Baldomero Cores

Baldomero Cores Trasmonte, nado en Cee o 14 de outubro de 1929 e finado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 2014, foi un avogado, xornalista, sociólogo, catedrático e escritor galego.

Baldomero Cores
Nacemento14 de outubro de 1929
 Cee
Falecemento24 de decembro de 2014
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado, sociólogo e escritor

Traxectoria

Natural do concello de Cee, trasladouse a Santiago de Compostela aos dez anos de idade, alí realizou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, na Escola Social de Santiago de Compostela e en Madrid estudou políticas na Universidade Central, foi profesor de socioloxía na Facultade de Ciencias Políticas da Complutense e catedrático de socioloxía na Universidade de Porto Rico (1968-1983).

Colaborou en numerosos medios xornais como La Noche, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e El Correo Gallego. .

En 1983 retornou da súa prolongada emigración para ser o primeiro letrado do recentemente creado Parlamento de Galicia, participando plenamente no desenvolvemento da lexislación galega.

Obras en galego

Ensaio

Obras colectivas

  • A memoria de Santiago, 2000, Xerais.

Obras en castelán

Ensaio

  • Sociología rural de Galicia, 1973.
  • Estatuto de Galicia: actas y documentos, 1976.
  • Sociología política de Galicia, 1976.
  • La devolución de Galicia: el Estatuto de ayer y hoy, 1977.
  • La sociedad incompleta: el drama de la capitalidad en Galicia, 1981.
  • Ramón Suárez Picallo: socialismo, galleguismo y acción de masas en Galicia, 1983, Edicións do Castro.
  • Los símbolos gallegos, 1986.
  • Alfredo Vicenti: Vida y Obra de un Gran Periodista, 2009.[1]

Notas

  1. Cores Trasmonte, Baldomero (2009). Alfredo Vicenti, vida y obra de un gran periodista (en castelán). Madrid: APM. ISBN 978-84-87641-40-4.

Véxase tamén

Ligazóns externas

14 de outubro

O 14 de outubro é o 287º día do ano do calendario gregoriano (288ºnos anos bisestos). Quedan 78 días para finalizar o ano.

24 de decembro

O 24 de decembro é o 358º día do ano do calendario gregoriano e o 359º nos anos bisestos. Quedan 7 días para finalizar o ano.

Alberto Fortes

Alberto Fortes López, nado en Pontevedra en 1964, é un escritor galego.

Alejandro Rodríguez Cadarso

Alejandro Rodríguez Cadarso, nado en Noia o 21 de agosto de 1887 e finado en Lubián (Zamora) o 15 de decembro de 1933, foi un médico e político galego que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

Bibiano Fernández Osorio-Tafall

Bibiano Fernández Osorio-Tafall, nado en Salcedo (Pontevedra) o 3 de decembro de 1902 e finado na Cidade de México o 13 de agosto de 1990, foi un científico e político galego.

Biblioteca 114

A Biblioteca 114 é un produto editorial formado por unha colección de 114 libros, tanto reedicións coma primeiras edicións, de autores galegos consagrados, en lingua galega e castelá, da Editorial Compostela-El Correo Gallego.

Cores

O topónimo galego Cores pode referirse a:

Cores, parroquia do concello de Ponteceso;

Cores, lugar de dita parroquia;

Cores, lugar da parroquia de Barcala do concello da Baña;

Cores, lugar da parroquia de Abalo do concello de Catoira;

Cores, lugar da parroquia de Deiro do concello de Vilanova de Arousa.Amais, como apelido pode referirse a:

Baldomero Cores, avogado, xornalista e sociólogo galego (1929-2014);

José Manuel Cores Tourís, político galego (n. 1958);

Montse Prado Cores, política galega (n. 1965).

El Eco de las Mariñas

El Eco de las Mariñas foi unha revista editada en Betanzos en 1956.

Finados en 2014

Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2014. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe non ordenada, véxase a categoría "Finados en 2014".

Francisco Otero Guldrís

Francisco Otero Guldrís, nado en Santiago de Compostela o 19 de setembro de 1928, é un avogado e xornalista galego.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Lar (Buenos Aires)

LAR foi unha revista primeiramente bimensual (despois trimestral e finalmente anual) da Asociación Galega de Beneficencia e Mutualidad, adscrita ao «Hospital Gallego» de Buenos Aires (1934-1963).

Manuel Vidán

Manuel Vidán Torreira, nado en Santiago de Compostela en 1924 e finado na Coruña o 29 de xullo de 2019, foi un filólogo e historiador galego.

Movemento popular da canción galega

O Movemento Popular da Canción Galega é unha plataforma que xorde no ano 1973 logo da disolución do grupo Voces Ceibes e dura apenas uns meses. Nel participaron músicos galegos de diversas tendencias que estaban comprometidos con Galiza e denunciaban a falta de liberdades, como Rodrigo Romaní, Antón Seoane, Emilio Cao, Pilocha, Luís Emilio Batallán, Bibiano e Miro Casabella, entre outros.

Os Pinos

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Pedrón de Ouro

Os premios Pedrón de Ouro, dende 1964, Pedrón de Honra e o Premio Modesto R. Figueiredo son os premios outorgados en Padrón polos membros da Fundación Pedrón de Ouro, fundada por Avelino Abuín de Tembra, Maximino Rodríguez Buján e Octavio Sanmartín Rodríguez, e que ten entre os seus membros a Manuel Caamaño Suárez e David Otero.

O Padrón de Ouro entrégase á personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis destacou na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou nunha traxectoria vital. O Premio Pedrón de Honra dáselle a residentes foráneos que destacasen coas súas achegas ao engrandecemento da nación e da cultura.

Ramón Lugrís

Ramón Lugrís Pérez, nado en Ferrol en 1932 e finado en Cidade Real o 2 de decembro de 2015, foi un xornalista, tradutor e ensaísta galego.

Ramón Vilas González

Ramón Vilas González, finado na Coruña o 28 de xaneiro de 1944, foi un avogado e político galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.