Balonmán Xiria

O Balonmán Xiria é a sección de balonmán da asociación polideportiva galega Xiria da localidade de Carballo (A Coruña), que actualmente[cando?] compite na 1ª División Estatal do balonmán español. Disputa os seus partidos como local no Pavillon da Zona Escolar da capital bergantiñana, cunha capacidade para aproximandamente 1200 espectadores.

A sección de balonmán da Asociación Deportiva Xiria foi fundada no ano 1984.

Na tempada 2010-11 o Xiria fixo historia ao clasificarse por primeira vez na súa historia para disputar a fase de ascenso á División de Honra B, a segunda categoría do balonmán no estado español por detrás da ASOBAL, conseguíndoo cun equipo formado por xogadores saídos da base do club[1][2].

Balonmán Xiria
Nome completoEscolas de Balonmán Xiria
(Sección de Balonmán da AD Xiria)
CidadeCarballo, Galicia Galicia
Historia1984-
Fundado1984
PavillónPavillón da Zona Escolar (800 espectadores sentados)
PresidenteGalicia Alejandro González Cousillas
AdestradorGalicia Marcos Rodríguez Seijido
CompeticiónPrimeira Nacional Grupo A
Cores               Verde, negro e branco
Sitio web
Sitio web oficial

Notas

  1. O Calvo consegue a súa maior xesta (La Voz de Galicia) (en galego)
  2. El Xiria arrolla al Novás y luchará por el ascenso (La Opinión de A Coruña) (en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Complexo Deportivo da Zona Escolar

O Complexo Deportivo da Zona Escolar ou Complexo Deportivo Vila de Noia, é un recinto polideportivo da localidade de Carballo (Galiza). Trátase do lugar emblemático do deporte carballés, inaugurado en 1989 e feudo das distintas seccións da AD Xiria (baloncesto, balonmán e voleibol). O Pavillón está construído coa piscina ao seu carón nun recinto único. O complexo conta cunha piscina climatizada inaugurada en 1987 (remodelada no 2009 para acoller tamén unha zona spa), un pavillón de parqué flotante e un ximnasio.

Balonmán masculino en Galicia
Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Pavillóns

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.