Baloncesto León

O Club Baloncesto León é un club de baloncesto profesional da cidade de León, Castela e León (España). Foi fundado en 1981. Actualmente xoga na Liga Adecco LEB Ouro, segunda categoría do baloncesto español.

Baloncesto León
Palacio Municipal de Deportes, León
Información xeral
Liga Liga LEB
Fundación 1981
Cores           Vermello e branco
Presidente Joaquín Rodríguez Hernández
Adestrador Javier de Grado
Patrocinador D.O. Rueda
Localización
Cidade España León
Pavillón Palacio de los Deportes (5 188)
Campionatos
Príncipe 1 (2007)
www.cbvalladolid.es

Véxase tamén

Ligazóns externas

Borja Pérez

Francisco de Borja Pérez Ouro, nado o 23 de xuño de 1976 na Coruña, é un ex-xogador profesional de baloncesto galego formado na canteira do Baloncesto León. Cunha estatura de 1,94 metros xogaba na posición de aleiro. É fillo de Alfredo Pérez, un dos xogadores máis importantes da historia do baloncesto estatal.

Chris Mortellaro

Christopher "Chris" Gino Mortellaro, nado o 25 de marzo de 1982 en Cocoa Beach (Florida, Estados Unidos) é un xogador profesional de baloncesto italiano que xoga para o Amici Pallacanestro Udinese da Serie A2 Basket. Cunha altura de 2,07 metros, xoga na posición de pivote.

Club Baloncesto Breogán

O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Leite Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga LEB tras descender en 2019 desde a Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Pavillón Municipal, é o Pazo dos Deportes, tamén sede oficial do club, que conta con capacidade para 7.500 espectadores, estando entre as dez canchas europeas con mellor media de asistencia. O seu actual presidente é Jesús Lázare, mentres que o director xeral é Tito Díaz. O club tamén dispón dun filial na liga EBA, o Club Estudiantes, contando ademais con múltiples equipos que xuntan a rapaces de tódalas idades, formando unha das mellores canteiras do Estado.

Estadio Municipal Reino de León

O Estadio Municipal Reino de León (chamado ata 2008 Nuevo Estadio Antonio Amilivia) é un estadio de fútbol, situado na cidade de León, en España. O estadio é de propiedade municipal e o seu equipo titular é a Cultural y Deportiva Leonesa, que milita actualmente en Segunda División B.

Harper Williams

Harper Terry Williams, nado o 25 de maio de 1971 en Bridgeport, Connecticut, é un ex-xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para Lobos Grises de la UAD da Liga Nacional de Baloncesto Profesional mexicana. Formado na Universidade de Massachusetts mide 2,01 metros, pesa 120 kg e xoga na posición de pivote.

Iker Urreizti

Iker Urreizti Aldalur, nado en Donostia o 26 de abril de 1975, é un ex-xogador de baloncesto profesional vasco. Mide 1,85 metros, pesa 70 kg e xogaba na posición de base.

Jacobo Odriozola

Jacobo Odriozola Losada, nado o 28 de marzo de 1973 en Santander, Cantabria, é un xogador profesional de baloncesto español que actualmente xoga para o Ventanas Arsan Estela da Liga EBA. Cunha altura de 1,95 metros xoga na posición de aleiro.

Javier Bulfoni

Javier Bulfoni, tamén coñecido como Tuky Bulfoni, nado o 26 de setembro de 1976 en Casilda (Provincia de Santa Fe, Arxentina), é un xogador de baloncesto arxentino. Actualmente xoga na posición de escolta no Atenas de Córdoba. Salienta a súa capacidade anotadora, con bo tiro na media e na longa distancia, así como por ser un bo defensor

Jesús Chagoyen

Jesús Chagoyen Latienda, nado o 21 de setembro de 1977 en Xerez da Fronteira, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o Río Natura Monbús da Liga ACB. Cunha estatura de 2,01 metros xoga na posición de pivote.

José Ángel Antelo

José Ángel Antelo Paredes, nado en Noia o 7 de maio de 1987, é un ex-xogador galego de baloncesto profesional. Xogaba de ala-pivote e mide 203 centímetros.

Liga LEB Ouro 2010-11

A tempada 2010-11 da LEB Ouro foi a 15ª edición da segunda competición nacional de liga de baloncesto en España coa denominación actual. O torneo estivo composto por 18 equipos, 3 deles galegos: o Obradoiro CAB, o CB Breogán e o C Ourense B.

O obxectivo de moitos dos equipos era acadar o ascenso á Liga ACB 2011-12, rematando a tempada regular na primeira posición da táboa, ou ben rematando entre a 2ª e a 9ª praza e logo gañando as eliminatorias do play offs polo ascenso.

Mike Higgins

Mike Higgins, nado en Grand Island (Nebraska) o 17 de febreiro de 1967, é un xogador de baloncesto estadounidense (con nacionalidade española). Mide 2,05 metros e pesa 115 kg.

Nacho Ordín

Ignacio Ordín Barrabes, nado en Monzón (provincia de Huesca) o 4 de xaneiro de 1978, é un xogador profesional de baloncesto aragonés que dende 2012 milita no ÉB Pau-Orthez da LNB Pro B francesa. Cunha altura de 1,85 metros xoga na posición de base.

Txemi Urtasun

José Miguel Urtasun Uriz, coñecido como Txemi Urtasun, nado o 30 de abril de 1984 en Pamplona, é un xogador de baloncesto profesional navarro. Mide 1,93 metros, pesa 90.5 kg e xoga na posición de escolta. O seu irmán xemelgo, Alex Urtasun, é tamén xogador de baloncesto profesional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.