Azat u ankakh Artsakh

Azat u ankakh Artsakh" ("Libre e independente Artsakh") é o himno nacional da non recoñecida República de Artsakh. Adoptado en 1992, foi escrito por Vardan Hakobyan e composto por Armen Nasibyan.

Ազատ ու անկախ Արցախ
Azat u ankakh Artsakh
En galego: Libre e independente Artsakh
Coat of arms of Artsakh
Himno deFlag of Artsakh.svg República de Artsakh
LetraVardan Hakobyan
MúsicaArmen Nasibyan
Adoptado1992
Mostra da música
Mostra

Letra

Armenio Transliteración
Ազատ ու անկախ Արցախ,
Քո տուն-ամրոցը կերտեցինք,
Պատմությունը մեր երկրի
Մեր սուրբ արյամբ մենք սերտեցինք։
Դու բերդ ես անառիկ,
Բարձունք սրբազան, վեհ անուն,
Մասունք աստվածային,
Քեզնով ենք հավերժանում։
Դու մեր լույս հայրենիք,
Երկիր, հայրենյաց դուռ սիրո
Ապրիր դու միշտ խաղաղ,
Մեր հին ու նոր Ղարաբաղ։
Քաջերն ենք մենք հայկազուն,
Մռավ ենք, Քիրս ենք ու Թարթառ,
Մեր վանքերով լեռնապահ՝
Անհաղթելի մի բուռ աշխարհ։

Azat u ankakh Arts’akh,
K’o tun-amrots’ë kertets’ink’,
Patmut’yunë mer yerkri
Mer surb aryamb menk’ sertets’ink’.

Du berd yes anar’ik,
Bardzunk’ srbazan, veh anun,
Masunk’ astvatsayin,
K’eznov yenk’ haverzhanum.

Du mer luys hayrenik’,
Yerkir, hayrenyats’ dur’ siro
Aprir du misht khaghagh,
Mer hin u nor Gharabagh.

K’ajern yenk’ menk’ haykazun,
Mr’ov yenk’, K’irs yenk’ u T’ar’t’ar’,
Mer vank’erov ler’napah,
Anhaght’eli mi bur’ ashkharh.

Véxase tamén

Ligazóns externas

República de Artsakh

A República de Artsakh (en armenio: Արցախի Հանրապետություն Arts'akhi Hanrapetut'yun), ou sinxelamente Artsakh, comunmente coñecido polo seu antigo nome República de Nagorno-Karabakh entre 1991 e 2017, é unha república situada no Sur do Cáucaso tan só recoñecida por outros tres estados non pertencentes á Organización das Nacións Unidas: Abkhazia, Osetia do Sur e Transnistria. Reclamada e recoñecida como parte de Acerbaixán, Nagorno-Karabakh controla a meirande parte do territorio do antigo Oblast de Nagorno-Karabakh e algúns distritos acerbaixanos circundantes fronteirizos con Armenia (ao oeste) e Irán (ao sur).

O Alto Karabakh, de poboación predominantemente armenia, foi disputado entre Armenia e Acerbaixán trala súa independencia do Imperio Ruso en 1918. Despois de que a Unión Soviética estabelecese control sobre a zona, creouse a rexión autónoma de Nagorno-Karabakh (NKAO) dentro da República Socialista Soviética de Acerbaixán en 1923. Nos últimos anos da Unión Soviética xurdiu de novo o conflito entre armenios e acerbaixanos polo control da zona. Posteriormente, en 1991, un referendo celebrado na Rexión Autónoma e a rexión veciña Shahumian deu lugar a unha declaración de independencia. O conflito étnico a grande escala nos anos posteriores (1991-1994) conduciu á Guerra de do Alto Karabaj, que rematou cun cesamento do fogo do que saíron as fronteiras actuais.

Artsakh é unha democracia presidencialista cun Parlamento unicameral. O país é moi montañoso, cunha media de altitude de 1.097 metros sobre o nivel do mar. A poboación é predominantemente cristiá, a meirande parte pertencentes á Igrexa Apostólica Armenia. Varios mosteiros históricos son moi populares entre os turistas, na súa maioría da diáspora armenia, xa que a maioría do viaxe só se pode realizar entre Armenia e Artsakh.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.