Bambú

O nome bambú (tamén chamado en galego bambueira ou cana de bambú) provén probablemente dunha adaptación da palabra samambu, orixinaria de Malasia, e introducida en Europa polos portugueses no século XVI. Os bambús son orixinarios de Asia, América, África e Oceanía; poden adaptarse a numerosos climas (tropicais, subtropicais e temperados). En Europa existen fósiles pero ningunha especie endémica, datando as primeiras plantacións de 1855 en Inglaterra e en Anduze (Francia).

Son plantas moi antigas (datan do Mioceno), rústicas e, sobre todo, moi atípicas. Inspiraron mitoloxías e simboloxías. É unha planta extraordinariamente útil, téndose descrito máis de 1 500 usos e utilidades, moi válida no pasado e con moitas posibilidades no futuro. Pola súa alta resistencia e flexibilidade chámaselle "o aceiro vexetal".

O bambú, a nivel económico, pode representar un recurso renovable e sostible.

LijiangRiver14
Bambús en Lijiang, na China
Bambú
Bosque de bambús ou bambueiras.

Bosque de bambús ou bambueiras.
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiosperms
(sen clasif.): Monocots
(sen clasif.): Commelinids
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Bambusoideae
Supertribo: Bambusodeae
Tribo: Bambuseae
Kunth ex Dumort. (1829)
Genera

68, ver texto

Sinonimia[1]
  • Arthrostylidieae E. Camus (1913)
  • Baccifereae E. Camus (1913, nom. inval.)
  • Chusqueae E. Camus (1913)
  • Hickelieae A. Camus (1935, nom. inval.)
  • Oxytenanthereae Tzvelev (1987)

Notas

  1. Soreng, Robert J.; Peterson, Paul M.; Romaschenko, Konstantin; Davidse, Gerrit; Zuloaga, Fernando O.; Judziewicz, Emmet J.; Filgueiras, Tarciso S.; Davis, Jerrold I.; Morrone, Osvaldo (2015). "A worldwide phylogenetic classification of the Poaceae (Gramineae)". Journal of Systematics and Evolution 53 (2): 117–137. ISSN 1674-4918. doi:10.1111/jse.12150.

Véxase tamén

Outros artigos

Anathana ellioti

Anathana ellioti é unha especie de mamífero placentario da orde dos escandentios e familia dos tupaíidos. a única representante do xénero Anathana, que vive nos bosques da India, ao sur do río Ganxes e se coñece na bibliografía iunternacional, entre outros, polos nomes de tupaia de Elliot e esquío bambú.

Bambú Producciones

Bambú Producciones é unha produtora de televisión galega que nace en 2007 da man de Ramón Campos e Teresa Fernández-Valdés co obxectivo de desenvolver e producir proxectos de ficción para cine e televisión que destaquen pola súa calidade técnica e artística.

Os seus principais activos son, o departamento creativo e a súa carteira de colaboradores habituais. Ambos aspectos conflúen para conxugar experiencia e talento nunha empresa decidida a sorprender e innovar en cada unha das súas apostas. Está filosofía de empresa reportou a Bambú Producciones algúns dos éxitos de maior repercusión na ficción nacional española dos últimos anos.

Banana Q

Banana cue ou Banana Q (en tagala: Banana kyu) é un snack moi popular nas Illas Filipinas baseado en bananas fritidas bañadas en azucre moreno caramelizado. O banana cue está feito con banana de Saba. É moi común que se sirva en pinchos de bambú, e vendidos na rúa.

Catana

A catana (en xaponés: 刀) é un longo sabre xaponés (daitō), aínda que a palabra é usada xenericamente para denominar todos os sabres no Xapón. "Katana" é o kunyomi (Lectura xaponesa) do kanji 刀; o oniomi (Lectura chinesa) é "tō" (pronunciado [to:]). Refírese a un tipo particular, un sabre dun único gume, curvada, tradicionalmente utilizada polos samurai. A vaíña da catana chámase saya, o gardamáns Tsuba.

A catana úsase principalmente para cortar e considérase frecuentemente unha guillotina de man. Desenvaíñase levando o gume cara enriba e pódese brandir con unha ou dúas mans (sendo esta última modalidade a máis común). Aínda que a arte de utilizar a espada segundo o seu propósito orixinal quedou na actualidade case obsoleto, o kenjutsu converteuse en gendai budō - unha arte marcial moderna. A arte de brandir a catana denomínase iaidō, e kendō é a arte de esgrimir unha espada de bambú coñecida como shinai utilizando como protección unha máscara e unha armadura. As vellas escolas de espadas koryū aínda existen: Kashima Shintō Ryū, Kashima Shin Ryū, Katori Shintō Ryū.

Este Tipo de sabre ten folla curva, pois dese xeito maximízase a forza do golpe ao ir montando a cabalo.

Colmo

Este artigo trata sobre a palla, para o tipo de cuberta véxase colmado.

O colmo (do latín culmus, palla de centeo) refírese á palla escollida dalgúns cereiais coma o centeo, o trigo, o orxo ou a avea. O colmo, ademais de servir coma estrume emprégase en construción coma material de recubrimento e impermeabilización de cuberta vexetais, chamadas colmados, en palleiras, alpendres, celeiros e outras construcións rústicas. Este tipo de cubertas aparecen en todos os continentes. En Europa mantéñense vivas incluso coma cuberta de vivendas na Europa atlántica, principalmente nas Illas Británicas e o noroeste da Península Ibérica: coma por exemplo nas pallozas galegas e nos teitos asturleoneses; coma últimos redutos das vivendas circulares con cubertas vexetais dos castros atlánticos prerromanos.

Nun contexto botánico, o termo colmo, designa o tipo de talo encontrado noutras gramíneas como a cana de azucre, o millo, o arroz e o bambú; talos nos que os nós e os entrenós son ben visibles, e poden ser ocos (bambú) ou cheos (cana de azucre).

De hoy no pasa

De hoy no pasa é o quinto álbum da banda viguesa Siniestro Total, editado en abril do ano 1987 a través do selo DRO. Gravouse nos estudios Trak de Madrid por Eugenio Muñoz e Paco Trinidad, que tamén se encargou da produción. No ano 2002 lanzouse unha reedición remasterizada con sete temas extra, seis deles gravados nas mesmas sesións que as cancións do álbum orixinal, e o outro un ano antes para o programa de TVE Aumba-buluba-balam-bambú.

Distrito Bududa

Bududa District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, nomeado así polo súa capital, Bududa. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación darredor de 123.100 habitantes.

A lingua principal falada no distrito é o lumasaba.

Limita co Distrito Sironko polo norte, coa República de Kenya polo leste, co Distrito Manafwa polo sur e co Distrito Mbale polo oeste.

Este distrito foi creado no 2006. Anteriormente formaba parte do Distrito Mbale e logo do Distrito Manafwa. Divídese nun condado, dezaseis subcondados e un concello. Ten oito áreas urbanas en crecemento en proceso de se converter en concellos, estes son:

Bududa

Bukalasi

Bushiika

Bumayoka

Bunamubi

Kyikholo

Bulucheke

BukigaiO distrito ten unha altitude media de 1.800 m sobre o nivel do mar. Ten un relevo característico de montañas, desfiladeiros e bosques de bambú. É unha zona chuviosa sen estación seca. O Parque nacional do Monte Elgon cobre aproximadamente o 40% do distrito.

Estada

Unha estada ou andamio é unha construción temporal constituída de pasarelas e plataformas sostidas por tubaxes de madeira ou aceiro, aínda que nalgúns países de Asia fanse de bambú. As estadas empréganse para acceder a certa altura a tódolos puntos dun edificio cando se está a construír, arranxar ou pintar.

Frauta de millo miúdo

A frauta de millo é un instrumento musical aerófono, de posible orixe africana, que se utiliza principalmente na cumbia e que se constrúe a partir da cana do millo formando un tubo de cana, aberto aos extremos, de entre 20 e 40 cm, cunha lingüeta vibrante cortada do mesmo tubo e con catro orificios dixitais, o instrumento execútase de maneira transversal, e é típico da costa caribeña de Colombia. Utilízanno os grupos de música tradicional folclórica, denominados por iso "grupos de millo", non obstante tradicionalmente utilizábase durante as festa do Nadal. Ademais de con millo pódese construír cunha cana, denominada localmente carrizo, que medra nas zonas húmidas ou nas beiras dos ríos para evitar a consistencia fráxil e a baixa potencia do son das realizadas con millo. Tamén se realiza con lata (especie de bambú)

Gran Reserva. El origen

Gran Reserva. El origen é unha serie española de televisión producida por Bambú Producciones para La 1 e estreada o 13 de maio de 2013. Trátase da orixe da serie Gran Reserva, emitida anteriormente.

Guaduas

Guaduas, cuxo nome colonial é Villa de San Miguel de Guaduas, é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia do Bajo Magdalena, da que é a capital.O sector antigo da cidade é un dos trece centros históricos que foron declarados monumentos nacionais en 1959.

Kendo

O kendō (剣道) é un gendai budō, unha arte marcial xaponesa, no que se utiliza unha armadura (bōgu) e un sabre de bambú (shinai). O nome provén do ken: sabre e dō: camiño, vía.

Os seus orixes derivan do kenjutsu, arte marcial que se realizaba con catana, o sabre xaponés. Debido a cantidade de accidentes que se producían e a que o uso de armas de fogo comezaba a estenderse, a disciplina derivou cara a unha forma de adestramento incruento.

A invención do shinai atribúese a Kamiizumi Hidetsuna, e consta de catro láminas de bambú que se manteñen xuntas mediante distintas pezas de pel.

Dise que o bōgu, ou armadura, foi inventado polo mestre Nakanishi Chuzo de Edo en 1750. As diferentes partes que o compoñen sufriron constantes modificacións a partir da armadura de guerra tradicional da época feudal ata a primeira parte do século XIX, para chegar ó uniforme forte e altamente refinado que se utiliza na práctica do kendō moderno.

Kuala Lumpur

Kuala Lumpur é a capital de Malaisia. É unha metrópole de 4 millóns de habitantes (área urbana). O seu nome significa "confluente lamoso" en malaio, pois a cidade está sita na confluencia de dous cursos de auga. O máis importante é o río Klang, que desauga 45 km ao oeste no estreito de Malaca; o outro é o Gombak.

Arrebatada á selva, Kuala Lumpur debe o seu nacemento e a súa fortuna aos fabulosos xacementos de estaño descubertos no século XIX. O lugar, durante moito tempo, non foi outra cousa senón un campamento de cabanas de bambú infestado pola malaria. Mais creceu mercé ao comercio

de estaño, até tornarse, en 1896, na capital dos Estados malaios federados. A primeira impresión do viaxeiro que atravesa hoxe Kuala Lumpur, é a dunha cidade verde, tranquila e ordenada que, a pesar dos seus case 2 millóns de habitantes, garda unha proporción humana.

Lanza

Unha lanza é unha arma de hasta consistente nun pau de madeira, cunha cabeza en punta. A cabeza pode consistir simplemente nun remate agudizado do propio pau, como no caso das lanzas de bambú, ou pode estar feito dun material máis duro fixado ó pau, como sílex, obsidiana, ferro, aceiro ou bronce. Dende tempos antigos, o deseño máis común das lanzas de caza ou combate consiste nunha punta de metal con forma de triángulo ou folla. As cabezas das lanzas de pesca contan xeralmente con pugas e bordos serrados.

As lanzas poden ser divididas en dúas grandes categorías: as deseñadas para bater e empurrar en combate e as feitas para ser guindadas (comunmente referidas como xavelinas).

As lanzas foron empregadas ó longo da historia do ser humano como ferramenta de caza ou pesca e como arma. Como arma, pode empuñarse cunha man ou coas dúaa. Foi usada en practicamente todos os conflitos ata a idade moderna e foi probablemente a arma máis comunmente usada.

Oso panda

O oso panda ou panda xigante (Ailuropoda melanoleuca) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e, malia que hai unha salientable controversia ó respecto, os últimos estudos do seu ADN inclúeno entre os membros dos osos, sendo o Tremarctos ornatus suramericano o seu parente máis achegado. Por outra banda cabe dicir que o chamado panda menor ou panda vermello e o panda xigante non pertencen á mesma familia.

Natural da China central, o panda xigante vive en rexións montañosas das provincias de Sichuan e o Tíbet, ata unha altitude de 3.500 metros. Trátase dun animal en perigo de extinción. Segundo estatísticas de 2004 e 2005, hai uns 1.600 vivindo nas selvas e 188 en catividade, e estímase que a cantidade de individuos que viven en liberdade está en aumento.

O principal alimento do panda xigante é o bambú (un 99% da súa dieta), malia que tamén come froita, pequenos mamíferos, peixes e insectos. É un bo trepador, pero é raro velos subidos nas árbores. A súa adaptación á catividade é doada.

Panda vermello

O panda vermello ou panda menor (Ailurus fulgens) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros, único representante actual da familia dos ailúridos, e do seu único xénero, Ailurus.

Porén, clasificouse anteriormente dentro das familias dos prociónidos e dos úrsidos.

A poboación desta especie encóntrase ameazada pola perda de hábitat, a caza furtiva e a endogamia e, aínda que está protexida por leis nacionais dalgúns países, áchase dentro do grupo de especies en estado vulnerábel.

O panda vermello é propio das rexións montañosas do Himalaia, Bután, o sur da China, a India, Nepal e Birmania, onde vive xeralmente en bosques temperados húmidos de zonas altas e con abundante bambú.

Fisicamente, a súa pelaxe é de cor parda avermellada, e ten unha cola longa e peluda. As extremidades dianteiras son bastante curtas, polo que ten unha peculiar forma de camiñar.

É un animal de carácter solitario, territorial e de costumes nocturnos. A súa alimentación é basicamente de follas de bambú pero, ao ser omnívoro, pode comer tamén ovos, paxaros, insectos e micromamíferos.

A súa poboación comezou a diminuír ultimamente debido á destrución do seu hábitat e á caza furtiva. É un animal común nos zoolóxicos —principalmente de Norteamérica e Europa— onde se reproduce en catividade.

Poales

Poales é o nome dun taxon de plantas situado na categoría de orde, empregado en sistemas de clasificación modernos como o APG II do 2003. A orde consta de 16 familias con máis de 18.000 especies, entre elas atópase a familia Poaceae (pastos, cereais, bambú), que é probablemente a familia de anxiospermas de maior importancia económica, e tamén a acompañan outras como as tifáceas, as bromeliáceas e o caravel do aire, as ciperáceas (dunha delas prodúcese o papiro), e as xuncáceas (a familia dos xuncos e plantas afíns). As Poales son herbas, moitas elas con polinización anemófila (por vento), con perda dos nectarios septais, a síndrome de caracteres da polinización anemófila desenvolveuse moitas veces de xeito independente dentro do clado. Ademais caracterízanse por posuír corpos de sílice na epiderme, por perder os cristais de ráfide, e posuír flores con perianto claramente dividido en cáliz e corola, e con estilos ben desenvolvidos.

República Popular da China

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Thomas Alva Edison

Thomas Alva Edison, nado en Milan (Ohio) o 11 de febreiro de 1847 e finado en West Orange (Nova Jersey) o 18 de outubro de 1931, foi un inventor e empresario estadounidense que desenvolveu moitos dispositivos que influíron en gran medida na vida de todo o mundo. O mago de Menlo Park (en inglés) The Wizard of Menlo Park), como era coñecido, foi un dos primeiros inventores en aplicar os principios da produción en cadea ao proceso da invención.Edison foi considerado un dos máis prolíficos inventores do seu tempo, logrou 1093 patentes ao seu nome así como moitas patentes no Reino Unido, Francia e Alemaña. Atribúeselle numerosos inventos que contribuíron á comunicación de masas e, en particular, das telecomunicacións. Estes inclúen un taboleiro de cotizacións, unha gravadora de votación mecánica, unha batería para un coche eléctrico, a enerxía eléctrica, a música gravada e as películas. A maioría destes inventos non eran completamente orixinais del, e eran feitos verdadeiramente polos seus numerosos empregados. Edison foi criticado por non compartir os méritos.

Inventou o fonógrafo e a bombilla ou lámpada incandescente, logo de experimentar con máis de 1000 materiais diferentes, e conseguiu a industrialización desta con un filamento de bambú carbonizado. Descubriu o chamado efecto Edison, o que permite o funcionamento do díodo de incandescencia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.