Balcáns

Os Balcáns é o nome histórico e xeográfico que se usa para designar o sueste de Europa. A rexión ten unha superficie total de 550 000 km² e unha poboación de preto de 53 millóns de habitantes. Presenta unha orografia de abrupta. De feito, a rexión tomoa o nome da cordilleira dos Balcáns, que se estende desde o centro de Bulgaria até o leste de Serbia, no seu límite occidental, e até o mar Negro pola parte oriental.

Por outra parte conforma unha península que, aínda non respondendo ao modelo clásico de península, xa que non está unida ao continente europeo por medio dun istmo, é unha denominación aceptada para designar a rexión, que tamén se coñece como a península Balcánica ou península dos Balcáns.

Balkan topo en
Rexión dos Balcáns.

O sueste de Europa

A causa das connotacións negativas do termo "Balcáns" (debido ás guerras dos Balcáns do século XX), frecuentemente úsase o termo Sueste de Europa. A utilización deste termo está crecendo día a día e, así, encontramos unha iniciativa da Unión Europea do ano 1999 denominada Pacto de estabilidade para o Sueste de Europa, e o diario electrónico Balkan Times cambiou o ano 2003 o seu nome polo de Southeast European Times.

O uso deste termo para designar a península Balcánica (e non máis que esta área) tecnicamente ignora a presenza xeográfica de Romanía e Ucraína, que tamén están situades no sueste do continente europeo.

Fronteiras

A fronteira norte da península Balcànica xeralmente se considera que está definida pola liña formada polos ríos Danubio, Sava e Kupa.

Os mares Adriático, Xónico, Exeo e Nergro limítana polo oeste, suroeste, suerte e leste, respectivamente.

Historia

Os países que compoñen a rexión comparten gran parte da súa historia. Así, foron parte do Imperio romano de oriente, logo do Imperio bizantino, despois do Imperio otomán e finalmente viviuse aló unha nova explosión nacionalista ó desaparecer Iugoslavia como país, na derradeira década do século XX.

A complicada situación que se viviu no lugar dende o século XIX, e maiormente na segunda metade do vinte, deu orixe ao termo balcanización, que se extrapola na xeopolítica para definir a rotura dun estado de xeito violento, ou na informática para definir, por exemplo, a subdivisión da Internet en enclaves separados,[1].

Composicíón política actual

Balkans-political1
Mapa político dos Balcáns no 2004 (non aparecen delimitados nin Kosovo nin Montenegro).

Os países que se asocian coa zona dos Balcáns xeralmente son os seguintes:

Flag of Albania.svg
Albania
Flag of Bosnia and Herzegovina.svg
Bosnia e Herzegovina
Flag of Bulgaria.svg
Bulgaria
Flag of Greece.svg
Grecia
Flag of North Macedonia.svg
Macedonia do Norte
Flag of Montenegro.svg
Montenegro
Flag of Serbia.svg
Serbia
Flag of Turkey.svg
Turquía (só a Turquía europea, tradicionalmente denominadanada Rumelia ou Tracia Oriental)

Ademais, frecuentemente inclúense tamén na lista:

Flag of Romania.svg
Romanía e
Flag of Slovenia.svg
Eslovenia

Algunhas rexións dos países incluídos nesta lista como estados balcánicos poden ser, nalgúns aspectos, moi diferentes á rexión balcánica en xeral e, por tanto, frecuentemente algúns países da periferia desta gran rexión prefiren que non se lles chame países balcánicos. É o caso de Romanía e Eslovenia, pero tamén, ás veces, de Croacia e Grecia.

PeninBalca2008
Os Balcáns en verde, no 2008.

Actualmente forman parte dos Balcáns os seguintes países:

Países relacionados

Outros países non incluídos na rexión balcánica, pero que teñen ou tiveron un papel importante na súa cultura, historia e na súa situación xeopolítica, son os seguintes:

Véxase tamén: Austria-Hungría.
Véxase tamén: Austria-Hungría.
Véxase tamén: Dalmacia, Zadar e Estado libre de Fiume.
Véxase tamén: Historia de Serbia.

Notas

  1. New IAB chair fears Internet 'balkanization' Arquivado 20 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Network World (en inglés)
  2. O 17 de febreiro de 2008 o Parlamento kosovar, nun acto unilateral, declaraba a escisión da entón provincia de Serbia, dando lugar á creación dun novo Estado independente baixo a supervisión dos Estados Unidos e a Unión Europea. (véxse:World court backs Kosovo breakaway. Morning Star on line Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. e Sejdiu says Kosovo could apply for UN membership next year. SETimes.com, (en inglés) Consultadas o 16/12/2011). A diferenza da primeira declaración de independencia de Kosovo acontecida o 7 de setembro de 1990, só recoñecida polas autoridades albanesas, a derradeira declaración xa foi recoñecida por máis de 47 países a data do 7 de agosto do 2008, entre os que se achan Costa Rica, Afganistán, os Estados Unidos, o Reino Unido, Francia, Alemaña, Turquía, Bélxica, Perú, Polonia, Suíza, Austria e Dinamarca, sen contar os demais países nos que o recoñecemento está pendente. Porén, existen 18 países, incluíndo Arxentina, Bolivia, Casaquistán, Chipre, España, Kirguizistán, Romanía, Rusia, Serbia, Sri Lanka, Taxiquistán, Vietnam e Venezuela que rexeitaron esplicitamente o recoñecemento da república. Serbia declarou que retiraría todos os seus embaixadores dos países que recoñeceron a independencia de Kosovo.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Banac, Ivo (1992): "Historiography of the Countries of Eastern Europe: Yugoslavia", in American Historical Review 97 (4) outubro 1992, páxs. 1084–1104. University of Chicago Press.
  • Banac, Ivo (1984): The National Question in Yugoslavia: Origins, History, Politics. Ithaca. NY: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-9493-2.
  • Carter, Francis W., ed. (1997): An Historical Geography of the Balkans. Academic Press.
  • Fine, John V. A., Jr. (1983): The Early Medieval Balkans: A Critical Survey from the Sixth to the Late Twelfth Century
  • Fine, John V. A., Jr. (1987): The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest. Ann Arbor: University of Michigan Press.
  • Jelavich, Barbara (ç1983): History of the Balkans. Cambridge University Press.
  • Jelavich, Charles e Jelavich, Barbara, eds. (1963): The Balkans In Transition: Essays on the Development of Balkan Life and Politics Since the Eighteenth Century. University of California Press.
  • Mazower, Mark (2000): The Balkans: A Short History. Modern Library Chronicles. New York: Random House ISBN 0-679-64087-8.
  • Stavrianos, L. S. e Traian Stoianovich (2000): The Balkans since 1453. New York: New York University Press. ISBN 978-0-8147-9766-2.

Outros artigos

Ligazóns externas

Bosnia (rexión)

Bosnia (Bosna en serbocroata latino / Босна, en serbocroata cirílico) é unha rexión xeográfica dos Alpes Dináricos, que comprende a parte norte do actual país de Bosnia e Herzegovina.

Bosnia e Hercegovina

Bosnia e Hercegovina (en bosníaco, croata e serbio latino: Bosna i Hercegovina, en cirílico: Босна и Херцеговина) é unha república federal dos Balcáns, que limita ao norte, oeste e sur con Croacia, ao leste con Serbia, e ao sueste con Montenegro, dispoñendo aínda dunha minúscula extensión de litoral, no Mar Adriático.

O poboación do país está composta por tres "pobos constituíntes" diferenciados, os bosníacos, o maior dos tres, en segundo lugar os serbios e finalmente os croatas. A distinción entre bosníaco e hercegovino é considerada simplemente rexional e, en ningún momento, unha distinción étnica. O país está politicamente descentralizado e consta de dúas entidades de goberno principais, a Federación de Bosnia e Hercegovina e a República Serbia, sendo o pequeno Distrito de Brčko unha terceira entidade de facto.

Antigamente foi unha das seis unidades federais que constituían a República Federal Socialista de Iugoslavia, obtendo a súa independencia durante as guerras iugoslavas da década de 1990. O estado podo ser descrito como unha república democrática federal, sendo un dos candidatos potenciais para ser membro nun futuro da Unión Europea e da OTAN.

Bulgaria

Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.

A actual Bulgaria inclúe partes das provincias romanas de Mesia, Tracia e Macedonia. A súa forma de goberno funciona como unha democracia parlamentaria dentro dunha república unitaria constitucional.

Europa Oriental

As conferencias de Ialta (4 de febreiro - 11 de febreiro de 1945) e de Potsdam (17 de xullo - 2 de agosto de 1945), dividiron Europa en dúas grandes áreas políticas. Nos países da Europa Oriental impuxéronse no goberno os partidos comunistas coa axuda, ás veces, do Exército Vermello.

Estes países, afíns ideoloxicamente, organizáronse no:

COMECON (Consello de Axuda Mutua Económica), creado en 1949 como resposta ó Plan Marshall (programa de créditos brandos dos EUA ós países de Europa Occidental).

Pacto de Varsovia, alianza militar constituída en 1955 como resposta á Alianza Atllántica ou OTAN.Na actualidade desapareceron tanto o COMECON como o Pacto de Varsovia. Os países de Europa Oriental estánse a integrar na Unión Europea e na Alianza Atlántica de xeito constante e progresivo trala caída do pano de aceiro.

Galacia

A antiga Galacia (grego Γαλατία) foi unha área das terras altas da península de Anatolia, na moderna Turquía. Galacia recibe o nome dos invasores galos chegados dende Tracia, que se estableceron alí e se converteron na caste dominante no século -III, seguindo a invasión celta dos Balcáns no -279. Tamén foi chamada a "Galia" do leste, xa que os historiadores romanos chamaron ós seus habitantes Galli (Galo ou Celta). Os termo gálatas é un exónimo, e o termo co que se denominaban a si mesmos é descoñecido.

Guerras iugoslavas

As guerras iugoslavas foron unha serie de conflitos no territorio da antiga Iugoslavia, que se sucederon entre 1991 e 2001. Comprenderon dous grupos de guerras sucesivas que afectaron ás seis antigas repúblicas iugoslavas. Termos alternativos en uso inclúen a guerra dos Balcáns, a guerra na antiga Iugoslavia, guerras iugoslavas de secesión ou raramente a terceira guerra balcánica (un termo acuñado polo xornalista británico Misha Glenny, aludindo ás guerras dos Balcáns entre 1912 e 1913).

As guerras caracterizáronse polos conflitos étnicos entre os pobos da antiga Iugoslavia, principalmente entre os serbios por unha banda e os croatas, bosnios e albaneses polo outro; aínda que tamén nun principio entre bosníacos e croatas en Bosnia e Hercegovina. O conflito obedeceu a causas políticas, económicas e culturais, así como á tensión relixiosa e étnica.

As guerras Iugoslavas terminaron con gran parte da antiga Iugoslavia reducida á pobreza, con desorganización económica masiva e inestabilidade persistente nos territorios onde ocorrían as peores loitas. As guerras foron os conflitos máis sanguentos en chan europeo desde o fin da segunda guerra mundial, resultando nunhas 300.000 mortes e millóns máis sacados dos seus fogares. Foron tamén os primeiros conflitos desde a segunda guerra en ser formalmente xulgados os xenocidas e moitos dos individuos claves participantes foron consecuentemente acusados por crimes de guerra.

As guerras iugoslavas poden dividirse en dous grupos de conflitos diferentes:

Guerras durante o desmembramento da República Federal Socialista de Iugoslavia

Guerra dos Dez Días (ou guerra de Independencia eslovena) (1991)

Guerra croata de independencia (1991-1995)

Guerra de Bosnia (1992-1995)

Guerras en áreas poboadas por albaneses

Guerra de Kosovo (1999)

Conflito do sur de Serbia (2001)

Guerra de Macedonia (2001)

Invasión celta dos Balcáns

Grupos de galos, provenientes de varias tribos da Cultura de La Tène, comezaron migrar con dirección sueste cara á Península dos Balcáns, a partir do século -IV. Aínda que os asentamentos celtas concentráronse na metade occidental da Chaira panónica, houbo incursións e asentamentos notables dentro da península balcánica.

A partir das súas novas bases no norte de Iliria e Pannonia, as invasións galas culminaron no século -III coa invasión de Grecia. A invasión de Grecia no ano -279 foi precedida por unha serie de campañas militares dirixidas cara o sur dos Balcáns e contra o Reino de Macedonia, favorecido polo estado de confusión que se seguiu a partir da complexa sucesión de Alexandre o Grande. Unha parte da invasión cruzou Anatolia e acabaron por instalarse na zona que despois veu a ser chamada Galacia.

Iugoslavia

Iugoslavia (serbocroata: Југославија ou Jugoslavija: etimoloxicamente eslavos do sur) foi un estado situado na cordilleira dos Balcáns tras a disolución do Imperio Austrohúngaro.

En 1918 fundouse o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. En 1929 trocou o nome a Reino de Iugoslavia, ata que foi invadido polas potencias do eixe en 1941, pasando a ser dividido entre elas, quedando só, cunha certa autonomía, o Reino de Croacia, un estado títere de Italia, e unha pequena parte de Serbia, como protectorado alemán.

Tras a derrota do eixe, esa zona foi liberada por guerrilleiros partisanos e, a última hora, tropas do Exército Vermello en 1945. Estableceuse un estado comunista co nome República Federal Socialista de Iugoslavia.

Este estado non puido sobrevivir á caída do bloque oriental, e na Terceira Guerra dos Balcáns (1991 - 2001), Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia e Macedonia do Norte pasan a ser nacións independentes.

O resto do país refundouse como República Federal de Iugoslavia para, despois, ser coñecido como Serbia e Montenegro, ata a separación destes dous países, en 2006.

Lingua serbocroata

O serbocroata ou bosníaco-croata-serbio, é unha lingua eslava a falada principalmente en Serbia, Montenegro, Croacia e Bosnia e Hercegovina. É unha lingua pluricéntrica con catro variedades estándar mutuamente intelixibles.

Historicamente, os dialectos eslavos meridionais formaron un continuo dialectal. A turbulenta historia da área, particularmente despois da expansión do Imperio Otomán, deu lugar a un mosaico de diferenzas dialectais e relixiosas. Por mor das migracións de poboación, o dialecto štokavski converteuse no máis estendido nos Balcáns occidentais, introducíndose nas áreas ocupadas polos dialectos čakavica e kajkavica (ó tempo que formaba a lingua eslovena no noroeste). Bosníacos, croatas e serbios diferéncianse pola relixión, e historicamente estiveron baixo o poder de señores estranxeiros. Durante este período, a lingua tiña gran variedade de nomes, como "eslavo", "ilirio", ou dependendo da rexión "bosníaco", "serbio" e "croata", este último en combinación con "eslavonio" ou "dálmata".

Linguas célticas

As linguas célticas son as linguas que descenden do protocéltico, ou "céltico común", unha rama da gran familia lingüística indoeuropea. Durante o primeiro milenio antes de Cristo, faláronse ao longo de toda Europa, dende a baía de Biscaia e o mar do Norte, entre o Rin e o Danubio ata o Mar Negro e a parte alta da península dos Balcáns, e mesmo Asia Menor (Galacia).

Hoxe en día, as linguas célticas ven limitada a súa extensión a algunhas áreas das Illas Británicas, ao leste do Canadá, a Patagonia, algúns grupos nos Estados Unidos e Australia, e na península de Bretaña. Actualmente fálanse en Europa seis linguas célticas, dúas delas "recuperadas" despois de desapareceren completamente. Das seis só o gaélico irlandés é oficial en Irlanda. O gaélico escocés e, máis ca ningún o galés posúen certo status legal e protección. O bretón continental fica desprotexido mentres perde falantes e o córnico e o manés están rexurdindo despois de se daren por extintos.

Linguas eslavas

As linguas eslavas son un grupo subgrupo lingüístico das linguas indoeuropeas pertencente ós eslavos, estas linguas fálanse ó longo da Europa do leste, nalgunhas zonas dos Balcáns, Europa central e no norte de Asia.

Macedonia (rexión histórica)

Macedonia é unha rexión xeográfica e histórica da Europa sudoriental que desde hai séculos permaneceu dividida en varias rexións e estados.

O termo "Macedonia" foi fonte de confusión e de debate debido aos porque se usou para nomear, ao longo do tempo, múltiplas e diversas áreas xeográficas, políticas, históricas, lingüísticas e demográficas. Os diversos grupos étnicos que viven na zona denominaron da mesma maneira a diversas entidades e de diferentes formas a unha única entidade, o que xera problemas tanto para os seus habitantes como para os estranxeiros.

Historicamente, a rexión estivo marcada polos continuos cambios políticos durante a historia da península Balcánica. En canto á xeografía, non existe unha definición clara dos límites da rexión e os nomes das súas subdivisións non son aceptadas nin por académicos nin polos seus propios habitantes. No caso da demografía, na zona habitan principalmente catro grupos étnicos, tres dos cales autodefínense como "macedonios": un grupo sudeslavo, que o fai a nivel nacional, e un búlgaro e outro grego, que o fan a nivel rexional. Lingüisticamente, os nomes e orixes das linguas faladas na zona son tema de gran controversia, mentres que no mundo político, o uso do nome de Macedonia xerou incluso unha intensa disputa diplomática entre os estados de Grecia e Macedonia do Norte, conflito que se mantén sen solución definitiva a pesar da intervención das Nacións Unidas.

Máis alá da natureza histórica e sen fronteiras da rexión, Macedonia pode considerarse sen ambigüidades como o corazón dos Balcáns. A raíz diso, a razón da variedade de nomes e definicións poden resumirse nas palabras de Winston Churchill: "A rexión dos Balcáns ten a tendencia a producir máis historia da que pode consumir".

Macedonia do Norte

Macedonia do Norte (en macedonio: Северна Македонија; en albanés: Maqedonia e Veriut), oficialmente República de Macedonia do Norte (en macedonio: Република Северна Македонија), é un país europeo situado na península dos Balcáns, resultante do despezamento da República Federal Socialista de Iugoslavia. Limita ao norte con Serbia, ao leste con Bulgaria, ao sur con Grecia e ao oeste con Albania. A súa capital é Skopje.

En 1991, a antiga República Socialista de Macedonia proclamou a súa independencia da República Federal Socialista de Iugoslavia baixo o nome oficial de República de Macedonia. Este uso do término foi rexeitado por Grecia, debido á coincidencia do nome do país coa histórica rexión grega de Macedonia. O país converteuse en membro da Organización das Nacións Unidas, mais como consecuencia da disputa con Grecia foi admitido co nome provisorio de Antiga República Iugoslava de Macedonia (en macedonio: Поранешна Југословенска Република Македонија), expresión que foi empregada por outras organizacións internacionais. En xuño de 2018, Macedonia e Grecia asinaron o acordo de Prespa, que estipulaba que o país debía cambiar o seu nome a República de Macedonia do Norte erga omnes. Este cambio entrou en vigor o 12 de febreiro de 2019 cunha transición de varios meses para os pasaportes, matrículas, moedas, aduanas, sinais de fronteira e páxinas webs gobernamentais inter alia.O país é ademais membro do Consello de Europa e candidato a ingresar na Unión Europea e na OTAN.

Mesia

Mesia foi o nome de varias provincias romanas creadas na rexión histórica de Mesia (latín: Moesia) polo Imperio romano. Durante a súa longa historia, a provincia romana de Mesia sufriu varias configuracións que variaron segundo as ameazas externas as que debeu enfrontarse.

Montenegro

Montenegro (en montenegrino: Crna Gora/Црна Гора) é unha república montañosa situada nos Balcáns, na costa do mar Adriático. Dende o 4 de febreiro de 2003, despois da disolución de Iugoslavia, estableceuse como uns dos estados membros da Federación de Serbia e Montenegro, mais o 21 de maio de 2006 nun referendo o 55,5% da poboación votou pola independencia do país, sendo declarada oficialmente a independencia o 3 de xuño dese mesmo ano en Podgorica.

Esta pequena nación ten unha superficie de 13.812 km² e 616.258 habitantes segundo o seu último censo oficial de 2003, dos cales preto de 139.100 viven na capital, situada na cidade de Podgorica. Limita con Albania, Bosnia e Hercegovina, Croacia e Serbia (incluíndo Kosovo). O 10 de setembro de 2006 celebráronse as primeiras eleccións logo da súa independencia. Nelas o primeiro ministro montenegrino cando a secesión, Milo Đukanović, resultou vencedor cunha maioría abonda no parlamento para gobernar.

Pobo serbio

Os serbios (en serbio: Срби; Srbi) son un grupo étnico eslavo que se formou nos Balcáns. A maioría de serbios habita na nación estado de Serbia (cunha minoría en Kosovo), así como en Bosnia e Hercegovina, Montenegro e Croacia. Tamén forman minorías significativas en Macedonia do Norte e Eslovenia. Existe unha importante diáspora serbia en Europa Occidental, e fóra de Europa hai comunidades en América do Norte e Australia.

Os serbios comparten moitos trazos culturais co resto de pobos do sueste de Europa. Son maioritariamente de relixión cristiá ortodoxa. A lingua serbia é oficial en Serbia, cooficial en Kosovo e Bosnia e Herzegovina, e tamén é falada en Montenegro.

Serbia e Montenegro

Serbia e Montenegro foi un estado federal situado nos Balcáns, descendente directo da Iugoslavia e composto polas repúblicas da Serbia e de Montenegro. Confinaba ao norte con Hungría, ao leste con Romanía e Bulgaria, ao sur coa Macedonia do Norte e Albania e ao oeste co mar Adriático (a través do cal contactaba con Italia), Bosnia e Hercegovina e Croacia. A capital do país era a cidade de Belgrado.

Tracia

Tracia (en grego Thrákē ) é unha rexión do sueste de Europa, na Península dos Balcáns, ao norte do Mar Exeo, situada na actual Grecia e na Turquía europea.

No seu momento, esta rexión histórica estendíase desde Macedonia ata o Mar Negro e o Mar de Mármara; e desde o mar Exeo ata o Danubio. Ocupa a punta do sueste da Península Balcánica e comprende o Nordeste de Grecia, o sur de Bulgaria, e a zona europea de Turquía. Os seus límites variaron nos diferentes períodos. As montañas Ródope separan a Tracia grega da búlgara e o río Maritsa separa a Tracia turca da grega.

As cidades principais da zona son Istambul, Gallipoli, Edirne (antes Adrianópolis) e Tekirdag, todas elas en Turquía. Na zona grega distínguense Komotene, Janto e Alexandrópolis como as cidades máis grandes. A rexión de Tracia é esencialmente agrícola. Alí prodúcese tabaco, arroz, trigo, algodón, seda, aceite de oliva e froitas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.