Balcón

Un balcón (do italiano: balcone, estada, andamio; este do xermánico: balcho, trabe; probabelmente cognato da verba persiana بالكانه bālkāneh ou a súa variante máis antiga پالكانه pālkāneh;[1]) é unha abertura feita desde o chan na parede dun cuarto, polo xeral cunha pequena plataforma que sobresae cara a fóra, amparada por unha varanda[2] Adoita estar sostido por columnas ou canzorros, e fechado mediante unha balaustrada.

Como alternativa, pode non sobresair do plano do muro, senón que constitúe unha superficie aberta dun andar alto, cunha balaustrada só na fronte, e paredes nos costados. Usualmente o acceso ao balcón faise mediante unha porta. A diferenza do patín e do corredor, o balcón non ten acceso dende a rúa mediante unha escaleira. A solaina é unha evolución do corredor, sempre cuberta, adornada e moi sólida con cantaría de pedra.

Edificio Mulder detalle balcón corrido
Balcón modernista (1907) na casa Mülder en Vigo.
Balcón (223606121)
Solaina en Allariz,a solaina é unha evolución dun corredor, semellante a un balcón, pero cuberto é máis longo.

Usos especiais do balcón

  • Algúnos balcóns están adaptados para propósitos cerimoniais, por exemplo o da Basílica de San Pedro en Roma, dende onde o Papa dá a súa beizón Urbi et Orbi.[3]
  • Nas igrexas, eran usuais os balcóns interiores chamados púlpitos para os rezos.
  • Nos teatros, un balcón era antigamente unha caixa sobre o escenario, mais actualmente o nome dáse unicamente a unha parte do auditorio, sobre o círculo das plateas e baixo a galería.
  • Nalgunhas localidades españolas, como por exemplo, Zaragoza ou Pamplona, é habitual que o pregoeiro das festas lea o seu discurso desde o balcón da Casa do Concello.[4]
  • Cando un deportista ou equipo deportivo dunha localidade gaña un trofeo de prestixio, tamén é tradicional que o celebre coa súa afección de seareiros, desde o balcón da Casa do Concello.[5] O mesmo pasa coa proclamación dos reis, Papas e gobernantes, (conmemoracións, posesións etc) etc.
  • É común nos balcóns colocar bandeiras, tanto oficiais nos edificios públicos, como en vivendas particulares con intencións políticas ou deportivas.

Galería de imaxes

Palacio de Rajoy, Santiago de Compostela, Coruña

Balcón no primeiro andar do Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.

Casa Milà shot

Balcón da Casa Milà en Barcelona, Cataluña.

Balcóns da Coruña

Balcóns e galerías na Coruña.

Pereira de Castro Fachada Rúa Triunfo 03

Balcóns da Casa Pereira de Castro (s.XVIII) en Vigo.

Balcón. Porta Faxeira. Santiago de Compostela

Antigo balcón en Santiago de Compostela.

Edouard Manet - The Balcony - Google Art Project

Édouard Manet: O balcón (Le balcon).

Romeo and juliet brown

Ford Madox Brown, balcón na súa famosa obra Romeo e Xulieta.

Júlia balkonja, Verona

O balcón de Xulieta en Villa Capuleti en Verona.

2014 02 13 14 13 13 Milano ITALY Palazzo Cusani balcone balcon photo Paolo Villa FOTO3970

Palazzo Cusani en Milán, Italia.

Valderas casa Caballeros fachada escudos lou

Balcón en Valderas (León).

2014 02 13 14 13 13 Milano ITALY Palazzo Cusani balcone balcon photo Paolo Villa FOTO3970

Palazzo Cusani en Milán, Italia.

Balcony granada

Balcón en Granada

Conjunt de Tres Edificis - 004

Balcón en forxa en Cataluña.

Balcony in Rome

Corido balcón en Roma.

Lisbon (Lisboa) Luca Galuzzi 2006

Balcóns con balaustradas de ferro fundido en Lisboa.

Balconies

Balcóns forxados en Cracovia, Polonia

Casa de Osambela

Casa de Osambela, Lima

Oscar Bluhm Auf dem Balkon

Auf dem Balkon (No balcón), de Oscar Bluhm

Notas

  1. Dehkhoda Persian Dictionary
  2. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?sinom=0&comezapor=balc%C3%B3n&simple=1 |título=Definición en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=09 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140911001806/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?sinom=0&comezapor=balc%C3%B3n&simple=1 |dataarquivo=11 de setembro de 2014 |urlmorta=si }}
  3. Urbi et orbi: (lat) á cidade e ao mundo
  4. "Pregón das Festas do Pilar desde o balcón do Concello de Zaragoza.". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2014.
  5. "Fernando Alonso celebra os seus triunfos desde o balcón do Concello de Oviedo.". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2007. Consultado o 09 de setembro de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Arnego, Vila de Cruces

Santa María de Arnego é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 35 habitantes (18 mulleres e 17 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 50 habitantes.

Asturias, patria querida

O himno de Asturias é o himno oficial do Principado de Asturias, segundo establece a Lei 1/1984 do 27 de abril. Trátase dunha canción popular, que estaba tan arraigada entre os asturianos que foi elixida finalmente como himno.

Casa Calvet

A Casa Calvet é un edificio deseñado por Antoni Gaudí, un dos arquitectos máis salientables do modernismo catalán. Atópase no número 48 da rúa de Casp, no Eixample de Barcelona, e data do ano 1899. Está catalogada como Ben Cultural de Interese Nacional.

O edificio foi construído para Andreu Calvet, un fabricante téxtil, e serviu tanto para o negocio, ó cal destinou a planta baixa e o soto, como para vivendas, nos andares superiores.

A Casa Calvet está considerada a obra máis conservadora do arquitecto. Segundo os expertos, a explicación atópase no feito de que Gaudí tiña que encaixar o edificio entre outros preexistentes e tiña que ter en conta que estaría situado nun barrio elegante. A simetría, o equilibrio e a orde que caracterizan a Casa Calvet non son habituais na obra gaudiniana. Malia isto, pódense ollar elementos modernistas, como por exemplo os dos frontóns curvilíneos do acabado da fachada, o balcón con tribuna de vidro e forxados que sobresae por riba da entrada ou a forma dos outros balcóns. As columnas que flanquean a entrada lembran carretes de fío, e constitúen unha alusión ó negocio téxtil da familia Calvet.

Cómpre destacar tamén os bustos dos tres santos patróns de Vilassar de Dalt, de onde eran os Calvet: Pedro de Verona (na honra do pai do dono), Xenxo de Arles, o notario, e Xenxo de Roma o actor. Foi o primeiro edificio galardoado polo Concello no Concurso anual de edificios artísticos (1899).

Os traballos de forxa son obra de Josep Perpinyà.

Casa Mülder

A casa Mülder é unha construción de 1907 situada no cruzamento das rúas Monteros Ríos con Pablo Morillo, en Vigo. Trátase do mellor exemplo de arquitectura modernista existente na cidade, que ten un rico patrimonio arquitectónico neste estilo.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Concello de Valencia

A Casa do Concello de Valencia (en valenciano Ajuntament de València) é a sede do Consello Municipal da cidade de Valencia. Domina a Praza de l'Ajuntament.

Edificio da Equitativa

O Edificio da Equitativa (La Equitativa) é un inmoble senlleiro que se atopa no chafrán das rúas Marqués de Valladares e Reconquista, no centro da cidade de Vigo. O edificio proxectouno en 1948 o arquitecto asturiano Manuel Cabanyes Mata nun estilo academicista monumentalista, con toques clasicistas, mantendo unha linguaxe característica desta etapa de posguerra con ornamentación que lembra o eclecticismo. O edificio foi deseñado para acoller a sede dunha compañía aseguradora (hoxe integrada en AXA) e vivendas.

La Equitativa era unha filial española da compañía de seguros estadounidense The Equitable Life Assurance Society of the United States. No século XIX a compañía coñecíase en España co nome La Equitativa de los Estados Unidos, porén o nome veuse acurtado a La Equitativa logo de que en 1898 o pobo arrincase o escudo dos EUA que decoraba o pazo madrileño da empresa por mor da guerra de Cuba.

Trátase dun edificio simétrico no cruzamento das rúas Marqués de Valladares e Reconquista, que forman un chafrán arredondado, onde o edificio ten a súa entrada principal. A fachada é de cantaría de granito galego, e conta con soto na baixada da rúa, planta terrea, un elevado entresollado, cinco andares e un andar adicional no chafrán a xeito de corpo torreado de decoración clasicista e rematado cun pavillón circular con columnas toscanas pareadas e unha fornela da deusa da xustiza, coa balanza na man e a verba Equitas gravada na peaña, símbolo da compañía aseguradora. Cómpre salientar as cornixas sobrevoadas,a primeira separa o entresollado do resto dos andares e a segunda rematando os andares antes de se elevar a torre. O segundo andar do chafrán ten un balcón corrido sustentado sobre canzorros. O entresollado ten unhas pilastras decorativas e grandes columnas par da porta principal que resaltan o uso comercial desta parte do edificio.

El Gastor

El Gastor é un municipio da provincia de Cádiz, en Andalucía. No 2008 tiña 1.900 habitantes. A súa extensión superficial é de 28 km² e dista 131 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Chámaselle Balcón dos Pobos Brancos, polas vistas que hai desde o monte do Algarín e o das Grajas, os dous cumios máis altos do territorio municipal.

Filgueira, Lalín

Santa María de Filgueira é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2011 tiña 410 habitantes (223 mulleres e 187 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.

Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Filgueira.

Firgas

Firgas é un concello español pertencente á provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado no norte da illa de Gran Canaria. Coñécese tamén como "o balcón do Atlántico" polas súas vistas sobre devandito océano e de todo o norte, leste e oeste da illa.

Fundouse en 1488 e politicamente está gobernado polo Partido Popular.

Liña Ribadeo - Vilaoudriz

A liña Ribadeo - Vilaoudriz foi unha liña de ferrocarril de vía estreita que discorría polo val do río Eo e a ría de Ribadeo levando material e persoas das minas de ferro de Vilaoudriz dende a actual Pontenova até o porto de Ribadeo. Promovida inicialmente pola Sociedad Minera de Villaodriz, ao cabo serviu tamén para o transporte de pasaxeiros. Tiña un percorrido de 33,867 km, e estivo activa entre 1903 e 1965.

Mesía

Mesía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.700 habitantes (1.342 homes e 1.358 mulleres) (2.918 no 2010, 3.102 no 2006, 3.174 no 2005, 3.216 no 2004, 3.240 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mesiense».

Minarete

O minarete, ou alminar, é o nome co que se coñecen ás torres das mesquitas, procede do árabe منار minār ou manār, o segundo directamente con adición do artigo árabe al- e o primeiro do francés minaret, tomado do turco, minare, que á vez tomouno do árabe. A verba árabe minar significa en realidade «faro», xa que no pasado adoitábase pendurar luces nos minaretes para orientar aos viaxeiros cara a cidade. En árabe a palabra que designa máis axeitadamente ao minarete é مئذنة mi'dhana, é dicir, lugar dende onde realízase o أَذَان adhan ou chamada da oración.

O seu principal labor é, polo tanto, facilitar que a máxima cantidade de xente posible oia cada unha das cinco chamadas diarias á oración. Para iso adoita ter na súa parte máis alta un balcón que o rodea, dende o cal o muecín ou almuédano (مُؤَذِّن mu'aḏḏin -"gritador"-) realizaba tradicionalmente a chamada á oración (صلاة salat) mediante a voz. Na actualidade, o almuédano foi substituído con frecuencia por un megáfono.

A forma dos minaretes varía segundo as zonas. No Magreb, as mesquitas adoitan ter só un, de planta cadrada, o exemplo máis fermoso é o antigo minarete da Gran Mesquita de Kairuán en Tunes. No oriente musulmán son habituais as mesquitas con máis dun, xeralmente dous ou catro, e de forma variable. Son característicos nos lugares de influencia otomá os esveltos minaretes de sección circular, cun balcón sobresaínte e un tellado cónico.

Monte Xalo

O monte Xalo é un dos cumios máis altos da zona litoral coruñesa, cunha altitude de 514 metros sobre o nivel do mar, que está no leste e aliñado coa meseta de Santa Comba.

Mota del Cuervo

Mota del Cuervo, coñecida turisticamente como "O Balcón da Mancha", atópase enclavado no centro de Castela-A Mancha, cunha distancia case equidistante a todas as capitais de provincia da rexión.

Caracterízase polos seus muíños de vento, e ao estar a uns 5 quilómetros da localidade de El Toboso, crese que estes puidesen ser os famosos "xigantes" contra os que loitou Don Quixote da Mancha, no libro escrito por Miguel de Cervantes. Son sete actualmente, sendo un," o zurdo" , o único que estivo en funcionamento.

Nerja

Nerja é un municipio e cidade da provincia de Málaga (Andalucía) e o pobo máis oriental da comarca da Axarquía. É un destino turístico pertencente á Costa do Sol. Ten unha poboación oficial de máis de 22.000 habitantes. Case un terzo dos residentes son estranxeiros, predominantemente ingleses.

Tarragona

Tarragona é unha cidade localizada ao sur de Cataluña, España, na costa mediterránea, na Costa Daurada. É capital da provincia de Tarragona e da comarca do Tarragonès.

Na época romana, foi capital da provincia Tarraconense, motivo polo que aínda conserva notables restos arqueolóxicos da época, como o anfiteatro ou as murallas. É xunto a outras doce poboacións españolas Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Torre de Celas de Peiro

A Torre de Celas de Peiro é o que queda en pé da fortaleza medieval de Vinseira, tamén coñecida como Torre de Vinseira Pequena ou Fortaleza dos Condes de Andrade. Sitúase na parroquia de Celas, no concello coruñés de Culleredo.

A fortaleza xa existía no ano 1395. Pertenceu á casa de Andrade, e aínda conserva escudo coas súas armas.

Tribuna (arquitectura)

A tribuna é a galería, solaina ou balcón elevado que hai nalgunhas igrexas desde o cal se pode asistir ós actos relixiosos. Adoita situarse no primeiro andar, por riba das naves laterais dos templos, coa súa mesma lonxitude e largura e aberta á nave central, onde só poden situarse os fieis. As tribunas servían para que personalidades ilustres asistisen ao culto sen entraren en contacto coa plebe. O lugar elevado de onde falan os oradores, chámase tamén tribuna ou púlpito.

Utilizouse profusamente, especialmente nas grandes construcións de arquitectura bizantina, románica e gótica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.