Badaxoz

Badaxoz[1][2] (en castelán: Badajoz, en estremeño: Baajós, en galego antigo: Badallouce[3][4]) é unha cidade española, capital da provincia de Badaxoz, a máis meridional das dúas provincias de Estremadura. En 2018 tiña 150 530 habitantes.

Badaxoz está situado á beira do río Guadiana, e é a porta de entrada natural a Portugal desde a Meseta Central. Badaxoz é a cidade máis grande de Estremadura. Situada ó suroeste de España, conta cunha importante infraestrutura de estradas que a unen con cidades como Sevilla (a 200 km) ou a Autovía de Estremadura (A-5) que a une con Madrid (a 400 km) e Lisboa (a 200 km).

Coordenadas: 38°52′59″N 6°58′0″O / 38.88306, -6.96667

Badaxoz
Badajoz
Flag of Badajoz
Coat of Arms of Badajoz
Collage de Badajoz
Badaxoz
Localización
Badaxoz en España

Badaxoz
Badaxoz
Badaxoz en Provincia de Badaxoz

Badaxoz
Badaxoz
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaEstremadura Estremadura
ProvinciaBadaxoz
ComarcaTerra de Badaxoz
Xeografía
Altitude184 msnm
Superficie1 470 km²
Demografía
Poboación150 530 hab. (2018)
Densidade104,52 hab./km²
XentilicioPacense, Badaxocense
Outros datos
Código postal06001 - 06012
AlcaldeFrancisco Javier Fragoso Martínez (PP)
www.aytobadajoz.es

Xeografía

Badajoz, Guadiana River from the Alcazaba 85p-2h
Vista do río Guadiana dende a Alcazaba de Badaxoz.

Badaxoz está situada no suroeste da península Ibérica e ao oeste da provincia que leva o seu nome, no límite con Portugal. O seu centro urbano dista un quilómetro da fronteira portuguesa de Caia que recibe o seu nome do río que, nesa zona, separa España de Portugal. En termos xeolóxicos, está emprazada na Submeseta Sur. Foi fundada a beiras do Guadiana sobre un cerro de calcarias paleozoicas, labrado polo río ata deixalo nun resalte de 60 metros de altura. Neste cerro, denominado La Muela, atópase a Alcazaba, un dos principais monumentos da cidade. O termo municipal de Badaxoz aséntase sobre chans derivados dos depósitos terciarios, que empastaron os relevos paleozoicos. A altitude do centro da cidade é de 182 metros, mentres que a altitude do municipio varía desde os 150 metros no último tramo no municipio do río Guadiana ata os 532 metros ao norte do mesmo, no pico Cancho de la Bandera, en Serra Luriana.

Clima

De acordo coa clasificación climática de Köppen o clima de Badaxoz é mediterráneo (Csa), podéndose considerar mediterráneo continentalizado de acordo con outras fontes, por ter unha amplitude térmica notablemente maior que na costa mediterránea. Os invernos son relativamente fríos, con mínimas que chegan a baixar con certa frecuencia dos 0 °C e, por tanto, coas consecuentes xeadas. Por outra banda, os veráns son calorosos, con máximas que poden superar en ocasións os 40 °C. As precipitacións son ás veces irregulares, cunha media anual de certa consideración ao redor dos 500 mm. Os meses máis chuviosos son os de novembro e decembro. En cambio, os veráns adoitan ser secos con tan só algunhas precipitacións de carácter tormentoso xeralmente. No outono e primavera o clima é máis inestable que no resto do ano, producíndose con certa frecuencia tormentas. É frecuente, así mesmo, a aparición de numerosas néboas que poden ser persistentes, sobre todo no inverno, podendo durar en ocasións varios días seguidos sen levantarse, ao estar situada a cidade en pleno val do Guadiana.

Demografía

Badaxoz contaba en 2015 con 149.892 habitantes, sendo a cidade máis poboada de Estremadura. A pesar de que é a cidade con maior número de habitantes de Estremadura, presenta unha densidade de poboación relativamente baixa (104,57 hab/km²), debido á extensión do seu termo municipal, un dos máis grandes de España, con 1440,37 km². Aínda así, ten unha densidade maior que a do conxunto español (99,89 hab/km²). En comparación co dato estremeño, case cuadriplica a súa media, situada en 2007 en 26,03 hab/km².

Debe terse en conta que, ademais do centro metropolitano, o seu termo inclúe pedanías, barrios e localidades de escasa poboación. Dos 26 núcleos integrados no municipio, só cinco superan os mil habitantes, sempre á marxe do centro urbano pacense.

Economía

Ifeba
Instalacións de IFEBA

O sector servizos é o dominante na cidade. O comercio nútrese de clientes procedentes da provincia e de Portugal. Debido á importancia das devanditas relacións comerciais co país veciño, en 2006 inaugurouse a nova instalación da Institución Feiral de Badaxoz (IFEBA), xunto á fronteira do río Caya. Tamén representa un importante nó de comunicacións entre dous países, e está previsto a construción dunha Plataforma Loxística e a chegada do tren de alta velocidade. A cidade conta, así mesmo, cun aeroporto, situado a 14 km do núcleo urbano, ampliado en 2009, un Palacio de Congresos e un parque acuático e de lecer, Aqua Badajoz. O chan industrial da cidade atópase concentrado case na súa totalidade nun gran polígono industrial, El Nevero, situado xunto á A-5, o cal se atopa continuamente en proceso de expansión. Nel están instaladas empresas dos sectores máis variados. Ademais, hai outros chans industriais nos accesos á cidade e en pequenos polígonos en barrios como San Roque.

No verán de 2007, presentouse o proxecto de construción da nova sede da Caja de Badajoz, que comezou a edificarse en outubro de 2008. Trátase dun centro financeiro que conta cun edificio de 88 metros de altura, o que o converteu no edificio máis alto de Estremadura.

Cultura

Entidades culturais

Museos

  • Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea, inaugurado o en 1995, contén coleccións de artistas españois, portugueses e iberoamericanos.
  • Museo Provincial de Belas Artes, situado en dúas casas palacianas do século XIX, conta con dous mil metros cadrados nos que se expoñen máis de 1200 pezas de pintura e escultura, que representan a máis de 350 artistas como Francisco de Zurbarán, Francisco de Goya, Pablo Picasso ou Salvador Dalí, entre outros.
  • Museo Arqueolóxico Provincial, situado no Palacio dos Duques da Roca, do século XVI.
  • Museo Metropolitano da Catedral, situado na Catedral de San Xoán Bautista.
  • Museo do Entroido de Badaxoz, inaugurado no entroido de 2007 na chamada Poterna de Menacho, conta con un percorrido pola historia do entroido pacense.
  • Museo Estremeño do Deporte

Arquivos

  • Arquivo Histórico Provincial de Badaxoz
  • Arquivo da Deputación Provincial de Badaxoz
  • Arquivo Municipal
  • Arquivos Eclesiásticos de Mérida-Badaxoz
Badajoz Torre de Santa María
Sede da Biblioteca de Estremadura, xunto ao conxunto monumental da mesquita-catedral.

Bibliotecas

  • Biblioteca de Estremadura (BIEx), dependente da Xunta de Estremadura, atópase no interior da Alcazaba de Badaxoz.

Eventos culturais

Festivais

  • Festival Ibérico de Cine (FIC)
  • Festival Ibérico de Música
  • Festival de Cine Gai e Lésbico de Estremadura
  • Festival Folclórico Internacional de Estremadura
  • Festival de Teatro de Badaxoz
  • Badasom, festival de flamenco e fado que busca conservar e defender o flamenco estremeño.
  • Jazziberia
  • Contempopránea, festival de música pop independente.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pacense.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
  3. "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016.
  4. Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega. "Badallouce". Dicionario de dicionarios do galego medieval.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aeroporto de Badaxoz

O Aeroporto de Badaxoz é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no concello de Badaxoz, a 14 km do centro urbano da cidade e a 45 km de Mérida.

Comparte pista e torre de control cunha base aérea do exército do aire español, a de Talavera la Real. A terminal civil e a base aérea están separadas pola pista, diferenciando así as dúas instalacións.

Entre 2006 e 2007, o aeroporto sufriu unha serie de obras para facer efectiva unha ampliación da terminal (de 2.500 m² a 4.400 m²), da plataforma de aeronaves (de 16.000 m² a unha para aviación comercial de 30.000 m² e outra de aviación xeral de 5.000 m²) e do aparcadoiro (pasando de 129 a 245 prazas, todas gratuítas). O 28 de xullo de 2010 púxose fin a todas as obras coa posta en funcionamento do resto de instalacións.

En 2007 marcou o seu récord de pasaxeiros, con 91 789. No ano 2017 rexistrou 49 304 pasaxeiros e 1 865 movementos de aeronaves.

Almendralejo

Almendralejo é un concello español situado na provincia de Badaxoz, en Estremadura. É a capital da comarca da Tierra de Barros. Tiña en 2015 unha poboación de 34.265 habitantes.

É coñecida como «Cidade Internacional do Viño» e é a sede do consello regulador da D.O. Ribera del Guadiana, a única denominación de orixe de viño en Estremadura. Forma parte tamén da rexión do cava, segundo o seu consello regulador. Tamén é coñecida como «Cidade do Romanticismo» por ser o lugar de nacemento de dous principais poetas deste movemento literario, José de Espronceda e Carolina Coronado.

Campanario

Un campanario ou campanil é un edificio ou torre construída xunto a unha basílica, catedral, igrexa ou capela onde se colocan as campás, coa finalidade de convocar a asistencia dos fregueses ao servizo relixioso.

Ao referirse aos campanarios de igrexas italianas, úsase moitas veces as palabras campanil ou campanile. O campanil (ou campanario) máis coñecido é probablemente a Torre de Pisa, famosa pola súa inclinación. Tamén é coñecido o campanario da Basílica de San Marcos, en Venecia.

Actualmente moitos campanarios no canto de campá teñen un carrillón, instrumento musical conformado por varias campás.

Outra modalidade esencial dos campanarios atopámolas coas espadanas que son macizos de pedra, a maioría deles con remates mixtilíneos onde se colocan unha serie de campás desde as máis grandes ata as máis pequenas; estes espazos ou aberturas para colocar as campás coñécense como claros. Unha espadana pode ter significativo número de campás de diferentes tamaños.

Club Deportivo Badajoz

O Club Deportivo Badajoz foi un club de fútbol estremeño, da cidade de Badaxoz. Foi fundado en 1905 como Sporting Club del Liceo e xogaba na Segunda División B Española, e ao finalizar a tempada 2011/12 foi descendido por falta de pagamentos, desaparecendo durante ese mesmo verán.

Como sucesor do club naceu o Club Deportivo Badajoz 1905.

Don Benito

Don Benito é unha cidade de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade Autónoma de Estremadura.

Situada na comarca das Vegas Altas, forma xunto á veciña Villanueva de la Serena unha conurbación de gran relevancia en toda a rexión, dando lugar a un centro agrícola, industrial e de servizos cunha grande influencia tanto a nivel comarcal como rexional, que alcanza os 60.000 habitantes.

O termo de Don Benito atópase situado entre os 5º49´7´´ e os 6º12´10´´ de Lonxitude Oeste (Meridiano de Greenwich), e entre os 38º43´27´´ e os 39º5´49´´ de Latitude Norte.

Don Benito, con 561,6 quilómetros cadrados, é un dos termos municipais máis extensos de España.

Contaba en 2012 con 37.048 habitantes, sendo a terceira cidade da provincia en poboación.

Estremadura

Estremadura (en estremeño: Estremaúra, en castelán: Extremadura, na fala e portugués: Estremadura) é unha comunidade autónoma instituída na rexión natural localizada no oeste de España. Limita ao norte con Castela e León, ao leste con Castela-A Mancha, ao sur con Andalucía e ao oeste coas rexións portuguesas do Alentexo e as Beiras.

Esta comunidade autónoma ten a súa capitalidade na cidade de Mérida, e está composta polas provincias de Cáceres ao norte e Badaxoz ao sur.

Lousa

A lousa é unha rocha metamórfica formada pola compactación de arxilas, aparece en cor escuro dividida en xistos, moi empregada nos tellados da provincia de Lugo. Está considerado como un dos materiais mais sostibles ambientalmente para as cubertas de edificios debido á súa mínima emisión de CO2 e consome menos auga que unha de cerámica.

España é o primeiro exportador do mundo desta pedra, obtidas nos xacementos de O Bierzo, Valdeorras, Zamora e Badaxoz. Aínda que é Gales o país que máis exporta, competindo con Portugal, Italia, Estados Unidos e Alemaña. Brasil exporta unha rocha similar (a metalutita) de peor calidade ao exfoliar trala súa colocación.

Medellín, Badaxoz

Medellín é un concello español situado na provincia de Badaxoz, en Estremadura. Pertence á comarca de Vegas Altas, no centro da rexión.

De fundación romana, cabeceira do condado homónimo durante a Idade Media e berce de Hernán Cortés, Medellín conserva, a pesar das desfeitas das guerras e as inclemencias do tempo, un importante patrimonio monumental, cuxos máximos expoñentes son o teatro romano, o castelo medieval e a ponte do século XVII sobre o río Guadiana. A súa economía vira ao redor dunha florecente agricultura de regadío.

Mérida, España

Mérida (en estremeño: Méria) é unha cidade e concello do suroeste de España, situada na provincia de Badaxoz. É a capital da comunidade autónoma de Estremadura e sede das súas institucións de goberno. Cunha poboación de 57.797 habitantes (2011) é a terceira cidade máis poboada da rexión por detrás das capitais provinciais, Badaxoz e Cáceres.

Foi unha importante colonia romana, fundada no ano 25 aC polo emperador Augusto baixo o nome de Augusta Emerita, que exerceu de capital da provincia de Lusitania. Foi tamén capital do Reino Visigodo de España no século VI. En recoñecemento ao seu esplendor pasado, é a capital de Estremadura dende 1983. O seu importante conxunto arqueolóxico e monumental foi declarado pola UNESCO, en 1993, Patrimonio da Humanidade.

Olivenza

Olivenza (en portugués Olivença) é un concello español, historicamente disputado por Portugal, situado na provincia de Badaxoz (Estremadura), preto do río Guadiana. É sede da comarca de seu nome.

Provincia de Badaxoz

Badaxoz (en castelán: Badajoz, en estremeño: Baajós) é unha das dúas provincias da Comunidade Autónoma de Estremadura, España. Pola súa área, 21.657 km2, é a provincia máis estensa de España. Polo norte limita coa outra provicia extremeña, Cáceres, con Cidade Real (enclave de Rincón de Anchuras) e con Toledo; polo leste confina con Cidade Real e Córdoba; polo sur con Sevilla e Huelva; e polo oeste linda coa antiga provincia do Alto Alentexo (Portugal). A súa capital é a cidade homónima.

Provincia de Cidade Real

A provincia de Cidade Real (en castelán: Ciudad Real) é unha provincia española, situada en Castela-A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).

Provincia de Cáceres

Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha provincia de España, na parte norte da comunidade autónoma de Estremadura. Limita coas provincias de Salamanca, Ávila, Toledo, e Badaxoz, e con Portugal.

A súa capital é a cidade de Cáceres.

A provincia de Cáceres ten unha poboación de 412.580 hab. (Padrón INE 2005) dos cales o 21,5% vive na capital.

Provincia de Huelva

Huelva é unha provincia andaluza, situada na zona occidental desta comunidade autónoma. Limita ó oeste con Portugal, ó norte coa provincia estremeña de Badaxoz, ó leste coa andaluza de Sevilla e ó sur é bañada polo océano Atlántico, de forma máis local co golfo de Cádiz. Ten unha extensión de 10.128 km² que se reparten un total de 79 municipios.

Provincia de Toledo

A provincia de Toledo é unha provincia española, sita na parte occidental de Castela-A Mancha. A súa capital é a cidade de Toledo. Limita coas provincias de Madrid, Cuenca, Cidade Real, Badaxoz, Cáceres, e Ávila. O xentilicio que designa os seus habitantes é toledano.

A provincia conta cunha poboación de 615.618 habitantes (INE 2006), repartidos en 204 concellos, dos cales Talavera de la Reina é o máis poboado con 83.756 hab., o segundo municipio é Toledo (77.601 hab.), mentres que o menos populoso é Illán de Vacas, que, con 6 habitantes, tamén é o de menor poboación de España. A superficie provincial atinxe 15.370 km², sendo a 8ª máis extensa de España. A provincia comparte o Parque Nacional de Cabañeros coa de Cidade Real.

O río Texo é o máis importante da provincia e crúzaa de leste a oeste; pasa polas cidades de Talavera de la Reina e Toledo.

Taifa

O termo taifa, no contexto da historia ibérica, refírese a un principado musulmán independente, un emirato ou pequeno reino existente na Península Ibérica (ou Al-Andalus) tras a fin do Califato de Córdoba dos Omeias en 1031. O termo deriva da expresión árabe muluk at-cha'waif, «os reis das faccións» (simplificada en che a'waif, de onde a facción, o reino).

Algunhas das máis coñecidas foron as taifas de Taifa de Zaragoza, a de Taifa de Sevilla, Taifa de Toledo, Taifa de Valencia e Taifa de Badaxoz entre outras.

Villanueva de la Serena

Villanueva de la Serena é unha cidade de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade autónoma de Estremadura.

Zafra

Este artigo trata sobre un minicipio de Estremadura, para a ferramenta véxase o artigo engra..

Zafra é unha cidade estremeña localizada na provincia de Badaxoz.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.