Avenida de Enrique Salgado Torres

A Avenida de Enrique Salgado Torres é un dos principais accesos á Coruña. Dende 1971 leva o nome de Enrique Salgado Torres, antigo director xeral de Vivenda do Ministerio de Vivenda de España nos anos 60, principal impulsor desta vía e dos barrios que a rodean[1].

Orixinariamente púxose en servizo como vía de alta capacidade para conectar o porto da Coruña e a N-VI co florecente polígono industrial A Grela - Bens e a AC-552. O seu firme caracterízase por ser de placas de formigón, habitual nese tipo de vías construídas por esa época.[2]

Coa posta en servizo da AC-10 a Avenida de Salgado Torres foi perdendo tráfico, especialmente pesado[3], até que en 2015 abriu o enlace da avenida coa AC-14 que a converteu nunha vía de entrada á cidade.[4][5]

O 15 de xuño de 2016 púxose en funcionamento unha rotonda entre o túnel e a conexión coa AC-14 que permite liberdade de xiros para os vehículos con orixe ou destino a 2ª fase do polígono de Elviña e a estación de tren de San Cristovo.[6]

Av. Enrique Salgado Torres
Túnel de Salgado Torres (A Coruña)
Tipoloxíaavenida
Dimensións
Lonxitude2,2 km
Formatodobre calzada
Localización
InicioRúa Ramón y Cajal
FinAv. Severo Ochoa

Notas

  1. La Opinión de A Coruña (ed.). "Avenida de Enrique Salgado Torres" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2014.
  2. E. Silveira (2009-09-17). "Placas de hormigón en Ramón y Cajal y Salgado Torres dificultan el asfaltado". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-10.
  3. Gemma Malvido - La Opinión A Coruña (26.01.2014). "El túnel de los 16 años". Consultado o 2017-08-07.
  4. Salgado Torres será la «futura entrada principal» de la ciudad
  5. Pastor asiste a la puesta en servicio de la Tercera Ronda de A Coruña
  6. Emiliano Mouzo (2016-06-15). "Abierta la rotonda de Salgado Torres". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-07.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre estradas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
AC-10

A AC-10 é unha estrada nacional urbana da cidade da Coruña. Ten unha lonxitude duns 1,670 km dos que os 840 primeiros metros son de vía convencional e os 830 restantes multicarril. Conecta o porto da Coruña coa AC-11 e coa AC-12.

Unha parte da vía recibe o nome de Rolda de Camilo José Cela.

AC-14

A AC-14 ou Autovía de acceso á Coruña, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. Cunha lonxitude de preto de 10 quilómetros conecta a autovía A-6 á altura da parroquia de Sésamo en Culleredo coa avenida de Enrique Salgado Torres na zona das Lonzas, na Coruña.

A finalidade da súa construción foi a de descargar de tráfico a entrada e saída da cidade pola Avenida Alfonso Molina, proporcionando xunto coa autoestrada V-1.4 (tamén chamada Ronda do Deportivo da Coruña) a posibilidade de acceder e saír da cidade a través doutras avenidas. A dous quilómetros do seu fin en Lonzas, a AC-14 bifúrcase coa Ronda do Deportivo da Coruña coa que se pode entrar na cidade pola rúa Manuel Murguía ou pola Avenida de Arteixo. A AC-14 tamén ofrece a posibilidade de chegar á Avenida Alfonso Molina (AC-11) a través da súa última saída cara á Ronda de San Cristovo ou AC-10.

A autovía AC-14 permite ademais acceder ao aeroporto xa que conta no treito Ledoño-A Zapateira cun ramal de case 3 quilómetros, denominado AC-14AL que conduce directamente á terminal do Aeroporto de Alvedro, e permite posteriormente conectar coa estrada nacional N-550.

Avenida de Arteixo (A Coruña)

A Avenida de Arteixo é unha das principais vías de saída da Coruña. Vai dende a Rúa de Juan Flórez ata a Rotonda de Eduardo Diz, no polígono da Agrela, a partir de aí continuará baixo a denominación de Estrada de Baños de Arteixo ata o comezo da AC-552 e a AG-55. Ata o ano 2009 recibiu oficialmente o nome de Avenida de Arteijo, mais as placas co topónimo castelanizado non se cambiaron ata xuño de 2017.

Comar

O Grupo Comar é un conglomerado galego de máis de 60 empresas, coñecido principalmente por se dedicar aos xogos de azar. Foi fundado en 1984 por José Collazo Mato e ten a súa sede na cidade da Coruña.

Polígono industrial A Grela - Bens

O polígono industrial A Grela - Bens é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello da Coruña, promovida polos antecesores da SEPES. Foi creado en 1961, o que o converte no máis antigo de Galicia, e conta cunha superficie de 1 421 818 metros cadrados. Leva o nome das localidades próximas da Grela e Bens.

Nel están instaladas máis de 550 empresas, que xeran máis de 20 000 empregos directos, algunhas de grande relevancia a nivel autonómico como Alcoa, Comar, Hijos de Rivera, R, Alba Conde, Cafés Siboney, Dielectro Industrial, Kina Fernández, Eulen, Ipasa, Repsol, SGL Carbon, Vodafone, Marineda City ou Voz Audiovisual. No polígono teñen sede os concesionarios de Toyota, Opel, Fiat, Ford e Nissan.

Rueiro da Coruña
Avenidas
Calellos, camiños e quellas
Estradas
Paseos
Prazas
Rondas
Rúas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.