Banda Municipal de Carballo

A Banda municipal de Carballo é un conxunto musical da vila de Carballo fundado en 1984.[1] Conta con máis de cincuenta membros, e ensaian no Pazo da Cultura de Carballo. Estivo dirixida por José Barros Sada até 1996 e por Vicente Pérez Planells até a súa xubilación en 2015[2].

Dende a súa creación realizou actuacións por toda Galicia e gravacións para a Radio Galega. En 1999 gravou un disco con temas e estilos moi diversos e no 2000 gañou o concurso de xoves intérpretes da Xunta de Galicia, cun concerto que se recolle nun disco editado pola propia Xunta.[1]

Banda Municipal de Carballo
PaísGalicia Galicia
CidadeCarballo
Anos de actividade1984
Tipo de formaciónBanda de música
Membros actuaisRafael Espido Lata
Circunstancias de creación
1984
Efectivo~20 músicos

Directores

  • Vicente Pérez Planells (1984-1986)[1]
  • José Barros Sada (1986-1996)[1]
  • Vicente Pérez Planells (1996-2016)[1]
  • Rafael Espido Lata (2017-)[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Banda Municipal de Música". Concello de Carballo. Consultado o 12 de xullo de 2019.
  2. "La Banda Municipal de Carballo animó el inicio de las fiestas". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2015-12-06.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.