Bailaré sobre tu tumba

Bailaré sobre tu tumba é o cuarto álbum da banda viguesa de punk rock Siniestro Total, editado no ano 1985 a través do selo DRO. No ano 2002 relanzouse unha edición remasterizada do álbum con catro cancións extra.

Os oito primeiros temas do disco foron gravados en 1985 nos estudios Trak de Madrid baixo a produción de Paco Trinidad. Os restantes temas da edición orixinal graváronse en concertos celebrados en Alcázar de San Juan, Santiago de Compostela, Vigo e Valladolid ese mesmo ano. Tres das catro cancións extra da edición do 2002 proceden das sesións de estudio de Trak, e a derradeira, "We are the world", gravouse no Parque de Castrelos no verán de 1985[1].

Bailaré sobre tu tumba
Álbum de Siniestro Total
Publicado1985
Gravación1985
Xénero(s)punk rock
Selo(s)DRO
Producido porPaco Trinidad
Cronoloxía
Menos mal que nos queda Portugal Bailaré sobre tu tumba Gran D Sexitos

Lista de cancións

  1. "Vámonos al Kwai" - 2:21
  2. "¿Qué tal, homosexual?" - 1:01
  3. "Kalahari" - 1:49
  4. "Al final" - 3:09
  5. "Demasiado lejos" - 3:10
  6. "Rock en Samil" - 1:54
  7. "Bailaré sobre tu tumba" - 3:05
  8. "Will Power" - 0:18
  1. "Can't get Enough" - 3:12
  2. "Hey, hey, Vigo" - 1:09
  3. "Hoy voy a asesinarte" - 2:29
  4. "Ye-yé" - 4:07
  5. "Viene el verano" - 1:39
  6. "Emilio Cao" - 2:22
  7. "Sexo chungo" - 2:57

Cancións extra da reedición do 2002

  1. "No me lavo en la vida" - 2:36 (Cara B do sinxelo "Bailaré sobre tu tumba")
  2. "Cada día somos más" - 1:59 (Cara B do sinxelo "¿Qué tal, homosexual?")
  3. "No me mates con tomate" - 1:24 (Cara B do sinxelo "Al final")
  4. "We are the world" - 3:37 (Gravada ao vivo no Parque de Castrelos)

Notas

  1. http://siniestro.com/historia/disco/bailare-sobre-tu-tumba-1
Alberto Torrado

Alberto Torrado foi o baixista orixinal da banda viguesa de punk rock Siniestro Total e tamén foi baixista dos Resentidos. Torrado fundou Siniestro con Julián Hernández, Germán Coppini e Miguel Costas en 1981. Gravou os álbums ¿Cuándo se come aquí?, Siniestro Total II: El Regreso, Menos mal que nos queda Portugal, Bailaré sobre tu tumba e De hoy no pasa.Torrado coñeceu a Julián Hernández no Colexio Alemán. No instituto Hernández coñeceu a Miguel Costas e Javier Soto (futuro guitarrista de Siniestro) e os catro comezaron a tocar xuntos nunha banda chamada El Sexteto de Blues. Soto tivo que facer o servizo militar e o resto dos membros formaron Siniestro Total xunto con Germán Coppini. Torrado abandonou o grupo no ano 1987.Torrado foi o encargado de compoñer a música e a letra dos temas "Al que eyacula Dios le ayuda (1ª Parte)", "Al que eyacula Dios le ayuda (2ªParte)" e "Lávame con vino", ademais de participar na creación dalgunhas das cancións máis coñecidas da banda como "Matar jipis en las Cies" ou "Bailaré sobre tu tumba".

Menos mal que nos queda Portugal

Menos mal que nos queda Portugal é un álbum da banda viguesa Siniestro Total editado en outubro de 1984 a través do selo DRO. No ano 2002 o álbum remasterizouse e reeditouse con 5 temas extra. Estes temas foron gravados nas mesmas sesións que o álbum.

Miguel Costas

Miguel Costas é o guitarrista e vocalista do grupo La Banda Turca, foi vocalista e guitarrista de Siniestro Total e tamén de Aerolíneas Federales e Los Feliz.

Miña terra galega

«Miña terra galega» é unha canción do grupo galego Siniestro Total, gravada e publicada en 1984. É unha versión da canción «Sweet Home Alabama» do grupo estadounidense Lynyrd Skynyrd, un dos favoritos dos membros de Siniestro Total. A letra, principalmente en lingua castelá agás o verso que lle dá nome, foi composta por Julián Hernández, por aquel entón batería do grupo. Como o resto dos temas de Menos mal que nos queda Portugal, a canción gravouse nos estudos Trak de Madrid, con Paco Trinidad como produtor, en setembro de 1984. Os arranxos foron do propio Hernández e do resto de compoñentes do grupo, Miguel Costas (guitarra e voz) e Alberto Torrado (baixo). «Miña terra galega» é un dos temas máis coñecidos do grupo e, segundo Julián Hernández, unha das cancións de Siniestro Total con máis repercusión, cualificada en diversas ocasións na prensa coma un himno.

Sexo chungo/Me pica un huevo

"Sexo chungo/Me pica un huevo" é o primeiro sinxelo da banda viguesa de rock Siniestro Total, editado no ano 1983 polo selo DRO. Ámbolos dous temas foron gravados nos estudios Trak de Madrid para o programa de RTVE Caja de ritmos, e foron incluídos no ano 2002 na re-edición do álbum ¿Cuándo se come aquí?.

"Sexo chungo" aparecería posteriormente interpretada ao vivo no álbum Bailaré sobre tu tumba de 1985, e "Me Pica un Huevo" no álbum ao vivo Ante todo mucha calma e no recompilatorio ¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos?.

Siniestro Total

Siniestro Total é un grupo de música punk-rock galego, formado en Vigo en 1981 por Germán Coppini, Miguel Costas, Alberto Torrado e Julián Hernández, e pasando por varias formacións ata queda-la actual con Julián Hernández, Javier Soto, Óscar G. Avedaño, Ángel González e Jorge Beltrán.

¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos?

¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos? é un álbum recompilatorio da banda viguesa Siniestro Total editado polo selo DRO no ano 2002. Está formado por 3 CDs nos que fai un repaso a toda a súa discografía, inclúense colaboracións da banda a varios discos colectivos, temas en directo e cancións revisadas con outros artistas e músicos.

Álbums
Recompilatorios
Álbums en directo
Sinxelos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.