Baños de Molgas

Baños de Molgas é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.623 habitantes[5] (1675 en 2014, 1970 no 2006, 2014 no 2005, 2038 no 2004, 2088 no 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é molgao, molgués ou molguense[6].

Coordenadas: 42°14′39.94″N 07°40′6.12″O / 42.2444278, -7.6683667

Baños de Molgas
Escudo de Baños de Molgas
Santuario da Nosa Señora dos Milagres 19
Santuario da Nosa Señora dos Milagres.
Situacion Baños de Molgas
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Allariz - Maceda
Poboación1.547 hab. (2018)
Área67,6 km²
Densidade22,88 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias
Capital do concelloBaños de Molgas
Política (2019[2])
AlcaldeXaime Iglesias Pérez (BNG[3])
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Baños de Molgas
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes76,80%
Na rede
http://www.concellodemolgas.es/

Demografía

Censo total (habitantes) 1.623 (2017)
Menores de 15 anos 77 (4.75 %)
Entre 15 e 64 anos 809 (49.85 %)
Maiores de 65 anos 737 (45.41 %)
Evolución da poboación de Baños de Molgas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4786 5659 5677 3647 2038 1807 1675 1648 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia e patrimonio

A vila de Baños de Molgas crese que foi a mansión romana Salientibus[7] do itinerario de Antonino. Daquela época realizáronse achados arqueolóxicos á beira da ponte romana e preto dela atópase o balneario cuxas augas foron moi apreciadas a principios do século XX.

A igrexa de Santa Eufemia de Ambía, de estilo mozárabe con influencia visigoda, está declarada monumento nacional.

No santuario de Nosa Señora dos Milagres no Monte Medo, celébrase unha romaría a principios de setembro atrae a milleiros de persoas.

Na estación de Baños de Molgas está o museo de Moncho Borrajo, con diverso material pertencente ao humorista.

Cruceiro e petróglifos de San Vitorio de Presqueira.

Baños de Molgas na literatura popular

  • Adios Baños, adios Baños,/ adios Baños minerales;/ eu déixoche o meu diñeiro/ pero voume cos meus males [8].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Baños de Molgas.
Casa do concello Baños de Molgas

Casa do concello.

Placa altimétrica casa do concello de Baños de Molgas

Placa altimétrica na casa do concello.

Centro de Saúde de Baños de Molgas

Centro de saúde.

Interior igrexa de Santa Eufemia de Ambía, Ambía, Baños de Molgas

Interior da igrexa de Santa Eufemia de Ambía.

Lugares de Baños de Molgas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baños de Molgas vexa: Lugares de Baños de Molgas.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Baños de Molgas". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Baños de Molgas. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Consultado o 27 de febreiro de 2017.
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 41. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  7. Mansiones y mutilaciones de la Vía Nova Arquivado 25 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
  8. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. Refírese a uns baños minerais que existían en Baños de Molgas.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Almoite, Baños de Molgas

Santa María de Almoite é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. En 2018 tiña 138 habitantes, 14 menos ca en 2011(72 homes e 80 mulleres), dez menos ca en 2010 (72 homes e 76 mulleres), 23 menos ca en 2007 (77 homes e 84 mulleres) e 42 menos ca en 2000. Ten unha única entidade de poboación,

Ambía, Baños de Molgas

Santo Estevo de Ambía é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 133 habitantes (64 homes e 69 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 48 habitantes en relación ao ano 2000.

Baños de Molgas, Baños de Molgas

San Salvador de Baños de Molgas é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 482 habitantes (243 homes e 239 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 50 habitantes en relación ao ano 2000.

Betán, Baños de Molgas

San Martiño de Nogueira de Betán é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 206 habitantes (106 homes e 100 mulleres), 1 menos que o ano anterior.

Ten oito núcleos habitados: San Martiño, Betán, Cardoeiros, Sanguñedo, Brandín, Guede, Nogueira de Abaixo e Nogueira de Arriba (antiga sede parroquial). Na actualidade conta cuns douscentos habitantes.

Destaca a igrexa parroquial de San Martiño, cun lintel románico.

Cantoña, Baños de Molgas

San Mamede de Cantoña é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano 2000.

Comarca de Allariz - Maceda

A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Coucieiro, Baños de Molgas

San Vicente de Coucieiro é unha parroquia do concello de Baños de Molgas na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 11 habitantes (5 mulleres e 6 homes) distribuídos nunha única entidade de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Coucieiro que está formada polo único lugar desta parroquia civil (A Lamela), máis os 9 lugares da parroquia homónima do concello de Paderne de Allariz.

Eleccións municipais en Baños de Molgas

Corporacións democráticas en Baños de Molgas desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Eduardo Laherrán de la Sota — CD

1983 Alcalde: Eduardo Laherrán de la Sota — CP

1987 Alcalde: Eduardo Laherrán de la Sota — AP

1991 Alcalde: Eduardo Laherrán de la Sota — PPdeG

1995 Alcalde: José Carlos Sequeiros Pérez — PPdeG

1999 Alcalde: José Carlos Sequeiros Pérez — PPdeG

2003 Alcalde: Eladio Mangana Nóvoa — PPdeG

2007 Alcalde: Eladio Mangana Nóvoa — PPdeG

2011 Alcalde: Eladio Mangana Nóvoa — PPdeG

2015 Alcalde: Xaime Iglesias Pérez — BNGCandidaturas: Eladio Mangana Nóvoa (PP), Xaime Óscar Iglesias Pérez (BNG) e Segundo Augusto González Hernández (PSdeG-PSOE).

2019 Alcalde: Xaime Iglesias Pérez — BNG

Estación de Baños de Molgas

Baños de Molgas é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Baños de Molgas, na provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

É unha das estacións rehabilitadas polo Inorde en 2010 Acolle desde 2011 o Museo de Moncho Borrajo.

Estación de Ponte Ambía

Ponte Ambía é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Ponte Ambía, no concello de Baños de Molgas, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Guamil, Baños de Molgas

Santa María de Guamil é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 53 habitantes (27 homes e 26 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 13 habitantes en relación ao ano 2000.

Lama Má, Baños de Molgas

San Cibrao de Lama Má é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 182 habitantes (88 homes e 94 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Baños de Molgas

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Baños de Molgas

Poedo, Baños de Molgas

Santa María de Poedo é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 70 habitantes (32 homes e 38 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 19 habitantes en relación ao ano 2000.

Ponte Ambía, Baños de Molgas

Santa María de Ponte Ambía é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 85 habitantes (41 homes e 44 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 27 habitantes en relación ao ano 2000.

Presqueira, Baños de Molgas

San Martiño de Presqueira é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 104 habitantes (53 homes e 51 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.

Ribeira, Baños de Molgas

San Pedro de Ribeira é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 58 habitantes (26 homes e 32 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 17 habitantes en relación ao ano 2000.

Serra de San Mamede

A serra de San Mamede forma xunto coa serra da Queixa, a serra do Fial das Corzas e os montes do Invernadeiro o espazo natural máis completo da alta montaña galega, o gran macizo ourensán. Pertence aos concellos de Montederramo (ao norte e leste), Maceda (ao oeste) e Vilar de Barrio (ao sur). O punto máis alto é a chamada Fonte do Santo, a 1614 metros de altitude, onde se atopa unha capela na honra do santo que dá nome á serra e onde se celebra unha romaría na segunda semana do mes de agosto.

Vide, Baños de Molgas

San Xoán de Vide é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 372 habitantes (178 homes e 194 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 51 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.