Azulexo

O termo azulexo, do árabe الزليج az-zulaiŷ (pedra pulida), designa unha peza de cerámica de pouca espesura, xeralmente cadrada, en que unha das faces é vidrada, resultado da cocedura dunha substancia á base de esmalte que se torna impermeábel e brillante. Esta face pode ser monocromática ou policromática, lisa ou en relevo. O azulexo é xeralmente usado en grande número como elemento asociado á arquitectura e á decoración en revestimento de superficies interiores ou exteriores polo seu valor decorativo e máis polas súas características termoaillantes e impermeabilizantes.

Mekhnes Place El-Hedine Mosaique3
Parede azulexada en El-Hedine, Marrocos.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Bellesguard

A torre Bellesguard (bela vista en catalán), tamén coñecida como Casa Figueres, é unha casa modernista proxectada por Antoni Gaudí e construída entre 1900 e 1909 aos pés da montaña do Tibidabo, na rúa do mesmo nome, en Barcelona. A casa é de propiedade privada e non se pode visitar.

Gaudí estivo axudado polos seus colaboradores Domènec Sugrañes, que fixo os bancos de azulexos da porta de entrada, o arrimo da escaleira e a casa do porteiro; e Joan Rubió, que construíu o viaduto de desvío do camiño á leira.

Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Cerámica

A cerámica é a arte que fabrica obxectos como olas, xerras, tellas etc. en terracota que sufriron unha transformación fisicoquímica irreversible no curso dunha cocción a temperaturas máis ou menos elevadas (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado. Na historia da humanidade é a primeira arte do lume e atópase antes da metalurxia e do vidro. A palabra abarca tanto a tecnoloxía como os obxectos feitos con ela. Certos tipos de cerámicas son representativas dunha época e dunha cultura.

De Delftse Pauw

De Delftse Pauw (en galego: "O pavo real de Delft") ou, na súa forma completa, Delft Pottery de Delftse Pauw, é unha fábrica de louza establecida no século XVII ao norte da cidade surholandesa de Delft, nos países Baixos.

Delft

Delft é unha cidade e un concello da Holanda Meridional, nos Países Baixos, a metade de camiño entre Rótterdam e A Haia. Conta con 94.098 habitantes (2005). É particularmente salientable a zona vella no centro da cidade, tradicionalmente neerlandesa e estruturada con canles. É tamén coñecida pola súa cerámica, pola Universidade de Tecnoloxía de Delft e pola súa asociación coa familia real.

Estación do Porto - São Bento

A Estación do Porto - São Bento, tamén chamada Estación de São Bento, e orixinalmente coñecida como Estación Central do Porto, é unha estación ferroviaria da Linha do Minho, que serve a cidade do Porto, en Portugal. Atópase na Praza de Almeida Garrett, tendo o edificio da Estación, de influencia francesa, sido delineado polo arquitecto portuense José Marques da Silva. Entrou en servizo, de forma provisional, no día 8 de novembro de 1896, sendo oficialmente inaugurada o 5 de outubro de 1916. Situada no Centro histórico do Porto, a estación forma parte dos principais monumentos da cidade, sendo especialmente célebre polos seus paneis de azulexo.

GRES Aliança

O Grêmio Recrativo Escola de Samba Aliança é unha escola de samba da cidade de Joaçaba.

Xurdiu da necesidade de crear unha asociación carnavalesca na cidade, para facer fronte ás outras dúas xa existentes e que chegase a honrar e elevar o nome da cidade. Entón, o día 7 do mes de outubro de 1994, naceu e foi rexistrado, as cores verde e branco, tendo como símbolo a pomba branca coa paz. A escola posúe o seu barracón, pista e sede social. Hoxe ninguén máis dubida da capacidade da escola facer grandes desfiles. Ao longo dos anos conquistou seis campionatos e seis vice-campionatos. Unha das súas características principais é o luxo das súas fantasías e alegoría. É común tamén a presenza se artistas globais nos seus desfiles. O seu nome é unha alusión a alianza entre os barrios que se uniron para fundar a escola en 1994. Tricampeã en 2005, 2006 e 2007; perdeu a hexemonía en 2008, quedando 3º lugar no desfile. Súa acción foi "Um Beijo Por um Queijo". Contou con Paulinho Mocidade como tirador de samba, coñecido como o "Incendiario da Sapucaí".

Le fabuleux destin d'Amélie Poulain

Le fabuleux destin d'Amélie Poulain (O fabuloso destino de Amélie Poulain) é un filme francés do xénero comedia romántica estreada en 2001. O lema da película era "Ela vai cambiarche a vida..." (En francés: "Elle va te changer la vie...").

Co-escrita xunto a Guillaume Laurant polo seu director, Jean-Pierre Jeunet, foi distribuída en Estados Unidos por Miramax e en España por Manga Films.

Audrey Tautou é a protagonista da cinta no papel de Amélie. Esta intérprete francesa acadou grande fama e notoriedade a raíz deste papel, que lle valeu multitude de premios e recoñecementos.

Louza de Delft

Coñécese como louza de Delft ou porcelana de Delft, ou mesmo azul de Delft a produción de obxectos nestes materiais levada a cabo na localidade holandesa de Delft e na súa área de influencia, fundamentalmente desde os inicios do século XVII.

A louza de Delft adquiriu a súa reputación grazas á finura das súas pezas, á calidade dos seus esmaltes e á delicadeza das pinturas que a decoran. O esmalte estannifero branco utiliado permitiu aos oleiros holandeses aproximarse ao aspecto da porcelana chinesa, amplamente divulgada no país naquelas épocas a través da Compañía Holandesa das Indias Orientais.

Método da raia

A raia, risco, trazo ou cor do po dun mineral é a cor do po producida cando se desliza con forza por unha superficie non meteorizada, e fornece así un método para clasificalo. En contraste coa cor aparente do mineral, que para a maioría pode variar considerablemente, o ronsel de po finamente moído ten xeralmente unha cor máis uniforme e característica, e polo tanto é unha ferramenta diagnóstica importante na identificación de minerais. Cando non se produce ningunha raia aparente, dise que é branca ou transparente. A raia é especialmente importante para os materiais opacos ou con cor, pero é menos útil para os silicatos, moitos dos cales teñen unha raia branca e son moi difíciles de pulverizar.

A cor aparente pode variar moito debido ás impurezas ou a que a estrutura macroscópica do cristal está deturpada. Unha pouca cantidade de impurezas que absorban unha determinada lonxitude de onda poden modificar drasticamente as lonxitudes de onda reflectidas polo espécime, e así modificar a cor aparente. Con todo, cando o espécime se esborrexe para producir a raia rómpese en cristais orientados aleatoriamente, polo que as impurezas pequenas non afectan grandemente á absorción da luz.

A superficie ó longo da que se raia o mineral chámase placa de raiado, e fabrícase normalmente de azulexo de porcelana non tratada. En ausencia desta placa de raiado, a base non vidrada dun pote ou recipiente de porcelana ou o dorso dun azulexo brillante pode valer. Ás veces, unha raia descríbese máis facil e axustadamente cando se compara coa raia doutra placa.

Debido a que o ronsel deixado procede do mineral pulverizado, a raia pode facerse só con minerais que sexan menos duros cá placa, que ten arredor de 7 na escala de Mohs. No caso de materiais máis duros, a cor do po pode determinarse triturando unha mostra cun martelo, que logo se freta contra a placa. A maioría dos minerais máis duros presentan unha raia branca bastante pouco útil.

Algúns minerais presentan unha raia cunha cor bastante semellante á cor natural do mineral, mentres que outros amosan sorprendentes cambios de cor. A fluorita sempre produce unha raia branca aínda que o cristal sexa púrpura, azul, amarelo ou verde. A hematita, de cor natural aparentemente negra, dá unha raia vermella que é a causa do seu nome (que en grego significa 'sangue'). A galena, de aparencia semellante ó hematite, ten unha raia gris.

Pazo da Pastora

O Pazo da Pastora ou Pazo de San Tomé é unha casa señorial construído na Idade Moderna (século XVI) que se atopa na rúa do Conde, na parroquia de Freixeiro, na mesma cidade de Vigo.

A orixe do pazo áchase nunha construción anterior, unha torre coñecida coma Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. O pazo comezou a se construír posibelmente no século XIV, aínda que o edificio que hoxe temos é do século XVI con incorporacións do século XVIII e XIX. Antes era coñecido coma Pazo de San Tomé (escrito en galego antigo como San Thomé ou Santhomé).

Royal Delft

Royal Delft (marca internacionalmente recoñecida da compañía De Koninklijke Porceleyne Fles, anteriormente De Porceleyne Fles), é, xunto con De Delftse Pauw, a única fábrica de louza que mantén a súa actividade das 32 que no século XVII se estableceron na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. É coñecida pola súa produción da sonada "louza de Delft", á que se dedica desde hai máis de 350 anos sen interrupción.Á parte da produción, a súa sede alberga tamén un museo onde se expoñen artigos fabricados ao longo da súa historia e unha tenda onde se poden adquirir os seus produtos. En 2015 contou con 128.000 visitantes.

Taj Mahal

O Taj Mahal (en hindi ताज महल, persa تاج محل), situado en Agra, na beira do río Yamuna, no Estado de Uttar Pradesh, India, é un suntuoso mausoleo de mármore branco construído entre 1632 e 1652 polo emperador mogol Shâh Jahân, en memoria da súa esposa Arjumand Bânu Begam, máis coñecida polo nome de Mumtāz Mahal, que falecera o 17 de xuño de 1631, ao dar a luz o seu décimo cuarto fillo, en tanto acompañaba ao seu home en campaña. Tivo unha sepultura inicial no xardín Zainabad en Burhampur.

Así, o Taj Mahal é tamén considerado como unha gran proba de amor, contendo inscricións retiradas do Corán. Ten incrustadas pedras semi-preciosas, tales como o lapislázuli entre outras. A súa cúpula ten fíos de ouro. O edificio está flanqueado por dúas mesquitas e cercado por catro minaretes.

Suponse que o emperador pretendía facer para el unha réplica do Taj Mahal orixinal na outra marxe do río, en mármore negro, pero acabou deposto por un dos seus fillos antes do suposto comezo de tal obra.

Vila-real

Vila-real é unha cidade e concello da provincia de Castelló, na Comunidade Valenciana, na comarca da Plana Baixa. O censo de 2011 asignáballe 51.357 habitantes. É a décimo cuarta poboación valenciana por número de habitantes e a terceira ao norte da Área Metropolitana de Valencia, só superada por Castelló e Sagunt.

Durante a primeira metade do século XX adicouse ó cultivo da laranxa. Na actualidade, posúe unha importante industria de azulexos. É tamén coñecida internacionalmente polo Villarreal Club de Fútbol.

Xogo de aposta

O xogo de aposta é un xogo de azar no que as persoas que interveñen (xogadores ou apostantes) pagan unha cantidade fixa ou variábel de diñeiro ou aportan un ben material (aposta), por predicir o resultado incerto do xogo a cambio de obter un premio económico ou material se a súa predición resulta certa.

Calquera xogo de azar, sen ser necesariamente un xogo de aposta, pode converterse nun xogo deste tipo mediante un acordo entre os xogadores, quen pactan unhas cantidades ou bens materiais que o(s) perdedor(es) debe(n) entregar ao gañador(es). Por exemplo, no xogo do tute pódese pactar unha cantidade fixa por partida que o(s) perdedor(es) debe(n) entregar ao(s) gañador(es); no xogo das bólas os rapaces participantes establecen regras para que as bólas cambien de propietario. Ademais, o xogo de aposta require a presenza de tres elementos: azar, premio e recompensa. Con frecuencia o desenlace da aposta é inmediato, como o simple lanzamento dun dado ou da bóla na ruleta, pero tamén son comúns apostas a medio ou longo prazo como ocorre nas apostas deportivas, algunhas das cales poden abranguer unha temporada completa.

En España réxense pola Lei 13/2011 de regulación do xogo. A institución pública responsábel de regular esta actividade en Galiza é a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza.

Os xogos de apostas son unha importante actividade comercial, cun mercado legal mundial estimado en 335.000 millóns de dólares no ano 2009.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.