Baralla

Baralla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2014 tiña 2774 habitantes (2889 no 2011, 2955 no 2009, 3100 no 2006, 3134 no 2005, 3193 no 2004, 3242 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barallés[6].

Coordenadas: 42°53′N 7°15′O / 42.883, -7.250

Baralla
Bandeira de Baralla
---
Escudo de Baralla
Casa concello Baralla 21
Casa do concello
Situacion Baralla
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca dos Ancares
Poboación2.566 hab. (2018)
Área141,2 km²
Densidade18,17 hab./km²
Entidades de poboación28 parroquias
Capital do concelloBaralla
Política (2019 [2][3][4])
AlcaldeMiguel González Piñeiro (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Baralla
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes85,17%
Na rede
www.concellobaralla.es
contacto@concellodebaralla.org

Xeografía

O concello recibe o nome da súa capital, que se sitúa na N-VI, eixo vertebrador das comunicacións no concello. Baralla sitúase no extremo oriental da Meseta Lucense e fai de transición coas Serras Orientais, pasando dos 600 metros de altitude aos 900. Os lugares máis altos atópanse na Serra de Picato (844 m), Serra do Galo (754 m), Rañadoiro (901 m), Penas da Cabra (943) e Serra da Lagoa (759 m). O río Neira é a vía fluvial máis importante.

A temperatura media anual é de 10 °C, oscilando entre os 3 °C do inverno e os 19 °C do verán. Recibe precipitacións abondosas, con frecuencia en forma de neve.

Demografía

Censo total 2774 (2014)
Menores de 15 anos 192 (6,92 %)
Entre 15 e 64 anos 1538 (55,44 %)
Maiores de 65 anos 1044 (37,63 %)
Evolución da poboación de Baralla   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5955 6345 7198 4484 3193 2955 2889 2834 2798 2774 2724 2660 2630 2566
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Da época castrexa fican os castros de Lebruxo, Berselos e o de Santa Cruz (Sobrado de Picato).

Orixe do concello

Trala división territorial de España en 1833 constituíronse os concellos de Neira de Rei e Neira de Xusá, mais en 1840 o primeiro integrouse no segundo. Até 1975 tivo como nome oficial en castelán Neira de Jusá, mais por acordo da corporación municipal de 1974, adoptouse como nome do concello o da súa capital, Baralla.

Cultura

Toponimia

Segundo Menéndez Pidal, o topónimo Baralla procede do latín vara, varale, varal e varalia 'sebe de traveseiros', cun significado toponímico comparable ó de Cerca, Cercado, Valada ou Valadares. En 1125 consta baixo as denominacións de [in valle de] Pineira, ripa de Neira, villa que vocitant Baralia, in ripa de Neira ou villa vocitata Baralia.

Economía

O 60 % da poboación dedícase ao sector primario, ocupándose en explotacións mixtas con gandería, aproveitamento forestal e agricultura. Destaca a gandería, especialmente de vacas de carne e leite, ademais dos porcos, ovellas e cabras. Hai algúns serradoiros e algo de construción. A poboación está envellecida e nótase a proximidade de Lugo.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Baralla.
Panoramica Baralla dende Arroxo

Panorámica da vila de Baralla

Mapa parroquias de Baralla

Mapa das parroquias de Baralla

Riu de Baralla

Río de Baralla.

Bosque autóctono, Galiza

Bosque autóctono.

Fonte en Baralla. Galiza 1

Fonte na praza Maior.

Igrexa parroquial de Baralla. Galiza 2

Igrexa parroquial de Baralla.

Placa altimetrica Casa concello Baralla 07

Placa altimétrica na casa do concello.

Casa concello Baralla 08

Estado da casa do concello pouco tempo despois do atentado do 2014.

Parroquias

O Concello de Baralla seguindo o nomenclátor manexado polo Instituto Galego de Estatística IGE, está formado por 28 entidades colectivas de poboación ou parroquias.

Lugares de Baralla

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baralla vexa: Lugares de Baralla.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. El nuevo alcalde de Baralla se compromete a "seguir con los proyectos" de su padre
  4. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Baralla". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 41. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Arroxo, Baralla

San Xoán de Arroxo é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 58 habitantes (31 homes e 27 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 49 habitantes, sendo 25 homes e 24 mulleres.

Baralla, Baralla

Santa María Madalena de Baralla é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 712 habitantes (375 mulleres e 337 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes.

Comarca dos Ancares

Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Covas, Baralla

Santiago de Covas é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 131 habitantes (66 homes e 65 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 163 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 105 habitantes, sendo 52 homes e 53 mulleres.

Guimarei, Baralla

San Tomé de Guimarei é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 60 habitantes (34 homes e 26 mulleres), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 67 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 42 habitantes, sendo 26 homes e 16 mulleres.

Laxes, Baralla

San Pedro de Laxes é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 33 habitantes (21 mulleres e 12 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón o mantemento en relación ao ano 1999, cando tiña tamén 33 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 24 habitantes, sendo 16 homes e 12 mulleres.

Lebruxo, Baralla

San Tomé de Lebruxo é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 33 habitantes (17 homes e 16 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 34 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 28 habitantes, sendo 16 homes e 12 mulleres.

Pacios, Baralla

Santa María de Pacios é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 181 habitantes (95 homes e 86 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 205 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 141 habitantes, sendo 72 homes e 69 mulleres.

Pedrafita de Camporredondo, Baralla

San Xoán de Pedrafita de Camporredondo é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Delimitada polas parroquias da Fontaneira (do concello de Baleira) polo Norte; Penarrubia polo Sur; Córneas (tamén de Baleira) polo Este e Pousada polo Oeste. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 72 habitantes (37 homes e 35 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación,o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 76 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 45 habitantes, sendo 23 homes e 22 mulleres.

Penarrubia, Baralla

Santa María de Penarrubia é unha parroquia do concello lugués de Baralla. Segundo o IGE en 2009 tiña 167 habitantes (92 homes e 75 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 220 habitantes.

Piñeira, Baralla

San Salvador de Piñeira é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o IGE en 2010 tiña 91 habitantes (46 homes e 45 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 116 habitantes.

Pousada, Baralla

Santiago de Pousada é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 119 habitantes (62 homes e 57 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 129 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 107 habitantes, sendo 54 homes e 53 mulleres.

Recesende, Baralla

San Cirilo de Recesende é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 54 habitantes (30 homes e 24 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 62 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 44 habitantes, sendo 26 homes e 18 mulleres.

Riba de Neira, Baralla

Santalla de Riba de Neira é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 27 habitantes (14 mulleres e 13 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 30 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 22 habitantes, sendo 8 homes e 14 mulleres.

San Martín de Neira de Rei, Baralla

San Pedro de San Martín de Neira de Rei é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 198 habitantes (101 homes e 97 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 218 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 170 habitantes, sendo 84 homes e 86 mulleres.

San Miguel de Neira de Rei, Baralla

San Miguel de Neira de Rei é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 94 habitantes (50 homes e 44 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 100 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 76 habitantes, sendo 40 homes e 36 mulleres.

Sixirei, Baralla

San Pedro de Sixirei é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 65 habitantes (34 homes e 31 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 75 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 47 habitantes, sendo 29 homes e 18 mulleres.

Vale, Baralla

San Xurxo de Vale é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 76 habitantes (43 homes e 33 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 81 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 66 habitantes, sendo 38 homes e 28 mulleres.

Vilartelín, Baralla

Santa Eufemia de Vilartelín é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 116 habitantes (65 homes e 51 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 111 habitantes, sendo 60 homes e 51 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.