua Easter Monday
28 de abril Día dos Heroes Nacionais National Heroes Day
1 de maio Día do Traballo Labour Day
Variable Pentecoste “Whit Monday”
2 de agosto Carnaval barbadense “Kadooment Day”
3 de agosto Día da Emancipación Emancipation Day
30 de novembro Día da Independencia Independence Day
25 de decembro Nadal Christmas Day
27 de decembro Confraternización de Nadal Boxing Day

Turismo

A illa de Barbados ten un único aeroporto importante, o Aeroporto Internacional Grantley Adams (GAIA), cuxa identificación IATA é BGI. Este aeroporto recibe diariamente voos de varias importantes compañías de todos os puntos do mundo, así como voos rexionais e charters. É o centro máis importante de transporte aéreo do Caribe oriental e na actualidade está sendo remodelado e ampliado.

A illa está ben desenvolvida, dispón de bos hoteis, apartamentos de tempo compartido etc. As costas sur e oeste de Barbados son moi populares pola claridade das súas augas e a cor branca e rosado das areas das súas praias. Ao longo da costa este, bañada polo Océano Atlántico, existen lugares propicios para a práctica do surf.

As zonas comerciais son outro dos atractivos de Barbados, cunha ampla variedade de comercios libres de impostos. Existe a posibilidade de saír de noite na maioría das zonas turísticas como en Saint Lawrence Gap. Outras atraccións inclúen reservas de vida salvaxe, xoierías, pesca submarina, paseos en helicóptero, golf, festivais, excursionismo, exploración de cavernas etc.

Atraccións, edificios importantes e lugares de interese

- Parroquia de Christ Church

  • Graeme Hall Swamp

- Parroquia de St. Andrew

  • Cheery Tree Hill
  • Morgan Lewis Windmill

- Parroquia de St. James

  • Parque Mariño Folkestone

- Parroquia de St. Joseph

  • Xardíns Andrómeda
  • Flower Forest
  • Hackleton's Cliff

- Parroquia de St. Lucy

  • Animal Flower Cave
  • Destilerías de Ron Mount Gai

- Parroquia de St. Michael

  • Sinagoga e Cemiterio de Bridgetown
  • Estatua da Emancipación de Bussa
  • Kensington Oval
  • Museo Histórico de Barbados
  • Garrison Savanna

- Parroquia de St. Peter

  • Reserva Salvaxe de Barbados
  • Parque Nacional de Farley Hill

- Parroquia de St. Philip

  • Plantación Sunbury

- Parroquia de St. Thomas

  • Harrison's Cave
  • Igrexa Sharon Moravian

Notas

  1. An island north of the harbour Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
  2. The World Factbook (en inglés)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

.bb

.bb é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Barbados. Foi mantido por varios administradores desde a súa creación. O primeiro deles foi a Universidade de Porto Rico. En 1996 o goberno de Barbados conseguiu o control do .bb en beneficio da Cable & Wireless (BARTEL) Ltd. No 2001 asinouse un acordo entre o Goberno de Barbados e a Cable & Wireless (Bartel) Ltd. e súa compañía irmá Cable & Wireless (BET) Ltd., para continuar coa administración dos dominios do .bb até que o goberno seleccionara novas directrices. En novembro de 2007, o .bb foi relegado á Telecoms Unit, que pertence ao Goberno de Barbados.O goberno indicou que súa intención sería manter o dominio semi-protexido. Os asuntos legais que concirnen os dominios son establecidos pola Oficina de Propiedade Intelectual e Asuntos Corporativos (Corporate Affairs and Intellectual Property Office, CAIPO) parte do goberno.

A cota para o ccTLD e para os dominios de segundo e terceiro nivel, é de 120 dólares de Barbados anuais.

Aeroporto Grantley Adams

O aeroporto internacional Grantley Adams (IATA: BGI, OACI: TBPB) é o aeroporto internacional de Barbados, situado en Seawell, Christ Church. É o único porto de entrada designado para persoas que entran ou saen por aire en Barbados e opera como principal punto de entrada ao Caribe oriental. O aeroporto ten servizos directos a destinos nos Estados Unidos, Canadá, Centroamérica e Europa e serve como centro de conexións secundario para LIAT. No ano 2016 foi o oitavo aeroporto más concorrido da rexión do Caribe e o terceiro das Antillas Menores tras o aeroporto Raíña Beatrix en Aruba e o aeroporto de Pointe-à-Pitre en Guadalupe. O aeroporto tamén é un importante enlace aéreo para pasaxeiros de cruceiros que saen e chegan ao porto de Bridgetown, e é unha base de operacións para o Sistema Recional de Seguridade e o Centro de Adestramento da Policía Rexional caribeña.

O seu antigo nome era aeroporto de Seawell, antes de que se bautizase na honra do primeiro primeiro ministro de Barbados, Sir Grantley Herbert Adams, no ano 1976. Foi centro de conexións para as defuntas aeroliñas barbadenses Caribbean Airways e REDjet, a sede da aeroliña chárter West Indies Executive Air e antiga sede da escola de voo Coconut Airways.

Aeroporto de Londres-Gatwick

O Aeroporto de Londres–Gatwick (IATA: LGW, OACI: EGKK) é un aeroporto internacional situado a 5 km do centro de Crawley, no condado de West Sussex, e a 47,5 km do centro de Londres. Trátase do segundo aeroporto máis grande de Londres e o segundo máis ocupado (por tráfico aéreo) do Reino Unido (logo de Heathrow). Gatwick é o principal aeroporto europeo para os voos de punto-a-punto e ten a pista dun só uso máis activa do mundo, cun máximo de 55 movementos de aeronaves por hora. As súas dúas terminais (Norte e Sur) ocupan unha superficie de 98 000 m² e 16 000 m² respectivamente. En 2013, 35,4 millóns de pasaxeiros pasaron polo aeroporto.

América

América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

Antillas Menores

As Antillas Menores ou Pequenas Antillas é o grupo de illas no Mar Caribe formado polas Antillas de menor tamaño, que forman un arco insular ao sueste das Antillas Maiores ou Grandes Antillas, que vai desde o leste de Porto Rico ata a costa occidental de Venezuela.

Está constituído polas illas de Trinidad, Tobago (ambas as dúas situadas sobre a plataforma continental de Sudamérica), Barbados e dous grupos de illas, coñecidos como:

Illas de BarloventoIntegrado por Granada, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía, Martinica, Dominica, Marie-Galante, La Désirade, Les Saintes, Guadalupe, Montserrat, Barbuda, Antiga, Saint Kitts e Nevis, San Eustaquio, Saba, San Martiño, Anguila, Redonda, e as illas Virxes.

Illas de SotaventoIntegrado polas illas de Aruba, Curaçao, Bonaire, Arquipélago de Las Aves, Arquipélago Os Roques, A Orchila, La Tortuga, Illa de San Pedro de Coche, Cubagua e Illa de Margarita, situadas fronte ás costas de Venezuela e sobre a plataforma continental suramericana.

Bandeira de Barbados

A bandeira de Barbados foi adoptada o 30 de novembro de 1966, xusto o día da independencia do país.

Consiste nunha tricor de dúas bandas verticais azul mariño separadas por unha dourada no medio. A banda dourada ten un tridente negro, que simboliza a independencia de Barbados do Reino Unido, e cada punta do tridente representa cada un dos puntos da democracia. As bandas azuis simbolizan o Océano Atlántico e o azul do ceo, e a dourada a area das praias barbadenses.

Bridgetown

Bridgetown é a capital do pequeno estado-illa de Barbados, sito nas Antillas. A cidade, en sentido estrito, ten uns 7.000 habitantes, mais a poboación da súa área metropolitana acadaba os 96.578 no ano 2006. Situada sobre o Mar Caribe, está na parte sur-occidental da illa, na baía de Carlslile.

Década de 800

A década de 800 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 800 e remata o 31 de decembro de 809.

Dólar de Barbados

O dólar de Barbados, símbolo "$" ou "Bds$", é a moeda nacional de Barbados. O seu código ISO 4217 é "BBD". Un dólar está dividido en 100 centavos (¢).

O dólar de Barbados foi crado tralo establecemento do Central Bank of Barbados (CBB), fundado por Orde do Parlamento de Barbados de maio de 1972. Antes disto Barbados e outras illas do leste do Mar Caribe atopábanse baixo a autoridade da East Caribbean Currency Authority, (ECCA), cuxa moeda era o Dólar do Caribe Oriental.

Moitas das moedas en circulación en Barbados foron acuñadas pola Real Fábrica de Moeda de Canadá.

ISO 3166-1

O ISO 3166-1 é parte da norma ISO 3166 que propón códigos para nomes de países e dependencias.

É un sistema de dúas letras, usado entre outras cousas para os dominios de Internet.

AD Andorra

AE Emiratos Árabes Unidos

AF Afganistán

AG Antiga e Barbuda

AI Anguila

AL Albania

AM Armenia

AN Antillas Neerlandesas

AO Angola

AQ Antártida

AR Arxentina

AS Samoa Americana

AT Austria

AU Australia

AW Aruba

AZ Acerbaixán

BA Bosnia e Hercegovina

BB Barbados

BD Bangladesh

BE Bélxica

BF Burkina Faso

BG Bulgaria

BH Bahrein

BI Burundi

BJ Benín

BM Bermudas

BN Brunei

BO Bolivia

BR Brasil

BS Bahamas

BT Bután

BV Illa Bouvet

BW Botswana

BY Belarús

BZ Belize

CA Canadá

CC Illas Cocos

CF República Centroafricana

CG República do Congo

CI Costa do Marfil

CK Illas Cook

CL Chile

CM Camerún

CN China

CO Columbia

CR Costa Rica

CU Cuba

CV Cabo Verde

CX Illa de Nadal

CY Chipre

CZ Chequia

DE Alemaña

DJ Djibuti

DK Dinamarca

DM Dominica

DO República Dominicana

DZ Alxeria

EC Ecuador

EE Estonia

EG Exipto

EH Sahara Occidental

ER Eritrea

ES España

ET Etiopía

FI Finlandia

FJ Fidxi

FK Illas Malvinas

FM Micronesia

FO Illas Feroe

FR Francia

GA Gabón

GB Reino Unido

GD Granada

GE Xeorxia

GF Güiana Francesa

GG Guernsey

GH Ghana

GI Xibraltar

GL Groenlandia

GM Gambia

GN Guinea

GP Guadalupe

GQ Guinea Ecuatorial

GR Grecia

GS Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur

GT Guatemala

GU Guam

GW Guinea-Bissau

GY Güiana

HK Hong Kong

HM Illa Heard e Illas McDonald

HN Honduras

HR Croacia

HT Haití

HU Hungría

CH Suíza

ID Indonesia

IE Irlanda

IL Israel

IM Illa de Man

IN India

IO Territorio Británico do Océano Índico

IQ Iraq

IR Irán

IS Islandia

IT Italia

JE Jersey

JM Xamaica

JO Xordania

JP Xapón

KE Quenia

KG Kirguizistán

KH Camboxa

KI Quiribati

KM Comores

KN Saint Kitts e Nevis

KO Kosovo

KP Corea do Norte

KR Corea do Sur

KW Kuwait

KY Illas Caimán

KZ Casaquistán

LA Laos

LB Líbano

LC Santa Lucía

LI Liechtenstein

LK Sri Lanka

LR Liberia

LS Lesoto

LT Lituania

LU Luxemburgo

LV Letonia

LY Libia

MA Marrocos

MC Mónaco

MD Moldavia

ME Montenegro

MG Madagascar

MH Illas Marshall

MK Macedonia do Norte

ML Malí

MM Myanmar

MN Mongolia

MO Macau

MP Illas Marianas do Norte

MQ Martinica

MR Mauritania

MS Montserrat

MT Malta

MU Mauricio

MV Maldivas

MW Malaui

MX México

MY Malaisia

MZ Mozambique

NA Namibia

NC Nova Caledonia

NE Níxer

NF Illa Norfolk

NG Nixeria

NI Nicaragua

NL Países Baixos

NO Noruega

NP Nepal

NR Nauru

NU Niue

NZ Nova Zelandia

OM Omán

PA Panamá

PE Perú

PF Polinesia francesa

PG Papúa Nova Guinea

PH Filipinas

PK Paquistán

PL Polonia

PM Saint-Pierre-et-Miquelon

PN Illa de Pitcairn

PR Porto Rico

PT Portugal

PW Palau

PY Paraguai

QA Qatar

RE Reunión

RO Romanía

RS Serbia

RU Rusia

RW Ruanda

SA Arabia Saudita

SB Illas Salomón

SC Seychelles

SD Sudán

SE Suecia

SG Singapur

SH Santa Helena

SI Eslovenia

SJ Svalbard (Svalbard e Jan Mayen )

SK Eslovaquia

SL Serra Leona

SM San Marino

SN Senegal

SO Somalia

SR Suriname

ST San Tomé e Príncipe

SV Salvador

SY Siria

SZ Suacilandia

TB Tibet

TC Turks e Caicos

TD Chad

TF Territorios Austrais Franceses

TG Togo

TH Tailandia

TJ Taxiquistán

TK Tokelau

TL Timor Leste

TM Turkmenistán

TN Tunisia

TO Tonga

TR Turquía

TT Trinidad e Tobago

TV Tuvalu

TW Taiwán

TZ Tanzania

UA Ucraína

UG Uganda

UM Illas Ultramarinas de Estados Unidos

US Estados Unidos de América

UY Uruguai

UZ Uzbekistán

VA Vaticano

VC San Vicente e as Granadinas

VE Venezuela

VG Illas Virxes Británicas

VI Illas Virxes Estadounidenses

VN Vietnam

VU Vanuatu

WF Wallis e Futuna

WS Samoa Occidental

YE Iemen

YT Mayotte

ZA Suráfrica

ZM Zambia

ZR Zaire

ZW CimbabueOs capítulos que derivan deste código son:

ISO 3166-2, códigos para subdivisións, tales como, Estados e/ou Provincias;

ISO 3166-3, códigos para substituír códigos Alfa-2 obsoletos;

ISO 4217, códigos para unidades monetarias;

ISO 3166-1 Alfa-3, un sistema de tres letras;

ISO 3166-1 Numérico, un sistema numérico de tres díxitos, idéntico ao que foi definido pola División de Estatística das Nacións Unidas (ONU);Un país ou territorio xeralmente recibe un novo código Alfa se o seu nome se modifica, mentres que se dá un novo código numérico se houber alteración dos límites fronteirizos.

ISO 4217

A norma ISO 4217 foi creada pola ISO co obxectivo de definir códigos de tres letras para todas as moedas do mundo. Isto elimina as confusións causadas por algúns nomes de divisas como dólar, franco ou libra, que son empregados en numerosos países pero teñen tipos de cambio moi diferentes.

As dúas primeiras letras do código son as dúas letras do código do país da moeda segundo o estándar ISO 3166-1 e a terceira é normalmente a inicial da divisa en si. Esta norma define tamén as relacións entre a unidade monetaria principal e as súas subdivisións.

Inclúe tamén códigos para metais preciosos (ouro, prata, paladio e platino) e outras definicións utilizadas no mundo financeiro. Tamén existen códigos especiais para probas (XTS), e para indicar transaccións non monetarias (XXX). Todos estes códigos comezan coa letra "X". Os metais preciosos utilizan "X" e o símbolo químico do metal. ISO 3166 nunca asigna códigos de país comezando con "X", polo que ISO 4217 pode usar códigos que comecen con esa letra sen arriscarse a colisións.

Indíxena

Indíxena é un termo que, en sentido amplo, aplícase a todo aquilo que é relativo a unha poboación orixinaria do territorio que habita, cuxo establecemento no mesmo precede ao doutros pobos ou cuxa presenza é o suficientemente prolongada e estable como para tela por oriúnda (é dicir, orixinario dun lugar).. Co mesmo sentido utilízase, con maior frecuencia, o termo equivalente nativo, presente en expresións como "idioma nativo". Tamén é habitual utilizar termos como pobos orixinarios, nacións nativas ou aborixes.En sentido estrito e máis habitualmente, aplícase a denominación indíxenas ás etnias que preservan as culturas tradicionais non europeas. Con este alcance, denomínase indíxenas aos grupos humanos que presentan características tales como:

pertencer a tradicións organizativas anteriores á aparición do estado moderno,

pertencer a culturas que sobreviviron a expansión planetaria da civilización europea.Hai que facer notar que este tipo de clasificación é para separar aos pobos que non teñen ascendencia Europea. Con todo, os saami poñen en entre dito o concepto do indíxena para o continente europeo por ser un pobo que ten as mesmas características tribais doutros pobos primitivos do mundo.Os indíxenas frecuentemente constitúen unha minoría (aínda que nalgúns casos son maioría), dentro de estados nacionais de corte europeo, organizados segundo pautas culturais, relixiosas, políticas, económicas, raciais etc., propias dunha contorna maioritariamente europeizada. Deste xeito, no sentido máis restrinxido e utilizado do termo, «o indíxena» fai referencia a un remanente pre-europeo que representa en si mesmo unha antítese da cultura europea.

Seguindo este uso, non é infrecuente falar de pobos indíxenas en distintas partes do mundo. Por exemplo, adoita considerarse que os maorís son un pobo indíxena de Nova Zelandia. Tamén pode falarse de indíxenas en Borneo, en África e noutros lugares.

Con todo, as poboacións nativas de Australia, aínda sendo tamén indíxenas, coñécense baixo a denominación distintiva de aborixes.

Outros pobos que manteñen fortes pautas culturais previas á expansión mundial europea, como os chinéses, hindús, xaponeses, persas, árabes, xudeus, exipcios etc. non adoitan incluírse no termo «indíxena» en sentido estrito.

Cun sentido máis restrinxido aínda, aplícase usualmente o termo «indíxena» aos indíxenas americanos, tamén chamados «amerindios», «indios», «nativos americanos», «pobos orixinarios» ou «primeiras nacións».En Canadá os indíxenas adoptaron a denominación de «primeiras nacións» («first nations») denominando á organización indíxena máis representativa do país como Asemblea das Primeiras Nacións.Os pobos indíxenas organizáronse en movementos e asociacións co obxectivo de defender e promover os dereitos dos indíxenas en todo o mundo.

Isabel II do Reino Unido

Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Mar Caribe

O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co Océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade. O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:

En América Central: México (península do Iucatán), Belize, Guatemala, Honduras, Costa Rica e Panamá.

En América do Sur: Colombia (Rexión Caribe) e Venezuela.

Grandes Antillas: Cuba, Xamaica, Haití e a República Dominicana na illa da Española e Porto Rico.

Pequenas Antillas: Illas Virxes, divididas en británicas e estadounidenses, Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Guadalupe (departamento francés de ultramar), Dominica, Martinica (departamento francés de ultramar), Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Granada, Trinidad e Tobago, e as holandesas de Aruba, Curaçao e Bonaire (as dúas últimas forman parte das Antillas Neerlandesas).

Parroquia civil

A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. As parroquias de Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello.

Dependendo do país (especialmente do seu tamaño) varía a relevancia administrativa:

Andorra: son as subdivisións principais do Estado, ver Andorra#Organización político-administrativa.

Antiga e Barbuda: son as subdivisións principais do Estado, ver Antiga e Barbuda#Organización político-administrativa.

Australia (parish): son divisións catastrais en Queensland, Nova Gales do Sur, Vitoria e Tasmania, ver divisións catastrais de Australia.

Barbados: son as subdivisións principais do Estado, ver Barbados#Organización político-administrativa.

Canadá (parish):

Novo Brunswick (parish): son divisións censuais, ver Parroquias de Novo Brunswick.

Quebec (municipalité de paroisse): son concellos rurais, ver Municipios Quebec#Rexións administrativas.

Dominica: son as subdivisións principais do Estado, ver Dominica#Organización político-administrativa.

España:

Asturias: unha forma tradicional de organización administrativa, relixiosa e agraria dos concellos, ver Asturias#Organización territorial.

Galicia: entidade local inferior ao concello, ver Parroquias de Galicia.

Ecuador: subdivisión dos concellos, ver Ecuador#Subdivisións.

Estonia (vallad): son os concellos rurais, ver Estonia#Divisións administrativas e Condados de Estonia

Estados Unidos (parish):

Luisiana: equivalente ao condado dos outros estados, ver Luisiana#Subdivisións

Irlanda (parish): son subdivisións dos condados que só se usan en contadas ocasións (como venda de terras), ver Irlanda#Divisións administrativas e Condados de Irlanda.

Granada: son as subdivisións principais do Estado, ver Granada, Caribe#Organización político-administrativa.

Portugal (freguesias): son subdivisións dos concellos, ver Freguesía.

Reino Unido

Escocia: son divisións censuais sen ningún tipo de entidade nin comunitaria nin política. Véxase tamén Escocia#Divisións administrativas e Subdivisións de Escocia.

Inglaterra (parish): son unidades de goberno local inferiores, ver Inglaterra#Subdivisións e Gobernos locais e Condados de Inglaterra.

Saint Kitts e Nevis: son as subdivisións principais do Estado, ver Saint Kitts e Nevis#Subdivisións.

San Vicente e as Granadinas: son as subdivisións principais do Estado, ver subdivisións de San Vicente e as Granadinas.

Suecia (socken): son as subdivisións dos concellos, ver Suecia#Subdivisións administrativas e Condados de Suecia.

Venezuela: subdivisións dos concellos, ver Venezuela#Entidades Federais de Venezuela.

Xamaica: son as subdivisións administrativas principais do Estado, ver Subdivisións de Xamaica.

Plena (xénero musical)

A plena é un xénero musical portorriqueño nado no sector La Jolla del Castillo, no sureña aldea de Ponce, entre os anos de 1915 ao 1920. Ponce, polo seu gran movemento agrario, recrutaba obreiros nacionais e estranxeiros para o corte de cana e froitos. Dentro deste grupo de inmigrantes, chega un matrimonio das illas caribeñas, Barbados e Saint Kitts, de nomes, Anna Catherine George e John Clark. Este matrimonio trouxo na súa equipaxe unha guitarra e unha pandeireta e con estes instrumentos facían soar un ritmo musical moi parecido ao calipso do Caribe. Ao pouco, coa introdución de novos movementos musicais, pasou a coñecerse como plena portorriqueña, tanto no que atinxe á música coma ao baile.

Rihanna

Robyn Rihanna Fenty, máis coñecida como Rihanna, nada o 20 de febreiro de 1988, é unha cantante, actriz, modelo e deseñadora barbadense. Nada en Barbados, a súa carreira comezou despois de coñecer ó produtor musical Evan Rogers a finais de 2003. Canda el gravou cancións demo, e o seu traballo foi enviado a varios selos musicais. Debido a isto asinou con Def Jam Recordings despois dunha audición co seu presidente, produtor e rapeiro Jay-Z. Tanto o seu primeiro álbum Music of the Sun (2005) como o seguinte A Girl Like Me (2006) acadaron o top 10 nas listas musicais de Billboard 200.

San Vicente e as Granadinas

San Vicente e as Granadinas (en inglés: Saint Vincent and the Grenadines) é un país do Caribe, constituído pola illa de San Vicente e pola metade norte da cadea das Granadinas. Ten fronteiras marítimas con Santa Lucía ao nordeste e con Granada ao suroeste, e é un dos países máis próximos de Barbados. A súa capital é Kingstown.

Países
Territorios dependentes
Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.