Baixa Bretaña

A Baixa Bretaña (Breizh Izel en bretón e Basse-Bretagne en francés) é a parte occidental da Bretaña histórica. Correspóndese coa parte da Bretaña que tradicionalmente conservou e fala o bretón. Nin a Alta Bretaña nin a Baixa Bretaña existen oficialmente, xa que non representan límites administrativos, senón que se basean nas fronteiras lingüísticas entre o bretón e o galó.

Dialectes Breton
Mapa coa Baixa Bretaña representada en cores vivas segundo os límites lingüísticos do galó e o bretón en 1950. Os diferentes tons de gris representan a perda progresiva do emprego da lingua bretoa en favor do galó. Nótese que os límites entre a Baixa e a Alta Bretaña fóronse desprazando pouco a pouco cara ó oeste.

Extensión

Comprende o actual departamento de Finistère, así como tamén as partes máis occidentais de Morbihan e Côtes-d'Armor. Segundo a división histórica da Bretaña, abranguería os "países" Bro Gernev, Bro Leon, Bro Dreger, Bro Gwened e Bro Sant Brieg.

Véxase tamén

Outros artigos

Alta Bretaña

A Alta Bretaña (Haùtt-Bertaèyn en galó, Breizh-Uhel en bretón e Haute-Bretagne en francés) é a parte oriental da Bretaña histórica.

Tradicionalmente, correspóndese coa parte da Bretaña que perdeu o bretón en favor do galó. Neste extremo este, o bretón é moi pouco falado, mesmo nas áreas rurais. A lingua propia é o galó, que na actualidade está case totalmente desprazado polo francés.

Anatole Le Braz

Anatole Le Braz, nado en Saint-Servais (Côtes-d'Armor) o 2 de abril de 1859 e finado en Menton o 20 de marzo de 1926, foi un escritor bretón en lingua bretoa.

Bagad

Un bagad é unha formación musical bretoa inspirada nas bandas de gaitas escocesas. Adoitan compoñerse de tres seccións instrumentais: Binioù bras (semellante á gaita escocesa), bombarda e percusión. Segundo o tamaño e importancia do bagad, a sección de percusión pode tamén dividirse en percusión tradicional e percusión non tradicional (batería e caixa).

Bretaña

A Bretaña (en francés Bretagne) é unha rexión administrativa do oeste da Francia cunha longa costa litoral entre o Canal da Mancha e mailo Océano Atlántico. O seu nome en bretón é Breizh e en galó Bertaèyn. Os seus habitantes chámanse bretóns.

Ortografía do bretón

A ortografía bretoa (en bretón doareoù-skrivañ ar brezhoneg) é a transcrición do bretón, lingua céltica da familia indoeuropea falada na Baixa Bretaña, en alfabeto latino. Foi obxecto de varias reformas e intentos de normalización sucesivos e ás veces concorrentes: polos xesuítas no século XVIII, polos autores do Renacemento bretón do século XIX e os intentos durante o século XIX de lograr unha ortografía unificada ás veces contraditoria no respecto ás variedades dialectais da lingua (leoneg, tregerieg, gwenedeg e kerneveg).

Pobo bretón

Os bretóns son un grupo étnico que habita na rexión histórica da Bretaña, en Francia. A súa orixe como pobo procede dos grupos de britónicos que emigraron dende o suroeste de Gran Bretaña, incluíndo Cornualles, para fuxir da invasión dos pobos xermánicos. Tamén descenden dos antigos galos e en menor medida dos viquingos. Emigraron en diversas ondas dende o século III até o IX (a maioría entre os anos 450 e 600) cara a Armórica, que foi chamada Bretaña por eles.A lingua tradicional deste pobo é o bretón (brezhoneg), falado na Baixa Bretaña (a parte máis occidental da península). Hoxe, o bretón é falado por menos de 200 000 persoas. A outra lingua propia dos bretóns é o galó, unha lingua que só se fala Alta Bretaña, onde o bretón é menos dominante. Como unha das linguas britónicas, o bretón está estreitamente relacionado co córnico e máis forma máis distante co galés, mentres que o galó é unha lingua de oïl románica. No presente, a lingua nativa da maioría dos bretóns é o francés.

Vannes

Vannes (en bretón: Gwened, e en galó: Van), é un concello francés situado na costa sur da Bretaña. Está situada na Baixa-Bretaña e é a prefectura do departamento do Morbihan. Centro económico e destino turístico, cunha poboación de 52.683 habitantes (2007), é a quinta cidade da Bretaña. A cidade está construída en anfiteatro no fondo do golfo de Morbihan. A cidade antiga está rodeada de murallas e agrúpase ao redor da catedral San Pedro.

Xavier Pardo

Xavier Pardo Bedía, nado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1903, e finado na Coruña o 3 de xullo de 1969, foi un óptico, xornalista e escritor galego.

Céltico continental
Céltico insular
Mesturadas
Áreas celta-falantes
Educación inmersiva
Reconstrución

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.