Avenida de Arteixo (A Coruña)

A Avenida de Arteixo é unha das principais vías de saída da Coruña. Vai dende a Rúa de Juan Flórez ata a Rotonda de Eduardo Diz, no polígono da Agrela, a partir de aí continuará baixo a denominación de Estrada de Baños de Arteixo ata o comezo da AC-552 e a AG-55. Ata o ano 2009 recibiu oficialmente o nome de Avenida de Arteijo,[1] mais as placas co topónimo castelanizado non se cambiaron ata xuño de 2017.[2]

Avenida de Arteixo
Avenida de Arteixo.002 - A Coruña
TipoloxíaAvenida de saída da cidade
Dimensións
Formato2 ou 3 carrís por sentido
Localización
InicioRúa de Juan Flórez
FinAutoestrada de Carballo
LocalidadeA Coruña
Cómo chegar
BusCor11.jpg
Circulación
TránsitoPeonil e rodado

Historia

A avenida de Arteixo aparece recollida por primeira vez no plan presentado por César Cort en 1945 co nome de Avenida do Parque, por arrodear o Parque de Santa Margarida[3] e concibiuse como alternativa á Avenida de Fisterra. A vía rematouse a principios da década de 1990.

Lugares de interese

Mural da Canteira - Leopoldo Nóvoa
Mural da canteira de Santa Margarida, de Leopoldo Nóvoa

Na avenida de Arteixo atópanse algúns lugares de interese, como o Parque de Santa Margarida, co mural de Leopoldo Nóvoa,[4] o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa e o centro comercial Marineda City.

O edificio no número 10, de Ramón Vázquez Molezún (1956)[5] ten fenêtres en longueur, ao estilo Le Corbusier. O centro de saúde dos Mallos, de Noguerol e Díez (1998) está situado no número 96.[6][7]

Notas

  1. Pérez, P. (9 de xaneiro de 2009). "El Ayuntamiento sólo ha aprobado el cambio de 14 calles de la ciudad al gallego". 20 minutos (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2016.
  2. La normalización de la toponimia del callejero comienza en Arteixo
  3. González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904.
  4. Lobato, Xurxo (18 de maio de 2015). "Se está restaurando el mural de Leopoldo Nóvoa en el parque de Santa Margarita de A Coruña". Leopoldo Nóvoa. Consultado o 20 de febreiro de 2016.
  5. Legado Vázquez Molezún
  6. Noguerol y Díez
  7. Centro de Saúde de Os Mallos

Véxase tamén

Bibliografía

  • García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.
AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AG-55

A AG-55 ou Autoestrada da Costa da Morte, é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Une A Coruña con Baio e serve como alternativa á AC-552, coa que está conectada nos máis dos casos ao longo do seu percorrido, incluídas as localidades extremas. A AG-55 ten peaxe directa desde Coruña até Carballo leste e peaxe na sombra no resto dos tramos até Santa Irena.

Rueiro da Coruña
Avenidas
Calellos, camiños e quellas
Estradas
Paseos
Prazas
Rondas
Rúas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.