Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés[4]. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Coordenadas: 42°7′9.39″N 8°50′59.05″O / 42.1192750, -8.8497361

Baiona
Bandeira de Baiona
---
Escudo de Baiona
Vista do porto de Baiona desde Monterreal-cropped
Panorámica do porto de Baiona.
Situacion Baiona
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación12.134 hab. (2018)
Área34,5 km²
Densidade351,71 hab./km²
Entidades de poboación49
Capital do concelloBaiona
Política (2019[2])
AlcaldeCarlos Gómez Prado (PSdeG)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 6
Outros: NB 2, C's 1
Eleccións municipais en Baiona
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes28,48%
Na rede
www.baiona.org

Etimoloxía

A orixe do topónimo Baiona foi, historicamente, froito de innumerábeis controversias. Estudos recentes[quen?] parecen relacionar a orixe deste co próximo río Baíña.[Cómpre referencia] O seu primeiro elemento "bai" derivaría do indoeuropeo "ibai" que significa veiga ou río. O segundo elemento "onna" procede do celta e significa fonte ou río, ou ben pode tratarse dun sufixo prerromano aumentativo. Así pois o topónimo de Baiona sería unha voz híbrida e tautolóxica coas posíbeis combinacións dos termos río, veiga ou fonte.[Cómpre referencia] Con todo, o nome usado ata 1201 foi o de Erizana.

Xeografía

Limita cos concellos de Nigrán, Gondomar e Oia. Diferéncianse dúas zonas, o interior, que se ergue até altitudes que superan os 600 m no Alto da Groba e no alto da Gabiñeira e a costa, bañada polo océano Atlántico e con outeiros que permiten enxergar a ría e as Illas Cíes. A parte norte desta é rochosa e nela atópanse illotes como Illa Carral, Illa Negra ou Illas Polbeiras; na parte sur hai sobre todo praias.

Os ríos son todos pequenos, destacando o río da Groba, que, nun tramo, serve de límite con Gondomar e o río Miñor, que desauga na baía de Baiona. As temperaturas son suaves.

Praias
Nome Localización Parroquia Blue Flag Logo.svg
2016
[5]
Imaxe
Praia Ladeira 42°6′49.71″N 8°49′40.83″O / 42.1138083, -8.8280083 Santa Cristina da Ramallosa Blue Flag Logo.svg Praia Ladeira
Praia de Santa Marta 42°6′52.29″N 8°50′18.70″O / 42.1145250, -8.8385278 Baíña Bandeira Azul, Praia de Santa Marta, Baiona
Praia da Ribeira 42°7′16.90″N 8°50′57.30″O / 42.1213611, -8.8492500 Baiona Baiona, Praia da Ribeira
Praia de Barbeira 42°7′23.85″N 8°50′54.19″O / 42.1232917, -8.8483861 Baiona Blue Flag Logo.svg
Praia dos Frades 42°7′32.68″N 8°51′6.63″O / 42.1257444, -8.8518417 Baiona Blue Flag Logo.svg Baiona, praia, Os Frades
Praia da Cuncheira 42°7′20.79″N 8°51′6.35″O / 42.1224417, -8.8517639 Baiona Baiona, praia, A Cuncheira

Historia

Fundación e Idade Antiga

Segundo a lenda, a vila de Baiona foi fundada no ano 140 a.C. por Diomedes de Etolia, fillo do fundador de Tui. Este deulle o nome de Abobriga.[6]

Nesta época, os romanos dominan á Península Ibérica e estes decidiron expulsar ós cartaxineses. Para combater as protestas, o cónsul Flavio Serviliano chegou ó recinto fortificado de Erizana, que era como entón se chamaba Baiona. Tamén no 60 a.C., Xulio César e as súas tropas, amarraron en Erizana para atacar ós herminios que estaban refuxiados nas Illas Cíes.

O rei visigodo Recaredo, conquístaa e anexiónaa ó seu reino.

Idade Media

Afonso IX. Escultura en Baiona Galiza
Afonso VIII, por Oliveira, en Baiona.

Entre os anos 730 e 750, é dominada polos árabes. Pérdena grazas a Afonso I de Asturias, aínda que no 997 volve caer en mans árabes pola súa importancia xeográfica, por culpa do rei Almanzor.

O 7 de maio de 1201 o Afonso VIII de León e Galicia asina nas Illas Cíes, concedéndolle a Carta Póboa, na que se permite o troco de nome do primitivo núcleo Erizana a Baiona. Ademais concedeulle privilexios e foros ós habitantes, deixando de estar baixo ó Mosteiro de Santa María de Oia.

No 1331, foi atacada polo almirante portugués Pezaña e no 1370, Fernando I de Portugal fixa a súa residencia na fortaleza de Monterreal.

Logo de pasar por uns momentos de desfeita polas guerras e disputas, en 1425 Xoán II de Castela outorgoulle ao porto o privilexio, compartido coa Coruña, de carga e descarga de mercadorías procedentes do exterior.

En 1474, foi asaltada por Pedro Madruga, Pedro Álvarez de Soutomaior, e constrúe unha torre na fortaleza de Monterreal. E en 1475, o rei Afonso V de Portugal, xunto cos baioneses, réndese ante ós Reis Católicos.

O 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Cristóbal García Sarmiento, logo de extraviarse no medio do Atlántico, tocou porto por primeira vez aquí ao regreso da primeira viaxe de Colón; sendo así, o primeiro lugar de Europa en ter a noticia do descubrimento de América.

Idade Moderna

No 1497, os Reis Católicos concedéronlle ós 650 habitantes da vila a exención de servir na Armada de Castela, a licenza de emprender pola súa conta a guerra en corso e o dereito de vivir na fortaleza de Monterreal, para protexerse das invasións estranxeiras. Amais concedéronlle a Baiona os títulos de Nobre e de Leal Vila.

No século XVI, Baiona tomou importancia sendo cabeza de Partido. Os habitantes deixaron de vivir na fortaleza. No ano 1553, 56 navíos franceses atracaron no porto e no 1540, unha peste minguou a poboación. No ano 1585 o corsario inglés Francis Drake atracou na península de Santa Marta coa intención de tomar á península de Monterreal, mais os miñoranos (liderados por Pedro Sarmiento de Acuña, o Conde de Gondomar), acabaron coa súa intención.

O rei Filipe II, mercou o feudo do Val Miñor, e concedeulle os privilexios de exención para servir na Armada Real, a creación dunha Cátedra de Gramática e a armada de 1.000 soldados, para acabar cos piratas.

Nos século XVII e XVIII, Baiona converteuse no principal porto da costa sur galega e a costa norte portuguesa. Todo isto traía beneficios, pero tamén prexuízos como: porto onde se cre que amarraron os galeóns da batalla de Rande ou ser tomada polo mariscal francés Soult. Ademais, os baioneses axudaron na Reconquista de Vigo.

Idade Contemporánea

En 1823 deixou de ser a cabeza do Val Miñor, e constituíuse como tal o municipio de Baiona. En 1859 o Estado acabou coa fortaleza militar, abríndose unha poxa pública na que a adquiriu José Elduayen, marqués do pazo da Mercé. En 1880 Manuel Misa e Bertemati doou un edificio que pasou a funcionar como escola. O seu irmán, Ventura Misa, fundou en Xerez da Fronteira as adegas do viño de Xerez.

En 1910 colocouse a primeira pedra da Virxe da Rocha, e o 14 de setembro de 1930 inaugurouse a obra deseñada polo arquitecto Antonio Palacios. En 1936, logo do alzamento nacional, foron fusilados nove miñoranos en Baredo. En 1943 a casa consistorial instaurouse na casa da Correa.

En 1966 inaugurouse o Parador Nacional de Baiona, despois de mercarlle o Ministerio de Información e Turismo o castelo de Monterreal ós herdeiros de Brediñana.

Sabarís, escudo no mercado
Escudo de Baiona, no mercado de Sabarís.

Símbolos

O escudo municipal foi aprobado mediante o Decreto 65/2005 de 31 de marzo e publicado no DOG (Diario Oficial de Galicia) o 15 de abril de 2005.[7] O boi fai referencia á Monte do Boi e a carabela representa La Pinta, o buque que arribou en Baiona coa nova do Descubrimento de América. Os escudos máis antigos atopados áchanse na capela de Santa Liberata, construída no ano 1695.

A bandeira municipal está composta por catro triángulos, os superiores e inferiores son azuis e os dereitos e esquerdos, vermellos. Data desde 1591, grazas a unha carta de Filipe II ó marqués de Cerralbo. O seu uso caeu a mediados do século XIX. Volveu ondear no concello en 1981.

Demografía

O 25 % da poboación vive na capital, Baiona.

Censo total 2014 12.072 habitantes
Menores de 15 anos 1.725 (14.29 %)
Entre 15 e 64 anos 8.147 (67.49 %)
Maiores de 65 anos 2.200 (18.22 %)
Evolución da poboación de Baiona   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.423 5.596 6.420 9.702 11.337 12.154 12.258 12.063 12.035 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

A economía de Baiona está orientada cara ao turismo, destacando o Parador Nacional de Baiona, así como o comercio minorista. A agricultura é de autoconsumo, se ben tamén se venden localmente os produtos da horta. Hai pesca de baixura e marisqueo.

As empresas son do sector da alimentación, os transformados metálicos e a madeira e destacou a construción.

Patrimonio

Rúas e camiños

Na parroquia de Baiona existen numerosas rúas e camiños.

No lugar de Cova Terreña: Dolores Agrelo, O Piñeiro, Bargiela, México, A Anunciada e O Carreiro.

No lugar de Loureiral: Monterreal, O Mariñeiro, Santísima Trindade, O Bosque.

No lugar da Percebelleira: Virxe da Rocha, San Roque, As Bouzas Trigas, As Cachadiñas, As Fontiñas, Santiago Apóstolo, O Carreiro, O Río da Veiga.

No lugar de San Antón: O Fabal, A Silveira, O Xestal.

No lugar de Baiona: Alférez Barreiro, Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Porta da Vila, Carabela La Pinta, Padre Fernando, Cidade de Vigo, Conde, Ventura Misa, A Laxe, San Lourenzo, San Xoán, Santa Liberata, Cuba, Marqués de Quintanar, Palos de la Frontera, Santa Fe de Granada, Brasil, Venezuela, Ecuador, Uruguai, Tomás Mirambell, Joselín, Ramón y Cajal, Jesús Valverde, Elduayen, Diego Carmona, Vasco Gallego, Oia, Nigrán, Gondomar, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Illas Cíes, Illas Estelas, Illa Carral, Arquitecto Palacios, Cristóbal García Sarmiento, Herminio Ramos, Laureano Salgado, Luis Calleja, O Cochiño, Pedro de Castro, Fonte de Ceta, Pornic, Vila do Bispo, Virxe do Pilar, Lorenzo de la Carrera, Hortas Reais, Xogo da Bola, Reloxo, Lagarteira, Boa Vista etc.

Festas municipais

Baiona

Baíña

Baredo

Belesar

Santa Cristina da Ramallosa

Deporte

A vila conta cun porto deportivo. O Erizana Club de Fútbol fundouse en 1950.

Vilas e cidades irmandadas

Premios e recoñecementos

  • Quality Coast Gold Award 2013 [8]
  • Sustainable Destinations Global "Top 100" 2014 [Cómpre referencia]
  • Vilas Mariñeiras [9]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Baiona.
Casa do concello.
Casa do concello. 
Porto de Baiona.
Porto de Baiona. 

Lugares de Baiona

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baiona vexa: Lugares de Baiona.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 41. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  5. Fundación Europea de Educación Ambiental
  6. Concello de Baiona - Concellería de Turismo. "Historia de Baiona". Consultado o 08/11/2014.
  7. Decreto 65/2005, do 31 de marzo, polo que se aproba o escudo do Concello de Baiona (Pontevedra)
  8. Concello de Baiona. "Calidade". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  9. "Sistema Integral de calidad turística en destino (SICTED)". www.turismodebaiona.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 2018-06-26.

Véxase tamén

Bibliografía

Baiona, Baiona

Santa María de Baiona é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coa parroquia de Santa María de Fóra de Baiona. Segundo o IGE, no 2015, tiña 2 787 habitantes (1.334 homes e 1.453 mulleres). É a capital do concello de Baiona.

Eclesialmente inclúe a parroquia de Santa María de Fóra de Baiona.

Baiona, Francia

Baiona (en francés: Bayonne; en éuscaro e gascón: Baiona) é unha cidade do suroeste de Francia, situada na confluenza dos ríos Nive e Adour, no departamento dos Pireneos Atlánticos da que é unha das súas subprefeturas, formando parte da provincia histórica vascofrancesa de Lapurdi en Iparralde. A súa poboación é do contorno dos 46 000 habitantes.

Baredo, Baiona

Santa María de Baredo, ás veces tamén Nosa Señora da Cela de Baredo ou Santa María da Cela de Baredo, é unha parroquia do concello de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2017, tiña 1 087 habitantes (569 homes e 518 mulleres) , o que supón un aumento respecto de 1999 cando tiña 989 habitantes; ou respecto do século XIX cando tiña 86 habitantes. O seu xentilicio é baredano/ana. A parroquia eclesial pertence ó arciprestado de Miñor, na diocese de Tui-Vigo.

Baíña, Baiona

Santa Mariña de Baíña é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Belesar, Baredo, Santa Cristina da Ramallosa e Baiona e pertence á comarca do Val Miñor e ó arciprestado de Miñor.

Segundo o IGE , tiña 1749 veciños en 2015 e os seus lugares máis destacados son: O Burgo (518), O Cruceiro (178), Os Eidos (150), As Fontes (231), A Igrexa (121), As Laxes (442), O Río (104) e San Cosme (5). Algúns dos seus casais son: A Moura, O Rial, A Sirimba, As Laxes de Quinós, Almirante Fontán (253) e Santa Marta (331).

Belesar, Baiona

San Lourenzo de Belesar é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Baíña e Santa Cristina da Ramallosa, e pertence ao arciprestado de Miñor. Segundo o IGE, no ano 2013, tiña 1185 veciños (581 homes e 604 mulleres), repartidos en 4 entidades de poboación: A Estibada (93), A Granxa (168), Medialdea (489) e Urgal (435).

Castelo de Monterreal

O castelo de Monterreal é un castelo da vila de Baiona, configurado por elementos construtivos do século XII ao XVI, tamén coñecido como Fortaleza de Monte do Boi. Dende 1966, é o Parador de turismo Conde de Gondomar. Atópase na península de Monterreal.

Comarca de Vigo

Non confundir con: Área Metropolitana de Vigo

A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo. A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Fernando VII

Fernando VII de España, alcumado o "desexado" e tamén "o felón" nado en San Lorenzo de El Escorial o 14 de outubro de 1784 e finado en Madrid o 29 de setembro de 1833, foi rei de España, fillo de Carlos IV e de María Luísa de Parma.

O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o absolutismo herdado e defendido por el e as novas ideas liberais. De feito herdou un país dividido pola guerra da independencia e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas guerras carlistas.

En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador en América latina, que rematará a finais do século XIX.

Gondomar

Gondomar é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca histórica do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán). Dende o ano 1992 está administrativamente ligada á Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo , á comarca de Vigo e integra a Área Metropolitana de Vigo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 14 192 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é gondomarés

ou gondomarense.

Illas Negras

As illas Negras, son un conxunto de illas situadas en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo no concello pontevedrés de Baiona xa no límite coa parroquia oiense de Mougás. Atópanse no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

O arquipélago está formado pola illa Negra, A Negra do Medio e A Negra de Fóra, xunto co Barco da Negra.

Iparralde

Iparralde (en éuscaro Parte Norte), País Vasco Norte, País Vasco francés ou País Vasco continental son algúns dos diferentes nomes para facer referencia a aqueles territorios do histórico País Vasco baixo administración francesa, en contraposición a aqueles que están baixo administración española, o Hegoalde.

O Iparralde comprende aproximadamente a metade occidental do departamento francés dos Pireneos Atlánticos, e está formado polas tres provincias históricas de Baixa Navarra (en éuscaro: Nafarroa Beherea, en francés: Basse-Navarre), Lapurdi (en francés: Labourd) e Zuberoa (en francés: Soule).

Ademais do francés, lingua oficial, fálase no seu territorio éuscaro. Malia non ter oficialidade, aínda que si ten un recoñecemento secundario nalgúns eidos coma a educación e as institucións.

A cidade máis importante é Baiona. Outros concellos destacados son Biarritz, Hendaia ou Maule.

Península

Unha península é un anaco de terra emerxida rodeada de auga rodeada por todas partes menos por unha que é o istmo, que se une por unha lingua de terra a unha extensión maior.

O seu tamaño pode variar, desde unha extensión sumamente grande (como a Península Ibérica, unida ao continente europeo polos Pireneos), relativamente pequena (a península do Barbanza ou a península do Morrazo) ou pequena (península de Monterreal en Baiona).

Pireneos Atlánticos

Os Pireneos Atlánticos (64) (Pyrénées-Atlantiques en francés, Pirinèus-Atlantics en gascón, Pirinio Atlantiarrak en éuscaro) é o departamento francés número 64, situado ao suroeste de Francia, que pertence á rexión Nova Aquitania. Toma o seu nome dos montes Pireneos e do océano Atlántico. Ten a súa prefectura en Pau, e dúas subprefecturas: en Baiona e en Oloron-Sainte-Marie. Divídese en tres distritos: Baiona, Oloron-Sainte-Marie e Pau. A súa poboación en 1999 era de 600.018 habitantes, cunha densidade de 78 hab./km².

O departamento atópase situado ao norte dos Pireneos, que o separan de España (Aragón, Navarra e País Vasco).

A metade occidental do departamento é coñecida como o País Vasco francés, abarcando por completo o distrito de Baiona e a parte occidental do distrito de Oloron-Sainte-Marie mentres que a metade oriental é coñecida como Bearne.

Polveiras

Non confundir coas homónimas Polveiras, arquipélago de illotes rochosos na costa de Corrubedo, en 42°34′27.58″N 9°5′30.72″O.

Polveiras é un arquipélago de illotes situado en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

Rías Baixas

As Rías Baixas son as rías galegas situadas entre a fronteira portuguesa e o cabo Fisterra.

De sur a norte son:

Ría de Vigo

Ría de Pontevedra

Ría de Arousa

Ría de Muros e Noia

Ría de CorcubiónEntre elas atópanse as seguintes baías e enseadas:

Ría de Baiona

Ría de AldánCaracterízanse polo seu tamaño, grandes en relación ó resto das rías de Galiza, e pola súa orientación transversal á costa. A súa colmatación é relativamente baixa.

Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

Santa Cristina da Ramallosa é unha parroquia do concello de Baiona. Segundo o IGE no ano 2013 tiña 3.186 habitantes. Pertence ó arciprestado de Miñor, e limita coas parroquias de Baíña e Belesar, San Pedro da Ramallosa (Nigrán) e Borreiros (Gondomar).

As súas entidades de poboación son As Areas (170), Bouzós (81), O Caeiro (141), O Cruceiro Novo (71), Devesa (47), O Xuncal (252), Ladeira (170), Morade (70), O Outeiro (223), A Ponte (98), A Ponte Nova (260), A Ramallosa (948), A Ribeira (69), Sabarís (387), A Serralleira (21), Sopegal (55) e Viso de Calvos (123).

Santa María de Fóra de Baiona, Baiona

Santa María de Fóra de Baiona é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Baíña, Baredo e Santa María de Baiona. Segundo o IGE, no 2015, tiña 2.001 habitantes (1.009 homes e 992 mulleres). [1]

Serra da Groba

A serra da Groba é un sistema montañoso que atravesa os concellos pontevedreses de Baiona, Oia e O Rosal, en dirección norte - sur. A altura máxima acádaa no Alto da Groba, de 662 metros de altitude, en Belesar. Outros picos importantes son Corroubelo, en Pedornes, de 599 m e Campo do Couto, no Rosal, que alcanza os 553 metros. Acolle a máis importante concentración de cabalos de raza galega en liberdade.

Val Miñor

O Val Miñor é unha bisbarra natural, formada polos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar. Conforman unha mancomunidade que presta diversos servizos, como a piscina ou os bombeiros.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.