Banco Etcheverría

O Banco Etcheverría foi unha entidade bancaria española fundada por Juan Etcheverry en Betanzos en 1717, sendo até a súa desaparición, en 2014, o banco máis antigo de España.

O 18 de decembro de 2013, o Banco Etcheverría, filial de Banesco, comprou o 88,33 % do capital de NCG Banco ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e ao Fondo de Garantía de Depósitos (FGD).[2]

O 14 de novembro de 2014 produciuse a súa fusión con NCG Banco. Nunha fin de semana realizouse a fusión tecnolóxica e o cambio de marca nas oficinas de Banco Etcheverría.[3]

Banco Etcheverría
Banco Etcheverria oficina da Coruña
Oficina Banco Etcheverría da Coruña.
TipoSociedade Anónima
Fundación1717, Betanzos, A Coruña
MatrizBanesco
LocalizaciónCantón Claudino Pita, 2
15300 Betanzos, A Coruña, Galicia Galiza
FundadorJuan Etcheverry
Persoas claveFrancisco Javier Etcheverría de la Muela (presidente)
Francisco Botas (conselleiro delagado)
IndustriaBanca
ProdutosServizos Financeiros
Beneficio neto7,6 millóns de euros (2013)[1]

Historia

Foi fundado polo vasco-francés Juan Etcheverry, de nacionalidad francesa, quen se estableceu en Betanzos. Alí fundou o banco en 1717 e unha fábrica de curtidos de pel, que chegou a ser unha das máis importantes de Galicia.

Os seus herdeiros continuaron o negocio bancario, que sempre estivo en mans da familia a través de xeracións (o primitivo apelido Etcheverry transformouse en Etcheverría para darlle a ortografía castelá).

En 1964 transformouse en sociedade anónima. Todos os accionistas eran membros da familia Etcheverría, até que en 2002 Caixa Galicia e Banco Etcheverría chegaron a un acordo polo que a caixa adquiriu o 37,12 % do banco por 13,25 millóns de euros.[4]

En abril de 2013 o banco venezolano Banesco adquiriu o 44,73 % de Banco Etcheverría a NCG Banco, heredeiro dos activos financeiros de Caixa Galicia, así como parte da participación da familia Etcheverría. Desta maneira, o 69,74 % do capital social de Banco Etcheverría pasou a ser propiedade da entidade venezolana. Ademais, o presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet, foi nomeado vicepresidente do consello de administración de Banco Etcheverría.[5]

Daquela, o banco dispoñía de 26 oficinas (24 en Galicia, unha en Madrid e outra en Valladolid).[6] En xuño de 2013 anunciouse a compra por parte de Banco Etcheverría a NCG Banco dun paquete de 66 oficinas da súa rede de fóra de Galicia por 75,4 millóns de euros.[7]

O 18 de decembro de 2013 anuncouse que Banco Etcheverría, filial de Banesco, era o vencedor da poxa de NCG Banco na primeira fase da mesma, tras unha oferta de 1 003 millóns de euros, sen axudas públicas excepto unhas garantías adicionais de 275 millóns. Deste xeito, comprou o 88,33 % do capital de NCG Banco que estaba en poder do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e o Fondo de Garantía de Depósitos (FGD).[2][8]

O 25 de xuño de 2014 culminose a adquisición e aprobouse a designación do presidente de Banco Etcheverría, Javier Etcheverría, como presidente de NCG Banco.[9]

O 6 de outubro de 2014, as Xuntas Xerais de Accionistas de NCG Banco e Banco Etcheverría respaldaron a fusión por absorción de Banco Etcheverría por NCG Banco.[10] O 14 de novembro de 2014 produciuse a fusión con NCG Banco. Nunha fin de semana realizouse a fusión tecnolóxica e o cambio de marca nas oficinas de Banco Etcheverría.

A entidade resultante ten a sede social en Betanzos (A Coruña).[3]

Accionariado

A 31 de decembro de 2013 Banesco controlaba o 82,42 % de Banco Etcheverría, mentres que a familia fundadora mantiña a parte restante.[11]

Rede de oficinas

O banco estaba especializado na banca persoal, con tratamento aos clientes de forma individualizada.

En decembro de 2013 contaba con 117 oficinas en España.[12]

En marzo de 2014, abriu a súa primeira oficina en México dentro da primeira fase do proxecto de expansión en Hispanoamérica, que comezara coa apertura de oficinas de representación en Caracas, México e Panamá.[13]

Consello de Administración

O consello de administración de Banco Etcheverría estaba en 2014 composto polos seguintes membros:

Cargo Nome
Presidente Francisco Javier Etcheverría de la Muela
Vicepresidente Juan Carlos Escotet Rodríguez
Vogal Raúl Baltar Estévez
Vogal Francisco Botas Ratera
Vogal Miguel Ángel Capriles López
Vogal Salvador Cores González
Vogal Domingo Etcheverría de la Muela
Vogal Juan Mª Hernández Andrés
Vogal Pedro Raúl López Jácome
Vogal Carina Szpilka Lázaro

Notas

  1. El Banco Etcheverría multiplica por 12 sus beneficios y gana casi 7,6 millones
  2. 2,0 2,1 Banesco se hace con NCG por 1 003 millones sin ayudas
  3. 3,0 3,1 Abanca y Etcheverría culminan su fusión en el décimo banco español por activos, que ascienden a 56 921 millones
  4. Caixa Galicia adquiere el 37% del Banco Etcheverría por 13,25 millones
  5. Banco Etcheverría ganó 641 000 euros en 2012, un 82,6% menos
  6. El Etcheverría lanzan un plan de expansión con 70 oficinas más
  7. Banco Etcheverría compra a NCG 66 oficinas de fuera de Galicia por 75,4 millones
  8. Restoy dice que vender NCG supone una "pérdida apreciable"
  9. El FROB consuma su salida de NCG Banco y Banesco culmina su adquisición
  10. Abanca y Banco Etcheverría culminan su fusión entre protestas de los preferentistas
  11. Banesco controla ya 82,42 % del Banco Etcheverría, y solo quedan en su accionariado tres miembros de la familia fundadora
  12. Banesco promete empleo y crédito en su puja por Novagalicia
  13. El Banco Etcheverría abre su primera oficina en México

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Abanca

Abanca é a marca comercial coa que opera o banco galego NCG Banco dende o 27 de xuño de 2014, substituíndo á anterior marca Novagalicia Banco.

Banco Pastor

O Banco Pastor é un histórico banco galego fundado en 1776, que forma parte desde 2012 como filial do Banco Popular Español. Trátase do segundo banco máis antigo de España, despois do Banco Etcheverría. Opera en Galicia e a súa sede social está na Coruña.

Banesco Banco Universal

Banesco Banco Universal, coñecido abreviadamente como Banesco, é unha institución financeira venezolana establecida na cidade de Caracas. Conta con 473 sucursais no país e actualmente é o maior grupo bancario privado do país, tendo unha cota de participación do mercado do 13,65 %,Xunto cos seus principais competidores, Bicentenario Banco Universa, Banco Mercantil, Banco Occidental de Descuento, Banco de Venezuela e Banco Provincial forma o Estrato Grande do Ránking Bancario segundo a Superintendencia da Actividadd Bancaria (SUDEBAN) ente adscrito ao Ministerio do Poder Popular para Planificación e Finanzas.

O grupo financeiro comprende, ademais, unha aseguradora, un sistema de banca privada, unha empresa de servizos de tickets ou vales de alimentación para empregados (TodoTicket), así como outros negocios menores.

Caixa Galicia

Caixa Galicia foi unha entidade financeira de Galiza, activa entre 1978 e 2010. Foi a maior de Galiza e unha das dez maiores de España nos anos finais do século XX. Cunha rede superior ás 800 oficinas en todas as comunidades autónomas españolas, a entidade estaba tamén presente en dez países de Europa e América, incluíndo as súas últimas aberturas en Miami, Panamá, e Brasil. Logo dunha importante crise económica e financeira, en 2010 anunciouse a súa fusión con Caixanova, dando lugar a Novacaixagalicia e posteriormente a Abanca.

Caixa Rural Galega

Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa de Crédito Limitada Gallega é unha entidade bancaria que funciona baixo o modelo de cooperativa de crédito. O seu domicilio social está en Lugo.

Posúe 47 sucursais en Galicia; 33 na provincia de Lugo, 6 na de Ourense, 3 na da Coruña e 5 na de Pontevedra. Emprega 152 persoas a tempo completo (2018) e ten 67.000 clientes e arredor de 16.000 persoas socias. Desde 1987 é a patrocinadora principal do club de atletismo Lucus Caixa Rural Galega.

Tras a fusión de Caixanova e Caixa Galicia, que tivo como resultado a venda ao grupo bancario venezolano Banesco e posterior fusión co Banco Etcheverría (dando orixe a Abanca), e a venda do Banco Pastor ao Banco Popular (e posteriormente ao Banco Santander) e do Banco Gallego ao Banc Sabadell, erixiuse como a única entidade bancaria de capital galego. Os seus valores son a ligazón a Galicia e a representación, fronte ás grandes corporacións, do modelo de caixa de aforros tradicional, de proximidade, e ética.

Economía de Galicia

A economía de Galicia áchase fortemente imbricada aos recursos naturais. Galicia destaca polos seus contrastes económicos: mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación (especialmente aquelas comarcas situadas no eixo da autoestrada AP-9), a zona rural das provincias de Ourense e Lugo presenta unha economía na que predomina aínda a compoñente rural, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras.

Francisco Botas

Francisco Botas Ratera, nado en Ferrol en 1967, é un banqueiro galego.

Francisco Javier Etcheverría de la Muela

Francisco Javier Etcheverría de la Muela, coñecido usualmente como Javier Etcheverría, nado na Coruña en 1932, é un banqueiro galego.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Grupo Banesco

Grupo Banesco, tamén coñecido como Banesco Holdig, e un grupo bancario presidido polo banqueiro venezolano Juan Carlos Escotet —que, á súa vez, é o presidente da entidade bancaria venezolana Banesco— que ten a súa sede en Madrid, España.

Juan Carlos Escotet Rodríguez

Juan Carlos Escotet Rodríguez, nado en Madrid en 1959, é un economista e banqueiro venezolano de orixe española.

Juan Etcheverry

Jean d'Etcheverry ou Jean Etchevers, coñecido en Betanzos e en toda Galicia como Juan Etcheverry, nado en Bonloc (Lekuine en éuscaro), País Vasco francés, en 1685 e finado en Betanzos en data descoñecida, foi un mestre curtidor e empresario francés que se estableceu en Betanzos a principios do século XVIII e fundou nesta cidade unha industria de curtidos e unha familia de empresarios e banqueiros que chegou até os nosos días.

NCG Banco

NCG Banco, S.A. é a primeira entidade financeira de orixe galega xurdida o 14 de setembro de 2011 como resultado do proceso de segregación do negocio bancario de Novacaixagalicia.

Cuns activos por un valor de 70.269 millóns de euros, 5.946 profesionais, 2,7 millóns de clientes e unha estrutura composta por 919 oficinas en todo o territorio español e once países de Europa e América, NCG Banco, S.A. é matriz dun dos principais grupos financeiros do mercado español.

En Galicia, Asturias e León operou baixo a denominación comercial Novagalicia Banco ata o cambio por ABANCA, e no resto de España como EVO Banco.

Completa a súa estrutura organizativa a Unidade de Xestión de Activos Singulares (UGAS), responsable da xestión de activos crediticios con debilidades significativas e activos inmobiliarios, e a banca maiorista para operacións en mercados financeiros.NCG Banco, S.A. participa ademais no accionariado de máis de 220 sociedades, a través do seu brazo industrial NCG Corporación.

Novacaixagalicia

A Novacaixagalicia foi o nome comercial dunha caixa de aforros galega, nacida o 29 de novembro de 2010 como resultado da fusión das entidades Caixa Galicia e Caixanova. O nome co que rexistrou a súa inscrición éfoio de Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra.

Novagalicia Banco

Novagalicia Banco foi a marca comercial creada por NCG Banco S.A. o 19 de outubro de 2011 para operar financeiramente en Galicia, Asturias, León e o mercado internacional, do negocio bancario de Novacaixagalicia que, á súa vez, foi o resultado da fusión de dúas caixas de aforros, Caixa Galicia e Caixanova.

Inicialmente, mantén dúas sedes operativas: a sede social e fiscal localízase na Coruña e a sede institucional e dirección efectiva do negocio en Vigo.

Resultado da integración, ao longo de tres décadas, de máis dunha decena de institucións bancarias, Novagalicia Banco constituíu naquel momento o primeiro axente financeiro de Galicia cun 40% de cota de mercado e 680 oficinas operativas en todo o territorio español.Novagalicia Banco desenvolve un modelo de negocio fundamentalmente minorista e multicanal, baseado na capilaridade e a alta densidade de sucursais.

En Galicia, Asturias e a provincia de León opera baixo a denominación comercial Novagalicia Banco e, no resto de España, baixo a marca EVO Banco. Tras da venda desta marca, constituída en banco independente grazas á concesión dunha ficha bancaria por parte do Banco de España, ao fondo de investimento Apollo Global Management, NCG Banco deixará de operar en decembro de 2013 fóra de Galicia, Asturias e León, tal e como se establece no acordo de reestruturación exixido polas institucións europeas a España como parte do rescate financeiro.Pese a iso, NCG Banco está autorizado a manter durante uns meses unha serie de oficinas de representación nas principais cidades españolas coa propia marca NCG para desfacerse dos seus activos, debendo deixar de prestar servizos financeiros fóra da súa zona territorial tradicional. Antes de 2017, deberá centrar o seu modelo empresarial en préstamos por xunto e préstamos ás peme nas súas principais rexións históricas, debendo abandonar as liñas de créditos a favor de promocións inmobiliarias, e limitarán a súa presenza no mercado por xunto.Completa a súa estrutura organizativa a Unidade de Xestión de Activos Singulares (Unidad de Gestión de Activos Singulares, UGAS), responsábel da xestión de activos crediticios con debilidades significativas e activos inmobiliarios, e a banca maiorista para operacións en mercados financeiros.NCG Banco, S.A. participaba en 2012 no accionariado de máis de 220 sociedades, a través do seu brazo industrial, Corporación Novagalicia Banco.

O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) posuía a maioría do capital de NCG Banco, até que a entidade foi vendida nunha poxa en decembro de 2013.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.