Baltar

Baltar é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 968 habitantes[5] (1002 en 2015, 1149 no 2006, 1177 no 2005, 1180 no 2004, 1189 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baltarés[6].

Coordenadas: 41°57′13.7″N 7°42′52.4″O / 41.953806, -7.714556

Baltar
Escudo de Baltar
Meaus
As Maus, coñecido como Meaus na época do Couto Mixto.
Situacion Baltar
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación968 hab. (2018)
Área94,0 km²
Densidade10,3 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloBaltar
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Antonio Feijoo Alonso (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Baltar
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes90,43%
Na rede
baltar.es

Demografía

Censo total 968 (2018)
Menores de 15 anos 50 (5.19 %)
Entre 15 e 64 anos 513 (53.27 %)
Maiores de 65 anos 405 (42.06 %)
Evolución da poboación de Baltar   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3134 3145 3250 4018 1180 1114 1094 1076 1028 1002 986 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Baltar é un concello de interior, cun relevo suave encaixado entre os Montes de Montecelo e os Montes de Boullosa e a Serra de Larouco ao sur que, chegando aos 1300 m, constitúe o límite natural con Portugal. Está regado por dous afluentes do río Limia, o río Faramontaos e o río Salas; o primeiro descorre cara o norte e logo cara o oeste e o segundo cara ao sur.

O terreo é granítico, areoso e pouco fértil. Hai bosques de frondosas e coníferas nos vales e pradairos principalmente na Serra de Larouco.

O concello está atravesado pola estrada que leva a Xinzo de Limia, a OU-1110.

Dáse unha oscilación térmica acusada (14 °C), con temperaturas medias anuais baixas (10 °C).

Historia

O territorio estivo poboado polos límicos até o século I, en que foi invadido por tribos bárbaras. É posíbel que no lugar de Dourique se disputase unha batalla entre o rei de Portugal e os mouros. En época medieval, era posesión da Casa de Monterrei.

Parte do concello ―o lugar das Maus― constituíu até 1868 o Couto Mixto. Ese ano, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1684, todo o Couto Mixto foi incorporado a Baltar, mais os lugares de Rubiás e Santiago pediron ser integrados no concello de Calvos de Randín, solicitude que foi aprobada pola Deputación de Ourense en 1870 e se fixo vixente o ano seguinte.[7]

A partir de 1950 a emigración foi un das causas polo que na actualidade diminuíu a suá poboación ata límites nunca vistos.

Economía

Predomina o sector primario de autoconsumo (50 % da poboación), seguido da construción (20 %), os servizos (20 %) e a industria (5 %). O 45 % do chan é forestal e o 20 % son pradairos e o 35 % dedícase a sementar patacas, centeo, millo, verzas da horta etc. Críanse porcos, vacas , ovellas e coellos.

Cultura

Na zona comprendida entre os ríos Salas e Faramontaos atópanse as ruínas dun lugar coñecido como Saler, do que se di que provén o nome do río.

O sivo é o traxe típico da zona e facíase con liño.

Na parroquia de Santa María de Tixós atópase un dos fornos mais antigos do concello así como un cruceiro e un peto de animas.

Baltar na literatura popular

  • Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus [8].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Baltar.
Baltar San Bartolomé 60

Igrexa de Vilamaior da Boullosa.

Baltar Cruceiro 64

Cruceiro.

Baltar Cruceiro 65

Cruceiro.

Placa altimétrica casa concello Baltar, Ourense

Placa altimétrica na casa do concello de Baltar.

Casa concello Baltar, Ourense 2

Casa do concello.

Casa cultura Nelson Zumel Baltar, Ourense

Casa da Cultura "Nelson Zumel".

Lugares de Baltar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baltar vexa: Lugares de Baltar.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Baltar". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Baltar. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Consultado o 27 de febreiro de 2017.
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  7. "Couto Mixto". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 2002. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Blandearse é combarse, alabearse a madeira do piso, dun moble, etc. As Maus de Salas é parroquia do concello de Muíños; Gustós era, segundo Xaquín Lorenzo “un lugarciño preto de Calvos de Randín”, aínda que hoxe non figura no Nomenclátor; e ese Meaus é lugar da parroquia de San Lourenzo de Tosende, no concello de Baltar, que figura no Nomenclátor como As Maus.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
1 de decembro

O 1 de decembro é o 335º día do ano do calendario gregoriano e o 336º nos anos bisestos. Quedan 30 días para finalizar o ano.

Abades, Baltar

San Paio de Abades é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 205 habitantes (110 homes e 105 mulleres), 32 menos ca en 2000.

No Antigo Réxime pertencía á xurisdición de Baltar. En 1826 tiña 400 habitantes, e en 1846 tiña 276. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Limia, pertencente á diocese de Ourense.

Cara ao sur, a través da Raia Seca, limita con Portugal, co concello de Montalegre.

Alberto Baltar

Alberto Baltar Tojo, nado en Santiago de Compostela o 1 de abril de 1939 e finado en Vigo o 21 de agosto en 1993, foi un arquitecto galego.

Baltar, A Pastoriza

San Pedro Fiz de Baltar é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 129 habitantes, deles 70 eran homes e 59 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Baltar, Belesar, Vilalba

Baltar é un lugar da parroquia de Belesar, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2015 tiña 12 habitantes (6 homes e 6 mulleres).

Baltar, Cambás, Aranga

Baltar é un lugar da parroquia de Cambás no concello coruñés de Aranga na Comarca de Betanzos. Tiña 8 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 5 eran homes e 3 eran mulleres.

Baltar, Lesón, A Pobra do Caramiñal

Baltar é un lugar da parroquia de Lesón no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 54 habitantes (28 homes e 26 mulleres).

Baltar, Melide

Santiago de Baltar é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Melide. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 56 habitantes (30 mulleres e 26 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes.

Baltar, O Val, Narón

Baltar é un lugar da parroquia de Santa María a Maior do Val no concello de Narón na provincia da Coruña. Tiña 100 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 46 homes e 54 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2003 cando tiña 116 habitantes.

Neste lugar está o convento de Baltar.

Centristas de Galicia

Centristas de Galicia foi un partido político galego activo na provincia de Ourense entre 1985 e 1991. Xurdiu como escisión de Coalición Galega, aglutinaba a unha boa parte dos alcaldes da provincia procedentes da antiga UCD, presentouse en coalición co Partido Popular á maioría das eleccións, partido no que acabaría integrándose. Nas eleccións municipais de 26 de maio de 1991 formou con outras forzas a Converxencia Nacionalista Galega que acadou 137 concelleiros e 52.196 votos . En referencia á preparación do Congreso extraordinario de integración no PPdG Manuel Fraga Iribarne dixo que o nacionalismo ben entendido daba un gran paso .

Victorino Núñez que chegou a ser Presidente do Parlamento de Galicia e Xosé Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense tras a marcha do anterior, foron os seus principais dirixentes. En 1991 desaparece e intégrase no Partido Popular. No 2004, Xosé Luís Baltar dicía que pensaba en facer renacer este partido debido ós seus problemas co goberno de Fraga.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense é o órgano institucional propio da provincia de Ourense e engloba os 92 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Garabelos do Bouzo, Baltar

Santiago de Garabelos do Bouzo é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. En 2007 tiña 82 habitantes (45 homes e 37 mulleres), nove menos ca en 2000.

Niñodaguia, Baltar

San Lourenzo de Niñodaguia é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 56 habitantes (27 homes e 29 mulleres), 3 menos ca en 2010 (28 homes e 31 mulleres). En 2007 tiña 62 habitantes (31 homes e 31 mulleres), nove menos ca en 2000.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Serra do Larouco

A serra do Larouco é unha das serras do sur de Galiza. Ten orientación NE-SO e fai de límite entre A Limia e Portugal. Prolóngase cara ao norte até tocar a serra de San Mamede, entre as depresións da Limia e Monterrei.

É unha serra de cumios suaves que van gañando altura cara ao sur. Está formada principalmente por granito e por algunhas rochas metamórficas. Boa parte está cuberta de mato e piñeiro de repoboación. Consérvanse zonas de bosque de cerquiño, e destaca o bosque da Rousía, en Baltar.

O punto máximo de altitude é o Coto Farelo, con 1398 metros sobre o nivel do mar.

Tosende, Baltar

San Lourenzo de Tosende é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 112 habitantes, deles 58 eran homes e 54 eran mulleres, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

Vilamaior da Boullosa, Baltar

Santa María de Vilamaior da Boullosa é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 290 habitantes, deles 146 eran homes e 144 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 324 habitantes.

Xosé Luís Baltar

Xosé Luís Baltar Pumar, nado en Esgos o 10 de outubro de 1940, é un político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.