Baio, Zas

Santa María de Baio é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas. Segundo o censo municipal no ano 2018 tiña 1 183 habitantes, distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1 319 habitantes.

Coordenadas: 43°09′22.1″N 8°58′01.2″O / 43.156139, -8.967000

Baio
Vista xeral de Baio
Vista xeral de Baio.
ConcelloZas
Poboación1.183 hab. (2018)
Entidades de poboación9

Etimoloxía do topónimo

Estrabón menciona unha forma "Bainis" (III, 3, 4) para referirse ao río Miño, e que semella ter un elemento bai referido a cursos ou masas de auga, presente en Baio pero tamén en Baiona e Baión. Pode estar relacionado coa base, quizais céltica, *bod, "auga, charca, fonte"[1].

Lugares e parroquias

Parroquias de Zas

Notas

  1. Cabeza Quiles, Fernando. Toponimia de Galicia. Toxosoutos. Noia (A Coruña), 2000.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Cacharosa, Baio, Zas

A Cacharosa é un lugar da parroquia de Baio no concello coruñés de Zas da comarca da Terra de Soneira. Tiña 70 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 37 homes e 33 mulleres.

Agreanas, Baio, Zas

Agreanas é un lugar da parroquia de Baio no concello coruñés de Zas da comarca da Terra de Soneira. Tiña 13 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 6 homes e 7 mulleres.

Baio, Baio, Zas

Baio é un lugar da parroquia de Baio no concello coruñés de Zas da comarca da Terra de Soneira. Tiña 832 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 417 homes e 415 mulleres.

Baio Pequeno, Baio, Zas

Baio Pequeno é un lugar da parroquia de Baio no concello coruñés de Zas da comarca da Terra de Soneira. Tiña 102 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 51 homes e 51 mulleres.

Campo Municipal de Fútbol Platas Reinoso

O Campo Municipal de Fútbol Platas Reinoso é unha instalación destinada á práctica do fútbol situada nas proximidades da vila e parroquia de Baio . O seu propietario é o Concello de Zas e nel xoga os seus partidos como local o Club Deportivo Baio.

O seu terreo de xogo é de herba artificial desde 2008, de 105 x 65 metros, e conta cunha bancada cuberta sendo a capacidade total duns 1.500 espectadores.

Enrique Labarta Pose

Enrique Labarta Pose, nado en Baio (Zas) o 22 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 13 de maio de 1925, foi un escritor e xornalista galego en lingua castelá e lingua galega. Fundou e dirixiu xornais e revistas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada. O profesor Ricardo Carballo Calero encadrouno entre Os epígonos, xunto con Manuel Lugrís Freire, Salvador Cabeza de León e Juan Armada Losada, entre outros. Foi coñecido polo sobrenome de Quevedo galego.

Fornelos, Baio, Zas

Fornelos é un lugar da parroquia de Baio no concello coruñés de Zas da comarca da Terra de Soneira. Tiña 166 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 87 homes e 79 mulleres.

Francisco Romero Lema

Francisco Romero de Lema, nado en Baio (Zas) en 1903 e finado na mesma parroquia o 27 de novembro de 1972, foi un escritor galego, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos. Empregou o pseudónimo de Rosendo Ruiz.

Jorge Mira

Jorge Mira Pérez, nado o 30 de outubro de 1968 na parroquia de Baio (Zas), é un físico, investigador, divulgador científico e colaborador en diferentes medios de comunicación galego. Dende decembro de 2016, é membro correspondente da Real Academia Galega polas súas investigacións desenvolvendo modelos matemáticos para estudar a lingua galega.

Maximino Romero de Lema

Maximino Romero de Lema, nado en Baio (Zas) o 15 de novembro de 1911 e finado no voo de Roma a Santiago de Compostela o 29 de outubro de 1996, foi un sacerdote católico galego, bispo auxiliar de Madrid-Alcalá, bispo de Ávila e arcebispo secretario da Congregación para o Clero.

Museos de Galicia

Esta é unha lista de museos de Galicia.

Primeira Autonómica de Galicia 2017/18

A tempada 2017–18 da Primeira Autonómica de Galicia iniciouse o 3 de setembro de 2017 e finalizou o 20 de maio de 2018.

Roberto Veloso Gómez

Roberto Veloso Gómez, nado en Baio (Zas) o 22 de novembro de 1919 e finado na Coruña o 9 de agosto de 2010, foi un político galego.

Uxío Romero Pose

Uxío Romero Pose, nado en Baio, Zas o 15 de marzo de 1949 e falecido en Madrid o 25 de marzo de 2007, foi un crego católico galego, escritor e bispo auxiliar de Madrid.

Galicia  · Provincia da Coruña  · Parroquias de Zas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.