Balaústre

Un balaústre[1] é cada unha das pequenas columnas que sosteñen o peitoril ou a varanda dos balcóns, corredores, solainas, escaleiras etc[2]. Forman no seu conxunto, unidas co traveseiro superior ou pasamáns, a balaustrada.

Son un paso máis na evolución dunha simple varanda de esteos de madeira ou ferro, son pois elementos de ornamentación moi usados na arquitectura que tem como base unha tendencia estética, por exemplo romana, francesa, grega ou outra. Consecuentemente a súa forma pode ser en pilastra abaulada, en estilo ou estampa grega panhelénico, xónico con entalles romanos ou unha forma ecléctica contemporánea cun toque gótico etc. Tamén existe a tipoloxía formal composta por pilastra recta, sen entalles ou só abaulada lisa, ou sexa, sen referencia a un estilo estético específico.[3][4]

En Galicia forman parte da evolución das varandas sinxelas de madeira dos patíns e corredores da casa tradicional, cara as solainas de pedra traballada que aparecen en pazos e casas grandes. Tamén aparecen balaustradas traballadas nos balcóns de diferentes edificios en vilas e cidades, así coma en escaleiras públicas e elementos de igrexas e catedrais.

Ademais das balaustradas de pedra, o proceso moderno consiste en crear unha balaustrada de formigón, cun molde de plástico ríxido, dividido en dúas partes ou único, premoldado, onde se adiciona unha mestura de cemento, area e grixo de pequeno tamaño, ás veces enxertando no seu interior unha armazón de ferro a fin de dar estabilidade ao conxunto. Despois de vinte e catro horas desenmóldase con coidado.

Os balaústres non só teñen un uso práctico como parapetos, varandas ou peitorís, senón que son elementos ornamentais, reflectindo o estilodo conxunto arquitectónico onde se insere.

Muzeo Quiñones de León. Shtona balkonego de la domo de Concepción Arenal
Solaina da casa de Concepción Arenal, actualmente atópase no Parque de Castrelos, en Vigo.
Orna138-Docken-Baluster
Diferentes tipos de balaústres.

Galería de imaxes

Spain.Santiago.de.Compostela.Catedral.Portico.01

Balaustradas na Catedral de Santiago de Compostela (Praza da Quintana de Mortos).

Pazo de Trasariz, Vimianzo

Solainas con balaústres no Pazo de Trasariz, en Vimianzo.

Pontevedra-Alameda-Balaustrada e esmaltes

Balaustrada na Alameda de Pontevedra.

Pazo de Mariñán, balaustrada

Balaústres do Pazo de Mariñán.

Obeliscos

Pináculos nunha balaustrada en Lisboa.

Terraza en lado noroeste

Balaustrada traballada.

Burgos - San Esteban, interior 10

Balaustrada plateresca do coro da igrexa de Santo Estevo (Museo del Retablo) de Burgos, España.

Fachada Estanislao Durán

Balcóns con balaustrada na Casa de Estanislao Durán, na Rúa do Príncipe de Vigo.

Notas

  1. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=bala%C3%BAstre&sinom=0&homonimo= |título=Definición en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=21 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141021165654/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=bala%C3%BAstre&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=21 de outubro de 2014 |urlmorta=si }}
  2. Definicións en Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 eVocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  3. "What Is a Balustrade? What is a Baluster?" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2013.
  4. "Balaustrada é:". colegiodearquitetos.com.br (en portugués). Consultado o 12 de agosto de 2013.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rudolf Wittkower, «The Renaissance baluster and Palladio» en Palladio and English Palladianism (Londres, ed. Thames and Hudson, 1974.)

Outros artigos

Abegondo

Abegondo é un concello da provincia e comarca da Coruña. Está no partido xudicial de Betanzos e forma parte do consorcio das Mariñas e da área metropolitana da Coruña. Limita con Cambre, Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Mesía, Ordes e Carral. Abegondo ocupa 87,9 km2 de terreo, que se reparte en 19 parroquias.

En 2017 tiña unha poboación de 5467 persoas. O norte do concello é o máis poboado.

A metade norte do concello delimítano o río Barcés e o Mero. Vai subindo de altitude cara o sur, pasando dos 100 aos 400 metros de altitude en Vizoño. Boa parte das augas do encoro de Cecebre están nas súas parroquias do norte: Orto e Crendes. O encoro e as ribeiras do ríos Barcés e Mero están declarados como espazo natural ZEC encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto de ancoraxe na AP-9 en Folgoso foi declarado de interese xeolóxico polo perfil estratigráfico da serie de Ordes que mostra. Abegondo forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo.

Entre o patrimonio destacan os castros e mámoas e o posible paso da calzada romana Vía XX per loca marítima por Vizoño, as minarías de ouro no Barcés, a Torre Figueroa e as Torres de Peito Bordel do século XII, o pazo de Quiroga do XVII ou os Cruceiros Bonitos. Dúas variantes do Camiño Inglés, seguen os Camiños Reais e pasan por Abegondo desde A Coruña e Ferrol. Os abegondeses Antonio de Parga e Juan Armada foron ministros nos reinados de Fernando VII e Afonso XIII.

En Mabegondo están o Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo e a cidade deportiva do Deportivo da Coruña.

O xentilicio local é «abegondés»/«abegondesa»

Catedral de Ourense

A catedral de Ourense, baixo a advocación de san Martiño, é un templo católico situado na cidade de Ourense, sede da diocese do mesmo nome. É de estilo románico de transición con influencias cistercienses nalgúns aspectos arquitectónicos e mateanos no eido escultural, pero no que se realizaron numerosas modificacións posteriores.

O templo foi construído como unha fortaleza defensiva, como adoitaba facerse nos edificios relixiosos da época. Pódese comprobar esta concepción na estrutura das torres orixinais e nas ameas que coroaban os muros, das que aínda queda algunha mostra se ben a maioría foron eliminadas durante as reformas posteriores.

Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931 e recibe os honores de basílica desde 1867, por Breve Pontificio do papa Pío IX asinado o 30 de xuño dese ano . Está rexistrada como Ben de Interese Cultural co código RI-51-0000771.

Compás (debuxo)

Un compás é un instrumento de debuxo técnico que se pode utilizar para realizar círculos ou arcos. Tamén se pode utilizar como unha ferramenta para medir distancias, en particular nos mapas. Os compases empréganse en matemáticas, para debuxo, navegación e outros fins.

Os compases fabrícanse xeralmente de metal, e constan de dúas partes unidas por un gonzo, palmela ou bisagra que se pode axustar. Normalmente, unha parte ten unha punta no seu extremo, e a outra un lapis ou, ás veces, un bolígrafo. Os círculos poden facerse apertando a punta do compás no papel, apoiando o lapis no papel e movéndoo ao redor mentres se mantén a bisagra coa mesma apertura. O raio do círculo pode axustarse cambiando a apertura da bisagra.

As distancias pódense medir nun mapa utilizando compases con dúas puntas. A bisagra axústase de tal maneira que a distancia entre as puntas no mapa representa unha certa distancia na realidade, e medindo cantas veces o compás se axusta entre dous puntos no mapa pódese medir a distancia entre ditos.

En cantería e escultura utilízase un compás de canteiro para copiar as dimensións dunha escultura ou dunha pedra tallada e poder reproducila. Existen tanto compases para copiar dimensións exteriores como para copiar dimensións interiores.

Fachada do Obradoiro

A fachada do Obradoiro é a fachada principal, orientada ó Oeste, da Catedral de Santiago de Compostela, resultado de sucesivas modificacións sobre a construción orixinal desde os séculos XVI e XVII e rematada por Fernando de Casas Novoa entre 1738 e 1750.

A fachada converteuse no símbolo da catedral e da cidade de Santiago de Compostela. Proba da súa representatividade é o gravado que aparece no reverso das moedas españolas de 1, 2 e 5 céntimos de euro.

Hiato (gramática)

Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo.

En galego pode haber hiato nos seguintes casos:

Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer).

Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica. Neste caso a sílaba tónica está marcada con acento gráfico: raíña (ra-í-ña), dúas (dú-as), acotío (a-co-tí-o), saúde (sa-ú-de), díese (dí-e-se), posúe (po-sú-e), correúdo (co-rre-ú-do).

Dúas vogais pechadas e o acento recae sobre a segunda (agás que a secuencia vaia precedida dos fonemas /k/ ou /g/). Neste caso a sílaba tónica é marcada cun acento gráfico: diúrno (di-úr-no), miúdo (mi-ú-do), oriúndo (o-ri-ún-do), viúvo (vi-ú-vo), muíño (mu-í-ño), xuízo (xu-í-zo). E nas formas flexionadas destas palabras ou nos derivados delas, aínda que estean en posición átono: miudezas (mi-u-de-zas), axuizar (a-xu-i-zar), muiñeiro (mu-i-ñei-ro).Emprégase a diérese para marcar un hiato (ruptura dun ditongo) na primeira e segunda persoa do plural do imperfecto de indicativo dos verbos rematados en -aer, -oer, -aír, -oír e -uír: moïamos, moïades. Os exemplos anteriores teñen catro sílabas e contrastan na pronuncia e na escrita (grazas a que a diérese ten función diacrítica) co presente de subxuntivo dos mesmos verbos (moiamos, moiades) que teñen tres sílabas.

Pazo de Anzuxao

O pazo de Anzuxao atópase no lugar de Anzuxao, na parroquia de Madriñán, pertencente ao concello de Lalín.

O pazo está construído en cantaría de granito de pequeno tamaño con perpiaño nos cantos, ten planta en L e conta cunha escaleira lateral e galería con balaústre de pedra. Conta ademais cunha pequena capela con espadana, solaina, hórreo, lareira e pombal.

As orixes do pazo remóntanse a 1713 e relaciónase coa familia Andrade.

O escudo da fachada procede do pazo de Calzada (Bendoiro). Na actualidade a carón do pazo está situada unha fábrica de derivados lácteos.

Pazo de Cristal do Retiro

O Pazo de Cristal é un edificio construído no 1887 no madrileño Parque do Retiro, co gallo da Exposición das Illas Filipinas, celebrada ese ano.

Peitoril

O peitoril ou antepeito, como elemento arquitectónico, é a parede que pecha a parte inferior dunha fiestra. Tamén adoita designar o parapeto ou muro, á altura do peito, que se coloca como protección en balcóns, terrazas, pozos, beiras das pontes etc. Sendo designada normalmente de varanda cando está formada por unha armazón de madeira, ferro, ou outro material Por extensión a repisa que forma o oco dunha ventá na parte inferior onde se apoian as persoas recibe os nomes de peitoril, antepeito ou soleira.

Ademais antepeito ou peitoril é o elemento de protección que se coloca nun lugar perigoso, normalmente por estar na beira dun desnivel, formando unha barreira que ofrece unha seguranza tanto psicolóxica como real.

Santiso, Lalín

San Román de Santiso é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 256 habitantes (128 mulleres e 128 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 290 habitantes.

Santiso foi a primeira parroquia do concello de Lalín en realizar a concentración parcelaria en 1989 e na que naceron o último alcalde republicano de Lalín, Xesús Golmar, e o actor e director Juan Orol.

Varanda

Este artigo trata sobre a armazón de protección, para o arame ou similar que se utiliza para secar a roupa véxase Tendal.

Unha varanda é unha armazón de balaústres, barras ou elementos semellantes que a xeito de protección se coloca en balcóns, solainas, corredores, escaleiras etc. Cando o parapeto de protección é sólido (pedra ou formigón) adoita recibir o nome de peitoril ou antepeito.

A varanda segue o perímetro da estrutura cunha altura constante permitindo apoiarse grazas ao seu traveseiro superior chamado de pasamáns. Na súa forma actual, as varandas constitúen unha evolución das solucións típicas aplicadas a edificios populares de inicios do século XIX.

A varanda constitúe un elemento de feche ou separación de estrutura lixeira que pola súa configuración permite o paso da luz non impedindo así as vistas. Na Arquitectura popular de Galicia son comúns as varandas de madeira nas escaleiras interiores e nas escaleiras exteriores que soben aos patíns e corredores, tamén de pedra traballada nas solainas (balaustradas); e de pedra ou metal nos balcóns. As pontes e pontellas tradicionais galegas adoitaban ter peitorís de pedra máis ca varandas de madeira ou ferro.

Por extensión tamén recibe o nome de varanda (antepeito ou peitoril) o elemento de protección ou parapeto que se coloca nun lugar perigoso, normalmente por estar na beira dun desnivel, formando unha barreira que ofrece unha seguranza tanto ou máis psicolóxica como real, especialmente nas estradas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.