Avión

Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 1910 habitantes[5] (1962 en 2015, 2730 no 2006, 2780 no 2005, 2804 no 2004, 2881 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é avionés[6].

Coordenadas: 42°22′33.33″N 08°15′4.83″O / 42.3759250, -8.2513417

Avión
Escudo de Avión
Avión4
Avión
Situacion Avión
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Ribeiro
Poboación1.806 hab. (2018)
Área120,5 km²
Densidade14,99 hab./km²
Entidades de poboación36
Capital do concelloSan Xusto
Política (2019[2])
AlcaldeAntonio Montero Fernández (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros: Compromiso por Galicia 2
Eleccións municipais en Avión
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes58,30%
Na rede
www.concelloavion.org

Xeografía

Casa consistorial de Avión
Casa consistorial.

Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.

A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.

O clima de Avión ven condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.

Demografía

Censo total 1962 (2015)
Menores de 15 anos 94 (4,79 %)
Entre 15 e 64 anos 919 (46,84 %)
Maiores de 65 anos 949 (48,37 %)
Evolución da poboación de Avión   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4923 5186 5450 4120 2804 2561 1962 1910 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

No século XI Avión correspondía ao territorio xurisdicional do Metropolitano de Braga, recoñecido en 1010 polos bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tui, Ourense, Lamego, Coimbra, Porto e Viseu. Porén, esa dependencia non debeu durar máis alá da implantación da Monarquía en Portugal en 1139.

En 1150, debido a unha competencia sobre límites das dioceses entre os prelados de Oviedo, Ourense e Astorga, o Papa Uxío III encomendoulle a resolución do conflito a Afonso VII de Castela. O rei dispuxo o 1 de marzo dese mesmo ano, que o Bispo de Oviedo cedese ao de Ourense a parte diocesana da Limia, desde o monte de Padrón ata Donia, e desde o río Azor até o Arnoia até a súa desembocadura no Miño; até Barroso coas igrexas de Petrayn e as de Castela; a de Orcellón; as igrexas de Avia e de Avión.

En 1156 o Bispo de Ourense e o Cabido de Tui fixeron unha partición de igrexas das súas dioceses, na que figura o arciprestado de Novoa e Avión; segundo isto, parte do territorio de Novoa e Avión (mais non Ribadavia), pertencían xa a aquela diocese, e a outra parte do territorio, chamada terras de Avia e Avión, formaba parte da diocese de Ourense. En 1215 chega a Orde do Temple a Avión, á igrexa de San Andrés de Abelenda.

En 1375 instáurase o señorío dos Sarmiento, condes de Ribadavia. A súa xurisdición abarcaba as freguesías de Avión, Abelenda, Amiudal, Barroso, Nieva, Couso (que compartía co mosteiro de Melón) e Córcores. Todas elas debían pagar o tributo da "fumaza" ou "fogaza", abolido por Isabel II en 1837.

Trala división territorial de España en 1833 foi concello de seu até xuño de 1843, cando a casa consistorial se trasladou a Abelenda de Avión.

Cultura

Toponimia

O seu nome procede do veciño río Avia. Porén popularmente asociouse o nome ao da Andoriña de cu branco, que tamén recibe o nome de avión, polo que no escudo do concello aparece este animal. Avia procede da raíz indoeuropea celta av- ou au-, fonte, corrente de auga. Comparte orixe co río Ave (chamado Avo na época da Gallaecia, hoxe Ave, ao norte do Porto) e con outro ríos franceses, españois e italianos[7].

Patrimonio

Patrimonio natural

Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patr imonio natural.

Patrimonio etnográfico

Salientan, entre as innumerables construcións tradicionais, os chozos do Suído.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Avión.

Lugares de Avión

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Avión vexa: Lugares de Avión.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Avión". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Avión. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Consultado o 27 de febreiro de 2017.
  6. Costas González, X.-H. (2015): "Os xentilicios en galego". En Eva M.Castro Figueiras; MªCristina Rodríguez Ricart. Na universidade en galego con seguridade, páx. 77. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1
  7. Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aeroflot

Aeroflot - Liñas Aéreas Rusas (en ruso Аэрофло́т - Росси́йские авиали́нии), ou Aeroflot (Аэрофло́т), é a liña aérea nacional de Rusia e a maior das existentes no país. No seu día foi tamén a compañía máis importante da Unión Soviética e a maior do mundo. A súa base é o Aeroporto Internacional Sheremetyevo en Moscova. A aeroliña opera en 97 destinos internacionais de 48 países.

Aeroflot é unha das aeroliñas máis antigas do mundo, creándose no ano 1923. En 1956 converteuse na primeira en operar regularmente con reactores, usando o Tupolev Tu-104. Recentemente[cando?] embarcouse nun programa de modernización da súa frota e de reestruturación das súas rutas. A aeroliña uniuse a SkyTeam Alliance en abril do ano 2006.

Airbus A319

O Airbus A319 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves.

É un modelo acurtado derivado do A320 con cambios mínimos. Debido a que ten os mesmos depósitos de combustible, pero menos pasaxeiros (124 en configuración de dúas clases), o seu alcance vese aumentado ata os 7 200 km, o maior da súa clase. Igual que o A320, posúe mandos de control fly-by-wire. Usa tamén os mesmos motores que o A320, e foi certificado en 1996, o mesmo ano en que entrou en servizo coa aeroliña Swissair.

No ano 2003 a aeroliña easyJet mercou A319 sen cociñas polo que a capacidade aumentou ata os 156 pasaxeiros nunha clase, pero para satisfacer as normas de evacuación engadíronselle portas de emerxencia adicionais sobre as ás. A aeroliña converteríase posteriormente no maior operador deste modelo, con 136 unidades na actualidade.

Airbus A320

O Airbus A320 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, dun só corredor e de curto a medio alcance. Foi o primeiro modelo de avión con mandos electrónicos fly-by-wire, de forma que o piloto controla as partes móbiles do avión a través do uso de impulsos electrónicos en vez de mediante pancas e sistemas hidráulicos.

Deste modelo derivaron posteriormente as versións acurtadas A318 e A319 e a versión alongada A321.

Airbus A321

O Airbus A321 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. É unha versión alongada do A320 con cambios mínimos. A superficie alar alongouse lixeiramente e o tren de aterraxe reforzouse. É propulsado por motores CFM56 ou V2500.

Algunhas compañías elixiron este avión en vez do Boeing 757, xa que ten a mesma capacidade e comparte comunalidade cos outros avións da familia: o A318, o A319 e o A320. Isto inclúe os avanzados mandos fly-by-wire, o que permite que os pilotos dun tipo de avión poidan pilotar os outros con só un par de horas de adestramento.

O alcance con 186 pasaxeiros na configuración típica de 2 clases é de 4 300 km para a versión A321-100, mentres que na 200, debido á súa maior capacidade de combustible, esta cifra aumenta ata os 5 500 km.

Airbus A330

O Airbus A330 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, bimotor de gran capacidade, alcance medio-longo e fuselaxe ancha. O seu desenvolvemento foi paralelo ao do Airbus A340. Pode acomodar a 335 pasaxeiros en dúas clases ou levar 70 toneladas de carga, cun alcance que vai dos 7 400 ata os 13 430 quilómetros dependendo da variante.

Airbus tentou con este avión competir no mercado dos birreactores de alcance longo (ETOPS en inglés), que estaba dominado polos Boeing 767 e Boeing 777. O Boeing 757 pertence a este sector pero non ten moito alcance.

A fuselaxe e ás do A330 son practicamentes idénticas ás do A340, pero ten diferentes motores. O avión herda o deseño de fuselaxe do A300, e os mandos e panel de control electrónicos fly-by-wire do A320.

Avión (medio de transporte)

Avión (do francés avion, e este como forma aumentativa do latín avis, ave), tamén denominado aeroplano, é un aerodino de á fixa, ou aeronave máis pesada có aire, provisto de ás e un corpo de carga capaz de voar, propulsado sempre por un ou máis motores. Os aeroplanos inclúen aos monoplanos, biplanos e triplanos.

No caso de non ter motor trataríase dun planador e no caso dos que superan a velocidade do son denomínanse avións supersónicos.

Adoitan clasificarse en avións civís (que poden ser de carga, transporte de pasaxeiros, adestramento, sanitarios, contra incendios etc.) e avións militares (carga, transporte de tropas, cazas, bombardeiros, de recoñecemento ou de espreita, de reabastecemento en voo etc.).

O seu principio de funcionamento baséase na forza aerodinámica que actúa sobre as ás, facendo que a mesma produza unha sustentación. Esta orixínase na diferenza de presións entre a parte superior e inferior da á, producida pola súa forma especial.

Beariz

Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bearizao ou bearicense.

Boeing

The Boeing Company é un dos principais fabricantes de avións e equipos aeroespaciais do mundo. O seu nome completo é Boeing Commercial Airplanes Co. e a súa sede central atópase na cidade de Chicago. As súas maiores fábricas están situadas nos arredores da cidade de Seattle, no estado de Washington.

Boeing 737

O Boeing 737 é un avión para transporte de pasaxeiros bimotor, de fuselaxe estreita e de rango curto-medio. Leva sendo fabricado por Boeing dende 1967. Con máis de 7000 unidades vendidas, é o avión para transporte de pasaxeiros máis producido da historia. Na actualidade o 737 é o único avión de fuselaxe estreita de Boeing en fabricación, sendo aínda producidas as súas variantes -600, -700, -800 e -900ER. Unha versión redeseñada e remotorizada, a 737 MAX, está programada para ser lanzada no ano 2017.

Boeing 747

O Boeing 747 é un avión de pasaxeiros e carga de fuselaxe ancha desenvolvido por Boeing. Foi alcumado Jumbo e Queen of the Skies, e era capaz de levar dúas veces máis pasaxeiros e carga que os seus contemporáneos. Apareceu en abril de 1966 cun pedido de 25 avións para Pan Am. Boeing concibiu o prototipo tras perder un concurso fronte ao C-5 Galaxy de Lockheed para dotar ao exército dos Estados Unidos dun avión de carga e transporte estratéxico, unha vez que identificou un oco de mercado para un avión de gran capacidade.

Trátase dun dos avións máis doadamente recoñecibles do mundo e foi o primeiro modelo de fuselaxe ancha. O 747 ten unha configuración de dous pisos nunha parte da súa lonxitude e está dispoñible como avión de pasaxeiros, de carga ou para outros usos. Boeing deseñou o piso superior en forma de xiba como un salón de primeira clase ou (como adoita a usarse actualmente) como unha zona adicional de asentos, e permitíalle ao avión converterse doadamente en cargueiro retirando os asentos e instalando unha porta de carga frontal. Boeing fixo isto porque a compañía agardaba que nun futuro houbese avións de pasaxeiros supersónicos (cuxo desenvolvemento se anunciou a principios dos 60), para prestar o 747 e outros avións subsónicos obsoletos, xa que pensaban que a demanda de cargueiros subsónicos manteríase forte. Agardábase que o 747 quedase anticuado tras vender uns 400 exemplares, pero excedeu as expectativas ao superar os 1.000 avións fabricados no ano 1993. No mes de xullo de 2017 foran construídas 1 533 unidades, con 18 pedidos da variante 747-8.O 747-400, a versión de pasaxe máis común en sevizo, está entre os avións de pasaxeiros máis rápidos en activo cunha velocidade de cruceiro de Mach 0,85 (920 km/h). Ten un alcance intercontinental de 13.450 km. Pode levar 416 pasaxeiros nunha típica configuración de tres clases, 524 en dúas clases ou 660 nunha única clase. A versión máis nova do modelo, o 747-8, atópase actualmente en produción e recibiu a certificación no ano 2011. As entregas da versión de carga 747-8F ao seu cliente de lanzamento, Cargolux, comezaron no mes de outubro dese ano; as entregas da versión de pasaxeiros, a 747-8I, a Lufthansa, comezaron en maio do 2012. O 747 será substituído no futuro polo Boeing Y3 (parte do Boeing Yellowstone Project).

Boeing 767

O Boeing 767 é un avión de pasaxeiros fabricado por Boeing. Trátase dun modelo de fuselaxe ancha, que foi presentado case ao mesmo tempo que o 757, o seu semellante de fuselaxe estreita, co que comparte características de deseño e cuberta de voo, o que permite que os pilotos poidan obter unha mesma certificación para operar os dous avións. Ten un alcance de entre 9.400 e 12.200 km e pode transportar entre 181 e 375 pasaseiros, dependendo da configuración.

O 767 foi tamén o primeiro avión de fuselaxe ancha de Boeing cunha ponte de mando para só dúas persoas, eliminando a necesidade dun enxeñeiro de voo. O avión fabricouse con tres lonxitudes de fuselaxe. O orixinal 767-200 entrou en servizo en 1982, seguido polo 767-300 en 1986, e o 767-400ER no ano 2000. O 767-200ER e o 767-300ER teñen maior capacidade de carga e alcance. O 767-300F, unha versión de carga, entrou en servizo en 1995.

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Hermes

Hermes é o deus mensaxeiro, o que anuncia as noticias, o protector dos camiños e guía do viaxeiro. Fillo de Zeus e de Maia, sendo aínda moi neno xa deixou sentir o espírito inquedo e aventureiro: coa coiraza dunha tartaruga inventou a lira e cambioulla ao seu irmán Apolo (a quen astutamente lle roubara o seu gando) polo caduceo ou bastón da concordia. Protector do comercio e do que pacta en tratos, pasa por ser o inventor dos pesos e medidas nas transaccións comerciais.

Lufthansa

Lufthansa (o seu nome oficial é Deutsche Lufthansa AG), con sede en Colonia, é a aeroliña nacional alemá e a maior compañía aérea europea en termos de pasaxeiros transportados e frota. O seu aeroporto base é o de Frankfurt e pouco a pouco o aeroporto de Múnic estase convertendo nun segundo eixo neurálxico da compañía. Os seus hangares de reparación están en Hamburgo. Lufthansa foi unha empresa pública (case ao 100%) ata o ano 1953. No ano 1966 as súas accións cotizaron por vez primeira en bolsa e en 1994 o estado alemán aínda posuía o 34% das accións. Dende 1997 todo o capital de Lufthansa está en mans privadas. Lufthansa é, xunto a Air Canada, SAS Scandinavian Airlines, Thai Airways International e United Airlines, membro fundador da alianza de aeroliñas Star Alliance, á que pertence, xunto con outros 12 membros non fundadores, a compañía española Spanair.

Os voos de Lufthansa teñen o código IATA LH e o seu código ICAO é DLH. Os voos internacionais cara a Alemaña reciben un número impar e os procedentes de Alemaña un par. Lufthansa ten un dos programas de fidelización de clientes máis amplos, o seu nome é Miles and More.

Pena Corneira

Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro.No cumio do monte existe a a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.

Serra do Faro de Avión

A serra do Faro de Avión é unha importante elevación ao sur da dorsal galega situada entre os concellos de Melón, Avión e Carballeda de Avia, na provincia de Ourense, e os concellos de Covelo e A Cañiza na provincia de Pontevedra.

Serra do Suído

A serra do Suído é un sistema montañoso galego, que fai de fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Nesta provincia sitúase nos concellos de Avión e Beariz, e nela nace o río Avia, na de Pontevedra espállase polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.