Bértoa, Carballo

Santa María de Bértoa é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Abarca unha extensión de 12.05 km² e segundo o IGE en 2013 tiña 1.581 habitantes (797 mulleres e 784 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.474 habitantes.

Nesta parroquia atópase un dos polígonos industriais de Carballo e a Igrexa de Santa María de Bértoa.

Na rotonda de acceso ao polígono encontrase unha escultura do artista Xosé Manuel Facal, de nome "O Escalo", que está elaborada case na súa totalidade con restos de metal reciclado.

Coordenadas: 43°14′02″N 8°40′30″O / 43.2338, -8.6751

Bértoa
Bertoa Igrexa
Igrexa de Santa María de Bértoa.
ConcelloCarballo
ProvinciaA Coruña
Poboación1.581 hab. (2013)
Entidades de poboación25

Igrexa de Santa María de Bértoa

A Igrexa foi construida no século XX e caracterízase por ser de liñas sinxelas. Moi cerca dela érguese un cruceiro cunha cruz de sección circular e textura leñosa, con base octogonal de catro chanzos. Tamén atopamos o cemiterio, no cal reposan os restos do pintor Francisco Miguel nunha sepultura sen inscrición.

Polígono Industrial de Bértoa

Terreo de 74 hectáreas. Sobresaen neste polígono empresas en sectores como o plástico, o automovilismo, o metal e a maquinaria agrícola. A superficie dispoñible incrementarase en 1.272.489 metros cuadrados, ata chegar aos 2.000.000 de metros cuadrados pola demanda de terreo.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Bértoa, Carballo.
Igrexa de Bértoa I

Igrexa parroquial.

Cruceiro da igrexa de Bértoa I

Cruceiro da igrexa.

Tumba de Francisco Miguel en Bértoa (1)

Tumba sen nome de Francisco Miguel no cemiterio de Bértoa

Lugares e parroquias

Parroquias de Carballo

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Ponte, Bértoa, Carballo

A Ponte é un lugar da parroquia de Bértoa no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 78 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 46 homes e 32 mulleres.

A Rega, Bértoa, Carballo

A Rega é un lugar da parroquia de Bértoa no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 188 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 90 homes e 98 mulleres.

Complexo Deportivo das Eiroas

O Complexo Deportivo das Eiroas é unha instalación deportiva situado na parroquia de Bértoa, no Polígono industrial; o seu propietario é o concello de Carballo.

Conta con dous recintos adicados á práctica do fútbol, o Campo Municipal das Eiroas (inaugurado no 2001) e un campo anexo (inaugurado no 2009, cunhas dimensións de 99 x 51 e con capacidade para 2.500 espectadores). No estadio principal xoga os seus partidos como local o principal equipo de fútbol da localidade, o Bergantiños FC.

No 2008 renovouse o céspede artificial. Nestas instalacións agroman os talentos das Escolas Luis Calvo Sanz, encargadas da base do fútbol carballés.

Entrerríos, Bértoa, Carballo

Entrerríos é un lugar da parroquia de Bértoa no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 22 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 13 homes e 9 mulleres.

Francisco Miguel

Francisco Miguel Fernández Díaz (noutras fontes Francisco Miguel Fernández Moratinos e mesmo Francisco Miguel Moratinos Fernández-Díaz), de nome artístico Francisco Miguel, nado na Coruña en 1897 e finado no Campo de Morgade, Queo de Arriba (Bértoa, Carballo), o 28 de setembro de 1936, foi un pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas.

Galería de imaxes de Bértoa, Carballo

Santa María de Bértoa é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carballo.

Guilfonxe, Bértoa, Carballo

Guilfonxe é un lugar da parroquia de Bértoa no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 18 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 8 homes e 10 mulleres.

Mirón, Bértoa, Carballo

Mirón é un lugar da parroquia de Bértoa no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 329 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 164 homes e 165 mulleres.

O Añón, Bértoa, Carballo

O Añón é un lugar da parroquia de Bértoa no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 51 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 24 homes e 27 mulleres.

O Ferradal, Bértoa, Carballo

O Ferradal é un lugar da parroquia de Bértoa no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 50 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 23 homes e 27 mulleres.

Polígono industrial de Bértoa

O polígono industrial e comercial de Bértoa é un polígono industrial situado na parroquia de Bértoa, ao norte da vila de Carballo.

Porto da Rama, Bértoa, Carballo

Porto da Rama é un lugar da parroquia de Bértoa no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 43 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 23 homes e 20 mulleres.

Queo de Abaixo, Bértoa, Carballo

Queo de Abaixo é un lugar da parroquia de Bértoa no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 180 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 88 homes e 92 mulleres.

Queo de Arriba, Bértoa, Carballo

Queo de Arriba é un lugar da parroquia de Bértoa no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 84 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 40 homes e 44 mulleres.

Requeixo, Bértoa, Carballo

Requeixo é un lugar da parroquia de Bértoa no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 143 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 66 homes e 77 mulleres.

Silvoso, Bértoa, Carballo

Silvoso é un lugar da parroquia de Bértoa do concello carballés da provincia da Coruña. Segundo o INE no ano 2014 tiña 25 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.