Baamonde, Begonte

Santiago de Baamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 329 habitantes (163 homes e 166 mulleres ), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 376 habitantes e 403 en 1999.

Coordenadas: 43°10′26.2″N 7°45′35.7″O / 43.173944, -7.759917

Baamonde
Igrexa de Santiago de Baamonde
Igrexa de Santiago de Baamonde.
ConcelloBegonte
Poboación329 hab. (2016)
Entidades de poboación8

Situación

Está situado a carón da conexión da A-6 coa estrada N-634 e coa A-8. A estación de Baamonde de tren de Adif está situada na liña A Coruña-Palencia.

Praia fluvial

O río Parga o seu paso pola parroquia, encóntrase unha praia fluvial ao lado dun muíño e unha presa que fai de piscina natural para os bañistas. Neste lugar encóntrase o Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde.

Festas

A festa local celébrase o 11 de setembro, día da Virxe do Rosario.

Galería de imaxes

Baamonde, Baamonde, Begonte

Igrexa de Santiago de Baamonde.

Calvario de Baamonde, Begonte

Calvario de Baamonde.

Dolmen CERCUD Baamonde

Dolmen de Baamonde.

Lugares e parroquias

Parroquias de Begonte

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

A Chafareta, Baamonde, Begonte

A Chafareta é un lugar da parroquia de Baamonde no concello lugués de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2011 tiña 44 habitantes (20 homes e 24 mulleres).

A Rega, Baamonde, Begonte

A Rega é un lugar da parroquia de Baamonde, no concello lugués de Begonte, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2014 tiña 8 habitantes (3 homes e 5 mulleres).

A Silvosa, Baamonde, Begonte

A Silvosa é un lugar da parroquia de Baamonde no concello lugués de Begonte na comarca da Terra Chá.

Aldea de Arriba, Baamonde, Begonte

Aldea de Arriba é un lugar da parroquia de Baamonde no concello lugués de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2011 tiña 30 habitantes (15 homes e 15 mulleres).

Baamonde, Baamonde, Begonte

Baamonde é un lugar da parroquia de Baamonde no concello lugués de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2011 tiña 243 habitantes (126 homes e 117 mulleres).

Jesús Teijeiro Pérez

Jesús Teijeiro Pérez, nado en Baamonde (Begonte) o 5 de xaneiro de 1892 e finado en Oviedo o 27 de outubro de 1936, foi un militar galego.

O Pazo, Baamonde, Begonte

O Pazo é un lugar da parroquia de Baamonde no concello lugués de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2011 tiña 17 habitantes (8 homes e 9 mulleres).

Riocovo, Baamonde, Begonte

Riocovo é un lugar da parroquia de Baamonde no concello lugués de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2011 tiña 4 habitantes (3 homes e 1 muller).

Vilasuso, Baamonde, Begonte

Vilasuso é un lugar da parroquia de Baamonde no concello lugués de Begonte na comarca da Terra Chá.

Víctor Corral

Víctor Corral Castro, nado en Baamonde (Begonte) o 14 de setembro de 1937, é un escultor galego.

Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia desde o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.