Bandeira de Galicia

A bandeira de Galicia actual foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e consolidada pola Xeración Nós como insignia nacional[1], a actual bandeira civil. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito. A franxa azul posúe unha largura igual á terceira parte do alto da bandeira.

Bandeira de Galicia
Bandeira de Galicia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción29 de maio de 1984
Cores     Branca      Azul
Bandeira civil de Galicia
Bandeira civil de Galicia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción6 de abril de 1981
Cores     Branca      Azul

Historia

Escudo reino de Galicia - Kingdom of Galicia
Anaco da obra "Pompas fúnebres do emperador Carlos V" no que se representan os estandartes do Reino de Galiza. Autor: Jean e Lucas Doetecum (séc. XVI).

Antigo estandarte real

Artigo principal: Bandeira do Reino de Galicia.
Artigo principal: Escudo do Reino de Galicia.

O antigo estandarte do reino de Galicia compoñíase principalmente por un cáliz dourado sobre fondo azul. Este aparece documentado como motivo principal do escudo de armas do Reino de Galicia dende finais do século XIII. Así aparece documentado como armas os reis de Galyce no armorial Segar de Inglaterra do ano 1282. A representación gráfica das armas do Reino de Galicia foi evolucionando continuamente a través dos séculos; do orixinario cáliz pechado nun relicario (armoriales Bergshammar, Suecia, 1436, e Gymnich, Flandres, 1445) pasouse á súa representación en forma aberta; o orixinal campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal cáliz en campo liso sen ningún engadido pasou a conter decoración diversa como anxos e un número variable de cruces, entre unha, seis, sete, ou en campo sementado. Equivocamente, moita xente pensa que as sete cruces corresponden ás cidades do antigo Reino de Galicia aínda que en realidade a súa orixe é soamente decorativa (Escudo de Galicia).

O deseño actual

O actual deseño da bandeira galega remóntase ao Rexurdimento, é neste momento cando se comezan a reformular e crear os símbolos nacionais de Galicia. A finais do século XIX comezáranse a empregar diferentes modelos de bandeiras coa idea de representaren graficamente unha Galicia que camiñe cara á liberdade, neste contexto numerosos intelectuais defenderán a bandeira franca, a bandeira branca coa cruz vermella de Santiago, así como tamén a bandeira branca coa franxa azul, que será aceptada axiña por boa parte do galeguismo e finalmente por toda Galicia. Xa na última década do século XIX, quedaba fixada a actual estética da bandeira:

"A bandeira galega só ten dúas cores: branco e azul. O fondo é branco, e dende o ángulo superior da esquerda ata o ángulo inferior da dereita, atravesando o centro, unha franxa de cor azul que debe ter de ancho a terceira parte do alto ou ancho total da bandeira", publicado no ano 1898 no xornal O Eco de Galicia, A Habana, Cuba.

A bandeira foi prohibida na ditadura de Primo de Rivera de iure e na ditadura de Francisco Franco de facto.[2]

...arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira da Galiza,
cantémo-lo direito á libre nova vida!
Ramón Cabanillas ("En pé")
Bandeira galega civil

Coa volta da democracia, a Lei 5/1984 de 29 de maio de 1984 da Xunta de Galicia regulou a actual bandeira galega. Nela lexíslase que a bandeira de Galicia ha de ter unha lonxitude igual a tres medios do seu ancho. É branca, cunha banda azul celeste dun ancho equivalente á cuarta parte do da bandeira, que a atravesa dende a parte superior á hasta, cara á parte inferior ao batente. Esta versión, sen escudo, denomínase en vexiloloxía -a ciencia que estuda as bandeiras-, "Bandeira Civil", e pode ser utilizada polos cidadáns, pero non pola administración pública, que debe, obrigatoriamente, utilizar a "Bandeira Institucional", con escudo. Esta versión, con escudo, tamén pode ser utilizada pola poboación civil.

A representación moderna e oficial do escudo galego foi fixada no ano 1972 pola Real Academia Galega (RAG). A RAG propuxo á Xunta de Galicia conservar a memoria da bandeira galega antiga dentro da moderna. O resultado foi a superposición das armas ou escudo galego sobre a bandeira civil, formando o que en vexiloloxía se denomina "Bandeira Institucional". A bandeira "de estado", "institucional" ou "oficial" galega é a que debe figurar nos actos oficiais do goberno e institucións galegas.

"A bandeira de Galicia deberá levar cargado o escudo oficial cando ondee nos edificios públicos e nos actos oficiais da Comunidade Autónoma", Lei 5/1984 de Símbolos de Galicia, Artigo 2.2.

Diversas orixes

Bandeira de Galicia no Pazo de Raxoi
Bandeira de Galicia no Pazo de Raxoi.

A comezos do século XX foron moitos os intelectuais que tentaron atopar a orixe do deseño actual da bandeira galega, entre estes chegouse a presupoñer que a franxa azul representaba ao río Miño e de feito, isto motivaría durante un tempo o cambio de dirección da franxa que pasaría a ser desde a esquina superior dereita á inferior esquerda.

Tamén se chegaron a barallar outras teorías con gran divulgación, tal e como a que adxudicaba a orixe da bandeira a unha confusión coa baseada en que os emigrantes galegos terían pensado que a bandeira da provincia marítima da Coruña que ondeaba no porto e nos transatlánticos era de feito a bandeira de Galicia. Porén, a bandeira branca coa franxa azul xa fora empregada no traslado dos restos de Rosalía de Castro, celebrado os días 25, 26 e 27 de maio de 1891, e a comandancia da Coruña adoptaría a súa nova bandeira (tamén cunha franxa azul) non antes do 22 de xuño do mesmo ano[1].

Outras bandeiras e símbolos históricos

Bandeira galega nacionalista
Estreleira, bandeira nacionalista de esquerdas.
Bandeira Nunca M C3 A1is
Bandeira do movemento Nunca Máis.
  • A figura dun cáliz, copa ou relicario dourado é o símbolo histórico que máis longo tempo vén representando a Galiza como entidade xeográfica e política. Tres cálices dourados aparecen documentados por primeira vez como armas dos reis de Galyce no armorial Segar de Inglaterra do ano c.1282. A representación gráfica das armas do Reino de Galiza foi evolucionando continuamente a través dos séculos; do orixinario cáliz dourado evolucionou cara a unha copa dourada (armoriais Bergshammar, Suecia, 1436, e Gymnich, Flandres, 1445) cara ao século XV, ao que se lle sumaron un número dispar de cruces no século XVI. Xa no século XVII, no contexto da Contrarreforma, este pasou a ser representado como relicario; o orixinal campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal Graal en campo liso sen ningún engadido pasou a conter decoración diversa como anxos e un número variable de cruces, entre unha, seis, sete, ou en campo sementado. A estandarización gráfica moderna das armas ou escudo de Galiza foi establecida no ano 1972 pola Real Academia Galega.
  • No século XVIII, os buques do Reino de Galicia empregaban como pavillón nacional unha bandeira branca cun cáliz dourado e dous grupos de tres cruces vermellas cada un situados en ambas as dúas beiras[3], tal e como se recolle na obra Les pavillons, ou banniéres, que la plûpart des nations arborent en mer, publicada en Ámsterdan en 1718.
  • O nacionalismo de esquerdas adopta a estreleira (bandeira galega coa estrela vermella) como símbolo de liberación nacional e social. Este símbolo é o máis usado en manifestacións nacionalistas ou partidos de fútbol. É a bandeira da principal Central Sindical (CIG: Confederación Intersindical Galega) e dos partidos de esquerda nacionalista.
  • O deseño do escudo de Castelao co texto "Denantes mortos que escravos" (1937). Consistía na serea sostendo o escudo cunha fouce e unha estrela.[4]
  • Durante a marea negra do Prestige tamén se usou a bandeira galega, con fondo negro e co texto de Nunca Máis.
Bandeirareinogaliza

Bandeira do antigo Reino de Galicia

Bandeira do Reino de Galicia 1701

Bandeira do Reino de Galicia nun gravado de 1701[5]

Pavillón naval do Reino de Galiza (século XVIII)

Pavillón empregado polos buques de Galicia no século XVIII[6]

Notas

  1. 1,0 1,1 Xosé Ramón Barreiro Fernández, Ramón Villares, Xosé Luís Axeitos, Manuel Ferreiro, Fernando López-Acuña, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (2007). Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega, ed. "Os Símbolos de Galicia" (PDF). pp. 87–88. ISBN 978-84-96530-46-1.
  2. Parlamento de Galicia: os símbolos de Galicia
  3. Nicolaas Witsen, Cornelis van Eyk, Carel Allard (1718). chez David Mortier, Libraire, ed. "Des pavillons. Planche LVI.". Les pavillons, ou banniéres, que la plûpart des nations arborent en mer. Ámsterdan. p. 17.(en francés)
  4. "Non-nos quedaba máis que a fouce de ouro sobor dun fondo azul e a estrela vermella, como emblema do Traballo e da Liberdade. Ourelando o escudo cumpría deixar patente o martirio de Galiza. E a serea, que pertence á heráldica galega, como símbolo mariño que fale do engado atlántico, orixe das nosas aventuras" ("Os novos símbolos da Nova Galiza" en Nova Galiza (Barcelona), 6, 1 de xullo, px. 2).
  5. Denis Landry (5 de novembro de 1701). "La ceremonie du mariage du roy d'Espagne avec la Princesse Marie Louise Gabrielle de Savoye seconde fille du Duc de Savoye". Figueres, Cataluña.(en francés)
  6. Nicolaas Witsen, Cornelis van Eyk, Carel Allard (1718). chez David Mortier, Libraire, ed. "Pavillon de Galice". Les pavillons, ou banniéres, que la plûpart des nations arborent en mer. Ámsterdan. p. 56.(en francés)

Véxase tamén

Bibliografía

  • José Manuel Barbosa (2006): Bandeiras da Galiza. AGAL (2ª ed.: 2011, Atravês).

Outros artigos

Ligazóns externas

Anxo Guerreiro

Anxo Guerreiro Carreiras, chamado Geluco, nado en Xermade o 28 de agosto de 1945 e falecido o 18 de xullo de 2013 na Coruña, foi un político e xornalista galego.

Bandeira

Unha bandeira é unha peza de tea, normalmente rectangular, aínda que pode adoptar formas moi variadas, que se suxeita por un dos seus lados a unha hasta, ou se pendura dunha driza, e que se emprega para identificar unha persoa (guión, estandarte, bandeira persoal, bandeira de rango etc.), ou grupo de persoas (bandeira nacional, Nacións Unidas, a Unión Europea, a OTAN e a Cruz Vermella, por citar uns exemplos).

Tamén se emprega para transmitir sinais (como un semáforo), especialmente na navegación marítima. O estudo das bandeiras coñécese como vexiloloxía.

Bandeira de Escocia

A Bandeira de Escocia (en escocés: Banner o Scotland, en gaélico escocés: Bratach nàiseanta na h-Albaen, en inglés: Flag of Scotland), tamén coñecida como sautor (saltire) ou como Cruz de Santo André, está composta por unha aspa branca sobre fondo azul.

Deportivo da Coruña

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego masculino fundado no 1906 na cidade da Coruña. Na tempada 2018-2019 xoga na segunda división, logo de descender na tempada 2017-18. Con todo, xogou 25 das últimas 28 tempadas en primeira división, 20 delas consecutivas (1991-2011) e 16 delas entre os 10 primeiros clasificados.Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas copas do rei e tres Supercopas de España como máximos logros nacionais, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais.

En 2004, ocupou o 6º lugar na clasificación de clubs da UEFA.Logo de 46 temporadas en Primeira, o club ocupa o posto 12º na Clasificación histórica da primeira división española, sendo o segundo equipo galego neste ránking. A finais de 2003 o club tiña 287 agrupacións de afeccionados, pero na tempada 2011–12 en segunda división esa cifra de agrupacións baixou a 156.Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo.

Fillos de Breogán

A Coruña Gaelic Athletic Association ou A Coruña GAA, máis coñecido como Fillos de Breogán é un equipo de fútbol gaélico da cidade da Coruña. Fundado en 2010 por iniciativa de Wenceslao García (Wences), os Fillos de Breogán é o primeiro equipo de fútbol gaélico de Galiza e compite no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico e na Liga Galega de Fútbol Gaélico. Xoga os seus encontros no campo da Torre da cidade herculina.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Galicia (A Habana)

Galicia é o título dun semanario ilustrado que se publicou na Habana entre 1902 e 1930, baixo o subtítulo de Revista semanal ilustrada, se ben este subtítulo foi modificado en numerosas ocasións . En 1905 engadiu á cabeceira o lema: Autonomía regional. Fundouno o rexionalista Vicente López Veiga, natural de Moeche (A Coruña) quen foi o seu primeiro director ata o número 48 do segundo ano, para ser substituído por José Benito Cerdeira, que tamén figura como administrador a partir dese mesmo número. Constantino Horta Pardo foi o director de 1906 a 1908.

Galicia (Europa Central)

Galicia ou Galitzia (en alemán: Galizien, en polaco: Galicja, en ucraíno: Галичина Halychyna, en checo e eslovaco: Halič; en húngaro: Galícia / Kaliz / Gácsország / Halics; en romanés: Galiția / Halici; en ruso: Галиция / Галичина, Galitsiya / Galichina; en ruteno: Галичина, Halychyna; en yiddish: גאליציע Galitsie) é unha rexión histórica do leste de Europa, que antigamente foi un pequeno principado e cuxo territorio na actualidade se divide entre Polonia e Ucraína.

Hai unha considerable superposición entre Galicia e o suroeste de Rutenia, especialmente referida a unha rexión transfronteiriza centrada no óblast de Zakarpattia, a rexión transcarpática da Ucraína actual, que está habitada por diversas nacionalidades, incluíndo a minoría rusina. Neste sentido moderno, Rutenia esténdese á Ucraína occidental, sueste de Polonia e Eslovaquia

Galicia foi, durante moitos séculos, unha rexión tapón, unha zona de paso e un cruzamento de culturas, entre o imperio dos Habsburgo e o Imperio ruso, entre a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa. Por iso, a rexión posúe unha rica historia multicultural, marcada durante séculos por, entre outros, os xudeus e os armenios.

O século XX foi o máis tráxico dos períodos da historia de Galicia, teatro dos enfrontamentos durante a primeira guerra mundial e vítima das atrocidades cometidas polos nazis na segunda.

Lista de bandeiras

Esta é unha lista de bandeiras de Estados soberanos e territorios de ultramar, Comunidades autónomas españolas, Subdivisións do Reino Unido e bandeiras supraestatais

Os Pinos

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Presidencia da Xunta

A presidencia da Xunta é ostentada pola persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial galego, e de representar a Galicia no exterior. É elixida polo Parlamento de Galicia, entre os seus deputados (artigo 15.2, do Estatuto de Autonomía) escollidos á súa vez por sufraxio universal.

O goberno de Galicia foi establecido o 16 de marzo de 1978 e foi reforzado polo Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, ratificado o 28 de abril de 1981. O seu período de goberno é de catro anos, que poden ser renovables as veces que os galegos e as galegas queiran.

Dende 2009, a presidencia da Xunta de Galicia está rexida polo ourensán Alberto Núñez Feijóo.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Sautor

Sautor en vexiloloxía e heráldica é a peza dos escudos e bandeiras en forma de aspa, composta por unha banda e unha barra cruzadas. Denomínase comunmente Cruz de Santo André, xa que é unha cruz con dous ángulos agudos e dous ángulos obtusos que representa a cruz do martirio de Santo André Apóstolo, crucificado en Patras, capital da provincia de Acaia, en Grecia. Santo André foi amarrado a unha cruz a xeito de X e alí estivo a padecer por tres días, os que aproveitou para predicar e instruír no cristianismo aos que se achegaban.

A cruz de Santo André representa a humildade e o sufrimento e en heráldica simboliza o caudillo invicto en combate.

Unha variante da cruz de Santo André é a Cruz de Borgoña, de xeito que, hoxe en día moitas bandeiras americanas lembran no seu deseño a Cruz de Borgoña e o seu pasado español.

Aparece na bandeira naval de numerosas nacións. A franxa azul da bandeira de Galicia crese que podería ter orixe nunha variante da cruz de Santo André.

Selección de fútbol de Galicia

A selección de fútbol de Galicia é o equipo de fútbol formado por xogadores galegos, que representa á Federación Galega de Fútbol, independentemente de que participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola FIFA. Dado que este organismo non é membro da FIFA nin do COI, a selección absoluta galega non pode participar en torneos oficiais e só disputa partidos amigábeis a nivel internacional. Porén, en categorías inferiores participa nas competicións que organiza a Federación Española de Fútbol, e dende 1999 a Selección de Galicia de afeccionados disputa a Copa das Rexións da UEFA.

O equipo é coñecido familiarmente como «A Irmandiña», rememorando a historia da Galicia medieval, na cal se constituíron Irmandades para a defensa do pobo fronte os abusos dos señores.

Trofeo Emma Cuervo 2013

A 62º edición do Trofeo Emma Cuervo celebrouse en Ribadeo o 27 de xullo de 2013 a partido único entre o Club Deportivo Lugo e o Sporting de Gijón. O campión foi o Lugo. O torneo celebrouse poucos días despois do tráxico accidente ferroviario de Angrois, polo que ambos equipos vestiron durante o partido brazaletes negros, sendo precedidos ademais antes de entrar ao campo por uns nenos portando unha bandeira de Galicia cun crespón negro en sinal de loito.

Vexiloloxía

A vexiloloxía é o estudo das bandeiras, a súa forma, cor, creación, significado e simboloxía (integrándose así na semiótica), tipos de estandartes que amosa (escudos, iconas, mesturas) e uso (nacional, rexional, local, supranacional, civil, militar, institucional etc.).

Xosé Cuíña

Xosé Cuíña Crespo, nado en Prado (Lalín) o 25 de febreiro de 1950 e finado en Santiago de Compostela o 28 de decembro de 2007, foi un empresario e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.