Banco Pastor

O Banco Pastor é un histórico banco galego fundado en 1776, que forma parte desde 2012 como filial do Banco Popular Español. Trátase do segundo banco máis antigo de España, despois do Banco Etcheverría. Opera en Galicia e a súa sede social está na Coruña.

Banco Pastor
Logo pastor168x78.gif;pv91c0cc0e0080a771
A Coruña - Banco Pastor 3
TipoSociedade Anónima
Fundación1776
2012 (Banco Popular Pastor)
MatrizBanco Popular Español
LocalizaciónRúa Cantón Pequeno, 1 15003 A Coruña Galicia Galiza
FundadorJaime Dalmau Batista
Persoas claveJosé María Arias Mosquera (presidente)
IndustriaBanca
Páxina webbancopastor.es

Historia

Empezou a súa actividade financeira en 1776 co nome de Jaime Dalmau y Cía. O seu fundador foi Jaime Dalmau Batista, que ata entón xestionara o tráfico de mercancías e pasaxeiros entre o porto da Coruña e varios portos americanos a través da súa navieira. Os emigrantes tiñan por costume enviar os seus aforros a través da compañía navieira e así naceu a idea de crear o banco, que empezou a xestionar todo ese capital.

En 1819 entrou José Pastor Taxonera como novo socio da compañía. Pronto se converteu no buque insignia da compañía e levou todo o peso dos negocios. En 1826 a compañía pasou a chamarse "Dalmau y Pastor".

En 1845 José Pastor Taxonera comprou a compañía, pasando esta a chamarse "José Pastor". Tralo falecemento de José Pastor en 1853 a compañía pasou a chamarse "Pastor Hermanos", tras facerse cargo dela o seu fillo, Juan Ventura Pastor Galcerán, e os medio irmáns deste, José Pastor Horta e Francisco Pastor Horta) en 1860.

Banco Pastor BCN
Banco Pastor en Barcelona.

En 1868 a compañía pasou a chamarse "José Pastor y Cía." ó quedar como único socio vivo José Pastor Horta. Con el traballaba o seu sobriño, Pedro Barrié Pastor, que se incorporou como socio.

En 1877 faleceu José Pastor Horta, quedando a compañía en mans do seu herdeiro universal: Pedro Barrié Pastor, que mantivo o nome da compañía. En 1888 entrou a colaborar na compañía Ricardo Rodríguez Pastor, pasando a chamarse "Sobrinos de José Pastor".[1] En 1915 Pedro Barrié de la Maza incorporouse como socio ó regresar da súa formación financeira en Alemaña, Gran Bretaña e Francia.

Pastorvigo
Edificio Banco de Vigo, principal sucursal do banco en Vigo.

En 1925 a compañía transformouse en Sociedade Anónima e o nome cambiouse a Banco Pastor.[1]

A finais de 1939, coa morte de Rodríguez Pastor, Pedro Barrié de la Maza fíxose co control do banco. Baixo a súa dirección, o Banco Pastor realizou numerosos investimentos, converténdose no grande impulsor do tecido empresarial de Galiza. Eses investimentos tomaron carácter estatal, e o Banco chegou a contar con participacións en empresas como ASTANO, Renfe e Fenosa, fundada en 1943 polo propio Barrié de la Maza.[1]

En 1966 Barrié de la Maza creou a fundación que leva o seu nome. Esta fundación ten como obxectivo seguir impulsando o desenvolvemento cultural e económico de Galiza, sendo na actualidade propietaria do 40% do capital do Banco Pastor.

En 1968 instaláronse nas oficinas do banco as primeiras computadoras de Bull, (dúas GE415). En 1969 a fundación financiou un computador IBM 1130 para a universidade de Santiago.

Tras falecer Pedro Barrié de la Maza en 1971, a súa viúva, Carmela Arias y Díaz de Rábago foi nomeada presidenta do Banco, sendo a primeira muller en presidir un Banco en España. Abandonou dito posto en 2001 por razóns de idade.

A presidencia foi entón asumida polo seu sobriño, José María Arias Mosquera, que tamén é vicepresidente da Fundación Barrié. José María Arias iniciou en 2001 unha forte reestruturación de todo o banco que aínda segue en marcha. A reestruturación iniciouse co lanzamento dun primeiro plan estratéxico de 2002 a 2005, cumprido con varios meses de antelación. A finais de 2005 presentouse o novo plan estratéxico, Plan Delta, que durará ata decembro de 2008. O obxectivo final destes plans é triplicar o tamaño do banco. Ata a data a marcha do banco demostra o éxito destes plans, pois o valor do Banco en Bolsa pasou dos 700 millóns de euros en 2001, a máis de 3 500 millóns en 2006.

En 2011 a crise financeira afecta plenamente o banco, que suspende os test de estrés europeos. A finais de setembro nomea a Susana Quintás para o posto de directora xeral da entidade, de nova creación, e só uns días despois anúnciase a venda do 100% das accións da entidade ao Banco Popular, que pasa a converterse no propietario da entidade galega. No acordo de compra sinálase que a marca Banco Pastor se manterá en Galicia.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Bello, José M.ª; et al. (1995). Historia de La Coruña (en castelán). Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-17-X.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antonio Tenreiro Rodríguez

Antonio Tenreiro Rodríguez, nado na Coruña o 5 de xaneiro de 1893 e finado o 31 de maio de 1972, foi un dos principais arquitectos galegos do século XX. O seu estilo comezou no eclecticismo para logo evolucionar cara á art déco e ao racionalismo.

A súa obra máis coñecida é a sede do Banco Pastor da Coruña.

Carmela Arias

Carmela Arias Díaz de Rábago, nada na Coruña o 20 de febreiro de 1920 e falecida na mesma cidade o 27 de outubro de 2009, foi unha empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié de la Maza.

Casa Barrié

A casa Barrié é un edificio de vivendas de 1926 deseñado polos arquitectos Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés no Ensanche da Coruña.

Convento de San Domingos da Coruña

O convento de San Domingos é un convento da Orde dos Predicadores situado na cidade vella da Coruña.

Edificio Banco de Vigo

O Edificio do Banco de Vigo, hoxe Edificio do Banco Pastor é unha construción monumental de 1923 deseñada polo arquitecto Manuel Gómez Román nunha das esquinas máis céntricas da cidade de Vigo, facendo chafrán entre a rúa Policarpo Sanz e Colón. Hoxe é a sede do Banco Pastor e da Fundación Pedro Barrié de la Maza. É un dos edificios máis emblemáticos da cidade.

Edificio do Banco Pastor da Coruña

O Edificio do Banco Pastor é unha construción monumental de 1925 deseñada polos arquitectos Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés no Cantón Pequeno da Coruña para sede do Banco Pastor. Foi o edificio máis alto de España ata a construción da sede de Telefónica na Gran Vía de Madrid en 1929.

Emesa

Emesa (Elaborados Metálicos SA) é unha empresa galega do sector do metal. A empresa foi fundada na Coruña, no polígono da Grela, en 1958. Chegou a ter máis de mil traballadores. Foi mercada polo Banco Pastor en 1966. En 1999 a empresa pasou ao control de Isolux adicándose principalmente ao sector eólico. Transladou a súa produción a Coirós.

Fenosa

Fuerzas Eléctricas del Noroeste, S.A., (en galego Forzas Eléctricas do Noroeste), máis coñecida polas súas siglas en español Fenosa, foi fundada na Coruña en 1943 polo empresario Pedro Barrié de la Maza, co obxectivo de reunir as compañías do sector que posuía a través de varias sociedades: algunhas xestionadas polo Banco Pastor (que era da súa propiedade), como Sociedad General Gallega de Electricidad (que xestionaba a expropiada Electra Popular Coruñesa); e outras baixo o seu mando directo, como Fábrica de Gas y Electricidad.A fidelidade do fundador ao réxime de Franco foi premiado polo xeneral Franco a Barrie, que foi nomeado en 1955 Conde de Fenosa, o único caso dun título dado para homenaxear un empresario.Concedido o monopolio polo réxime, permitiu o desenvolvemento da empresa en todo o país ao longo de 1960 e 1970, culminando na súa fusión coa Unión Eléctrica Madrileña en 1983 para formar a poderosa Unión Eléctrica Fenosa.

Fundación Barrié

A Fundación Pedro Barrié de la Maza é unha fundación patrimonial privada, coa finalidade de promover o desenvolvemento e a cultura en Galicia.

La Toja

La Toja é unha marca de produtos de cosmética e beleza de orixe galega fundada en 1907. A marca foi vendida polo Banco Pastor en 1986. En 1992 Henkel comprou a marca La Toja a Nobel Consumer Goods.

Os Cantóns

Os Cantóns é o nome que recibe popularmente unha das principais avenidas da cidade da Coruña, formada por dous tramos diferenciados no nomenclátor oficial: o Cantón Grande e o Cantón Pequeno. Está situada no barrio da Pescadería; o Cantón Grande comeza no cruzamento da rúa Real coa Rúa Nova e a Avenida da Mariña e vai ata a rúa Santa Catarina, onde pasa a se denominar Cantón Pequeno ata chegar á praza de Mina, punto de confluencia entre as rúas Juana de Vega e Sánchez Bregua, continuación natural esta última da avenida que conforman os dous Cantóns. Durante todo este percorrido os Cantóns están delimitados en todo momento na súa beira sur polos Xardíns de Méndez Núñez.

Pedro Barrié de la Maza

Pedro Barrié de la Maza, conde de Fenosa, nado na Coruña o 17 de decembro de 1888 e falecido na mesma cidade o 14 de marzo de 1971, foi un empresario galego.

Peregrín Estellés

Peregrín Estellés y Estellés, nado en Valencia en 1891 e finado en Madrid en 1981 foi un arquitecto español.

Praia de Riazor

A praia de Riazor é unha praia urbana da cidade da Coruña. Conta coa distinción de Bandeira Azul, como tamén a súa continuación cara ao nordés, a praia do Orzán.

Praia do Orzán

A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.

Praza das Bárbaras

A praza das Bárbaras é unha praciña situada na Cidade Vella da Coruña na que se atopa un convento das clarisas. Confórmana dous muros exteriores do convento das Madres Clarisas, está adornada con acacias e conta cun cruceiro no centro. Foi declarada conxunto histórico-artístico o 11 de marzo de 1971.

Ramón Vázquez Molezún

Ramón Vázquez Molezún, nado na Coruña o 2 de setembro de 1922 e finado en Madrid o 1 de outubro de 1993, foi un arquitecto galego.

Susana Quintás

Susana Teresa Quintás Veloso, nada en 1968, é unha economista e empresaria galega, na actualidade directora xeral de Banco Pastor.

Xosé María Arias

Xosé María Arias Mosquera, nado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1953, é un avogado, empresario e banqueiro galego, presidente do Banco Pastor e conde de Fenosa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.