Azul

O azul é unha das tres cores-luz primarias, e cor-pigmento secundaria, resultado da superposición dos pigmentos ciano e maxenta. Atópase na faixa 470 nm do espectro de cores visíbeis.

Sinónimos: cerúleo, cárdeo, celeste, azur, zafiro.

Tipos

  • Azul celeste: azul moi claro.
  • Azul cobalto, azul intenso, feito da materia colorante que resulta da mestura de aluminio e fosfato de cobalto. O azul cobalto emprégase moito en pintura.
  • Azul mariño, azul escuro.
  • Azul turquesa, azul claro tirando lixeiramente a verde.

Coordenadas aproximadas da cor

Triplete hexadecimal #0000ff
RGB (r, g, b) (0, 0, 255)
CMYK (c, m, y, k) (100%, 100%, 0, 0)
HSV (h, s, v) (240, 100, 100)

Uso, simbolismo e expresións coloquiais

O azul acostuma estar asociado á frieza, depresión, monotonía. E, por iso mesmo, tamén á paz, á orde, á harmonía. Entre os matices, é o menos expansivo aos ollos.

Peixe azul

A denominación en base nutricional do grupo de peixes que contén máis dun 5% de graxa, a diferenza do magro ou branco, con só un 2%.

Sangue azul

Dise da persoa de familia nobre ou real.

Galería

Lithodora prostata-A Coruña

Lithodora prostata na Coruña.

Unidentified spot in the Atlantic Ocean, with faith picture artifacts
Sky with puffy clouds
Odesa bazaar (5) sprats
Cristal cristalografia
Blue flowers
Morpho peleides aug2006 1
Dolphin 2
Neptune

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alpes Marítimos

Alpes Marítimos (06) (en francés Alpes-Maritimes, en occitano Aups Maritims) é un departamento francés situado na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. O seu territorio corresponde ao antigo condado de Niza.

Limita ao norte co Piemonte (Italia), ao leste con Liguria (Italia), ao sur co mar Mediterráneo (120 km de costa) e co Principado de Mónaco, e ao oeste con Alpes de Alta Provenza e Var.

Alpes da Alta Provenza

Os Alpes da Alta Provenza (04) (en francés Alpes-de-Haute-Provence e en occitano Aups d'Auta Provença) forman un departamento francés situado na Provenza-Alpes-Costa Azul.

Altos Alpes

Altos Alpes (05) (francés Hautes-Alpes, occitano Auts Aups) é un departamento francés situado na Provenza-Alpes-Costa Azul.

Amarelo

O amarelo (ou marelo) é unha cor cunha lonxitude de onda comprendida entre as faixas 565 nm e 590 nm do espectro de cores visibles. Pódese considerar unha mestura entre as cores vermella e verde. O amarelo é a cor complementaria do azul; o pigmento amarelo absorbe a luz azul.

O amarelo é unha das cores primarias.

Bandeira Azul

A Bandeira Azul é un distintivo que outorga anualmente a organización privada Fundación Europea de Educación Ambiental ás praias e portos que cumpren unha serie de condicións ambientais e instalacións.

Os criterios do programa da Bandeira Azul son os de promoción do desenvolvemento sostible en augas fluviais e mariñas. Esixe o cumprimento das autoridades locais das calidade de augas, xestión do ambiente, educación ambiental e seguridade da cidadanía. A condición de Bandeira Azul concédeselle ás praias de máis de trinta países de Europa, e a Suráfrica, Nova Zelandia, Canadá e o mar Caribe.

No ano 2014, España tiña 561 bandeiras, Francia 363 e Grecia 360.

Bocas do Ródano

Bocas do Ródano (13) (en francés: Bouches-du-Rhône) é un departamento francés situado no sur de Francia, na desembocadura do río Ródano, que pertence á rexión Provenza-Alpes-Costa Azul.

Cannes

Cannes (en occitano: Canas) é unha cidade e comuna francesa, situada no departamento de Alpes Marítimos, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. É un dos centros da turística rexión da Costa Azul e sede anual do seu soado festival europeo de cine internacional.

Carlos Casares

Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres. En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Cor

A cor é a impresión producida por un ton de luz nos órganos visuais, ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro dos humanos e outros animais ao interpretar as sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético.

Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes. As ondas reflectidas son captadas polo ollo e interpretadas no cerebro como distintas cores segundo as lonxitudes de ondas correspondentes.

A cor é un aspecto físico da natureza. A cor dun material determínase pola lonxitude de onda dos raios luminosos que refliten as súas moléculas constituíntes. Un obxecto terá unha cor determinada se reflicte (non absorbe) exactamente os raios correspondentes á frecuencia daquela cor.

Así, un obxecto é vermello se absorbe todos os raios de luz, agás o vermello.

A cor relaciónase cos diferentes lonxitudes de onda do espectro electromagnético. Son percibidas a través dos órganos de visión na faixa da "zona visíbel" como unha sensación que nos permite diferenciar os obxectos do espazo con maior precisión.

Considerando as cores como luz, a cor branca resulta da superposición de todas as cores, en canto o negro é a ausencia de luz. A luz branca pódese descompor en todas as cores (o espectro) por medio dun prisma. Na natureza, esta descomposición orixina un arco da vella.

Departamento de Var

Var (83) é un departamento de Francia na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. O seu nome procede do río costeiro Var. As principais cidades son Toulon (capital do departamento), Brignoles e Draguignan.

Lingua francesa

O francés (français) é a terceira das linguas románicas en número de falantes, despois do castelán e do portugués. En 1999, o francés era a 11a lingua máis falada no mundo, con uns 77 millóns de falantes como lingua materna (chamados francófonos) e uns 128 millóns no total, incluíndo os que a usan como segunda lingua.É unha lingua administrativa ou oficial en moitas comunidades e organizacións (como a Unión Europea, ONU, Unión Postal Universal, Unión Africana etc). Antes da Segunda Guerra Mundial o francés era considerado a lingua internacional por excelencia, particularmente na diplomacia, e unha lingua franca no comercio, navegación e transporte.

Marsella

Marsella (en occitano e provenzal Marselha e en francés Marseille, que é o nome oficial) é unha cidade da Provenza situada á beira do mar Mediterráneo, a segunda maior poboación de Francia. É o maior porto comercial do país, e capital do departamento de Bocas do Ródano, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul.

Pigmento

Un pigmento é un material que cambia a cor da luz que reflicte como resultado da absorción selectiva de certas lonxitudes de onda da luz. Este proceso físico é diferente da fluorescencia, a fosforescencia e outras formas de luminescencia, nas cales o propio material emite luz. Moitos materiais absorben selectivamente luces de certas lonxitudes de onda.

Os pigmentos biolóxicos son substancias endóxenas que producen cor nas células de forma natural, como a melanina e lipofuscina nos animais ou as clorofilas e antocianinas nas plantas.

Os materiais que os seres humanos elixiron e produciron para ser utilizados como pigmentos polo xeral teñen propiedades especiais que os volven ideais para darlle cor a outros materiais. Un pigmento debe ter unha alta forza tinguidora relativa aos materiais que colorea. Ademais debe ser estable en forma sólida a temperatura ambiente.

Os pigmentos son utilizados para tinguir pintura, tinta, plástico, téxtiles, cosméticos, alimentos e outros produtos. A maioría dos pigmentos utilizados na manufactura e nas artes visuais son colorantes secos, usualmente en forma de po fino. Este po engádese a un vehículo ou matriz, un material relativamente neutro ou incoloro que actúa como adhesivo. Para aplicacións industriais e artísticas, a permanencia e a estabilidade son propiedades desexadas. Os pigmentos que non son permanentes chámanse fuxitivos. Os pigmentos fuxitivos esváense co tempo, ou coa exposición á luz, mentres que outros acaban por ennegrecer.

Xeralmente, faise distinción entre pigmento, que é insoluble no vehículo (formando unha suspensión), e tinguidura ou tintura, a cal ou é un líquido ou é soluble no vehículo (formando unha solución). Un colorante pode ser un pigmento ou unha tinguidura dependendo do vehículo no que se usa. Nalgúns casos, un pigmento pode fabricarse a partir dunha tinguidura precipitando unha tinguidura soluble cun sal metálico.

Os pigmentos foron utilizados desde tempos prehistóricos, e foron fundamentais nas artes visuais ao longo da Historia. Os principais pigmentos naturais utilizados son de orixe mineral ou biolóxica. A necesidade de conseguir pigmentos menos custosos dada a escaseza dalgunhas cores, como o azul, propiciou a aparición dos pigmentos sintéticos.

Praia de Riazor

A praia de Riazor é unha praia urbana da cidade da Coruña. Conta coa distinción de Bandeira Azul, como tamén a súa continuación cara ao nordés, a praia do Orzán.

Provenza-Alpes-Costa Azul

Provenza-Alpes-Costa Azul (en francés: Provence-Alpes-Côte d'Azur, en occitano: Provença-Aups-Còsta d'Azur) é unha rexión francesa, situada ao sueste da Francia metropolitana.

Rexións de Francia

Desde o 1 de xaneiro de 2016 Francia está dividida en 18 rexións administrativas, das que 13 se achan na Francia metropolitana (12 régions de France métropolitaine, ás que se engade Córsega, que non ten a denominación de rexión pero exerce competencias similares), e 5 son rexións de alén mar.Porén a división administrativa realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións.

A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social.

As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais.

Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial.

Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional.

Río Nilo

O río Nilo (النيل en árabe) é un dos dous ríos máis longos do mundo (o outro é o Amazonas). Situado no nordeste de África, o río Nilo flúe desde a súa principal fonte, o lago Vitoria na parte leste da África central, ata o mar Mediterráneo a través de Uganda, o Sudán e Exipto unha distancia de aproximadamente 6650 quilómetros até desembocar no delta do Nilo.

A bacía do Nilo cobre 3.254.555 km², preto do 10% da superficie de África.

O Nilo ten dous tributarios claros, o Nilo Branco e o Nilo Azul, dos cales o primeiro é máis longo. O Nilo Branco nace nos Grandes Lagos de África, coa fonte máis distante en Ruanda (2°16′55.92″S, 29°19′52.32″E) e flúe cara o norte a través de Tanzania, o Lago Vitoria, Uganda e o sur do Sudán; o Nilo Azul nace no Lago Tana, Etiopía, e flúe cara o oeste desde o Sudán. As dúas seccións atópanse preto de Khartún.

A sección norte do río flúe case enteiramente a través do deserto, desde o Sudán até Exipto, un país cuxa civilización dependeu sempre do río. A maioría da poboación de Exipto e todas as súas cidades, a excepción das costeiras, reside nas zonas do val do Nilo ao norte de Asuán; e practicamente todos os lugares arqueolóxicos e culturais do Exipto Antigo se atoan nas súas ribeiras.

En exipcio, os xeróglifos que o nomean son "itrw", que se transliteran como iteru. A palabra Nilo provén do grego Neilos (Νειλος), que significa "val do río".

Vaucluse

Vaucluse (84) é un departamento de Francia da rexión Provenza-Alpes-Costa Azul con capital en Aviñón. 3 567 km² e en 2016 tiña 559 014 habitantes. Divídese en 17 cantóns e 151 comunas. O nome occitano é Vauclusa.

Xosé Fernández Ferreiro

Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931 e finado na Coruña o 16 de decembro de 2015, foi un escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.