Bandeira Azul

A Bandeira Azul é un distintivo que outorga anualmente a organización privada Fundación Europea de Educación Ambiental ás praias e portos que cumpren unha serie de condicións ambientais e instalacións.

Os criterios do programa da Bandeira Azul son os de promoción do desenvolvemento sostible en augas fluviais e mariñas. Esixe o cumprimento das autoridades locais das calidade de augas, xestión do ambiente, educación ambiental e seguridade da cidadanía.[1] A condición de Bandeira Azul concédeselle ás praias de máis de trinta países de Europa, e a Suráfrica, Nova Zelandia, Canadá e o mar Caribe.

No ano 2014, España tiña 561 bandeiras, Francia 363 e Grecia 360.

Blue Flag Logo

Praias galegas con Bandeira Azul

En 2015 había en Galiza 117 praias con Bandeira Azul (a Comunidade Valenciana tiña 121, Cataluña 89 e Andalucía 76).[2]

Provincia da Coruña

Praia de Riazor.A Coruña Galicia
Praia de Riazor.

49 bandeiras.

Provincia de Lugo

Praia das Catedrais-Xelo2004
Praia das Catedrais.

22 bandeiras.

Provincia de Pontevedra

Bandeira Azul, Praia de Santa Marta, Baiona
Bandeira azul ondeando en 2013 na Praia de Santa Marta, Baiona.

55 bandeiras.

Praia de Nerga
Praia de Nerga en 2012.
  • Cangas: Areabrava, Nerga, Menduiña, Melide, Areamilla, Liméns, Rodeira.
  • Bueu: Area de Bon, Portomaior, Lagos.
  • Marín: Aguete, Mogor, Portocelo.
  • Poio: Xiorto, Cabeceira.
  • Sanxenxo: Areas, Os Espiñeiro, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Major, Foxos, Areas Gordas, A Lapa, Pragueira, Baltar.
  • O Grove: A Lanzada, Rareiros (Paxareiro), Area dá Cruz, Area Grande, Area dás Pipas, Area de Reboredo.
  • Illa de Arousa: Area de Secada, Camaxe.

Notas

  1. "Blue flag criteria" (en inglés).
  2. "Mapa de bandeiras azuis no planeta" (en inglés).
  3. [1]
  4. [2]
  5. [3]
  6. [4]
  7. [5]

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Bandeira das Illas Virxes Británicas

A bandeira das Illas Virxes Británicas foi adoptada o 15 de novembro de 1960 consiste no deseño da coñecida como Blue Ensign, unha bandeira azul coa Union Jack no canto superior dereito, co escudo do territorio na parte esquerda.

A bandeira mercante é sobre fondo vermello e utilízana os navíos rexistrados nas Illas Virxes Británicas.

Bandeira de Liechtenstein

A bandeira de Liechtenstein (en alemán: Flagge Liechtensteins) consiste en dúas bandas horizontais de igual tamaño, sendo a superior azul e a inferior vermella, cunha coroa de duque dourada no lado do mastro da banda de arriba. As cores é probable que deriven das da familia real do Principado no século XVIII.

A bandeira azul e vermella de Liechtenstein data de 1921. A coroa foi engadida en 1937, despois de que se descubrise que a bandeira utilizada polo equipo olímpico nos Xogos de 1936 era idéntica á bandeira de Haití. O deseño da coroa foi lixeiramente modificado en 1982. A bandeira pode ser pendurada verticalmente ou horizontalmente, pero coa coroa sempre arriba á dereita.

Benidorm

Benidorm é un concello da provincia de Alacant (Comunidade Valenciana), situado na costa mediterránea, ao sueste da Península Ibérica. Está a 40 km da capital da provincia, Alacant.

Segundo datos de 2005, tiña 67.492 habitantes, aínda que se calcula unha poboación aproximada de 100.000 habitantes durante a meirande parte do ano debido ó gran número de estranxeiros non censados[Cómpre referencia]. Benidorm é unha cidade eminentemente turística grazas o seu clima e temperaturas medias, que varían ó longo do ano entre os 12 °C no inverno e os 28 °C ós que se chega no verán.

O atractivo de Benidorm baséase nas súas tres praias con bandeira azul. Estas tres praias son: Llevant, Ponent e El Mal Pas. Benidorm é tamén coñecida por ter un animado e variado ambiente nocturno.

Montalbo, Arra, Sanxenxo

Montalbo é un lugar da parroquia de Arra do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE en 2016 tiña 239 habitantes (113 mulleres e 126 homes), 22 máis ca en 2009 e 28 máis ca en 2004.

A praia de Montalbo, de 1000 m de lonxitude, ten a distinción de Bandeira Azul (2016).

Paxariñas, Adina, Sanxenxo

Paxariñas é un lugar da parroquia da Adina, Sanxenxo do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 61 habitantes en 2016 (30 mulleres e 31 homes), o que representa un notable aumento respecto ós anos 2009, cando tiña 43 habitantes, ou 2008, cando eran 42.

A praia de Paxariñas dispón de Bandeira Azul desde o 2007.

Praia América

Praia América é un lugar da parroquia de San Pedro, no concello de Nigrán, e tamén é o nome común que recibe a Praia de Area Loura, praia situada diante deste barrio. O nome orixinal da praia era Praia de Area Loura (nome que lle vén pola cor das súas areas), pero por mor de que a primeira "urbanización" do lugar, foi feita por indianos retornados da América, foi este último (Praia América), o nome que acadou máis popularidade.

Cunha extensión total de 1.700 metros, limita coa praia de Panxón (da que está separada polo río Muíños), río que tamén fai de estrema entre os lugares de Vilameán (Capital do concello de Nigrán) e Area (barrio que linda co de Praia América), das parroquias de Nigrán (San Fiz) e San Pedro respectivamente.

Segundo o IGE, no 2015 tiña 195 habitantes (107 homes e 88 mulleres).

Praia da Lanzada

A praia da Lanzada é un dos areais galegos máis coñecidos. Pertencente á parroquia San Vicente do Grove, está situada no tramo de costa entre os concellos de Sanxenxo e O Grove.

É unha praia aberta con máis de 2.700 m de lonxitude. Tivo concedida a Bandeira Azul pero, en 2017, o concello do Grove renunciou ás bandeiras azuis en todo o seu término, manténdose o galardón para o tramo de Sanxenxo.[Cómpre referencia] Dispón de multitude de servizos.

Nas proximidades atópanse a Torre da Lanzada, o Castro da Lanzada e a ermida da Nosa Señora da Lanzada, todos eles xa en terreos do concello de Sanxenxo.

Praia das Lapas

A praia das Lapas, praia da Lagoa ou praia do Areal é unha pequena praia urbana situada ó pé da Torre de Hércules, no concello da Coruña. Conta con duchas, aseos, aparcadoiro e, durante o verán, servizo de vixilancia, primeiros auxilios e xestión ambiental ISO 14001.

Ata aló chegan as liñas de autobuses urbanos 3, 3A e 5.

Antes da súa rexeneración empregábase como canteira para obter area fina.

Praia de Doniños

A praia de Doniños e súa lagoa son unha contorna natural case virxe do concello de Ferrol. A praia ten bandeira azul e tódolos equipamentos. A zona vixiada son os dous extremos da praia sendo perigosa polas correntes nas zonas indicadas. Está moi ben comunicada e ten amplos aparcamentos. A contorna está moi ben coidada. É con diferenza a praia máis coñecida de Ferrol. O seu amplo e limpo areal é empregado para todo tipo de deportes náuticos. Preto dela está un amplo pinar de monte común e o castro de Lobadiz. Accedese á praia polos dous extremos e pola parte central por camiños peonís sinalizados.

Praia de Patos

A praia de Patos é un areal situado na parroquia de Panxón, no concello de Nigrán, no Val Miñor.

Sitúase entre a península de Monteferro e a praia do Caranquexo, tamén coñecida como praia das Canas. Esta praia é moi frecuentada por afeccionados e seguidores do mundo do surf, grazas ás súas ondas provocadas pola súa orientación cara a mar aberto.

No ano 2014 tiña Bandeira Azul.

Praia de Perbes

A praia de Perbes é un areal da ría de Betanzos, pertencente ao concello de Miño. A praia ten Bandeira Azul. Hai un camping na zona.

Praia de Riazor

A praia de Riazor é unha praia urbana da cidade da Coruña. Conta coa distinción de Bandeira Azul, como tamén a súa continuación cara ao nordés, a praia do Orzán.

Praia de San Amaro

A praia de San Amaro é unha praia urbana da Coruña de area branca e fina. Dispón de aseos públicos, duchas, vixilancia, salvamento, socorrismo e primeiros auxilios. Chegan ata ela as liñas de autobús 3A e 5.

En 1935 creouse xunto á praia o Club del Mar de San Amaro, que coa construción do dique de abrigo se trasladou ao lugar onde estaban as ruínas do castelo de Santo Amaro.

Praia de Santa Cristina

A praia de Santa Cristina, en Perillo, é unha praia urbana moi coñecida e concorrida durante os meses de verán. É a praia de maior lonxitude de todo o concello de Oleiros. De area fina e dourada, emprégase para actividades de lecer, pesca artesanal e marisqueo, como deportivas, windsurf ou kitesurf e ata concertos.

O paseo marítimo e a zona próxima á praia é un lugar de locais hostalaría.

Praia do Matadoiro

A praia do Matadoiro, antigamente chamada Berbiriana ou Birbiriana, é unha pequena praia urbana da Coruña situada ó norte da praia do Orzán. Dispón de aseos, duchas, aparcadoiro, servizo de vixilancia, socorrismo e primeiros auxilios.

É habitual a práctica do surf, bodyboard e longboard cando as condicións meteorolóxicas son as adecuadas, marea baixa e vento do suroeste ou nordés. Celébrase un campionato anual de longboard, o Matadero Longboard Festival, de participación nacional e internacional.

Nesta praia está prohibida a entrada de animais.

Praia do Orzán

A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.

Praia do Vao

A praia do Vao é un areal vigués, situado na parroquia de Coruxo, no concello de Vigo, pertencente á provincia de Pontevedra. A praia é unha das de maior sona da cidade despois da de Samil, conta cun paseo que atrae a numerosos turistas. Chégase a través da estrada de Coruxo a Canido. Salienta a súa area branca e moi fina, e por estar unida á illa de Toralla pola ponte do mesmo nome. Nun dos laterais do areal atópase o eido-arboredo Mirambell, onde hai unha escavación-museo (Vila romana de Toralla).

O areal áchase entre as praias de Canido e a caliña nudista de Breadouro ou do Baluarte.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Seixo, Marín

Nosa Señora do Carme de Seixo (do latín saxum, que significa 'rocha, pedra') é unha parroquia do concello de Marín, creada en 1955 segregándose da de Piñeiro. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.050 habitantes (1.027 homes e 1.023 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.219 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 1.967 habitantes, sendo 996 homes e 971 mulleres.

Nela están zonas emblemáticas como Aguete ou A Brea. Ten dous areais: a praia de Aguete e a praia de Loira. No ano 2010 a primeira tiña Bandeira Azul.

Desta parroquia era o artista John Balan, e nela o corsario Juan Antonio Gago de Mendoza construíu o pazo de Chirleu, preto do actual porto deportivo de Aguete.

Ademais do templo católico, hai unha igrexa evanxélica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.