Bahamas

As Bahamas, tamén coñecidas oficialmente como Mancomunidade das Bahamas[5] é un estado independente situado nas Antillas. Un arquipélago de 24 illas habitadas, 600 deshabitadas e máis de 2 000 penedas e escollos. Sitúanse no océano Atlántico, ao leste de Florida (Estados Unidos), ao norte de Cuba e das outras illas do mar Caribe e ao oeste das Turks e Caicos (Reino Unido). A lingua oficial é o inglés, mais tamén está moi estendido o crioulo das Bahamas.[6]

Coordenadas: 24°15′N 76°00′O / 24.250, -76.000

Mancomunidade das Bahamas
Commonwealth of the Bahamas
Bandeira das Bahamas
Escudo das Bahamas
BandeiraEscudo
The Bahamas on the globe (Americas centered)
Lema: Forward Upward Onward Together
(Galego: Marchando cara arriba adiante xuntos)
Himno: [["March On, Bahamaland"
]]
Capital
 • Poboación
Nassau
274.400
Cidade máis poboadaNassau
Lingua oficialInglés
Forma de gobernoMonarquía parlamentaria unitaria[1][2]
Isabel II
Cornelius A. Smith
Hubert Minnis
Independencia do Reino Unido10 de xullo de 1973[3]
SuperficiePosto 155º
 • Total13 940 km²
 • % auga28
Fronteiras0 km
Costas3 542 km
PoboaciónPosto 177º
 • Total (2016 est.)391.232 hab.
 • Densidade25,21 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 146º
 • Total (2005)6 085 millóns US$
 • per cápita$17 700 US$ (2004)
MoedaDólar bahamés (BSD)
IDH (2005)0,812 (48º) – Alto
XentilicioBahamés, -sa[4]
Fuso horarioEST (UTC-5)
 • Horario de veránEDT (UTC-4)
Dominio de Internet.bs
Prefixo telefónico+1809
Prefixo radiofónicoC6A-C6Z
Código ISO044 / BHS / BS
Membro de: CARICOM, Commonwealth, OEA, ONU

Etimoloxía

O nome Bahamas é posible que derive do taíno ba ha ma ("gran terra media alta"), que un termo para a rexión usado polos indíxenas americanos,[7] ou probablemente provén do castelán «baixa mar», xa que gran parte das illas deste arquipélago só é avistable durante a marea baixa ou "baixa mar". Existe outra alternativa, segundo a cal pode proceder de Guanahani, un nome local de significado incerto.[8]

Historia

A primeira terra na que desembarcou Cristovo Colón no Novo Mundo en 1492 crese que foi na illa de San Salvador, chamada orixinalmente polos arauacos Guanahani, e posteriormente Watling polos británicos, localizada ao sur do arquipélago das Bahamas. Alí, Colón atopou aos amigables arauacos (tamén coñecidos como «lucayos») e intercambiou agasallos con eles. A posterior desaparición dos arauacos e doutros pobos debeuse en gran medida a esta e a posteriores expedicións europeas á rexión.

Desde finais do século XV ata o século XVII, España controlou as Bahamas, aínda que as illas, pola súa situación estratéxica na "Ruta do Galeón" (e por formar o arquipélago un auténtico labirinto insular) , paulatinamente foron transformándose en agochos e niños de piratas, bucaneiros, filibusteiros especialmente ingleses. Así no século XVIII, os lealistas británicos que deixaran Nova Inglaterra por mor dos sentimentos anti-británicos trasladáronse ás illas. Debido ao gran número de colonos británicos nas illas, a soberanía do arquipélago traspasouse de España a Reino Unido, e as Bahamas foron declaradas colonia británica en 1783.

En plena Segunda Guerra Mundial, o Duque de Windsor (anteriormente o rei do Reino Unido, Eduardo VIII) é nomeado Gobernador Xeral das Bahamas e viaxou a esas illas en compañía da súa esposa, a duquesa de Windsor, Wallis Simpson en 1940 para exercer ese cargo de Gobernador Xeral ata 1945.

En 1973, os habitantes das Bahamas votaron a favor da independencia e declaráronse independentes do Reino Unido, aínda que permaneceron dentro da Mancomunidade Británica de Nacións (Commonwealth). Desde a súa independencia, as Bahamas prosperaron notablemente grazas ao turismo, á banca internacional e a xestión de investimentos.

Política

A monarca británica, Isabel II do Reino Unido, é tamén a xefa de estado das Bahamas, pois o país é membro da Commonwealth de Nacións. Está representada nas Bahamas, por un gobernador xeral, designado por ela mesma. O xefe do goberno é o primeiro ministro, polo xeral o líder do partido que gaña as eleccións no parlamento. O parlamento de Bahamas comprende dúas cámaras, o Senado (con 16 membros) e a Asemblea (con 40 membros). As eleccións celébranse cada cinco anos.

Organización territorial

As Bahamas son un grupo de preto de 700 atois e caios que se atopan no océano Atlántico occidental fronte ás costas de Florida. A illa máis grande é a illa Andros, situada a uns 240 km ao sueste de Florida. As illas Bimini están ao noroeste. Ao norte sitúase a illa de Gran Bahama, onde se atopa a segunda cidade máis grande do país, Freeport. A illa de Grande Ábaco está á beira, ao leste. A segunda illa máis grande, Gran Inagua, está na parte máis meridional. Nassau é a capital e a cidade máis grande, localizada en Nova Providencia.

As principais illas son:

Illas principais
Nome Superficie km² Habitantes
Ábaco 1 681 13 170
Acklins 497 428
Andros 5 957 7 686
Illas Berry 31 709
Bimini 23 1 717
Cat Island 388 1 647
Crooked Island e Long Cay 241 350
Eleuthera 484 7 999
Exuma 290 3 571
Gran Bahama 1 373 46 994
Illa Harbour 8 1 639
Inagua 1 551 969
Long Island 596 2 992
Mayaguana 285 259
Nova Providencia 207 210 832
Illa Ragged 36 72
Rum Cay 78 80
San Salvador 163 970
Spanish Wells 26 1 527

A maioría do país é plano aínda que as illas teñen unha costa moi irregular. O punto máis alto do país é o monte Alvernia, de 63 metros, situado na illa de Alvernia.

Os distritos das Bahamas proporcionan un sistema de goberno local en todas partes das Bahamas, agás Nova Providencia, cuxos asuntos son manexados directamente polo goberno central. Os distritos distintos de Nova Providencia son os seguintes:

Districts of the Bahamas
Distritos das Bahamas.
CIA map of the Bahamas
  1. Acklins
  2. Illas Berry
  3. Bimini
  4. Black Point
  5. Illa Cat
  6. Ábaco Central
  7. Andros Central
  8. Eleuthera Central
  9. Freeport
  10. Crooked
  11. East Grand Bahama
  12. Exuma
  13. Cayo Grande
  14. Illa Harbour
  15. Hope Town
  16. Inagua
  17. Illa Longa
  18. Caio Mangrove
  19. Mayaguana
  20. Illa de Moore
  21. Ábaco Norte
  22. Andros Norte
  23. Eleuthera Norte
  24. Illa Ragged
  25. Cayo Rum
  26. San Salvador
  27. Ábaco Sur
  28. Andros Sur
  29. Eleuthera Sur
  30. Spanish Wells
  31. West Grand Bahama
  32. Nova Providencia*
  • No mapa aparece coas siglas NP.

Clima

Emerald bay great exuma bahamas
Praia en Emerald Bay, Great Exuma, Bahamas.

O clima das Bahamas é entre tropical e subtropical, estando moderado polo influxo das augas da corrente do Golfo, sobre todo no inverno. Estas illas, como todo o Caribe, sofren o azoute dos furacáns, cuxa tempada dura desde finais de verán ata últimos de outono. O furacán «Andrew» golpeou as illas setentrionais en 1992, o «Floyd» a case todas en 1999, e o «Frances», en 2004, é considerado como un dos peores.

Economía

Artigo principal: Economía das Bahamas.

Bahamas é unha das nacións máis estables e economicamente desenvolvidas do Caribe. A súa economía baséase sobre todo no turismo e no sector financeiro, que se benefician da súa condición de paraíso fiscal. O turismo representa algo máis da metade da súa economía. A industria e a agricultura, doutra banda, só representan un dez por cento.

A renda per cápita estímase para o ano 2006 en US$ 21 300. A unidade monetaria do país é o dólar das Bahamas.

Demografía

Bahamas population
Poboación en miles, desde 1960 a 2010.

A maioría dos Bahameños son negros (85%), sendo os brancos a principal minoría (10%). O idioma oficial é o inglés, falado por case todo a poboación, aínda que popularmente fálase o «patois». Un número pequeno de inmigrantes haitianos falan crioulo (creole). O castelán, é falado na súa maioría por inmigrantes cubanos e estadounidenses de orixe hispana.

Bahamas é un país moi relixioso. O cristianismo é a principal relixión, predominando as confesións protestantes como os baptistas, seguidos dos anglicanos. Os católicos son o 19% da poboación. Cultos sincréticos como o obeah, parecido ao vodú, son practicados por algunhas persoas.

Cultura

Festas
Datas Nome en galego Nome local (inglés)
1 de xaneiro Novo Ano New Year's Day
Primeiro venres en xuño Día do Traballo Labour Day
10 de xullo Día da Independencia Independence Day
Primeiro luns en agosto Día da Emancipación ou Kadooment Emancipation or Kadooment Day
12 de outubro Día do Descubrimento de América Discovery Day
25 de decembro Día de Nadal Christmas Day
26 de decembro Día de San Esteban Boxing Day

Deporte

En xullo realízase o torneo de pesca máis importante das illas, onde os habitantes máis destros neste deporte asombran aos turistas coa súa rapidez e precisión. Tamén en setembro realízanse torneos de música e baile, onde se pon a proba os magníficos golpes da música afro e os seus míticos bailes.

Bahamas forma parte da Federación Internacional do Fútbol Asociado (FIFA), participando o seu equipo en torneos internacionais a nivel mundial, aínda que non con moita sorte.

Por suposto que coa beleza da paisaxe, e as súas marabillosos corais, o mergullo e o snorkell son os deportes máis practicados. Pero ademais realízanse toda clase de deportes náuticos. Para sentirse máis protexido e seguro, os nativos, préstanse como guías tanto nas profundidades como nas Illas.

Notas

  1. Pan American Health Organization (ed.). "•GENERAL SITUATION AND TRENDS".
  2. Evangelical Association of the Caribbean (ed.). "Mission to Long Island in the Bahamas".
  3. "1973: Bahamas' sun sets on British Empire". BBC News. 9 de xullo de 1973. Consultado o 1 de maio de 2009.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bahamés.
  5. Official government website. "The Constitution". Consultado o 29 de maio de 2017.
  6. Ethnologue (ed.). "Bahamas".
  7. Peter Barratt (2004). Bahama Saga: The epic story of The Bahama Islands. p. 47.
  8. Harper, Douglas. "bahamas". Online Etymology Dictionary.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazón externas

.bs

.bs é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Bahamas.

10 de xullo

O 10 de xullo é o 191º día do ano do calendario gregoriano e o 192º nos anos bisestos. Quedan 174 días para finalizar o ano.

12 de outubro

O 12 de outubro é o 285º día do ano do calendario gregoriano (286ºnos anos bisestos). Quedan 80 días para finalizar o ano.

América

América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

Antillas Maiores

As Antillas Maiores ou Grandes Antillas son un grupo de illas no mar Caribe localizadas ao leste do Iucatán (México) e sueste da Florida (Estados Unidos) e ao oeste das Antillas Menores ou Pequenas Antillas. O grupo está composto polas illas de Cuba, Xamaica, A Española ou Haití (República Dominicana e Haití) e Porto Rico. As Bahamas, aínda que veciñas, non integran esta unidade xeográfica.

As Grandes Antillas descansan sobre un macizo submarino común e están atravesadas por unha cadea abrupta e elevada de montañas, cuxos picos máis altos oscilan entre dous e tres mil metros que culminan na Española (no Pico Duarte con 3.087 m) e declina, a ambos os dous lados, en Cuba, Xamaica e Porto Rico. Esas montañas están compostas de pedra calcaria, con afloramento doutras rocas, todas elas moito máis antigas cás de orixe eruptivo das Pequenas Antillas e sen pegadas de actividade volcánica recente. As Bahamas, pola contra, son illas de orixe coralino. Antigamente as Bahamas nin sequera se consideraban como parte das Antillas, aínda que na actualidade se engloban como un terceiro grupo dentro delas (Grandes Antillas, Pequenas Antillas e as Bahamas).

Bandeira das Bahamas

A bandeira das Bahamas está formada por tres franxas horizontais de igual anchura, de cor turquesa a superior e a inferior, e amarela a central. Na parte interior, a bandeira conta cun triángulo equilátero negro coa base ó longo do mastro, apuntando cara á franxa exterior. Foi adoptada o 10 de xullo de 1973.

A cor amarela representa as areas douradas do arquipélago xunto ó mar de cor turquesa. O triángulo negro representa o pobo bahamés.

Cuba

Cuba (oficialmente República de Cuba), é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba. Limita cos Estados Unidos polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste.

A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898, despois da cal foi brevemente administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de fornecer o seu sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura do presidente Fulgencio Batista en 1952. O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista co liderado de Fidel Castro. Dende 1965, o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista.

Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. É un país multiétnico, no que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes, incluíndo os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español, a introdución de escravos africanos, a estreita relación coa Unión Soviética durante a guerra fría, e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos.

Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado Índice de Desenvolvemento Humano de 0.815 no 2014. Segundo os datos presentados polas Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per capita, (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855.

Florida, Estados Unidos de América

Florida é un estado da rexión Sur dos Estados Unidos, o máis meridional dos 48 estados nos Estados Unidos continental. Limita, ao norte con Alabama e Xeorxia e ao sur co Estreito de Florida, polo cal fai fronteira con Cuba e Bahamas.

Florida foi inicialmente explorada e colonizada por España. Os españois descubriron Florida na estación da Pascua, que se chama Pascua Florida en castelán, de aí o nome do estado. Florida foi controlada polos españois ata 1819, cando foi anexionada polos Estados Unidos.

ISO 3166-1

O ISO 3166-1 é parte da norma ISO 3166 que propón códigos para nomes de países e dependencias.

É un sistema de dúas letras, usado entre outras cousas para os dominios de Internet.

AD Andorra

AE Emiratos Árabes Unidos

AF Afganistán

AG Antiga e Barbuda

AI Anguila

AL Albania

AM Armenia

AN Antillas Neerlandesas

AO Angola

AQ Antártida

AR Arxentina

AS Samoa Americana

AT Austria

AU Australia

AW Aruba

AZ Acerbaixán

BA Bosnia e Hercegovina

BB Barbados

BD Bangladesh

BE Bélxica

BF Burkina Faso

BG Bulgaria

BH Bahrein

BI Burundi

BJ Benín

BM Bermudas

BN Brunei

BO Bolivia

BR Brasil

BS Bahamas

BT Bután

BV Illa Bouvet

BW Botswana

BY Belarús

BZ Belize

CA Canadá

CC Illas Cocos

CF República Centroafricana

CG República do Congo

CI Costa do Marfil

CK Illas Cook

CL Chile

CM Camerún

CN China

CO Columbia

CR Costa Rica

CU Cuba

CV Cabo Verde

CX Illa de Nadal

CY Chipre

CZ Chequia

DE Alemaña

DJ Djibuti

DK Dinamarca

DM Dominica

DO República Dominicana

DZ Alxeria

EC Ecuador

EE Estonia

EG Exipto

EH Sahara Occidental

ER Eritrea

ES España

ET Etiopía

FI Finlandia

FJ Fidxi

FK Illas Malvinas

FM Micronesia

FO Illas Feroe

FR Francia

GA Gabón

GB Reino Unido

GD Granada

GE Xeorxia

GF Güiana Francesa

GG Guernsey

GH Ghana

GI Xibraltar

GL Groenlandia

GM Gambia

GN Guinea

GP Guadalupe

GQ Guinea Ecuatorial

GR Grecia

GS Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur

GT Guatemala

GU Guam

GW Guinea-Bissau

GY Güiana

HK Hong Kong

HM Illa Heard e Illas McDonald

HN Honduras

HR Croacia

HT Haití

HU Hungría

CH Suíza

ID Indonesia

IE Irlanda

IL Israel

IM Illa de Man

IN India

IO Territorio Británico do Océano Índico

IQ Iraq

IR Irán

IS Islandia

IT Italia

JE Jersey

JM Xamaica

JO Xordania

JP Xapón

KE Quenia

KG Kirguizistán

KH Camboxa

KI Quiribati

KM Comores

KN Saint Kitts e Nevis

KO Kosovo

KP Corea do Norte

KR Corea do Sur

KW Kuwait

KY Illas Caimán

KZ Casaquistán

LA Laos

LB Líbano

LC Santa Lucía

LI Liechtenstein

LK Sri Lanka

LR Liberia

LS Lesoto

LT Lituania

LU Luxemburgo

LV Letonia

LY Libia

MA Marrocos

MC Mónaco

MD Moldavia

ME Montenegro

MG Madagascar

MH Illas Marshall

MK Macedonia do Norte

ML Malí

MM Myanmar

MN Mongolia

MO Macau

MP Illas Marianas do Norte

MQ Martinica

MR Mauritania

MS Montserrat

MT Malta

MU Mauricio

MV Maldivas

MW Malaui

MX México

MY Malaisia

MZ Mozambique

NA Namibia

NC Nova Caledonia

NE Níxer

NF Illa Norfolk

NG Nixeria

NI Nicaragua

NL Países Baixos

NO Noruega

NP Nepal

NR Nauru

NU Niue

NZ Nova Zelandia

OM Omán

PA Panamá

PE Perú

PF Polinesia francesa

PG Papúa Nova Guinea

PH Filipinas

PK Paquistán

PL Polonia

PM Saint-Pierre-et-Miquelon

PN Illa de Pitcairn

PR Porto Rico

PT Portugal

PW Palau

PY Paraguai

QA Qatar

RE Reunión

RO Romanía

RS Serbia

RU Rusia

RW Ruanda

SA Arabia Saudita

SB Illas Salomón

SC Seychelles

SD Sudán

SE Suecia

SG Singapur

SH Santa Helena

SI Eslovenia

SJ Svalbard (Svalbard e Jan Mayen )

SK Eslovaquia

SL Serra Leona

SM San Marino

SN Senegal

SO Somalia

SR Suriname

ST San Tomé e Príncipe

SV Salvador

SY Siria

SZ Suacilandia

TB Tibet

TC Turks e Caicos

TD Chad

TF Territorios Austrais Franceses

TG Togo

TH Tailandia

TJ Taxiquistán

TK Tokelau

TL Timor Leste

TM Turkmenistán

TN Tunisia

TO Tonga

TR Turquía

TT Trinidad e Tobago

TV Tuvalu

TW Taiwán

TZ Tanzania

UA Ucraína

UG Uganda

UM Illas Ultramarinas de Estados Unidos

US Estados Unidos de América

UY Uruguai

UZ Uzbekistán

VA Vaticano

VC San Vicente e as Granadinas

VE Venezuela

VG Illas Virxes Británicas

VI Illas Virxes Estadounidenses

VN Vietnam

VU Vanuatu

WF Wallis e Futuna

WS Samoa Occidental

YE Iemen

YT Mayotte

ZA Suráfrica

ZM Zambia

ZR Zaire

ZW CimbabueOs capítulos que derivan deste código son:

ISO 3166-2, códigos para subdivisións, tales como, Estados e/ou Provincias;

ISO 3166-3, códigos para substituír códigos Alfa-2 obsoletos;

ISO 4217, códigos para unidades monetarias;

ISO 3166-1 Alfa-3, un sistema de tres letras;

ISO 3166-1 Numérico, un sistema numérico de tres díxitos, idéntico ao que foi definido pola División de Estatística das Nacións Unidas (ONU);Un país ou territorio xeralmente recibe un novo código Alfa se o seu nome se modifica, mentres que se dá un novo código numérico se houber alteración dos límites fronteirizos.

Isabel II do Reino Unido

Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Magnum Rolle

Magnum Rolle, nado o 23 de febreiro de 1986 en Freeport, Bahamas, é un xogador bahameño de baloncesto profesional.

Monarquía

Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo

por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)

recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.

Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (raíña: Isabel II do Reino Unido e primeiro ministro: David Cameron), Suecia, Países Baixos etc.

Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, a raíña Isabel II do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros de Canadá, Bahamas o Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

NBA Draft

O Draft da NBA (en inglés: NBA Draft) corresponde ao procedemento polo cal, a finais do mes de xuño de cada ano, as franquías que forman parte desta liga de baloncesto estadounidense incorporan aos seus equipos xogadores menores de vinte e tres anos, procedentes das universidades norteamericanas ou das ligas doutros países.

Nassau, Bahamas

Nassau é a capital das illas Bahamas. É o centro comercial e cultural das illas e, cunha poboación de 210.832 habitantes, é tamén a cidade máis grande.

Situada na illa de Nova Providencia, Nassau ten un atractivo porto moi transitado. O clima tropical e a fermosura natural das Bahamas tornaron Nassau nun moi popular destino turístico, cunha reputada calma durante as horas de sol e unha excitante vida nocturna.

Nova Providencia

New Providence ou Nova Providencia é a illa máis coñecida nas Bahamas.

Atópase situada entre as illas de Eleuthera ao leste, e Andros ao Oeste, formando parte das Antillas.

New Providence converteuse en refuxio de piratas desde 1715 a 1725 quen continuamente atacaban á frota española que volvía ó seu pais con importantes cargamentos de ouro e prata. Anos máis tarde o goberno británico estableceuna como colonia formal e cuartel militar, escollendo como centro neurálxico a pequena cidade de Nassau.

Sidney Poitier

Sir Sidney Poitier KBE, nado en Miami (Florida) o 20 de febreiro de 1927, é un actor, director de cine, escritor e diplomático bahamés-estadounidense.

Turks e Caicos

As Illas Turks e Caicos (en inglés: Turks and Caicos Islands; e abreviado TCI; /tɜːrks/ e /ˈkeɪkəs, -koʊs, -kɒs/) son un territorio de ultramar dependente do Reino Unido e están situadas ao norte da illa A Española, onde se atopan Haití e a República Dominicana, en augas do océano Atlántico.

Consisten na gran illa de Caicos Central e as pequenas Illas Turks ou Turcas, dous grupos de illas tropicais no Arquipélago das Lucayas no Océano Atlántico e ao norte das Indias occidentais. Son coñecidas principalmente polo turismo e como un centro financeiro extraterritorial. A poboación residente era de 31.458 en 2012 dos que 23.769 viven en Providenciales nas Illas Caicos. As estimacións de xullo de 2018 sitúan a poboación en 53.700. É o terceiro maior dos territorios británicos no exterior por poboación.

Países
Territorios dependentes
Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.