Baixa Idade Media

A Baixa Idade Media é o período histórico que abrangue a historia europea dende o século XII ata o século XV. Comeza coa batalla de Hastings en 1066, fundación do reino de Inglaterra, e remata co xurdimento do Renacemento en Italia e España. Como data de remate empréganse dúas datas, ben a conquista de Bizancio polos otománs en 1453 ou o descubrimento de América por Cristovo Colón o 12 de outubro de 1492.

Historia (occidente)
Protohistoria
Idade Antiga Antigüidade clásica
Antigüidade tardía
Idade Media Alta Idade Media
Baixa Idade Media
Plena Idade Media
Crise da Idade Media
século XV
Idade Moderna
século XVI
século XVII
século XVIII
Idade Contemporánea século XIX
século XX
século XXI

En Europa

  • O feudalismo como predominante sistema económico en Europa. Neste sistema, os señores feudais tiñan relacións de vasalaxe con señores feudais menos importantes e co pobo, o sistema de vasalaxe comprendía dende o pago de taxas e impostos ata o servizo militar en favor do señor.
  • As cruzadas, dende o 1095 (Urbano II) organízanse varias Cruzadas para conquistar Terra Santa. Os inicios destas guerras eran dados polo Papa e constituíanse mediante a colaboración de nobres de varios países e ordes de cabalería.
  • Extensión de ordes monásticas e fundación de mosteiros.
  • Nas artes destacan os estilos románico e gótico.
  • No século XII e XII xorden a burguesía como clase social debido ó incremento do comercio e a que moitas cidades tiñan protección directa dos reis.
  • A peste negra 1347-1351.
  • Lírica galaico-portuguesa

Comezo da Idade Moderna

A conservación dos escritos clásicos gregos e romanos nos mosteiros polo contacto co mundo musulmán, fan brotar autores precursores do Renacemento como Dante ou Petrarca. A aparición da imprenta como elemento unificador de cultura e a maior capacidade adquisitiva da burguesía que é empregada no mecenado, sobre todo en Italia, fan que se transforme a mentalidade medieval. Os reis comezarán a ter máis poder e definitivamente aparecerán estados unificados mediante leis, antepoñéndose intereses de Estado ós intereses feudais.

Véxase tamén

Outros artigos

Alta Idade Media

A Alta Idade Media ou Idade Media Antiga é o período histórico que vai do ano 476 despois de Xesucristo, cando se produce a Caída do Imperio Romano ata o 1066, cando Guillerme de Normandía conquista Inglaterra e considérase que comeza a Baixa Idade Media.

Calendario xermánico

Os calendarios xermánicos eran os calendarios rexionais utilizados polos primitivos pobos xermánicos, antes de que adoptaran o calendario xuliano na baixa Idade Media.

Os pobos xermánicos tiñan as súas propias designacións para os meses, as cales variaban segundo a rexión e o dialecto, estas denominacións foron posteriormente substituídas por adaptacións locais dos nomes dos meses romanos. Os rexistros existentes dos nomes dos meses en inglés antigo e alemán antigo remóntanse ós séculos VIII e IX, respectivamente. Os rexistros máis antigos dos nomes dos meses en antigo nórdico remóntanse ó século XIII. Ó igual que a maioría dos calendarios premodernos, a asociación utilizada na cultura xermánica primitiva posiblemente foi lunisolar. O calendario rúnico desenvolvido en Suecia é lunisolar, fixando o comezo do ano coa primeira lúa chea logo do solsticio de inverno.

Os nomes dos meses non coinciden, polo que non é posible postular nomes dunha etapa en xermánico común, excepto posiblemente o nome do mes da primavera e do inverno, *austr- e *jehul-. Os nomes das estacións son tamén xermánico común, *sumaraz, *harbistoz, *wentrus, e talvez *wēr- "primavera". As denominacións en xermánico común de "día", "mes" e "ano" eran *dagaz, *mēnō-þ- "Lúa" e *jǣrom. As dúas últimas proveñen de raíces protoindoeuropeas *me(n)ses-, *iero- mentres que *dagaz é unha innovación xermánica dunha raíz que significa "que se atopa quente, que queima".

Tácito na súa obra Xermania (cap. 11) dá algúns datos sobre como os pobos xermánicos do século I identificaban os días. En contraste co uso romano, eles consideraban que o día comenzaba co solpor, un sistema que na Idade Media foi coñecido baixo o nome de "asociación florentina". Este mesmo sistema era utilizado polos galos segundo se describe nas Commentarii de Bello Gallico de Cesar.

"Xuntábanse, agás en caso de emerxencia imprevista, en certos días fixos, coa lúa nova ou a lúa chea; xa que eles consideraban a estes os días máis auspicios para realizar transaccións comerciais. No canto de guiarse polos días coma nós, eles referíanse ás noites, deste xeito eles fixaban tanto os seus compromisos ordinarios como tamén os legais. Eles consideran a noite como a orixe do día."Por outra parte, o concepto de semana foi adoptado polos romanos cara o século I, as distintas linguas xermánicas adoptaron o sistema grecorromano de nomear os días da semana segundo os planetas clásicos, enxertando calcos semánticos para os nomes dos planetas, substituíndo os nomes dos deuses xermánicos nun proceso denominado interpretatio germanica.

Capitanía Xeneral de Galicia

A Capitanía Xeneral de Galicia coñecida tamén como VIII Rexión Militar ten a súa orixe no reinado dos Reis Católicos, cando foi creada para substituír ao cargo de Adiantado Maior do Reino da Baixa Idade Media e os condes da Alta Idade Media.

Casa de Andrade

A casa de Andrade foi unha liñaxe da nobreza galega, que acadou o seu auxe na Baixa Idade Media. Os primeiros membros desta liñaxe aparecen nomeados a mediados do século XII, nos Tombos dos mosteiros de Caaveiro e Monfero. Collen o nome da freguesía, logo couto, de Andrade, situada entre os dominios de ambos os dous mosteiros. Na actualidade, dita freguesía é unha parroquia do concello de Pontedeume.

Casa de Valois-Borgoña

A casa dos Valois-Borgoña é unha rama menor da dinastía Valois.

Os Valois-Borgoña, duques de Borgoña, tiveron a súa orixe cando Xoán II de Francia (tamén duque de Borgoña como Xoán I) entregou como feudo o ducado de Borgoña ao seu fillo menor, Filipe o Atrevido.

A política expansionista dos membros desta dinastía deu lugar ao poderoso Estado borgoñón na baixa Idade Media e o Renacemento.

Distínguese da Casa de Borgoña dos Capetos, descendentes de Roberto II de Francia, aínda que ambas as casas pertenceron á dinastía dos Capetos.

Castela

Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.

A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.

Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).

Castelo de Soutomaior

O castelo de Soutomaior é un castelo medieval do século XII, lugar de orixe e centro de poder dunha das liñaxes máis significativas da Galicia medieval, os Soutomaior.

Catarismo

O catarismo é un movemento relixioso de tipo dualista que arraigou especialmente en Languedoc (Occitania) durante a Baixa Idade Media. Cátaro significa puro e os seus seguidores practicaban un gran rigorismo moral renunciando ás riquezas materiais, á sexualidade e afastándose da sociedade xerárquica eclesial co apoio da nobreza local, que vía neles un factor de deslexitimación do poder dos bispos da Igrexa Católica e do rei de Francia, que se disputaban o poder na nación occitana. Tamén son coñecidos como albixenses pola centralidade que para eles tivo a cidade de Albi nese país, hoxe parte da Francia actual.

Dordrecht

Dordrecht (en neerlandés [ˈdɔr.drɛχt] (AFI), escoitar) é unha poboación de Holanda Meridional, nos Países Baixos. Ten 118.390 habitantes (segundo informes do 31 de decembro de 2008) e é a terceira cidade máis poboada da provincia despois de Rotterdam, A Haia. Case coa mesma poboación que Zoetermeer.

Foi fundada en 1008 por Dirk III e até 1200 non se lle conferiu o título de cidade, ao converterse en residencia dos Condes de Holanda. Durante a baixa idade media tivo grande importancia comercial, en competencia con Bruxas. Isto debeuse aos beneficios concedidos polos Condes de Holanda, que a fixeron unha importante partícipe no comercio hanseático, de forma que se estabeleceron nela comerciantes ingleses, bálticos e de Aquitania. Foi nesta cidade onde en 1572 proclamar a independencia das Provincias Unidas e onde en 1618 un sínodo reformado estableceu as bases da Igrexa Holandesa de tendencia calvinista, ao que seguiu inmediatamente unha persecución relixiosa contra os protestantes arminianos, que acabou coa execución, encarceramento ou exilio de moitos deles.

Na actualidade é un importante centro industrial diversificado (construción naval, electrónica, produtos alimentarios e abonos, química, maquinaria pesada) e un importante porto fluvial sobre o Merwede.

Hyperpyron

O hyperpyron (do grego: νόμισμα ὑπέρπυρον; "moeda moi refinada") foi unha moeda de ouro en uso durante a Baixa Idade Media, instituída pola reforma monetaria de Aleixo I en 1092, que substituíu o sólido bizantino ou nomisma como moeda base do sistema monetario áureo do Imperio Bizantino ata a súa desaparición no século XIV.

Idade Moderna

A Idade Moderna queda comprendida entre dúas datas simbólicas:

1453, Caída de Constantinopla ou 1492 Descubrimento de América.

1789, Revolución francesa.Pero a Idade Moderna non comeza dun xeito brusco ou repentino. Existe dacabalo da Baixa Idade Media e da Idade Moderna, un período de transición chamado Renacemento. Con el, prodúcese un cambio notable en tódalas ordes da actividade humana.

Son características da Idade Moderna as seguintes:

Consolidación das nacionalidades.

Formación de grandes imperios coloniais, como consecuencia dos descubrimentos xeográficos e da forza política do absolutismo.

A loita contra toda potencia que quixera impo-la súa hexemonía (primeiro España e logo Francia), ata chegar ó equilibrio do século XVIII.

Aparición e desenvolvemento das ideas liberais fronte ó absolutismo monárquico que desembocaría na Revolución francesa.

Morgado

O morgado é a práctica de repartir a herdanza de xeito desigual, transmitindo a parte principal dos bens a un dos herdeiros, tradicionalmente o primoxénito home. O morgado instaurouse en Galiza na Baixa Idade Media como parte do proceso da formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval. Estes bens tiñan carácter inalienable e indivisible, debendo permanecer para sempre no seo da familia.

Peste negra

A peste negra foi unha epidemia concreta de peste que chegou a Europa, a China, o Medio Oriente e outras rexións do Mundo durante o século XIV (1347-1350), matando un terzo da poboación da Europa e proporcións probabelmente semellantes noutras rexións.

A peste non só decimou a poboación senón que destruíu a brillante civilización europea da baixa Idade Media, da construción das catedrais e do Feudalismo e Mercantilismo, que foi substituída pola bastante diferente civilización dos Descubrimentos e do Renacemento, logo que a poboación volveu medrar.

Durante o período de revolución que causou, cuestionáronse institucións como a Igrexa católica, prosperaron novas formas de relixión místicas e de pensar e minorías inocentes como os leprosos e os xudeus foron perseguidas e acusadas de seren a causa da peste.

Pobo británico

Os británicos son os cidadáns do Reino Unido, dos Territorios Británicos de Ultramar das dependencias da Coroa e o seu descendentes. A lei nacional británica é a que goberna ás persoas de cidadanía e nacionalidade británica, que pode ser adquirida, por exemplo, por ser descendente de británico. Cando o termo é usado nun contexto histórico pode refererirse ós britanos celtas, os habitantes indíxenas de Gran Bretaña e Bretaña, cuxos superviventes son os modernos pobos galés, córnico e bretón.Malia que as primeiras identificacións como británicos datan da Baixa Idade Media, non foi até a creación do Reino de Gran Bretaña en 1707 cando xurdiu o sentido de identidade nacional británica. A noción británica forxouse durante as guerras napoleónicas entre o Reino Unido e o Primeiro Imperio Francés, e desenvolveuse durante a época vitoriana. A complexa historia de formación do Reino Unido creou un "sentido particular de nacionalidade e pertenza" en Gran Bretaña e Irlanda; A británica converteuse nunha "identidade superimposta en identidades anteriores", como a inglesa, a escocesa, a galesa e a irlandesa, cuxas particularidades culturais resistiron a homoxeneidade da identidade británica. Por mor das duradeiras divisións etnosectarias, a identidade británica en Irlanda do Norte é controvertida, pero é mantida firmemente polo sector unionista da sociedade.Os británicos modernos son descendentes de diversos grupos étnicos que se asentaron nas Illas Británicas antes do século XI: poboacións prehistóricas, britanos, romanos, anglosaxóns, nórdicos e normandos. A progresiva unificación política das Illas Británicas facilitou o intercambio migratorio, cultural e lingüístico, ademais dos matrimonios mixtos entre ingleses, escoceses e galeses durante a Idade Media, a Idade Moderna e posterior. Dende 1922 produciuse un proceso de inmigración cara ó Reino Unido por xente procedente da República de Irlanda, da Commonwealth, da Europa continental e doutros lugares. Eles e os seus descendentes son maioritariamente británicos, e manteñen unha identidade británica, dobre o dual ou múltiple.Os británicos son unha sociedade diversa, multinacional e multicultural, con "fortes acentos, expresións e identidades rexionais". A estrutura social do Reino Unido cambiou radicalmente dende o século XIX, cun declive da relixiosidade, un crecemento da clase media, e a partir da década de 1950, un incremento da diversidade étnica. A poboación do Reino Unido rolda os 62,5 millóns, cunha diáspora de 140 millóns concentrada en Australia, o Canadá, Suráfrica, Hong Kong, Nova Zelandia, os Estados Unidos de América, Irlanda, Francia e España.

Sala do hidromel

Na antiga Escandinavia e na Europa xermánica unha sala do hidromel ou sala do festín foi inicialmente unha construción longa cunha sala sinxela. Dende do século V ata a baixa Idade Media esta clase de construcións era a residencia dun señor e os seus servos. A sala do hidromel era xeralmente a gran sala dun rei. Como tal, era considerado o lugar máis seguro do reino.

Século XII

século XI < século XII > século XIII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1101 e o 31 de decembro de 1200. Marca o inicio da Baixa Idade Media.

Durante este século en toda a Europa occidental tivo lugar un ciclo demográfico expansivo sostido, que se mantivo no século seguinte.

Torre da Lanzada

A Torre da Lanzada, é o resto dunha torre-castelo de orixe medieval construída polos meiriños de Iria Flavia no Salnés para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media.

Torres de Oeste

As Torres de Oeste son un sitio arqueolóxico composto polas ruínas consolidadas dunhas torres de orixe romana que serviron de enclave fundamental para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media.

Trátase dun castelo de acceso libre e uso turístico e foi declarado Monumento Nacional.

Valaquia

Valaquia (ás veces coa grafía Wallachia ou Walachia; en romanés: Țara Românească - literalmente "país romano"; e tamén Vlahia ou Valahia; en turco: Iflak) foi un principado romanés de Europa oriental dende a Baixa Idade Media ata mediados do século XIX.

A súa capital cambiou co tempo, de Curtea de Arxeș a Târgoviște e finalmente a Bucarest.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.