Aves limícolas

As aves limícolas (do latín limus, significando que vive no limo, lodo ou lama) son un grupo relativamente diverso de aves, da orde Charadriiformes, que abrangue ás familias:

A pesar de poderen ser atopadas en diversos biomas, as limícolas están xeralmente vencelladas a zonas húmidas, esencialmente zonas húmidas costeiras, como esteiros e lagoas. Moitas destas especies son coñecidas polas súas vastas migracións, nalgúns casos dende o Ártico até ao sur dos continentes austrais.

Aves limícolas
Pilro semipalmado (Calidris pusilla)

Pilro semipalmado (Calidris pusilla)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes (partim)
Subordes
  • Charadrii
  • Chionidi
  • Scolopaci
  • Thinocori
Aves

As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse en ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos, voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo cuberto de plumas e, as aves stricto sensu, un bico córneo sen dentes. Para reproducírense poñen ovos que incuban até a súa eclosión.

O seu grupo taxonómico denomínase clase Aves (a palabra é latina e está en plural, en singular sería avis) para a sistemática clásica, pero na sistemática filoxenética actual este clado non ten rango, e está incluído á súa vez sucesivamente dentro dos clados: Theropoda, Dinosauria, Archosauria, Sauropsida, Tetrapoda, etc., aínda que hai máis nidacións intermedias con denominación.

As aves orixináronse a partir de dinosauros carnívoros bípedes do Xurásico, hai 150-200 millóns de anos, e son, de feito, os únicos dinosauros que sobreviviron á extinción masiva producida ao final do Mesozoico. A súa evolución deu lugar, tras unha forte radiación, ás máis de 18 000 especies actuais (máis 153 extintas en tempos históricos). As aves son os tetrápodos máis diversos; con todo, teñen unha grande homoxeneidade morfolóxica en comparación cos mamíferos. As relacións de parentesco das familias de aves non sempre poden definirse por morfoloxía, pero coa análise de ADN comezaron a esclarecerse.

As aves habitan en tódolos biomas terrestres e tamén en tódolos océanos. O tamaño pode ser desde 6,4 cm no Mellisuga helenae até 2,74 metros na avestruz. Os comportamentos son diversos e notables, como na nidificación, a alimentación das crías, as migracións, o apareamento e a tendencia á asociación en grupos. A comunicación entre as aves é variable e pode implicar sinais visuais, chamadas e cantos. Algunhas emiten gran diversidade de sons, e destacan pola súa intelixencia e pola capacidade de transmisión cultural de coñecementos a novas xeracións.

O ser humano tivo unha intensa relación coas aves. Na economía humana as aves de curral e as cinexéticas son fontes de alimento. As canoras e os papagaios son populares como mascotas. Úsase a penuxe de patos e gansos domésticos para encher almofadas, e antes cazábanse moitas aves para adornar chapeus coas súas plumas. O guano das aves úsase na fertilización de chans. Algunhas aves son reverenciadas ou repudiadas por motivos relixiosos, supersticións ou por prexuízos erróneos. Moitas son símbolos culturais e referencia frecuente para a arte. Nos últimos 500 anos extinguíronse máis de 150 especies como consecuencia de actividades humanas, e, actualmente, son máis de 1200 as especies de aves ameazadas que necesitan que se tomen medidas para a súa conservación.

Bardenas Reales

As Bardenas Reales de Navarra son unha paraxe natural semidesértica dunhas 42.000 ten que se estende polo sueste de Navarra (España). Os seus chans son de arxilas, xesos e arenitas e foron erosionados pola auga e o vento creando formas sorprendentes nas que destacan os barrancos, as mesetas de estrutura tabular e os outeiros solitarios, chamados cabezos.

As Bardenas carecen de núcleos urbanos, a súa vexetación é moi escasa e as múltiples correntes de auga que sucan o territorio teñen un caudal marcadamente irregular, permanecendo secos a maior parte do ano. A altitude oscila entre os 280 e os 659 msnm. As Bardenas sitúanse nun punto equidistante entre a cordilleira pirenaica e a ibérica. As Bardenas Reales, antiga posesión real, non forman parte de ningún termo municipal e son propiedade da Comunidade Foral de Navarra. Vinte e dous municipios e entidades (os «congozantes») forman a Comunidade de Bardenas Reales, unha entidade de Dereito Público encargada do aproveitamento da paraxe.

Na actualidade, a maior parte das Bardenas Reales encóntranse protexidas dende o ano 1999 mediante a figura dun parque natural de 39.274 ha. Anteriormente, en 1986, dúas paraxes das Bardenas, o Rincón del Bú e as Caídas de la Negra, foran declaradas reservas naturais. Dende o 7 de novembro de 2000 o conxunto foi declarado Reserva da Biosfera.

Baía de Port Phillip

A baía de Port Phillip ou, simplemente, Port Phillip (e localmente só como A Baía (The Bay), é unha immensa baía australiana, situada no sur do estado de Victoria, e en cuxa ribeira norte se asenta a cidade de Melbourne.

Está prolongada na súa parte occidental pola baía de Corio.

Botaurus

Botaurus é un xénero de aves limícolas chamadas abetouros da familia das garzas, do que existen 4 especies actuais. O nome do xénero deullo o naturalista inglés James Francis Stephens, e deriva do latín butaurus. Plinio o Vello derivou o nome de Bos (boi) e taurus (touro), porque as chamadas desta ave semellan o son dun touro urrando.O xénero ten unha soa especie representativa en cada continente, un en América do Norte, outro en América Central e América do Sur, un enEurasia e outro en Australasia. As dúas especies do norte son parcialmente migratorias, e moitos dos individuos van a zonas máis cálidas en inverno.

Os catro abetouros son aves grandes, robustas, marróns con plumaxe bandeado, que se reproducen en xunqueiras. A femia cría ela soa os polos, o que é raro nunha ave predadora. Son animais moi discretos, ben camuflados e difíciles de ver malia o seu tamaño, a non ser en avistamentos ocasionais en voo.

Igual que outras especies da súa familia, comen peixes, ras, e outros seres acuáticos pequenos.

Burhinidae

Os Burhinidae (burínidos) son unha familia de aves da orde Charadriiformes, denominados pernileiros ou alcaraváns, que se encontran nas rexións tropicais e temperadas do mundo, cunha especie que vive en Galicia, Burhinus oedicnemus, o pernileiro común de Eurasia. Aínda que o grupo foi considerado de aves limícolas, a maioría das especies teñen preferencia por territorios áridos ou semiáridos.

Dinosauro

Dinosauro (do grego déinos, 'terríbel', e saurós, 'lagarto', e, por extensión, réptil) é a denominación dada a calquera membro dun grupo de arcosauros que xurdiron a fins do período Triásico (preto de 230 millóns de anos atrás) e dominante da fauna terrestre durante boa parte da era Mesozoico, desde o inicio do Xurásico ata o final do Cretáceo (preto de 65 millóns de anos atrás), cando a extinción de case todas as liñaxes, a excepción das aves, únicos representantes actuais. Distinto doutros arcosauros por un conxunto de características anatómicas, entre as cales se destacan a posición dos membros en relación ao corpo, proxectados directamente para abaixo, e o acetábulo (encaixe do fémur) aberto.

Ata finais do século XX, todos os grupos de dinosauros críanse que foran extinguidos; porén, o rexistro fósil indica que as aves son as devanceiras dos dinosauros emplumados, evolucionando dende os antecesores terópodos durante o período Xurásico e agora chamados «dinosauros aviarios». Como tal, as aves foron a única liñaxe dos dinosauros que sobreviviu á extinción masiva. Ao longo do resto do artigo, o termo «dinosauros» é, ás veces, empregado xeralmente para se referir tanto aos dinosauros aviarios coma aos non-aviarios, mentres que outras veces é usado para se referir especificamente aos dinosauros non-aviarios, e os dinosauros aviarios son ás veces sinxelamente nomeados como «aves». Este artigo ocúpase principalmente dos dinosauros non-aviarios.

Os dinosauros son un grupo variado de animais dende o punto de vista taxonómico, morfolóxico e ecolóxico. As aves, cunhas 10 000 especies vivas, son o grupo máis variado dos vertebrados á parte dos peixes perciformes. Coa evidencia fósil, os paleontólogos identificaron ao redor de 500 xéneros distintos e máis de 1000 especies diferentes de dinosauros non-aviarios.

Os dinosauros son representados en cada continente polas especies existentes a mailos restos fósiles. Algúns son herbívoros, outros carnívoros. Mentres os dinosauros eran ancestralmente bípedes, moitos grupos extintos incluían especies cuadrúpedes, e algúns eran capaces de cambiar entre estas posturas. Estruturas elaboradas como cornos ou cristas son comúns a todos os grupos de dinosauros e algúns grupos extintos desenvolveron modificacións esqueléticas como armaduras e pugas. A evidencia suxire que a posta de ovos e a construción do niño son trazos adicionais compartidos por todos os dinosauros.

Mentres que as liñaxes modernas superviventes dos dinosauros (aves) son xeralmente pequenas debido ás limitacións do voo, moitos dinosauros prehistóricos tiñan un corpo grande —os dinosauros saurópodos máis grandes acadaron lonxitudes de 39,7 metros e alturas de 18 metros e eran daquela os animais terrestre máis grandes. Aínda así, a idea de que os dinosauros non-aviarios foron uniformemente xigantes é un erro baseado en parte no erro sistemático da preservación, como os ósos grandes e fortes son máis propensos a durar ata que estean fosilizados. Moitos dinosauros eran bastante pequenos: Xixianykus, por exemplo, medía só sobre 50 centímetros de longo.

Aínda que a palabra dinosauro significa literalmente 'lagarto terrible', o nome é algo etimoloxicamente inapropiado; a pesar de que os dinosauros son réptiles, non son lagartos, nin tampouco descenden deles. En cambio, os dinosauros, coma moitas formas extintas de grupos de réptiles, non amosaron características que tradicionalmente se consideraban como reptiliano, tales como a postura do membro en expansión ou ectotermia (coloquialmente coñecido como «sangue frío»). Adicionalmente, moitos outros animais prehistóricos, incluíndo os mosasauros, ictiosauros, pterosauros, plesiosauros e Dimetrodon, mentres que adoito concibidos popularmente dos dinosauros, non se clasifican taxonomicamente como dinosauros.

Durante a primeira metade do século XX, antes de que as aves foran recoñecidas como dinosauros, a meirande parte da comunidade científica cría que os dinosauros eran lacazáns e de sangue frío. A maioría das investigacións realizadas dende a década de 1970, porén, indicou que todos os dinosauros eran animais activos con metabolismos elevados e abondosas adaptacións para a interacción social.

Dende os primeiros fósiles de dinosauros que foran recoñecidos a comezos do século XIX, as carcasas fósiles montadas de dinosauros foron as principais atraccións nos museos de todo o mundo e os dinosauros convertéronse nunha parte permanente da cultura mundial. O gran tamaño dalgúns grupos de dinosauros, así como a súa natureza aparentemente monstruosa e fantástica, aseguraron a aparición regular dos dinosauros en libros best-séller e filmes, como Parque Xurásico. O entusiasmo persistente do público sobre os animais deu lugar a un importante financiamento para a ciencia dos dinosauros e os novos descubrimentos son cubertos de xeito regular polos medios de comunicación.

Falaropo bicofino

O falaropo bicofino ou falaropo mouro (Phalaropus lobatus) é unha especie de ave caradriforme pertencente á familia dos escolopácidos. Son aves limícolas de pequeno tamaño que, a diferenza do resto de escolopácidos, capturan o seu alimento mentres nadan sobre a superficie da auga, impulsándose cos seus pés semipalmados. Aliméntase de pequenos crustáceos, insectos e larvas, pero durante o inverno a súa dieta componse case exclusivamente de diversas especies de zooplancto.

Igual que as outras dúas especies do xénero Phalaropus, presentan un dimorfismo sexual inverso; as femias son más rechamantes e adoptan algúns dos roles de cortexo e reprodutivos que na maioría das espeies de aves son típicos dos machos, os cales son os encargados de chocar os ovos. Reprodúcese durante o verán boreal nas rexións árticas e subárticas de América do Norte, Asia e Europa; xeralmente entre os 60° e 70° de latitude, nunha banda que rodea o hemisferio norte desde o sur das illas Aleutianas ata o extremo setentrional das illas británicas. Son aves migratorias e ao finalizaren o seu período reprodutor inician unha longa migración cara ás costas dos mares cálidos situados ao longo da rexión intertropical, seguindo rutas que nalgúns casos lles fan percorrer máis de 20 000 km ao ano. En Galicia é unha especie accidental.A súa poboación estímase que é de 3 600 000 a 4 500 000 de individuos, máis da metade dos cales (uns 2 500 000) reprodúcense en Alasca, Canadá e o sur de Groenlandia. O seu estado de conservación catalogouse como "pouco preocupante".

Gaivota biquistreita

A Gaivota biquistreita (Larus genei) é unha ave da familia dos láridos.

Galloanserae

O dos Galloanserae é un clado (considerado como superorde) de aves da subclase dos neognatos e infraclase dos neognatos, constituído polas ordes dos galiformes e os anseriformes.

Os membros dos Galloanserae son as aves máis importantes para a alimentación humana como aves domésticas, e tamén como aves de caza. Galiñas, pavos, pintadas, faisáns, perdices, paspallás, patos, gansos e outras aves similares pertencen a este grupo.

Glareólidos

Os glareólidos (Glareolidae) constitúen unha familia de aves limícolas da suborde Charadrii. Comprende os corredores (dos que en Galicia vive o Cursorius cursor) e as anduriñas do mar (en Galicia vive Glareola pratincola). O atípico Pluvianus aegyptius, tradicionalmente situado nesta familia, sábese agora que só está distantemente relacionado con ela e clasifícase na súa propia familia, Pluvianidae.

A familia consta de 15 especies distribuídas en 5 xéneros.

Guía das aves de Galicia

A Guía das aves de Galicia é unha guía de campo de identificación de aves de Galicia, obra dos ornitólogos Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, con ilustracións de Calros Silvar. Foi publicada por primeira vez en 1980 por Editorial Galaxia, e reeditada en 1991 e 2004 por Baía Edicións.Esta guía, na súa edición de 1980, está recomendada pola Sociedade Galega de Historia Natural. A edición de 2004 está recomendada pola Xunta de Galicia para a observación de aves, xunto co libro Collins Bird Guide de aves de España, Europa e da rexión mediterránea.A primeira edición contén 90 fichas de especies silvestres diferentes que poden atoparse en Galicia con 146 ilustracións, unhas en branco e negro e outras a cor, a edición de 1990 contén 360 fichas e máis de 1 500 ilustracións a cor, e a edición de 2004 contén información de 434 aves, incluíndo máis de 2 000 ilustracións, e a maiores, achégase un CD-ROM con fichas adicionais doutras especies menos representativas e o canto de 110 aves.

Hematopódidos

Os hematopódidos (Haematopodidae) forman unha familia de aves limícolas, cuxo único xénero é Haematopus, das que en Galica vive a especie Haematopus ostralegus, a gabita euroasiática. Encóntranse nas costas de todo o mundo agás nas rexións polares a algunhas rexións tropicais de África e sueste asiático. As excepcións a esta distribución costeira son o H. ostralegus e o H. finschi, que se reproducen lonxe das costas, ás veces moi terra adentro. No pasado houbo moita confusión sobre os límites das especies; por exemplo, determinadas poboacións de H. bachmani recibiron o status de especie, pero os H. longirostris foron considerados unha soa especie.O nome do xénero, Haematopus, procede do grego haima, αἳμα, 'sangue' e pous, πούς, 'pé'.

Limúlidos

A dos limúlidos (Limulidae) é unha familia de artrópodos mariños da orde dos xifosuros que viven principalmente en augas pouco profundas en fondos brandos areosos ou barrosos.

Recibiron varios nomes en distintos idiomas, como cangrexo ferradura, cangrexo das Molucas, límulo, cangrexo pota, etc. Poden verse nas praias ocasionalmente cando van aparearse. Normalmente non se comen, pero úsanse como isco ou fertilizante. Tamén se extrae o seu sangue para análises médicos. Nos últimos anos está producíndose unha diminución das súas poboacións como consecuencia da destrucion dos hábitats costeiros en zonas como Xapón, e a súa sobreexplotación para obter isco para a pesca na costa leste de Norteamérica. As especies que habitan as augas de Tailandia poden ter tetrodotoxina nos ovos.Como se orixinaron hai 450 millóns de anos, e case non evolucionaron desde aquela, considéranse como fósiles viventes.

Mazarico

Mazarico é o nome de varias especies de aves limícolas caracterizadas polo seu longo peteiro:

Mazarico real (Numenius arquata).

Mazarico chiador, ou mazarico chiador (Numenius phaeopus).

Mazarico rabinegro (Limosa limosa).

Mazarico rubio, ou mazarico rabipinto (Limosa lapponica).Amais, o nome de mazarico tamén designa outras aves:

Peto real (Dendrocopos major) .Pico pico, mazarico,

¿quén che deu tamaño pico?

Deume Dios este traballo

pra picar neste carballo.Martiño peixeiro ou picapeixe (Alcedo atthis) .

Parque Nacional das Illas Atlánticas

As chamadas Illas Atlánticas convertéronse o 1 de xullo do 2002 no primeiro Parque Nacional de Galiza, e no décimo terceiro a nivel estatal, cunha extensión de 1.200 hectáreas terrestres e 7.200 marítimas. Recibe a denominación de Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. No ano 2007 o parque recibiu 238.939 visitas.

As illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, que están situadas nas Rías Baixas, están declaradas zonas de interese xeral pola singularidade da súa flora, fauna, xeomorfoloxía e paisaxe que as converten en Patrimonio Natural e Cultural de indubidable valor científico, recreativo e educativo.

A delimitación territorial deste parque nacional realizouse en función da singularidade e riqueza faunística que alberga, a variedade das súas formacións vexetais e a súa espectacularidade paisaxística. Deste xeito protéxese unha mostra representativa dos sistemas costeiros atlánticos.

Quedaron fóra do Parque Nacional das Illas Atlánticas as de Lobeiras, Sisargas, San Simón e Tambo e as franxas terrestres da Costa da Morte, Cabo Udra, San Adrián, Costa da Vela e o complexo dunar de Corrubedo, entre outras, aínda que non se descarta unha posible ampliación.

Pilro falcinelo

O pilro falcinelo (Calidris falcinellus ou Limicola falcinellus) é unha pequena ave limícola. O nome científico específico falcinellus procede do latín falx, falcis, 'fouce'. A especie tamén foi clasificada como Limicola falcinellus, sendo a única especie dese xénero, pero pode encadrarse tamén en Calidris. Algunhas investigacións mesmo suxiren que debería clasificarse no xénero Philomachus.

Recurvirróstridos

Os recurvirróstridos (Recurvirostridae) constitúen unha familia de aves limícolas da suborde Charadrii. Comprenden dous grupos distintos de aves, as avocetas (un xénero) e as pernalongas ou patudas (dous xéneros). En Galicia viven as especies Recurvirostra avosetta e Himantopus himantopus.

Tartaruga mariña carei

A tartaruga mariña carei ou tartaruga carei (Eretmochelys imbricata) é unha especie de tartaruga mariña da familia dos quelónidos, que se encontra en perigo crítico de extinción. É a única especie do xénero Eretmochelys. Existen dúas subespecies, Eretmochelys imbricata imbricata que se pode encontrar no océano Atlántico e Eretmochelys imbricata bissa, localizada na rexión indo-pacífica. É unha das especies de tartarugas mariñas que visita as costas galegas (ver Lista de réptiles de Galicia).

O seu aspecto é similar ao doutras tartarugas mariñas. Ten un corpo plano, unha coiraza ou cuncha protectora, e as súas extremidades en forma de aletas están adaptadas para nadar en mar aberto. Distínguese doadamente doutras tartarugas mariñas polo seu peteiro bicudo e curvado cunha prominente mandíbula superior (tomium) e polas beiras en forma de serra da súa coiraza. Aínda que a tartaruga pasa parte da súa vida en mar aberto, atópase máis frecuentemente en lagoas costeiras de pouco fondo e arrecifes de coral, onde encontra facilmente ass súas presas preferidas, as esponxas de mar. Algunhas das esponxas das que se alimenta son altamente tóxicas e letais para outros organismos polo seu alto contido de óxido de silicio, o que converte á tartaruga carei nun dos poucos animais que poden alimentarse de organismos silíceos. Tamén se alimentan doutros invertebrados, como ctenóforos e medusas.A causa das prácticas de pesca humanas, as poboacións desta especie en todo o mundo están en serio perigo, polo que foi clasificada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza como especie en perigro crítico de extinción. Varios países, como China e Xapón, cazáronas pola súa carne, considerada un manxar. A cuncha destas tartarugas e o material que as forma (tamén chamado carei, que tamén se obtén doutras tartarugas) foi empregado para a fabricación de obxectos decorativos. Segundo o Convenio sobre o Comercio Internacional de Especies de Fauna e Flora Salvaxe Ameazadas (CITES), a captura e o comercio destas tartarugas e os seus produtos derivados son ilegais en moitas nacións.

Zona especial de conservación As Catedrais

As Catedrais é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC), coa praia das Catedrais declarado como monumento natural e que forma parte da reserva da biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Atópase na costa setentrional de Galicia, entre a praia de San Miguel de Reinante (ao oeste) e a praia de Olga (ao leste) entre Barreiros e Ribadeo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.