Banco Mundial

O Banco Mundial é unha institución financeira internacional que proporciona préstamos[1] aos países en vías de desenvolvemento para os programas de capital. Componse de dúas institucións: o Banco Internacional para a Reconstrución e o Desenvolvemento (BIRD) e a Asociación Internacional para o Desenvolvemento (AID). O Banco Mundial é un compoñente do Grupo do Banco Mundial, e membro do Grupo para o Desenvolvemento das Nacións Unidas.

O Banco Mundial traballa con outra entidade, o Fondo Monetario Internacional (FMI), o cal dá financiamento para alixeirar os problemas na balanza dos pagos da débeda. Ambos son coñecidos como "Institucións de Bretton Woods", posto que a conferencia internacional que levou á creación destas institucións e onde se asinaron os Acordos de Bretton Woods levouse a cabo no pobo homónimo, Bretton Woods, parte do municipio de Carroll, no estado de Nova Hampshire (Estados Unidos de América), do 1 ao 22 de xullo de 1944.

O obxectivo oficial do Banco Mundial é a redución da pobreza. De acordo co seu Convenio constitutivo, todas as súas decisións teñen que ser guiadas por un compromiso coa promoción da investimento estranxeiro e o comercio internacional e a facilitación do investimento de capital.[2][3]

World Bank building at Washington
Sede do Banco Mundial en Washington.

Historia

WhiteandKeynes
John Maynard Keynes (dereita) e Harry Dexter White, os "pais fundadores" do Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional (FMI).[4]

O Banco Mundial foi creado en 1944 na Conferencia de Bretton Woods, xunto con outras tres institucións, incluíndo o Fondo Monetario Internacional (FMI). O Banco Mundial e o FMI teñen os dous a súa sede en Washington DC, e traballan estreitamente entre eles. Non foi ata a ratificación internacional dos Acordos de Bretton Woods o 27 de decembro de 1945 que non empezou a funcionar formalmente.

The Gold Room - Bretton Woods Mount Washington Hotel
A Sala de Ouro no Hotel Mount Washington onde o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial foron creados.

A pesar de que moitos países estiveron representados na Conferencia de Bretton Woods, os Estados Unidos e Reino Unido eran os máis destacados en presenza e dominaron as negociacións.[5]:52-54

1944-1969

Antes de 1969, a reconstrución e os préstamos ao desenvolvemento proporcionados polo Banco Mundial eran relativamente pequenos. O persoal do Banco era consciente da necesidade de xerar confianza no banco. Gobernaba un conservadurismo fiscal, e as peticións de préstamos seguían criterios estritos.[6]:56-60

O primeiro país en recibir un préstamo do Banco Mundial foi Francia. O presidente do Banco da época, John McCloy, escolleu Francia por riba dos outros solicitantes: Polonia e Chile. O préstamo era de 250 millóns de dólares, a metade da cantidade pedida, e estaba acompañado de condicións moi estritas. Francia aceptou para conseguir un orzamento equilibrado e tivo que priorizar o reembolso desta débeda diante dos outros gobernos. O Banco Mundial controlou de preto o uso dos fondos para asegurar que o goberno francés cumpría as condicións. Ademais, antes de aprobar o préstamo, o departamento de estado dos Estados Unidos esixiu ao goberno francés que terían que ser apartados aqueles membros asociados ao Partido Comunista. O goberno francés cumpriu a esixencia e sacou o partido comunista do goberno de coalición. O préstamo a Francia foi aprobado en cuestión de horas.[7]:288, 290-291

Cando se despregou o Plan Marshall en 1947, moitos dos países europeos empezaron a recibir axudas doutras fontes. Enfrontado con esta competencia, o Banco Mundial cambiou o seu foco a países extraeuropeos. Ata que en 1968, os seus préstamos foron consignados para a construción de infraestruturas que produzan ingresos, como portos, redes de autoestrada, e plantas de enerxía, que xerarían suficientes ingresos para habilitar ao país a devolver o préstamo.

1968-1980

De 1968 a 1980, o banco concentrouse en satisfacer as necesidades básicas das persoas no mundo en desenvolvemento. A media e o número de préstamos a prestatarios incrementouse en gran medida como préstamos orientados a ampliar as infraestruturas dos servizos sociais e outros sectores.[8]

Estes cambios hai que atribuílos a Robert McNamara, quen foi designado como presidente en 1968 por Lyndon B. Johnson.[6]:60-63 McNamara pediu ao tesoureiro do banco, Eugene Rotberg, buscar novas fontes de capital máis aló dos bancos norteños que foran as fontes primarias habituais. Rotberg utilizou o mercado de bonos global para aumentar o capital dispoñible do banco.[9] Unha consecuencia deste período de atenuación da pobreza foi un aumento rápido da débeda do terceiro mundo. De 1976 a 1980 a débeda mundial do mundo en desenvolvemento aumentou a un índice anual medio do 20%.[10][11]

En 1980, o Tribunal administrativo do Banco Mundial creouse para decidir nas disputas entre o Grupo Banco Mundial e o seu persoal nas alegacións de incumprimento de contratos de ocupación ou dos termos dos acordos.[12]

1980-1989

En 1980, McNamara foi sucedido por Alden W. Clausen candidato do presidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter. Substituíu moitos membros do equipo de McNamara e instituíu un novo enfoque ideolóxico. A súa decisión de 1982 de substituír o economista principal do banco, Hollis B. Chenery, por Anne Krueger era unha indicación deste novo enfoque. Krueger destacouse pola súa crítica sobre o financiamento ao desenvolvemento e por describir os gobernos do Terceiro Mundo como "estados buscadores de rendas".

Durante os anos 1980, o banco fixo fincapé nos préstamos para pagar a débeda do Terceiro Mundo, e as políticas de axuste estrutural deseñadas para optimizar as economías das nacións en desenvolvemento. A finais da década de 1980, UNICEF informou que os programas de axustamento estruturais do Banco Mundial foran responsables da "diminución da saúde, dos niveis nutritivos e educativos de decenas de millóns de nenos de Asia, Latinoamérica, e África".[13]

1989-presente

A comezos de 1989, en resposta á dura crítica de moitos grupos, o banco empezou a incluír grupos ambientais e ONGs nos seus préstamos para mitigar os anteriores efectos das súas políticas de desenvolvemento.[6]:93-97 Tamén creou unha axencia para desenvolver, de acordo co Protocolo de Montreal, as medidas de protección da capa de ozono e da atmosfera terrestre reducindo nun 95% o uso de sustancias químicas que esgotan o ozono, co 2015 como data obxectivo. Desde entón, de acordo cos seus coñecidos como "Seis Temas Estratéxicos", o banco aplicou varias políticas adicionais para conservar a contorna á vez que se promove o desenvolvemento. Por exemplo, en 1991, o banco anunciou que para protexer contra a deforestación, especialmente da Amazonia, non financiaría ningún desenvolvemento comercial ou proxecto de infraestrutura que botara a perder o medio ambiente.

Para promover bens públicos globais, o Banco Mundial tenta controlar as enfermidades contaxiosas como a malaria, repartindo vacinas en varias partes do planeta e unindo forzas para combatelas. En 2000, o banco anunciou unha "guerra á SIDA", e o 2011, o Banco uniuse á Sociedade para Parar a Tuberculose.[14]

Nesta liña, en 2010 levou un proxecto ás Seychelles para promover o turismo local chamado MAGIC. Este foi continuado polo proxecto TIME, lanzado en 2012.

Tradicionalmente, e por un acordo tácito entre Estados Unidos e Europa, o presidente do Banco Mundial sempre foi seleccionado entre os candidatos dos Estados Unidos.

O 23 de marzo de 2012, o presidente da EE.UU. Barack Obama anunciou que os Estados Unidos nomearían a Jim Yong Kim como presidente do Banco.[15] Jim Yong Kim foi elixido o 27 de abril de 2012.

Grupo Banco Mundial

Poder de voto no BM
País Porcentaxe
Estados Unidos 16,39 %
Xapón 7,86 %
Alemaña 4,49 %
Francia 4,30 %
Reino Unido 4,30 %
Outros 62,66 %

As cinco institucións están estreitamente relacionadas e funcionan baixo unha única presidencia. Son:

  • O Banco Internacional de Reconstrución e Fomento (BIRF, 184 países membros), creado en 1945.

O BIRF proporciona préstamos e asistencia para o desenvolvemento a países de rendas medias con bos antecedentes de crédito. O poder de voto de cada país membro está vinculado ás súas subscricións de capital, que a súa vez están baseadas no poder económico relativo de cada país. O BIRF recolle gran parte dos seus fondos a través da venda de títulos nos mercados internacionais de capital. Xuntos, o BIRF e a AIF forman o Banco Mundial.

  • A Asociación Internacional de Fomento (AIF, 164 países membros), creado en 1960.

Desempeña un papel importante na misión do Banco que é a redución da pobreza. A asistencia da AIF concentrase nos países máis pobres, aos cales proporciona préstamos sen xuros e outros servizos. A AIF depende das contribucións dos seus países membros máis ricos - incluso algúns países en desenvolvemento - para recadar a maior parte dos seus recursos financeiros.

  • A Corporación Financeira Internacional (CFI, 178 países membros), creada en 1956.

A CFI promove o crecemento no mundo en desenvolvemento mediante o financiamento de investimentos do sector privado e a prestación de asistencia técnica e de asesoramento aos gobernos e empresas.

  • O Organismo Multilateral de Garantía de Investimentos (OMGI, 162 países membros), creado en 1988.

OMGI axuda a estimular investimentos estranxeiros nos países en desenvolvemento por medio de garantías a investidores estranxeiros contra prexuízos causados por riscos non comerciais. A OMGI tamén proporciona asistencia técnica para axudar aos países a divulgar informacións sobre oportunidades de investimento.

  • O Centro Internacional de Arbitraxe de Diferenzas Relativas a Investimentos (CIADI, 134 países membros), creado en 1966.

O CIADI proporciona instalacións para a resolución- mediante conciliación ou arbitraxe - de disputas referentes a investimentos entre investidores estranxeiros e os seus países anfitrións.

Presidencia

O presidente do Banco Mundial foi tradicionalmente un cidadán estadounidense, até que en 2008 accedeu ao cargo o surcoreano Jim Yong Kim.

  • Eugene Meyer (xuño 1946 - decembro 1946)
  • John J. McCloy (marzo 1947 - xuño 1949)
  • George D. Woods (xaneiro 1963 - marzo 1968)
  • Robert McNamara (abril 1968 - xuño 1981)
  • Alden W. Clausen (xullo 1981 - xuño 1986)
  • Barber B. Conable (xullo 1986 - agosto 1991)
  • Lewis T. Preston (setembro 1991 - maio 1995)
  • James Wolfensohn (xuño 1995 - 31 de maio 2005)
  • Paul Wolfowitz (1 de xuño de 2005 - 2007)
  • Robert Zoellick (2007 - 2008)
  • Jim Yong Kim (2008 -)

Tipos de préstamo

Por medio dos seus diferentes organismos, descritos anteriormente, o BM xestiona cinco tipos diferentes de préstamos, controlando aspectos de investimentos, desenvolvemento institucional e políticas públicas de aproximadamente 150 nacións.

1) Préstamos para proxectos: este tipo de préstamos outórgase para desenvolver un proxecto específico como estradas, proxectos pesqueiros, infraestrutura en xeral.

2) Préstamos sectoriais, vía BIRF e AIF: estes préstamos gobernan todo un sector da economía dun país, é dicir, enerxía, agricultura, etcétera. Estes comportan condicións que determinan as políticas e prioridades nacionais para este sector.

3) Préstamos Institucionais: estes serven para a reorganización de institucións gobernamentais co fin de orientar as súas políticas cara ao libre comercio e obter o acceso sen restricións, das empresas transnacionales (ETN), aos mercados e rexións. Doutra banda serven para cambiar as estruturas gobernamentais sen aprobación parlamentaria, baixo as directrices do Banco.

4) Préstamos de axuste estrutural: este tipo de préstamos foron creados teoricamente para aliviar a crise da débeda externa co fin de converter os recursos económicos nacionais en produción para a exportación e fomentar a entrada das empresas transnacionais en economías restrinxidas. Os países do sur experimentaron estes axustes e as consecuentes medidas de austeridade.

5) Préstamos a fondo Perdido: este tipo de préstamos foron creados como maneira de cambio monetario sen retorno, o prestamista non recibe de novo este diñeiro prestado.

No ano 1993 o BIRF marcaba como os seus maiores prestatarios por orde descendente a: México, India, Brasil, Indonesia, Turquía, China, Filipinas, Arxentina, Corea, Colombia, Marrocos e Nixeria. Os préstamos do BIRF negócianse de forma individual, inclúen un período de cinco anos sen necesidade de amortización; despois os gobernos prestatarios dispoñen dun prazo de 15 a 20 anos para amortizar a débeda aos tipos de xuro do mercado. O Banco nunca reestrutura a débeda nin cancela un préstamo. Pola súa influencia en fontes públicas e privadas o Banco figura entre os primeiros lugares de acredores dos seus clientes.

Críticas

Worldbank protest jakarta
Protesta contra o Banco Mundial en Iacarta.

O Banco Mundial sempre foi criticado por organizacións non gobernamentais, por exemplo o grupo de dereitos dos indíxenas Survival International e académicos, incluído os seus ex economistas en xefe Joseph Stiglitz, Henry Hazlitt e Ludwig Von Mises.[16][17][18] Henry Hazlitt argumentou que o Banco Mundial, xunto co sistema monetario, foi deseñado (cando eles o defenderon) para promover unha inflación mundial contida e "un mundo no cal o comercio internacional fose rexido polo estado".[19] Stiglitz sostivo que as chamadas políticas de reforma do mercado libre que defendía o Banco a miúdo eran prexudiciais para o desenvolvemento económico se se aplicaban mal, demasiado rápido ("terapia de choque"), nunha secuencia equivocada ou en economías competitivas débiles.[17][20]

Unha das críticas máis fortes ao Banco Mundial foi a forma en que se rexe. Aínda que o Banco Mundial representa 188 países, está dirixido por un pequeno número de países economicamente poderosos. Estes países (que tamén proporcionan a maior parte do financiamento da institución) elixen a presidencia e a alta dirección do Banco Mundial, así os seus intereses dominan o banco.[21]:190 Titus Alexander sostén que o poder de voto desigual dos países occidentais e do Banco Mundial, respecto dos países en desenvolvemento, fai que o seu papel sexa similar ao do Banco Surafricano polo Desenvolvemento baixo o apartheid, e por tanto un dos alicerces do apartheid global.[22]:133-141

Na década de 1990, o Banco Mundial e o FMI forxaron o Consenso de Washington, unhas políticas que incluíron a desregulación e a liberalización dos mercados, a privatización e a redución do poder dos gobernos. A pesar de que o Consenso de Washington foi concibido como unha política para promover un mellor desenvolvemento, foi criticado por ignorar a equidade, a ocupación e como se levaron a cabo reformas como a privatización. Joseph Stiglitz argumenta que o Consenso de Washington puxo demasiada énfase no crecemento do PIB, e non bastante na permanencia do crecemento ou de se o crecemento contribuía a elevar o nivel de vida.[18]:17

O Comité do Senado dos Estados Unidos de Relacións Exteriores elaborou un informe crítico co Banco Mundial e outras institucións financeiras internacionais por centrarse demasiado "na emisión de préstamos en lugar de no logro de resultados concretos de desenvolvemento dentro dun período definido", e pediu á institución "fortalecer os esforzos contra a corrupción".[23]

As críticas ao Banco Mundial a miúdo toman a forma de protestas como en acontecementos recentes: as Protestas de Oslo do 2002 ao Banco Mundial,[24] a Rebelión de Outubro[25] e a Batalla de Seattle. Estas manifestacións producíronse en todo o mundo, mesmo entre o pobo brasileiro kayapó.[26]

Outra fonte de crítica foi a tradición de ter un presidente norteamericano. Implementouse debido ao feito de que os Estados Unidos proporcionan a maior parte do financiamento do Banco Mundial. "Cando os economistas do Banco Mundial visitan os países pobres para dispensar axuda monetaria e consellos", observou The Economist en 2012, "din rutineiramente aos gobernos que teñen que rexeitar o amiguismo e que o mellor candidato dispoñible ocupe cada traballo importante. É un bo consello. O Banco Mundial teríao que aplicar."[27]

Notas

  1. World Bank, ed. (14 outubro 2008). "About Us" (en inglés). Consultado o 9 novembro 2008.
  2. Articles of Agreement: as amended effective 16 February 1989.
  3. World Bank, ed. (29 xuño 2011). "About Us" (en inglés). Consultado o 14 agosto 2011.
  4. International Monetary Fund (ed.). "The Founding Fathers". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2017. Consultado o 11 agosto 2012.
  5. Goldman, Michael (2005). Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 978-0-30-011974-9.
  6. 6,0 6,1 6,2 Goldman, Michael (2005). Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 978-0-30-011974-9.
  7. Bird, Kai (1992). The Chairman: John J. McCloy, the Making of the American Establishment. Nova York, NY: Simon & Schuster. ISBN 978-0-67-145415-9.
  8. World Bank. World Bank Group, ed. "World Bank Historical Chronology: 1970-1979". Consultado o 31 maio 2012.[Ligazón morta]
  9. Rotberg, Eugene (1994). Bretton Woods Commission, ed. "Financial Operations of the World Bank". Bretton Woods: looking to the future: commission report, staff review, background papers (Washington, D.C.). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2017.
  10. Mosley, Paul; Harrigan, Jane; Toye, John (1995). Aid and Power: The World Bank and Policy Based Lending, 2nd Edition 1. Abington, UK: Routledge. ISBN 978-0-415-13209-1.
  11. Toussaint, Eric (1999). Your Money or Your Life!: The Tyranny of Global Finance. Londres, UK: Pluto Press. ISBN 978-0-74-531412-9.
  12. World Bank. World Bank Group, ed. "World Bank Administrative Tribunal". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2011. Consultado o 14 agosto 2011.
  13. Cornia, Giovanni Andrea; Jolly, Richard; Stewart, Frances, eds. (1987). Adjustment with a Human Face: Protecting the Vulnerable and Promoting Growth. Nova York, NY: Oxford University Press USA. ISBN 978-0-19-828609-7.
  14. World Bank. World Bank Group, ed. "Results". Consultado o 31 maio 2012.
  15. Office of the Press Secretary (23 maio 2012). "President Obama Announces Un.S. Nomination of Dr. Jim Yong Kim to Lead World Bank". The White House. Consultado o 23 marzo 2012.
  16. Stiglitz, Joseph E. (2003). The Roaring Nineties: A New History of the World's Most Prosperous Decade (en inglés). Nova York, NY: W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-39-305852-9.
  17. 17,0 17,1 Stiglitz, Joseph E. (2003). Globalization and Its Discontents (en inglés). Nova York, NY: W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-39-332439-6.
  18. 18,0 18,1 Stiglitz, Joseph E. (2007). Making Globalization Work (en inglés). Nova York, NY: W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-39-333028-1.
  19. Hazlitt, Henry (1984). From Bretton Woods to World Inflation: A Study of the Causes and Consequences (en inglés). Washington, D.C.: Regnery Publishing. ISBN 978-0-89-526617-0.
  20. Schneider, Jane (2002). "World Markets: Anthropological Perspectives". En MacClancy, Jeremy. Exotic No More: Anthropology on the Front Lines (en inglés). Chicago, IL: University of Chicago Press. ISBN 978-0-22-650013-3.
  21. Woods, Ngaire (2007). The Globalizers: The IMF, the World Bank, and Their Borrowers (en inglés). Ithaca, NY: Cornell University Press. ISBN 978-0-80-147420-0.
  22. Alexander, Titus (1996). Unravelling Global Apartheid: An Overview of World Politics (en inglés). Cambridge, UK: Polity. ISBN 978-0-74-561352-9.
  23. Committee on Foreign Relations, United States Senate, 111th Congress (2010). U.S. Government Printing Office, ed. "The International Financial Institutions: A Call For Change" (PDF) (en inglés). Consultado o 20 agosto 2012.
  24. Gibbs, Walter (25 xuño 2002). "Europe: Norway: Protests As World Bank Meets" (en inglés). The New York Times. Consultado o 20 agosto 2012.
  25. Williams, Clarence; Ruane, Michael E. (20 outubro 2007). "Violence Erupts at Protest in Georgetown" (en inglés). The Washington Post. Consultado o 30 maio 2008.
  26. Clendenning, Alan (21 maio 2008). "Amazon Indians Attack Official Over Dam Project" (en inglés). National Geographic. Associated Press. Consultado o 21 maio 2008.
  27. "Hats off to Ngozi" (en inglés). The Economist. 31 marzo 2012. Consultado o 2 abril 2012.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

19 de xuño

O 19 de xuño é o 170º día do ano do calendario gregoriano e o 171º nos anos bisestos. Quedan 195 días para finalizar o ano.

Arxentina

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.

Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal. Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina. Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo, aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo. Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.

Botswana

Botswana ou Botsuana, cuxo nome oficial é República de Botswana (en inglés Republic of Botswana, en setsuana Lefatshe la Botswana), é un país soberano sen saída ao mar do sur de África, sendo a súa forma de goberno a república parlamentaria.

O seu territorio está dividido en nove distritos. A súa capital é a cidade de Gaborone.O outrora protectorado británico de Bechuanalandia, Botswana adoptou o seu novo nome ó acadar a súa independencia en 1966.

Xeograficamente o país esténdese sobre un terreo chairego, co 70% da súa superficie cuberta polo deserto de Kalahari. Limita con Suráfrica polo sur e sueste, con Namibia polo oeste e polo norte, con Zimbabue polo nordeste e con Zambia polo norte nun só punto. Ocupa o posto 48 na lista de países por superficie.O país tratou de diversificar a súa economía nos últimos anos, aínda que no 2008 dependía en gran medida dos servizos (45,2%), a industria (52,9%), e a agricultura (1,9%), estreitamente ligado co comercio de Suráfrica.

Croacia

Croacia ( pronunciación ) (en croata: Hrvatska [xř̩ʋaːtskaː] ), oficialmente República de Croacia ( pronunciación ) (en croata: Republika Hrvatska ( pronunciación )), é un país de Europa central, rodeado pola chaira Panónica, os Balcáns e o mar Mediterráneo. A súa capital e cidade máis grande é Zagreb. Comparte fronteiras con Eslovenia e Hungría ao norte, Bosnia e Hercegovina ao sueste e Serbia e Montenegro ao leste.

Antigo membro da República Federal Socialista de Iugoslavia, o 25 de xuño de 1991 Croacia declarou a súa independencia converténdose nun Estado soberano. O 1 de xullo de 2013 Croacia entrou na Unión Europea. Ademais é membro das Nacións Unidas, o Consello de Europa, a OTAN, a Organización Mundial do Comercio e membro non permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas durante o período 2008 e 2009. Croacia está clasificada como unha economía emerxente e en desenvolvemento polo Fondo Monetario Internacional e país de alta renda polo Banco Mundial.

Fondo Monetario Internacional

O Fondo Monetario Internacional (en inglés International Monetary Fund, que acostuma abreviarse como FMI en galego e como IMF en inglés) é, xunto co Banco Mundial, unha das organizacións internacionais denominadas de Bretton Woods, así ditas pola sede da Conferencia que sancionou a súa creación. O Acordo Constitutivo adquiriu eficacia en 1945 e ambas organizacións naceron en maio de 1946. Actualmente os Estados membros son 184. O FMI configúrase como unha institución especializada das Nacións Unidas. A súa sede radica en Washington (Estados Unidos de América). En 2010, durante a 14ª revisión xeral de cotas os fondos financieiros dispoñibles do FMI situábanse en 755 700 millóns de U.S. dólares.A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, un dos piares da globalización económica e dos promotores do denominado Consenso de Washington. As principais críticas céntranse no papel dominante que teñen os países desenvolvidos dentro do organismo, o que causa que o FMI oriente as súas políticas globais ó fomento do capitalismo neoliberal, por mor de impor ós países en vías de desenvolvemento -e máis recentemente a algúns países europeos- os seus programas económicos. Os seus préstamos son realizados a cambio do cumprimento destes programas baseados no Consenso de Washington -redución do déficit e do gasto público-, as políticas monetaristas e o neoliberalismo, o que segundo os seus críticos provocou un aumento da fenda entre ricos e pobres e un empeoramento dos servizos públicos, como a sanidade. Tamén está acusada de apoiar e financiar ás ditaduras militares en Latinoamérica e África, e tamén se criticaron puntualmente as súas políticas sobre medio ambiente e alimentación.

Fondo Mundial para a Natureza

O Fondo Mundial para a Natureza (en inglés: World Wide Fund for Nature, WWF) é un organización non gobernamental de ámbito internacional fundada o 29 de abril de 1961. Os seus obxectivos son a conservación, investigación e restauración dos ecosistemas. Anteriormente chamouse World Wildlife Fund, nome que aínda é o oficial en Canadá e nos Estados Unidos. É a organización conservacionista independente máis grande do mundo, con 5 millóns de seguidores, traballando en máis de 100 países, e mantendo 1.300 proxectos de conservación e e restauración. É unha fundación, recibindo no 2010 o 57% dos seus fondos a partir do apoio individual e doazóns, o 17% de fontes de gobernos (como o Banco Mundial) e o 11% de corporacións.A misión do grupo é "deter a degradación do medio natural do planeta e construír un futuro no que os humanos vivan en harmonía coa natureza." Na actualidade, o seu traballo está concentrado na conservación de tres ecosistemas que conteñen a maioría da biodiversidade do planeta: os océanos e as costas, os bosques e os ecosistemas de auga doce. Entre outros temas, tamén se atende ás especies ameazadas, á contaminación e ó cambio climático actual.

Haití

A República de Haití é un país do Caribe, na parte occidental da illa A Española, limitando, xa que logo, con República Dominicana polo leste; ao norte ten o Océano Atlántico e ao sur e ao oeste ten o Mar Caribe. O seu territorio comprende igualmente a illa La Gonâve, a illa da Tartaruga, o arquipélago das illas Cayemites e a Illa da Vaca, así como outros diversos illotes. A inhabitada illa de La Navasse é reclamada por Haití ante a administración dos Estados Unidos. A súa área total é de 27.750 km cadrados, albergando unha poboación de 10 033 000 habitantes (2009).. A súa capital e cidade máis importante é Porto Príncipe.

Haití é unha antiga colonia francesa, foi o primeiro país en Latinoamérica en declarar a súa independencia e o segundo do continente tras Estados Unidos. Accedeu á independencia tras un proceso revolucionario de carácter abolicionista iniciado en 1791 que desembocou nunha prolongada loita armada contra Francia, a potencia colonizadora desde finais do século XVII. Este proceso converteu a Haití, cuxa base étnica da poboación ten nun 95% a súa orixe en habitantes da África subsahariana, en escenario do primeiro caso na Historia de escravos que se emancipan deste xeito. Este episodio é especificamente lembrado polas Nacións Unidas mediante a Resolución 29/C40, que constitúe o Día internacional do recordo da trata negra e da súa abolición o 23 de agosto, e a institución da medalla Toussaint Louverture, en homenaxe a un dos líderes políticos haitianos.

Haití está constituído en forma de república semipresidencialista segundo a Constitución aprobada en 1987, pero cuxa vixencia ficou suspendida dende aquela en varias ocasiones pola violencia, particularmente tralo golpe de estado militar de 1991 e a crise de 2004, onde interviñeron as Nacións Unidas mediante o destacamento da Misión de Estabilización das Nacións Unidas en Haití (MINUSTAH). Tras un proceso electoral tutelado pola comunidade internacional en 2006, o Xefe do Estado, escolleito por sufraxio universal, é René Préval mentres que a Asemblea Nacional de Haití designou no 2009 a Jean-Max Bellerive como primeiro ministro.

A economía de Haití xerou no 2009 un PIB nominal de 6.908 millóns de dólares e unha renda per cápita de 772 dólares, sendo a máis pobre de todo o continente americano e unha das máis desfavorecidas do mundo. Segundo The World Factbook, o 80% da súa poboación vive na miseria e dous terzos da xente dependente do sector da agricultura e pesca, tradicionalmente organizado en pequenas explotacións de subsistencia. Houbo unha intensiva e descontrolada deforestación que minguou a superficie arborada de Haití do 60% en 1923 a menos do 2% en 2006. As devastadoras tormentas tropicais que sofre afectan ás escasas infraestruturas de comunicacións que ten, aumentando máis así a súa inestabilidade. O sector industrial máis relevante é o téxtil, que representa máis do 75% do volume de exportacións, principalmente cara Estados Unidos, e o 90% do PIB. Haití está incluído no programa do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial como país en vías de desenvolvemento altamente endebedado (Highly-Indebted Poor Country, HIPC).

Kirguizistán

Kirguizistán é un país de Asia Central. Extremadamente montañoso, poboado orixinariamente por poboacións nómades, foi república da URSS; Kirguizistán faise independente despois da fin desta última, no 1991. Dirixido entre 1990 e 2005 por Askar Akaiev, o país está hoxe en día nunha situación política confusa despois da revolución dos tulipáns que atravesou.

Limiar de pobreza

En economía, o limiar de pobreza (coñecido tamén como soleira de pobreza ou liña de pobreza) é o nivel de ingresos por debaixo do cal unha familia é incapaz de satisfacer as necesidades dos seus membros. Na práctica, coma na definición de pobreza para a que tampouco existe unha única definición, discútese como e onde situar a liña de pobreza. Diferentes países tenden a usar diferentes limiares de pobreza. O limiar de pobreza que se usa nas nacións desenvolvidas é xeralmente máis alto có que usan os países do Terceiro Mundo.

Cando se fan comparacións internacionais co obxecto de comparar niveis de benestar económico entre varios países emprégase un mesmo limiar de pobreza servíndose de datos expresados en paridade de poder adquisitivo (en inglés PPP 'purchasing power parity'). Comparando o poder adquisitivo dos fogares poden salvarse as flutuacións de cambio e franquearse as diferenzas entre os prezos das distintas economías.

Cando se di que se vive por menos de 1 dólar ó día debe entenderse que o consumo diario de bens e servizos é comporable á cantidade de bens e servizos que se poden comprar nos Estados Unidos por $1. Os bens producidos por un mesmo e os servizos públicos tamén estarían comprendidos nesta medición. O limiar de pobreza é útil como ferramenta económica coa que medir as persoas que viven en pobreza e poñer en funcionamento reformas socioeconómicas coma os seguros de desemprego para reducir a pobreza.

Lista de países por PIB (PPA)

Listaxe de países do mundo ordenados segundo o Produto Interior Bruto (PIB) a valores de paridade de poder adquisitivo (PPA), a suma de tódolos bens e servizos finais producidos por un país nun ano.

Os 40 países con maior PIB (PPA) segundo o Banco Mundial (2005) son:

Fonte: Banco Mundial

O PIB (PPA) segundo o Fondo Monetario Internacional no 2006, e estimacións para o 2007, dos 180 países que conforman o FMI:

Fonte: Fondo Monetario Internacional, World Economic Outlook Database, abril de 2007 [1] [2] (Aclaración: As celdas coreadas indican estimacións do FMI)

A continuación, unha listaxe dos 10 países con maior PIB ppa da Unión Europea en millóns de euros, segundo o Eurostat.Fonte: Eurostat

Lista de países por PIB nominal

Países do mundo ordenados segundo o seu Produto Interior Bruto (PIB) a prezos nominais, a suma de tódolos bens e servizos finais producidos por un país nun ano.

Fonte: Banco Mundial [1]Fonte: Fondo Monetario Internacional, World Economic Outlook Database, abril de 2007 [2] (Aclaración: As celdas coreadas indican estimacións do FMI)Nota: A cifra para Afganistán inclue o mercado do opio.

Madagascar

A República de Madagascar, ou Madagascar, é unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste da África, separada pola canle de Mozambique. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a cuarta maior illa do mundo, e a máis grande de África. No pasado, a illa estaba unida ao continente africano, do cal se separou, por iso, é lar do 5 % das plantas e animais do mundo, 80 % deles endémicos. De entre os principais exemplos de biodiversidade está o lémure, da familia dos primates, tres especies de paxaros endémicas e súas árbores de baobab. O adxectivo derivado de Madagascar é "malgaxe". A principal lingua falada no país é o malgaxe.

Os veciños máis próximos de Madagascar son a posesión francesa de Mayotte, no noroeste; a posesión francesa da Reunión, no leste; as illas dispersas do Océano Índico, Illas Gloriosas (noroeste), Juan de Novoa (oeste), Bassas da India, Illa Europa (suroeste) e Tromelin (leste); as Comores no noroeste; e as Seychelles no norte. A súa capital é a cidade de Antananarivo.

Malaisia

Malaisia é un país do sueste asiático, constituído pola península Malaia e máis pola Malaisia oriental, no norte de Borneo. O país está situado a aproximadamente 200 km ao norte do ecuador terrestre.

O termo Malaisia ou arquipélago Malaio xa se empregaba para designar a Indonesia.

Nixeria

Nixeria ( [n ), oficialmente República Federal de Nixeria, é unha república federal que comprende 36 estados e máis o Territorio da Capital Federal, Abuja. O país está localizado no oeste de África, e comparte fronteiras terrestres coa República de Benín polo oeste, Chad e Camerún polo leste, e Níxer polo norte. No sur está a costa, co golfo da Guinea no océano Atlántico.

Ó longo da historia, a zona veu nacer varios reinos e imperios, mais o moderno estado de Nixeria ten a súa orixe na colonización británica da rexión dende finais do século XIX e comezos do XX. O país xurdiu da combinación de dous protectorados británicos veciños: o Protectorado do Sur de Nixeria e o Protectorado do Norte de Nixeria. Durante a era colonial, os británicos estableceron estruturas legais e administrativas ó tempo que se mantiveron as xefaturas tradicionais. Nixeria conseguiu a independencia en 1960, mais pouco despois sumiuse nunha guerra civil durante varios anos. Dende entón, o seu goberno alternouse entre dirixentes democraticamente elixidos e ditaduras militares, sendo as eleccións presidenciais de 2011 as primeiras realizadas en termos razoables de liberdade e claridade.Nixeria é considerado como o "Xigante de África", por mor da súa gran poboación e economía. Con aproximadamente 174 millóns de habitantes, Nixeria é o país máis populoso de África e o décimo sétimo máis poboado do mundo. O país está habitado por máis de 500 grupos étnicos, sendo os tres máis grandes os hausas, os igbos e os yorubas.

Atendendo á relixión, Nixeria está dividida en dúas metades, entre os cristiáns que viven na parte sur e central do país, e os musulmáns, concentrados nas zonas norte e suroeste. Unha minoría da poboación practica as relixións indíxenas de Nixeria.

No 2014, a economía de Nixeria (PIB) converteuse na máis grande de África, valorada en máis de $500 billóns, e superou a Suráfrica para ser a 26ª economía máis grande do mundo. Ademais, a relación da débeda do seu PIB é de só o 11% (8% menos que a relación de 2012). No 2050, as previsións din que Nixeria será unha das 20 principais economías do mundo. As reservas de petróleo do país xogaron un papel moi importante no crecemento da súa riqueza e influencia. Nixeria é considerado como un mercado emerxente polo Banco Mundial e foi identificado como a potencia rexional de África. Tamén é membro do grupo de países "MINT", que son aqueles identificados como os novos "BRIC"s. Tamén está listada como unha economía dos "Vindeiros once", entre os máis grandes do mundo. Nixeria é membro da Commonwealth de Nacións, da Unión Africana, da OPEC e das Nacións Unidas, entre outras organizacións internacionais.

Organización Mundial do Comercio

A Organización Mundial do Comercio, coñecida tamén polo acrónimo OMC, é unha organización internacional que supervisa un grande número de acordos sobre as "regras do comercio" entre os seus estados-membros. A OMC non forma parte do sistema das Nacións Unidas, e tampouco dos organismos de Bretton Woods como o Banco Mundial ou o FMI.A OMC comezou oficialmente o 1 de xaneiro de 1995 despois do acordo de Marrakesh, asinado por 123 nacións o 15 de abril de 1994, e que substituía o Acordo Xeral de Tarifas e Comercio (GATT), que comezara en 1948. É a maior organización económica do mundo.O corpo principal de decisións da OMC é a Conferencia Ministerial, que adoita reunirse cada dous anos. Reúne todo os membros da OMC e pode tomar decisións sobre calquera asunto baixo algún dos acordos de comercio. Algunhas das conferencias, como a inaugural de Singapur (1996) e a de Cancún (2003) provocaron discusións entre economías desenvolvidas e subdesenvolvidas, mentres outras, como a de Seattle (1999) deron lugar a grandes manifestacións.

Renda per cápita

A renda per cápita ou PIB per cápita é a relación que hai entre o PIB (Produto Interior Bruto) dun país e a súa cantidade de habitantes. Para conseguilo, hai que dividir o PIB dun país pola poboación deste.

É un indicador comunmente usado para estimar a riqueza económica dun país. Numerosas evidencias mostran que a renda per cápita está positivamente correlacionada coa calidade de vida dos habitantes dun país.

República Checa

A República Checa (en checo: Česká republika), tamén coñecida como Chequia (en checo: Česko) é un país de centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña. Xunto con Polonia, Eslovaquia e Hungría, integra o Grupo Visegrád. Está formada polas rexións históricas de Bohemia, Moravia e Silesia. Bohemia, ocupa a parte occidental do país, está rodeada de montes baixos e forma unha cunca regada polos ríos Labe (Elba) e Vltava (Moldava). Moravia, ocupa parte oriental, está regada polo río Morava. Silesia, situada ao norte de Moravia, fai fronteira con Polonia.

O Estado Checo, ou as terras da Coroa de Bohemia, como era coñecido até 1918, formouse a finais do século IX. Despois da Batalla de Mohács en 1526, o Reino de Bohemia foi integrado na monarquía dos Habsburgo xunto con Austria e Hungría. A república independente de Checoslovaquia formouse en 1918, tralo colapso do Imperio Austrohúngaro trala Primeira Guerra Mundial. Despois de que no Pacto de Múnic (asinado pola Alemaña nazi, Francia, Reino Unido e Italia) se estabelecese unilateralmente a incorporación de Checoslovaquia á Alemaña, e por gratitude pola consecuente liberación da maior parte da República polo Exército Vermello, o Partido Comunista obtivo maioría relativa (38 %) nas eleccións de 1946.

Dous anos despois, en 1948, Checoslovaquia converteríase nunha ditadura por mor dun golpe de estado. En 1968 a crecente insatisfacción culminou cunha tentativa de reformar o réxime. Os acontecementos, coñecidos como a Primavera de Praga de 1968, terminou coa invasión por parte dos exércitos dos países do Pacto de Varsovia (coa excepción de Romanía); as tropas permaneceron no país até a Revolución de Veludo de 1989 cando o réxime se derrubou. O 1 de xaneiro de 1993, Checoslovaquia dividiuse pacificamente en dous estados, a República Checa e Eslovaquia. O 1 de maio de 2004 pasou a formar parte da Unión Europea.

Hoxe a República Checa é unha democracia representativa pluripartidista. O presidente Václav Klaus é o actual xefe de Estado, sendo Petr Nečas o Primeiro Ministro e Xefe de Goberno. O Parlamento ten dúas cámaras: a Cámara de Deputados e o Senado. Dende a súa creación a República Checa fixo reformas económicas como as privatizacións rápidas. O crecemento do seu Produto Interior Bruto (PIB) situouse en torno ao 6 % até o estalido da recente crise económica mundial. O país foi o primeiro membro da antiga COMECON en acadar o status de país desenvolvido segundo o Banco Mundial. O seu Índice de Desenvolvemento Humano (2010) sitúa a Chequia como unha nación cun "desenvolvemento humano moi alto".

Tecnocracia

O término tecnocracia derívase dos vocábulos gregos tecno ("técnica") e kratˆa ("forza", "dominio" ou "poder").

Tecnocracia significa literalmente "goberno dos técnicos"; o "técnico que goberna" é, polo tanto, un tecnócrata.

Consideramos entón que, de forma xeral, a tecnocracia é o goberno levado por un técnico ou especialista nalgunha materia de economía, administración etcétera, que exerce o seu cargo público con tendencia a topar solucións técnicas eficaces por riba doutras consideracións ideolóxicas, políticas ou sociais. A primeira tecnocracia que se concibiu foi a do goberno de sabios na República de Platón.

O termo tecnocracia imponse a partir dos primeiros anos 30 para indicar a progresiva expansión —alentada por parte dalgúns, temida por outros— do poder dos técnicos de produción (químicos, físicos e enxeñeiros) baseado no suposto de que quen está capacitado para gobernar o proceso industrial empresarial está capacitado para gobernar non soamente sectores produtivos ao completo, senón tamén a sociedade industrial na súa totalidade. Os técnicos industriais son axiña substituídos por xestores que deben a súa posición ao debilitamento da función de propiedade (xa na faceta de titularidade, pola existencia de sociedades, xa na faceta decisional), característica dos grandes grupos industriais. Coa crecente intervención do estado na vida económica dos pobos, coa planificación económica e coa integración de industria e sistema de defensa durante os períodos bélicos, coa carreira armamentística durante a chamada guerra fría, o tecnócrata medio ábrese aos máis altos niveis da burocracia estatal e dos aparatos industrio-militares, ademais de, evidentemente, a expoñentes de renome das facultades universitarias científicas, tecnolóxicas e económicas, con un continuo transvasamento dunha realidade a outra. Un exemplo é Robert S. McNamara, primeiro presidente da Ford Motor Company que non pertencía á saga familiar, logo ministro de defensa dos EUA na época da guerra do Vietnam e finalmente presidente do Banco Mundial. A importancia económica e social dos fluxos financeiros e informativos dos anos oitenta determina unha impoñente achega ao mundo das finanzas, da informática e da comunicación na formación da mentalidade e do persoal tecnócratico. Aliás, a cualificación de tecnócrata outorgase ao técnico como especialista, máis como presunción de posuír as cualidades e elementos para aplicar a técnica a todo entorno humano.

Entre as denominadas familias políticas do Franquismo, foron denominados tecnócratas os que dirixiron a área económica dos gobernos dende o Plano de Estabilización de 1959, polo xeral todos na órbita do Opus Dei.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.