Barbadás

Barbadás é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 638 habitantes[5] (10463 en 2015, 8426 no 2006, 7939 no 2005, 7597 no 2004, 7193 no 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barbadés ou barbalatense[6].

Coordenadas: 42°18′1″N 7°54′23″O / 42.30028, -7.90639

Barbadás
Escudo de Barbadás
Casa do Concello de Barbadás
Casa do Concello de Barbadás.
Situacion Barbadás
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación10.951 hab. (2018)
Área30,2 km²
Densidade362,62 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloBarbadás
Política (2019[2])
AlcaldeXosé Carlos Valcárcel Doval (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 7
Outros: DO 1, CxG 1
Eleccións municipais en Barbadás
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes43,87%
Na rede
www.barbadas.gal

Xeografía

O concello, de 30,33 km², abrangue 6 parroquias. Limita ao norte con Ourense. O seu principal núcleo é A Valenzá, vila dormitorio de Ourense. Cara ao norte está o río Miño, ao que se dirixe o río Barbaña, principal curso fluvial do concello. As zonas máis montañosas están cara ao suroeste, acadando os 600 m no Alto do Castro.

Poboación

Censo total 10 463 (2015)
Menores de 15 anos 1876 (17,93 %)
Entre 15 e 64 anos 6812 (65,11 %)
Maiores de 65 anos 1775 (16,96 %)
Evolución da poboación de Barbadás   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3835 4063 4325 3682 7597 9177 9731 10 064 10 371 10 463 10 638 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

No monte da Piteira (480 m) realizáronse en 1974 unhas escavacións arqueolóxicas nas que se atoparon restos de asentamentos do paleolítico. No Museo de Ourense consérvanse restos de cantos rodados de cuarcita, sílex, cuarzo, coitelos de dorso e útiles para a caza.

Durante a cultura castrexa a zona estaba habitada polos coelernos. No castro de Trelle (635 m) atopouse un brazalete de finais da idade de bronce, conservado no Museo de Lugo. No monte Nondedeu, no lugar das Pipileiras, atopouse un brazalete similar, estando os dous decorados con motivos triangulares e reticulados feitos mediante excisións. Outro poboado da época é o Castro de Louredo.

Trala romanización de Galicia abandonáronse os castros e habitáronse zonas de chaira máis próximas ao río Miño. Na aldea de Loiro atopáronse restos dunha villae, como tellas e moedas.

Na Cova do Lobo asentáronse os construtores da primitiva capela visigótiga de Barbadás. O mosteiro de Celanova, fundado no ano 936, tivo forte influencia nestas terras. No ano 1110 construíuse a igrexa de San Martiño de Loiro, de estilo románico. No ano 1113 a zona pasou a estar baixo o señorío da diocese de Ourense. No ano 1133 o rei Afonso VII de León concedeu ao monte Louredo un castelo e seu coto, e a vila de Loiro ao bispo Martiño.

En 1348 Barbadás viuse afectada pola peste negra, chegada dende o porto de Baiona. Isto, xunto coas guerras civís e os enfrontamentos entre nobres e a poboación campesiña e mercadores, provoca unha forte crise.

A Gran Guerra Irmandiña provocou o derribo do Castelo Ramiro entre os anos 1467 e 1469. Entre 1486 e 1507 houbo un gran preito entre a cidade de Ourense e a veciñanza da zona pola Barca de Lagar Queimado. Se ben o xuíz Sancho Ruíz de Villegas mandou inutilizar a barca, continuou navegando polo río.

No ano 1820 constituíuse o concello da Valenzá, pertencente ao partido xudicial de Ourense. Trala División territorial de España en 1833 o municipio de Sobrado do Bispo intégrase no da Valenzá, que en 1851 pasa a denominarse Barbadás.

Patrimonio

Igrexa de Santa María de Sobrado do Bispo, Barbadás
Santa María de Sobrado do Bispo.
Igrexa de San Martiño de Loiro
San Martiño de Loiro.
Igrexa de San Lourenzo de Piñor, Barbadás
San Lourenzo de Piñor.

A igrexa de Santa María de Sobrado do Bispo é un templo de orixe románica. No exterior ten grandes contrafortes e ménsulas no tellado. Na portada lateral ten un arco apuntado de transición ao gótico, coroado por unha arquivolta de bólas. No interior hai un retablo barroco. Nesta mesma parroquia está a capela de San Xoán, de estilo neogótico.

A igrexa de San Martiño de Loiro foi construída en 1110 e modificada posteriormente. Da primeira etapa conserva o arco triunfal cunha ventá sobre a ábsida románica. Ten dúas portas laterais, e na fachada principal unha porta con arquivoltas e tres baquetóns rodeando o tímpano, que ten unha ventá e dúas figuras humanas rodeando unha cruz. Sobre ela hai unha cornixa perlada sostida por arcos adornados con figuras humanas, mitolóxicas, animais, vexetais e xeométricas. Na cuberta da nave hai unha cruz, e no testeiro da ábsida un Agnus Dei.

A ermida de San Bieito, na Cova do Lobo, é un pequeno templo, onde se celebra unha romaría.

A igrexa de San Bernabeu da Valenzá construíuse en 1576, trala epidemia que asolagou a zona entre 1569 e 1571. Ten unha capela pegada, mandada construír en 1584 polo capitán Tomé Rodríguez Punxín, retornado das Indias.

A igrexa de San Lourenzo de Piñor é do século XVI. A fachada está flanqueada nas esquinas por dúas pilastras que soportan un frontón partido por un fornelo coa imaxe de San Lourenzo. A porta de acceso está coroada por un deseño renacentista, e o acceso ao templo faise mediante unha grande escalinata barroca. O campanario está coroado cunha balaustrada.

O pazo de Bentraces foi construído no século XV como residencia episcopal do mosteiro de Celanova. A familia portuguesa Soarez Tanxil transformouno en casa señorial. Da primeira época consérvase a área que une as tres edificacións actuais.

O pazo de Piñor é do século XVI, ampliado posteriormente cunha solaina con ampla balaustrada barroca. Ten dúas edificacións anexas de dúas alturas, a máis moderna de planta rectangular. Dispón dunha capela próxima o edificio. A finca está rodeada por un muro de pedra.

A capela de San Amaro, en Barbadás, ten un peto de ánimas.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Barbadás.

Lugares de Barbadás

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Barbadás vexa: Lugares de Barbadás.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Barbadás". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Barbadás. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Consultado o 27 de febreiro de 2017.
  6. Costas González, X.-H. (2015): "Os xentilicios en galego". En Eva M.Castro Figueiras; MªCristina Rodríguez Ricart. Na universidade en galego con seguridade, páx. 77. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Barxa, Piñor, Barbadás

A Barxa é un lugar da parroquia de Piñor no concello ourensán de Barbadás na comarca de Ourense. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña tres habitantes (un home e dúas mulleres), a mesma poboación ca en 2010.

A Parada, Piñor, Barbadás

A Parada é un lugar da parroquia de Piñor no concello ourensán de Barbadás na comarca de Ourense. Tiña 335 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 165 eran homes e 170 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 343 habitantes (169 homes e 174 mulleres).

A Valenzá, Barbadás

San Bernabeu da Valenzá é unha parroquia do concello ourensán de Barbadás na comarca de Ourense. Segundo o IGE, en 2016 tiña 7 370 habitantes, dos cales 3 598 eran homes e 3 772 mulleres. Isto supón un aumento de habitantes con respecto ao ano 2006 cando tiña 5 233.

Barbadás, Barbadás

San Xoán de Barbadás é unha parroquia do concello ourensán de Barbadás na comarca de Ourense. Segundo o IGE, en 2016 tiña 496 habitantes, dos cales 245 eran homes e 251 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2006 cando tiña 510.

Bentraces, Barbadás

San Xoán de Bentraces é unha parroquia do concello ourensán de Barbadás na comarca de Ourense. Segundo o IGE, en 2016 tiña 331 habitantes nunha soa entidade de poboación, dos cales 167 eran homes e 164 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2006 cando tiña 346.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Godexás, Piñor, Barbadás

Godexás é un lugar da parroquia de Piñor no concello ourensán de Barbadás na comarca de Ourense. Tiña 25 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 11 eran homes e 14 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 31 habitantes (12 homes e 19 mulleres).

Loiro, Barbadás

San Martiño de Loiro é unha parroquia do concello ourensán de Barbadás situada na estrada que une Ourense con Portugal pasando por Celanova e Bande. Segundo o IGE en 2011 tiña 142 habitantes (67 homes e 75 mulleres).

A súa igrexa parroquial é de estilo románico, da segunda metade do século XII. A súa portada occidental presenta claras influencias da catedral de Ourense.

Lugares de Barbadás

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Barbadás

Manuel Álvarez Silva

Manuel Álvarez Silva, coñecido por Silva, nado en Ourense en 1905 e finado en Barbadás o 18 de novembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Piñor, Barbadás

San Lourenzo de Piñor é unha parroquia do concello ourensán de Barbadás na comarca de Ourense. Segundo o IGE, en 2016 tiña 1 741 habitantes, dos cales 831 eran homes e 910 mulleres. Isto supón un aumento de habitantes con respecto ao ano 2006 cando tiña 1 578.

Preferente Galicia

A Preferente Galicia é a quinta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A Rexional e despois como Rexional Preferente e Preferente Autonómica.

Requeixo, Piñor, Barbadás

Requeixo é un lugar da parroquia de Piñor no concello ourensán de Barbadás na comarca de Ourense. Tiña 122 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 55 eran homes e 67 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 123 habitantes (54 homes e 69 mulleres).

Roma, Piñor, Barbadás

Roma é un lugar da parroquia de Piñor no concello ourensán de Barbadás na comarca de Ourense. Tiña 260 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 136 eran homes e 124 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 261 habitantes (131 homes e 130 mulleres).

Sobrado do Bispo, Barbadás

Santa María de Sobrado do Bispo é unha parroquia e unha aldea que pertence ó concello de Barbadás. Está situado a uns 10 minutos da cidade de Ourense. É un lugar de tamaño medio, aínda que presenta unha gran cantidade de edificacións en ruínas ou sen habitar. Ten un colexio en réxime privado. Segundo o IGE en 2011 tiña 600 habitantes (281 homes e 319 mulleres).

Terceira división española 2017/18

A tempada 2017–18 da Terceira División de España foi a 84.º edición deste torneo. Iniciouse en agosto de 2017 e finalizou en xuño de 2018 coas eliminatorias de promoción finais.

Unión Deportiva Barbadás

A Unión Deportiva Barbadás-Bentraces é un equipo de fútbol de Barbadás. Na actualidade xoga en Preferente Galicia tras seis temporadas na Terceira División. O seu terreo de xogo é Os Carrís.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.